É unha vista fermosa e marabillosa contemplar o corpo da Lúa... GALILEO GALILEI, 1610 Primeiras vistas da Lúa por telescopio Unha noite estaba aburrido no meu apartamento e decidín levar o meu telescopio á rúa. A Lúa xa saíra e pensei, "Por que non?" En poucos minutos a xente comezou a ficar curiosa e a preguntar que era aquilo. -Que é iso, meu? -É un telescopio -Oh! -Queres ver a Lúa? -Queres botarlle un ollo á Lúa? -É a Lúa! -Onde se supón que debo mirar? -Suponse que tes que mirar por aquí. -Ah, claro! Así foi como empezou todo e así continou logo. -Vou a mirar a Lúa ao vivo. -Oh, meu Deus! -Ohhhh, meu Deus! -Oh, meu Deus! -Oh, meu Deus! Non podo crelo! -Oh! Oh… meu Deus! -Oh meu Deus! Non pode ser! -Non pode ser… -Non pode ser... iso é a Lúa? -Non pode ser! -Si pode ser. -Até se ven os cráteres! Moito me presta! -Uaaa! -Que? -Que? Mira o borde, quero… ver… máis diso! -Cago en D**s! -Nunca vira isto antes… -Non vira nunca esta merda tío. -Guauuuuu!!! Isto si que é intenso, neno! Uuu! -Meu, parece que estea xusto ao fondo da rúa! -Neno, que tes aquí! Parece que estea xusto na rúa. -É a imaxe real da Lúa? É unha imaxe en directo? Poder vela así de próxima, e sentir que case a podes alcanzar e tocala, é o que a fai real para nós. -Tío, é incríbel! -É como se aterrara na Lúa. Fai que te decates de que estamos nun planeta moi pequeno, e que todos reaccionamos igual ante o universo en que vivimos. Creo que hai algo especial niso, algo… que une. É un gran recordatorio de que debemos mirar arriba máis a miúdo. Subtítulos: Martin Pawley | Agrupación Ío