É unha vista fermosa e marabillosa
contemplar o corpo da Lúa...
GALILEO GALILEI, 1610
Primeiras vistas da Lúa por telescopio
Unha noite estaba aburrido
no meu apartamento
e decidín levar
o meu telescopio á rúa.
A Lúa xa saíra e pensei,
"Por que non?"
En poucos minutos a xente
comezou a ficar curiosa
e a preguntar que era aquilo.
-Que é iso, meu?
-É un telescopio
-Oh!
-Queres ver a Lúa?
-Queres botarlle un ollo á Lúa?
-É a Lúa!
-Onde se supón que debo mirar?
-Suponse que tes que mirar por aquí.
-Ah, claro!
Así foi como empezou todo
e así continou logo.
-Vou a mirar a Lúa ao vivo.
-Oh, meu Deus!
-Ohhhh, meu Deus!
-Oh, meu Deus!
-Oh, meu Deus! Non podo crelo!
-Oh! Oh… meu Deus!
-Oh meu Deus! Non pode ser!
-Non pode ser…
-Non pode ser... iso é a Lúa?
-Non pode ser!
-Si pode ser.
-Até se ven os cráteres!
Moito me presta!
-Uaaa!
-Que?
-Que? Mira o borde, quero…
ver… máis diso!
-Cago en D**s!
-Nunca vira isto antes…
-Non vira nunca esta merda tío.
-Guauuuuu!!! Isto si que
é intenso, neno! Uuu!
-Meu, parece que estea
xusto ao fondo da rúa!
-Neno, que tes aquí! Parece
que estea xusto na rúa.
-É a imaxe real da Lúa?
É unha imaxe en directo?
Poder vela así de próxima,
e sentir que case a podes alcanzar e
tocala, é o que a fai real para nós.
-Tío, é incríbel!
-É como se aterrara na Lúa.
Fai que te decates de que
estamos nun planeta
moi pequeno,
e que todos reaccionamos igual
ante o universo en que vivimos.
Creo que hai algo especial niso,
algo… que une.
É un gran recordatorio de que debemos
mirar arriba máis a miúdo.
Subtítulos: Martin Pawley | Agrupación Ío