1 00:00:00,774 --> 00:00:03,180 Contádelle ás vosas fillas o deste ano, 2 00:00:03,180 --> 00:00:05,340 como nos erguiamos necesitando café 3 00:00:05,340 --> 00:00:09,150 e atopábamos no seu lugar cadáveres espallados nas páxinas dos xornais, 4 00:00:09,150 --> 00:00:14,040 anegadas de copias das nosas irmás, cónxuxes, fillos pequenos. 5 00:00:14,560 --> 00:00:18,146 Contádelle ao voso bebé o deste ano, cando pregunte, que sen dúbida o fará, 6 00:00:18,146 --> 00:00:19,916 dicídelle que chegou demasiado tarde. 7 00:00:19,916 --> 00:00:22,586 Admitide que, incluso no ano no que alugamos a liberdade, 8 00:00:22,586 --> 00:00:24,326 ésta non nos pertencía por completo. 9 00:00:24,326 --> 00:00:27,436 Aínda había leis para cada emprego que lle dábamos ás nosas cousas 10 00:00:27,436 --> 00:00:29,640 mentres eles nos pateaban aos débiles, 11 00:00:29,640 --> 00:00:32,415 nos collían sen ningunha preocupación, 12 00:00:32,419 --> 00:00:35,040 non había leis para os homes que as impoñían. 13 00:00:35,040 --> 00:00:37,190 Adestráronnos para esquivar, 14 00:00:37,190 --> 00:00:40,100 para esperar, para encollernos e cubrirnos, 15 00:00:40,100 --> 00:00:43,100 para esperar máis, e seguir esperando. 16 00:00:43,100 --> 00:00:44,960 Dixeron que gardáramos silencio. 17 00:00:45,380 --> 00:00:47,670 Faládelle ás vosas fillas deste tempo de guerra, 18 00:00:47,670 --> 00:00:50,260 un ano precedido por moitos outros iguais, 19 00:00:50,260 --> 00:00:52,560 coma cando dúas décadas antes, 20 00:00:52,560 --> 00:00:54,130 nos secamos os ollos, 21 00:00:54,130 --> 00:00:56,030 atamos cadaleitos con bandeiras, 22 00:00:56,030 --> 00:00:58,230 evacuamos a escena do crime do club, 23 00:00:58,230 --> 00:00:59,510 berramos na rúa, 24 00:00:59,510 --> 00:01:02,840 nos deitamos no formigón contra os restos dos nosos caídos, 25 00:01:02,840 --> 00:01:04,849 berramos, "Por suposto que importamos" 26 00:01:04,849 --> 00:01:06,200 cantamos aos nosos desaparecidos. 27 00:01:06,200 --> 00:01:07,880 As mulleres choraron este ano. 28 00:01:08,440 --> 00:01:09,256 Fixérono. 29 00:01:09,680 --> 00:01:11,960 No mesmo ano, estabamos preparadas. 30 00:01:11,960 --> 00:01:15,576 O ano no que perdemos as nosas inhibicións e nos movemos con valente abandono 31 00:01:15,576 --> 00:01:18,016 foi tamén o ano no que miramos fixamente aos canóns, 32 00:01:18,016 --> 00:01:20,506 cantamos sobre grúas nos ceos, evadimos e esquivamos, 33 00:01:20,506 --> 00:01:22,946 collemos ouro no hijab, recollemos ameazas de morte, 34 00:01:22,946 --> 00:01:24,326 recoñecémonos como patriotas, 35 00:01:24,326 --> 00:01:27,666 dixemos, "Temos 35; é tempo de sentar a cabeza e atopar un compañeiro" 36 00:01:27,666 --> 00:01:31,426 fixemos mapas de estradas por diversión, avergoñándonos de nada excepto do medo, 37 00:01:31,426 --> 00:01:34,096 chamámonos gordas querendo dicir, por suposto, perfectas. 38 00:01:34,096 --> 00:01:35,810 Este ano, fomos mulleres, 39 00:01:35,810 --> 00:01:37,580 non esposas ou adornos, 40 00:01:37,580 --> 00:01:39,216 non un sexo débil, 41 00:01:39,216 --> 00:01:41,240 non unha concesión; senón mulleres. 42 00:01:41,240 --> 00:01:42,736 Ensinade aos vosos bebés. 43 00:01:42,736 --> 00:01:45,780 Recordádeslles que pasou o ano de ser dóciles ou pequenas. 44 00:01:45,780 --> 00:01:48,660 Algunhas de nós dixemos por primeira vez que éramos mulleres, 45 00:01:48,660 --> 00:01:51,060 tomando este xuramento de solidariedade en serio. 46 00:01:51,060 --> 00:01:53,360 Algunhas tivemos fillos, outras non, 47 00:01:53,360 --> 00:01:55,790 e ningunha de nós cuestionou se isto nos facía máis ou menos reais, 48 00:01:55,790 --> 00:01:57,560 ou apropiadas, ou verdadeiras. 49 00:01:57,560 --> 00:01:59,750 Cando vos pregunte sobre este ano, 50 00:01:59,750 --> 00:02:02,689 a vosa filla, xa sexa descendente ou herdeira do voso triunfo, 51 00:02:02,689 --> 00:02:05,710 desde o seu confortable lado da historia con respecto á muller, 52 00:02:05,710 --> 00:02:07,950 fará preguntas de xeito incansable, 53 00:02:07,950 --> 00:02:10,285 e aínda que non pode comprender o voso sacrificio, 54 00:02:10,285 --> 00:02:13,046 considerará a vosa estimación dos feitos coma algo sagrado, 55 00:02:13,046 --> 00:02:15,456 preguntando con curiosidade, "Onde estiveches? 56 00:02:15,456 --> 00:02:18,360 Loitaches? Fuches temerosa ou temible? 57 00:02:18,360 --> 00:02:20,316 De que cor eran as paredes do teu arrepentimento? 58 00:02:20,316 --> 00:02:22,930 Que fixeches polas mulleres nese ano? 59 00:02:22,930 --> 00:02:26,020 Neste camiño que fixeches para min, que ósos tiveches que romper? 60 00:02:26,020 --> 00:02:28,516 Fixeches o suficiente? Estás ben, mamá? 61 00:02:28,516 --> 00:02:29,376 Es unha heroína?" 62 00:02:29,400 --> 00:02:31,866 Ela fará as preguntas difíciles. 63 00:02:31,866 --> 00:02:34,000 Non lle importará o arco da túa cella, 64 00:02:34,000 --> 00:02:35,276 ou o peso co que cargas. 65 00:02:35,276 --> 00:02:37,086 Non preguntará polas vosas mencións. 66 00:02:37,086 --> 00:02:40,330 A vosa filla, pola que fixeches tanto, quere saber 67 00:02:40,330 --> 00:02:43,780 que trouxeches, que agasallo, que luz salvaches da extinción. 68 00:02:43,780 --> 00:02:45,820 Cando viñan a por víctimas na noite, 69 00:02:45,820 --> 00:02:47,420 ficaches durmida ou espertaches? 70 00:02:47,420 --> 00:02:49,200 Cal foi o prezo de permanecer esperta? 71 00:02:49,200 --> 00:02:52,580 Que, no ano no que dixemos basta, que fixesches cos teus privilexios? 72 00:02:52,580 --> 00:02:54,440 Alimentácheste da miseria de outros? 73 00:02:54,440 --> 00:02:56,960 Apartaches a mirada ou ollaches directamente as lapas? 74 00:02:56,960 --> 00:02:59,700 Coñecías as túas habilidades ou considerábalas unha carga? 75 00:02:59,700 --> 00:03:02,996 Deixácheste enganar polos calificativos "despreciable" ou "menos que"? 76 00:03:02,996 --> 00:03:05,290 Ensinaches co corazón aberto ou co puño pechado? 77 00:03:05,290 --> 00:03:06,360 Onde estabas? 78 00:03:06,360 --> 00:03:08,410 Dille a verdade. Faino durante toda a vida. 79 00:03:08,410 --> 00:03:10,450 Demóstrao. Di,"Filla, eu mantívenme firme, 80 00:03:10,450 --> 00:03:12,620 co momento marcado na miña cara coma un puñal, 81 00:03:12,620 --> 00:03:13,690 e lanceino, 82 00:03:13,690 --> 00:03:15,310 facendo espazo para ti." 83 00:03:15,310 --> 00:03:18,230 Dille a verdade, como viviches contra todo pronóstico. 84 00:03:18,230 --> 00:03:19,646 Dille que fuches valente, 85 00:03:19,646 --> 00:03:21,910 e sempre, sempre na compaña da valentía, 86 00:03:21,910 --> 00:03:24,220 especialmente nos días nos que só te tiñas a ti mesma. 87 00:03:24,220 --> 00:03:26,240 Dicídelle que naceu coma vós, 88 00:03:26,240 --> 00:03:28,860 coma as vosas nais e as irmás xunto a elas, 89 00:03:28,860 --> 00:03:30,960 na era das lendas, coma sempre. 90 00:03:30,960 --> 00:03:33,700 Dicídelle que naceu xusto a tempo, 91 00:03:33,700 --> 00:03:35,040 xusto a tempo 92 00:03:35,520 --> 00:03:36,700 de liderar. 93 00:03:37,310 --> 00:03:44,096 (Aplausos)