WEBVTT 00:00:00.833 --> 00:00:04.191 Son unha neurocientífica, e estudo a toma de decisións. 00:00:04.710 --> 00:00:07.907 Estudo como as substancias químicas do cerebro 00:00:07.907 --> 00:00:10.107 inflúen nas decisións que tomamos. 00:00:10.617 --> 00:00:13.135 E veño contarvos o segredo 00:00:13.135 --> 00:00:15.375 dunha boa toma de decisións: 00:00:17.365 --> 00:00:19.203 un bocadillo de queixo. 00:00:19.603 --> 00:00:23.423 Así é. Segundo os científicos, un bocadillo de queixo 00:00:23.423 --> 00:00:26.544 é a solución para todas as túas decisións complicadas. 00:00:26.885 --> 00:00:30.952 Que por que o sei? Son a científica que fixo ese estudo. 00:00:31.942 --> 00:00:34.842 Hai uns anos, os meus colegas e mais eu estabamos interesados 00:00:34.842 --> 00:00:36.875 en como unha substancia química do cerebro 00:00:36.875 --> 00:00:40.125 chamada serotonina inflúe na toma de decisións en contextos sociais. 00:00:40.355 --> 00:00:42.900 En concreto, queriamos saber como afecta a serotonina 00:00:42.900 --> 00:00:46.245 ao xeito en que reacciona a xente cando recibe un trato inxusto. 00:00:46.715 --> 00:00:48.253 Así que fixemos un experimento. 00:00:48.253 --> 00:00:50.769 Manipulamos os niveis de serotonina dos participantes 00:00:50.769 --> 00:00:56.022 dándolles a beber esta limoada artificial de sabor noxento, 00:00:56.022 --> 00:01:00.554 que extrae do cerebro o precursor da serotonina, 00:01:00.832 --> 00:01:03.259 un aminoácido chamado triptófano. 00:01:03.929 --> 00:01:06.630 E atopamos que, cando o nivel de triptófano estaba baixo, 00:01:06.630 --> 00:01:08.622 a xente tiña máis tendencia a desquitarse 00:01:08.622 --> 00:01:11.030 cando era tratada inxustamente. 00:01:11.991 --> 00:01:13.823 Este foi o estudo que fixemos, 00:01:14.343 --> 00:01:16.273 e aquí tedes algúns titulares 00:01:16.583 --> 00:01:18.372 que apareceron a continuación. 00:01:18.452 --> 00:01:21.627 [Só precisas un bocadillo de queixo para tomar decisións adecuadas] 00:01:21.647 --> 00:01:23.312 ["O queixo: o noso mellor amigo"] 00:01:23.672 --> 00:01:25.862 Agora estarédesvos preguntando "que me perdín?" 00:01:26.512 --> 00:01:30.007 [Oficial: o chocolate sácache o cabreo ] Queixo? Chocolate? 00:01:30.007 --> 00:01:31.907 De onde sae todo isto? 00:01:31.907 --> 00:01:34.040 Iso pensei eu cando apareceron, 00:01:34.040 --> 00:01:38.285 porque o noso estudo nada tiña que ver co queixo nin co chocolate. 00:01:38.285 --> 00:01:40.614 Dabámoslle á xente unha bebida noxenta 00:01:40.614 --> 00:01:43.246 que afectaba os niveis de triptófano. 00:01:43.816 --> 00:01:47.497 Pero resulta que tamén hai triptófano 00:01:47.497 --> 00:01:49.568 no queixo e no chocolate. 00:01:49.988 --> 00:01:52.728 E, por suposto, se a ciencia di que o queixo e o chocolate 00:01:52.728 --> 00:01:56.479 axudan a tomar mellores decisións, seguro que captamos a atención do público. 00:01:56.689 --> 00:01:58.656 Así que aquí o tedes: 00:01:58.656 --> 00:02:01.183 A evolución dun titular. 00:02:02.163 --> 00:02:04.505 Cando pasou isto, por un lado pensei, 00:02:04.505 --> 00:02:06.109 vaites, que máis ten? 00:02:06.509 --> 00:02:10.388 Os medios simplifican algo as cousas, pero total, 00:02:10.388 --> 00:02:12.181 só e cousa das noticias. 00:02:12.464 --> 00:02:15.536 E penso que así o ven moitos científicos. 00:02:15.817 --> 00:02:19.714 Pero o problema é que este tipo de cousas pasan continuamente, 00:02:19.714 --> 00:02:23.371 e non só coas historias que les nas noticias 00:02:23.371 --> 00:02:25.610 tamén cos produtos que ves nos andeis. 00:02:25.980 --> 00:02:28.287 Cando se espallaron estes titulares, 00:02:28.287 --> 00:02:31.113 empezaron a chamar os publicistas. 00:02:31.113 --> 00:02:34.332 Estaría disposta a proporcionarlle soporte científico 00:02:34.332 --> 00:02:36.943 a unha botella de auga que levante o ánimo? 00:02:37.593 --> 00:02:39.737 Podería ir a un programa de TV amosarlle 00:02:39.737 --> 00:02:40.962 á audiencia, en directo, 00:02:40.962 --> 00:02:43.698 que alimentos axudan a sentirse mellor? 00:02:44.801 --> 00:02:48.322 Creo que estes tipos entenderon ben; pero se aceptase as súas propostas, 00:02:48.322 --> 00:02:50.696 estaría indo alén da ciencia, 00:02:50.696 --> 00:02:53.743 e os bos científicos cóidanse de facer tal. 00:02:53.953 --> 00:02:58.321 No entanto, a neurociencia está cada vez máis presente nos mercados. 00:02:58.321 --> 00:03:00.629 Aquí tedes un exemplo: as neurobebidas, 00:03:00.881 --> 00:03:04.122 unha liña de produtos, que inclúe este Neuro Bliss, 00:03:04.122 --> 00:03:07.633 que segundo a etiqueta reduce o estrés, 00:03:07.633 --> 00:03:10.919 levanta o ánimo, axuda a concentrarse, 00:03:10.919 --> 00:03:12.537 e promove o optimismo. 00:03:13.707 --> 00:03:16.622 Teño que dicir que soa estupendo. 00:03:16.692 --> 00:03:17.692 (Risas) 00:03:18.555 --> 00:03:20.868 Puiden tomado hai 10 minutos. 00:03:22.259 --> 00:03:25.068 Cando vin isto na tenda do meu barrio, 00:03:25.068 --> 00:03:28.327 pregunteime pola investigación que sustentaba esas afirmacións. 00:03:28.617 --> 00:03:31.543 Así que entrei na web da empresa na procura 00:03:31.543 --> 00:03:34.387 dalgún ensaio controlado con estes produtos. 00:03:34.969 --> 00:03:36.646 Pero non atopei nada. 00:03:37.366 --> 00:03:40.384 Con ou sen ensaios, as afirmacións aparecían 00:03:40.384 --> 00:03:44.002 no centro da etiqueta, ao lado do debuxo dun cerebro. 00:03:45.198 --> 00:03:49.639 E resulta que as imaxes de cerebros teñen propiedades especiais. 00:03:50.049 --> 00:03:52.891 Un par de investigadores pedíronlles a uns centos de persoas 00:03:52.891 --> 00:03:54.592 que lesen un artigo científico. 00:03:55.202 --> 00:03:58.368 Para a metade deles, o artigo incluía unha imaxe cerebral, 00:03:58.529 --> 00:04:00.392 A outra metade leu o mesmo artigo 00:04:00.392 --> 00:04:02.287 pero sen imaxe do cerebro. 00:04:03.096 --> 00:04:05.008 Ao rematar, xa supoñedes por onde vou, 00:04:05.008 --> 00:04:06.838 preguntábanlles se estaban de acordo 00:04:06.838 --> 00:04:08.810 coas conclusións do artigo. 00:04:10.160 --> 00:04:12.433 Este é o grao de acordo coas conclusións 00:04:12.433 --> 00:04:13.891 sen imaxe. 00:04:14.346 --> 00:04:17.993 E este o acordo co mesmo artigo 00:04:17.993 --> 00:04:20.346 cando incluía unha imaxe cerebral. 00:04:20.760 --> 00:04:22.709 Así que a conclusión é 00:04:23.393 --> 00:04:26.098 Queres vender algo? Ponlle un cerebro. 00:04:28.012 --> 00:04:30.149 Deixádeme agora parar un pouco, para dicirvos 00:04:30.149 --> 00:04:33.190 que a neurociencia leva avanzado moito nas últimas décadas, 00:04:33.427 --> 00:04:36.000 estamos constantemente descubrindo cousas sorprendentes 00:04:36.000 --> 00:04:37.027 sobre o cerebro. 00:04:37.153 --> 00:04:40.297 Por exemplo, hai un par de semanas, uns neurocientíficos do MIT 00:04:40.297 --> 00:04:43.417 descubriron como eliminar hábitos nas ratas 00:04:43.707 --> 00:04:47.090 controlando a actividade neural nunha parte concreta do seu cerebro. 00:04:47.483 --> 00:04:48.680 Realmente interesante! 00:04:49.312 --> 00:04:51.973 Pero a promesa da neurociencia está a dar lugar 00:04:51.973 --> 00:04:56.737 a expectativas algo infladas e a afirmacións esaxeradas e sen contrastar. 00:04:57.549 --> 00:05:00.248 Así que vos vou amosar como identificar 00:05:00.248 --> 00:05:03.794 un par de clásicos, evidentes, en realidade, 00:05:03.794 --> 00:05:06.443 do que se vén chamando neuroparvadas, 00:05:06.820 --> 00:05:10.683 neurocaralladas ou, o meu favorito, neurobabecadas. 00:05:12.759 --> 00:05:16.620 A primeira afirmación non probada é a que di que se poden usar as imaxes cerebrais 00:05:17.020 --> 00:05:19.933 para ler os pensamentos e as emocións. 00:05:20.532 --> 00:05:23.579 Aquí tedes un estudo publicado por un grupo de investigación 00:05:23.579 --> 00:05:25.974 na sección de opinión do New York Times. 00:05:26.412 --> 00:05:30.193 O titular? "Amas ao teu iPhone. Literalmente". 00:05:30.657 --> 00:05:34.527 Converteuse decontado no artigo do xornal máis difundido nas redes. 00:05:35.107 --> 00:05:36.936 Como descubriron isto? 00:05:37.276 --> 00:05:40.304 Pasaron a 16 persoas por un escáner 00:05:40.304 --> 00:05:43.243 e amosáronlles vídeos de iPhones soando. 00:05:43.586 --> 00:05:47.048 O escáner amosou activación nunha parte do cerebro 00:05:47.048 --> 00:05:49.700 chamada a ínsula, unha rexión que, segundo explican, 00:05:49.700 --> 00:05:52.894 está asociada cos sentimentos de amor e compaixón. 00:05:53.484 --> 00:05:57.144 Así que concluíron que a activación na ínsula 00:05:57.734 --> 00:06:00.421 implica que os participantes amaban os seus iPhones. 00:06:01.431 --> 00:06:03.575 O caso é que este razoamento ten un problema, 00:06:03.575 --> 00:06:06.748 e vén sendo que a ínsula fai moitas cousas. 00:06:07.586 --> 00:06:09.866 Certo, está implicada nas emocións positivas 00:06:09.866 --> 00:06:11.535 como o amor ou a compaixón, 00:06:11.738 --> 00:06:14.411 pero tamén nunha chea doutros procesos. 00:06:14.411 --> 00:06:17.484 como a memoria, a linguaxe, a atención, 00:06:17.974 --> 00:06:20.959 mesmo a ira, o noxo ou a dor. 00:06:21.922 --> 00:06:25.983 Así que, coa mesma lóxica, eu podería dicir 00:06:26.363 --> 00:06:27.957 que odias ao teu iPhone. 00:06:28.436 --> 00:06:31.280 O asunto nisto é que cando ves activación na ínsula, 00:06:31.280 --> 00:06:36.176 podes escoller a explicación que prefiras desta lista. 00:06:36.769 --> 00:06:38.790 E é unha lista ben longa. 00:06:38.972 --> 00:06:41.896 Os meus colegas Tal Yarkoni e Russ Poldrack 00:06:41.896 --> 00:06:44.898 amosaron que a ínsula se activa en case un terzo 00:06:44.898 --> 00:06:48.524 dos estudos con imaxes cerebrais que hai publicados. 00:06:49.205 --> 00:06:51.188 Así que hai moitas, moitas probabilidades 00:06:51.188 --> 00:06:53.444 de que a vosa ínsula estea activa neste momento, 00:06:53.804 --> 00:06:55.426 pero non me vou enganar 00:06:55.426 --> 00:06:57.713 pensando que é porque me amades. 00:06:59.103 --> 00:07:01.500 E falando de amor e cerebro, 00:07:02.010 --> 00:07:05.875 hai un investigador, coñecido como o Dr. Amor, 00:07:06.411 --> 00:07:09.510 que afirma que os científicos deron co pegamento 00:07:09.510 --> 00:07:11.886 para manter a sociedade unida, 00:07:12.007 --> 00:07:14.963 a fonte do amor e da prosperidade. 00:07:15.783 --> 00:07:17.829 Desta volta non é un bocadillo de queixo. 00:07:18.531 --> 00:07:21.455 Non, é unha hormona chamada oxitocina. 00:07:22.049 --> 00:07:23.621 Seguro que xa oístes falar dela. 00:07:24.315 --> 00:07:26.588 O Dr. Amor baséase en estudos que amosan 00:07:26.588 --> 00:07:29.533 que cando lle xutas oxitocina á xente, 00:07:30.026 --> 00:07:33.405 aumentan a súa confianza, empatía e cooperación. 00:07:34.549 --> 00:07:37.366 Así que lle chama á oxitocina "a molécula moral". 00:07:38.142 --> 00:07:40.628 Agora ben, estes estudos son cientificamente válidos, 00:07:40.628 --> 00:07:44.294 e foron replicados, pero non contan toda a historia. 00:07:45.325 --> 00:07:48.077 Outros estudos amosan que o xute de oxitocina 00:07:48.077 --> 00:07:51.587 aumenta a envexa. Aumenta a vaidade. 00:07:52.605 --> 00:07:55.536 A oxitocina pode nesgar á xente en favor dos seus 00:07:55.536 --> 00:07:57.851 a expensas dos outros. 00:07:58.628 --> 00:08:02.060 E nalgúns casos, a oxitocina mesmo diminúe a cooperación. 00:08:03.168 --> 00:08:06.700 Así que, de acordo con estes estudos, eu podería afirmar que a oxitocina 00:08:06.700 --> 00:08:11.451 é unha molécula inmoral, e autoproclamarme a Dra. Antiamor. 00:08:15.786 --> 00:08:18.492 Así que vemos neurobabecadas nos titulares, 00:08:18.921 --> 00:08:21.419 nos supermercados, nas cubertas dos libros. 00:08:22.349 --> 00:08:23.683 E que pasa coa clínica? 00:08:24.981 --> 00:08:27.785 O SPECT é unha tecnoloxía de imaxe cerebral 00:08:27.785 --> 00:08:29.854 que usa marcadores radioactivos 00:08:30.271 --> 00:08:32.464 para rastrexar o fluxo sanguíneo no cerebro. 00:08:33.442 --> 00:08:36.247 Por unha ganga duns poucos miles de dólares 00:08:36.921 --> 00:08:39.426 hai clínicas nos EEUU 00:08:39.426 --> 00:08:42.389 que che fan un SPECT 00:08:43.206 --> 00:08:45.889 e usan a imaxe para diagnosticar os teus problemas. 00:08:46.716 --> 00:08:48.715 Din que estas imaxes poden axudar 00:08:48.715 --> 00:08:50.817 a previr o alzhéimer, 00:08:51.617 --> 00:08:54.081 solucionar os problemas de peso e de adiccións, 00:08:54.463 --> 00:08:56.522 superar os conflitos de parella 00:08:56.753 --> 00:08:59.903 e, por suposto, tratar todo tipo de trastornos mentais 00:08:59.903 --> 00:09:03.148 desde a depresión á ansiedade ou a hiperactividade 00:09:03.779 --> 00:09:05.808 Isto soa xenial. A moita xente llo parece. 00:09:06.052 --> 00:09:07.478 Algunhas clínicas destas 00:09:07.478 --> 00:09:10.102 moven decenas de millóns de dólares de negocio ao ano. 00:09:11.522 --> 00:09:13.096 Só hai un problema. 00:09:13.606 --> 00:09:16.283 Na neurociencia hai amplo consenso 00:09:16.283 --> 00:09:19.468 en que aínda non podemos diagnosticar os trastornos mentais 00:09:20.208 --> 00:09:21.802 cunha simple imaxe cerebral. 00:09:22.779 --> 00:09:24.482 Pero estas clínicas teñen tratado 00:09:24.482 --> 00:09:26.470 a decenas de miles de pacientes 00:09:26.922 --> 00:09:28.295 moitos deles nenos, 00:09:29.459 --> 00:09:32.162 e a imaxe por SPECT require inxeccións radioactivas 00:09:32.767 --> 00:09:36.229 por tanto, expoñer á xente a radiación, potencialmente nociva. 00:09:38.677 --> 00:09:41.913 Eu estou máis entusiamada cá maioría da xente, como neurocientífica, 00:09:41.913 --> 00:09:45.894 co potencial da neurociencia para tratar os trastornos mentais 00:09:46.481 --> 00:09:49.438 e mesmo, tal vez, para facernos mellores e máis intelixentes. 00:09:50.770 --> 00:09:53.288 E se algún día podo dicir que o queixo e o chocolate 00:09:53.288 --> 00:09:54.922 nos axudan a tomar decisións, 00:09:55.202 --> 00:09:56.332 contade comigo. 00:09:57.582 --> 00:09:59.338 Pero aínda non chegamos aí. 00:10:00.241 --> 00:10:03.173 Aínda non atopamos un botón de “comprar” no cerebro, 00:10:03.593 --> 00:10:07.180 non podemos dicir se alguén está mentindo ou está namorado 00:10:07.291 --> 00:10:10.104 só mirando as súas imaxes cerebrais, 00:10:10.674 --> 00:10:13.898 e non podemos converter aos pecadentos en santos dándolles hormonas 00:10:14.938 --> 00:10:17.142 Se cadra algún día poderemos, pero até daquela, 00:10:17.142 --> 00:10:19.985 temos que ter coidado de non deixar que as esaxeracións 00:10:19.985 --> 00:10:23.371 resten recursos e atención da ciencia real 00:10:23.371 --> 00:10:26.320 que xoga un partido moito máis longo. 00:10:27.722 --> 00:10:29.138 Así que aquí chegamos. 00:10:29.568 --> 00:10:32.529 Se alguén trata de vendervos algo cun cerebro 00:10:32.769 --> 00:10:34.898 non vos confiedes. 00:10:35.722 --> 00:10:39.134 Preguntádelle o que hai que preguntar. Preguntádelle polas probas, 00:10:39.394 --> 00:10:42.362 preguntádelle pola parte da historia que non vos está a contar. 00:10:43.517 --> 00:10:47.130 As respostas non deberían ser simples, porque o cerebro non é sinxelo. 00:10:48.319 --> 00:10:51.726 Pero isto non nos frea para seguir tratando de comprendelo. 00:10:52.345 --> 00:10:53.655 Grazas.