1 00:00:00,833 --> 00:00:04,191 Son unha neurocientífica, e estudo a toma de decisións. 2 00:00:04,710 --> 00:00:07,907 Estudo como as substancias químicas do cerebro 3 00:00:07,907 --> 00:00:10,107 inflúen nas decisións que tomamos. 4 00:00:10,617 --> 00:00:13,135 E veño contarvos o segredo 5 00:00:13,135 --> 00:00:15,375 dunha boa toma de decisións: 6 00:00:17,365 --> 00:00:19,203 un bocadillo de queixo. 7 00:00:19,603 --> 00:00:23,423 Así é. Segundo os científicos, un bocadillo de queixo 8 00:00:23,423 --> 00:00:26,544 é a solución para todas as túas decisións complicadas. 9 00:00:26,885 --> 00:00:30,952 Que por que o sei? Son a científica que fixo ese estudo. 10 00:00:31,942 --> 00:00:34,842 Hai uns anos, os meus colegas e mais eu estabamos interesados 11 00:00:34,842 --> 00:00:36,875 en como unha substancia química do cerebro 12 00:00:36,875 --> 00:00:40,125 chamada serotonina inflúe na toma de decisións en contextos sociais. 13 00:00:40,355 --> 00:00:42,900 En concreto, queriamos saber como afecta a serotonina 14 00:00:42,900 --> 00:00:46,245 ao xeito en que reacciona a xente cando recibe un trato inxusto. 15 00:00:46,715 --> 00:00:48,253 Así que fixemos un experimento. 16 00:00:48,253 --> 00:00:50,769 Manipulamos os niveis de serotonina dos participantes 17 00:00:50,769 --> 00:00:56,022 dándolles a beber esta limoada artificial de sabor noxento, 18 00:00:56,022 --> 00:01:00,554 que extrae do cerebro o precursor da serotonina, 19 00:01:00,832 --> 00:01:03,259 un aminoácido chamado triptófano. 20 00:01:03,929 --> 00:01:06,630 E atopamos que, cando o nivel de triptófano estaba baixo, 21 00:01:06,630 --> 00:01:08,622 a xente tiña máis tendencia a desquitarse 22 00:01:08,622 --> 00:01:11,030 cando era tratada inxustamente. 23 00:01:11,991 --> 00:01:13,823 Este foi o estudo que fixemos, 24 00:01:14,343 --> 00:01:16,273 e aquí tedes algúns titulares 25 00:01:16,583 --> 00:01:18,372 que apareceron a continuación. 26 00:01:18,452 --> 00:01:21,627 [Só precisas un bocadillo de queixo para tomar decisións adecuadas] 27 00:01:21,647 --> 00:01:23,312 ["O queixo: o noso mellor amigo"] 28 00:01:23,672 --> 00:01:25,862 Agora estarédesvos preguntando "que me perdín?" 29 00:01:26,512 --> 00:01:30,007 [Oficial: o chocolate sácache o cabreo ] Queixo? Chocolate? 30 00:01:30,007 --> 00:01:31,907 De onde sae todo isto? 31 00:01:31,907 --> 00:01:34,040 Iso pensei eu cando apareceron, 32 00:01:34,040 --> 00:01:38,285 porque o noso estudo nada tiña que ver co queixo nin co chocolate. 33 00:01:38,285 --> 00:01:40,614 Dabámoslle á xente unha bebida noxenta 34 00:01:40,614 --> 00:01:43,246 que afectaba os niveis de triptófano. 35 00:01:43,816 --> 00:01:47,497 Pero resulta que tamén hai triptófano 36 00:01:47,497 --> 00:01:49,568 no queixo e no chocolate. 37 00:01:49,988 --> 00:01:52,728 E, por suposto, se a ciencia di que o queixo e o chocolate 38 00:01:52,728 --> 00:01:56,479 axudan a tomar mellores decisións, seguro que captamos a atención do público. 39 00:01:56,689 --> 00:01:58,656 Así que aquí o tedes: 40 00:01:58,656 --> 00:02:01,183 A evolución dun titular. 41 00:02:02,163 --> 00:02:04,505 Cando pasou isto, por un lado pensei, 42 00:02:04,505 --> 00:02:06,109 vaites, que máis ten? 43 00:02:06,509 --> 00:02:10,388 Os medios simplifican algo as cousas, pero total, 44 00:02:10,388 --> 00:02:12,181 só e cousa das noticias. 45 00:02:12,464 --> 00:02:15,536 E penso que así o ven moitos científicos. 46 00:02:15,817 --> 00:02:19,714 Pero o problema é que este tipo de cousas pasan continuamente, 47 00:02:19,714 --> 00:02:23,371 e non só coas historias que les nas noticias 48 00:02:23,371 --> 00:02:25,610 tamén cos produtos que ves nos andeis. 49 00:02:25,980 --> 00:02:28,287 Cando se espallaron estes titulares, 50 00:02:28,287 --> 00:02:31,113 empezaron a chamar os publicistas. 51 00:02:31,113 --> 00:02:34,332 Estaría disposta a proporcionarlle soporte científico 52 00:02:34,332 --> 00:02:36,943 a unha botella de auga que levante o ánimo? 53 00:02:37,593 --> 00:02:39,737 Podería ir a un programa de TV amosarlle 54 00:02:39,737 --> 00:02:40,962 á audiencia, en directo, 55 00:02:40,962 --> 00:02:43,698 que alimentos axudan a sentirse mellor? 56 00:02:44,801 --> 00:02:48,322 Creo que estes tipos entenderon ben; pero se aceptase as súas propostas, 57 00:02:48,322 --> 00:02:50,696 estaría indo alén da ciencia, 58 00:02:50,696 --> 00:02:53,743 e os bos científicos cóidanse de facer tal. 59 00:02:53,953 --> 00:02:58,321 No entanto, a neurociencia está cada vez máis presente nos mercados. 60 00:02:58,321 --> 00:03:00,629 Aquí tedes un exemplo: as neurobebidas, 61 00:03:00,881 --> 00:03:04,122 unha liña de produtos, que inclúe este Neuro Bliss, 62 00:03:04,122 --> 00:03:07,633 que segundo a etiqueta reduce o estrés, 63 00:03:07,633 --> 00:03:10,919 levanta o ánimo, axuda a concentrarse, 64 00:03:10,919 --> 00:03:12,537 e promove o optimismo. 65 00:03:13,707 --> 00:03:16,622 Teño que dicir que soa estupendo. 66 00:03:16,692 --> 00:03:17,692 (Risas) 67 00:03:18,555 --> 00:03:20,868 Puiden tomado hai 10 minutos. 68 00:03:22,259 --> 00:03:25,068 Cando vin isto na tenda do meu barrio, 69 00:03:25,068 --> 00:03:28,327 pregunteime pola investigación que sustentaba esas afirmacións. 70 00:03:28,617 --> 00:03:31,543 Así que entrei na web da empresa na procura 71 00:03:31,543 --> 00:03:34,387 dalgún ensaio controlado con estes produtos. 72 00:03:34,969 --> 00:03:36,646 Pero non atopei nada. 73 00:03:37,366 --> 00:03:40,384 Con ou sen ensaios, as afirmacións aparecían 74 00:03:40,384 --> 00:03:44,002 no centro da etiqueta, ao lado do debuxo dun cerebro. 75 00:03:45,198 --> 00:03:49,639 E resulta que as imaxes de cerebros teñen propiedades especiais. 76 00:03:50,049 --> 00:03:52,891 Un par de investigadores pedíronlles a uns centos de persoas 77 00:03:52,891 --> 00:03:54,592 que lesen un artigo científico. 78 00:03:55,202 --> 00:03:58,368 Para a metade deles, o artigo incluía unha imaxe cerebral, 79 00:03:58,529 --> 00:04:00,392 A outra metade leu o mesmo artigo 80 00:04:00,392 --> 00:04:02,287 pero sen imaxe do cerebro. 81 00:04:03,096 --> 00:04:05,008 Ao rematar, xa supoñedes por onde vou, 82 00:04:05,008 --> 00:04:06,838 preguntábanlles se estaban de acordo 83 00:04:06,838 --> 00:04:08,810 coas conclusións do artigo. 84 00:04:10,160 --> 00:04:12,433 Este é o grao de acordo coas conclusións 85 00:04:12,433 --> 00:04:13,891 sen imaxe. 86 00:04:14,346 --> 00:04:17,993 E este o acordo co mesmo artigo 87 00:04:17,993 --> 00:04:20,346 cando incluía unha imaxe cerebral. 88 00:04:20,760 --> 00:04:22,709 Así que a conclusión é 89 00:04:23,393 --> 00:04:26,098 Queres vender algo? Ponlle un cerebro. 90 00:04:28,012 --> 00:04:30,149 Deixádeme agora parar un pouco, para dicirvos 91 00:04:30,149 --> 00:04:33,190 que a neurociencia leva avanzado moito nas últimas décadas, 92 00:04:33,427 --> 00:04:36,000 estamos constantemente descubrindo cousas sorprendentes 93 00:04:36,000 --> 00:04:37,027 sobre o cerebro. 94 00:04:37,153 --> 00:04:40,297 Por exemplo, hai un par de semanas, uns neurocientíficos do MIT 95 00:04:40,297 --> 00:04:43,417 descubriron como eliminar hábitos nas ratas 96 00:04:43,707 --> 00:04:47,090 controlando a actividade neural nunha parte concreta do seu cerebro. 97 00:04:47,483 --> 00:04:48,680 Realmente interesante! 98 00:04:49,312 --> 00:04:51,973 Pero a promesa da neurociencia está a dar lugar 99 00:04:51,973 --> 00:04:56,737 a expectativas algo infladas e a afirmacións esaxeradas e sen contrastar. 100 00:04:57,549 --> 00:05:00,248 Así que vos vou amosar como identificar 101 00:05:00,248 --> 00:05:03,794 un par de clásicos, evidentes, en realidade, 102 00:05:03,794 --> 00:05:06,443 do que se vén chamando neuroparvadas, 103 00:05:06,820 --> 00:05:10,683 neurocaralladas ou, o meu favorito, neurobabecadas. 104 00:05:12,759 --> 00:05:16,620 A primeira afirmación non probada é a que di que se poden usar as imaxes cerebrais 105 00:05:17,020 --> 00:05:19,933 para ler os pensamentos e as emocións. 106 00:05:20,532 --> 00:05:23,579 Aquí tedes un estudo publicado por un grupo de investigación 107 00:05:23,579 --> 00:05:25,974 na sección de opinión do New York Times. 108 00:05:26,412 --> 00:05:30,193 O titular? "Amas ao teu iPhone. Literalmente". 109 00:05:30,657 --> 00:05:34,527 Converteuse decontado no artigo do xornal máis difundido nas redes. 110 00:05:35,107 --> 00:05:36,936 Como descubriron isto? 111 00:05:37,276 --> 00:05:40,304 Pasaron a 16 persoas por un escáner 112 00:05:40,304 --> 00:05:43,243 e amosáronlles vídeos de iPhones soando. 113 00:05:43,586 --> 00:05:47,048 O escáner amosou activación nunha parte do cerebro 114 00:05:47,048 --> 00:05:49,700 chamada a ínsula, unha rexión que, segundo explican, 115 00:05:49,700 --> 00:05:52,894 está asociada cos sentimentos de amor e compaixón. 116 00:05:53,484 --> 00:05:57,144 Así que concluíron que a activación na ínsula 117 00:05:57,734 --> 00:06:00,421 implica que os participantes amaban os seus iPhones. 118 00:06:01,431 --> 00:06:03,575 O caso é que este razoamento ten un problema, 119 00:06:03,575 --> 00:06:06,748 e vén sendo que a ínsula fai moitas cousas. 120 00:06:07,586 --> 00:06:09,866 Certo, está implicada nas emocións positivas 121 00:06:09,866 --> 00:06:11,535 como o amor ou a compaixón, 122 00:06:11,738 --> 00:06:14,411 pero tamén nunha chea doutros procesos. 123 00:06:14,411 --> 00:06:17,484 como a memoria, a linguaxe, a atención, 124 00:06:17,974 --> 00:06:20,959 mesmo a ira, o noxo ou a dor. 125 00:06:21,922 --> 00:06:25,983 Así que, coa mesma lóxica, eu podería dicir 126 00:06:26,363 --> 00:06:27,957 que odias ao teu iPhone. 127 00:06:28,436 --> 00:06:31,280 O asunto nisto é que cando ves activación na ínsula, 128 00:06:31,280 --> 00:06:36,176 podes escoller a explicación que prefiras desta lista. 129 00:06:36,769 --> 00:06:38,790 E é unha lista ben longa. 130 00:06:38,972 --> 00:06:41,896 Os meus colegas Tal Yarkoni e Russ Poldrack 131 00:06:41,896 --> 00:06:44,898 amosaron que a ínsula se activa en case un terzo 132 00:06:44,898 --> 00:06:48,524 dos estudos con imaxes cerebrais que hai publicados. 133 00:06:49,205 --> 00:06:51,188 Así que hai moitas, moitas probabilidades 134 00:06:51,188 --> 00:06:53,444 de que a vosa ínsula estea activa neste momento, 135 00:06:53,804 --> 00:06:55,426 pero non me vou enganar 136 00:06:55,426 --> 00:06:57,713 pensando que é porque me amades. 137 00:06:59,103 --> 00:07:01,500 E falando de amor e cerebro, 138 00:07:02,010 --> 00:07:05,875 hai un investigador, coñecido como o Dr. Amor, 139 00:07:06,411 --> 00:07:09,510 que afirma que os científicos deron co pegamento 140 00:07:09,510 --> 00:07:11,886 para manter a sociedade unida, 141 00:07:12,007 --> 00:07:14,963 a fonte do amor e da prosperidade. 142 00:07:15,783 --> 00:07:17,829 Desta volta non é un bocadillo de queixo. 143 00:07:18,531 --> 00:07:21,455 Non, é unha hormona chamada oxitocina. 144 00:07:22,049 --> 00:07:23,621 Seguro que xa oístes falar dela. 145 00:07:24,315 --> 00:07:26,588 O Dr. Amor baséase en estudos que amosan 146 00:07:26,588 --> 00:07:29,533 que cando lle xutas oxitocina á xente, 147 00:07:30,026 --> 00:07:33,405 aumentan a súa confianza, empatía e cooperación. 148 00:07:34,549 --> 00:07:37,366 Así que lle chama á oxitocina "a molécula moral". 149 00:07:38,142 --> 00:07:40,628 Agora ben, estes estudos son cientificamente válidos, 150 00:07:40,628 --> 00:07:44,294 e foron replicados, pero non contan toda a historia. 151 00:07:45,325 --> 00:07:48,077 Outros estudos amosan que o xute de oxitocina 152 00:07:48,077 --> 00:07:51,587 aumenta a envexa. Aumenta a vaidade. 153 00:07:52,605 --> 00:07:55,536 A oxitocina pode nesgar á xente en favor dos seus 154 00:07:55,536 --> 00:07:57,851 a expensas dos outros. 155 00:07:58,628 --> 00:08:02,060 E nalgúns casos, a oxitocina mesmo diminúe a cooperación. 156 00:08:03,168 --> 00:08:06,700 Así que, de acordo con estes estudos, eu podería afirmar que a oxitocina 157 00:08:06,700 --> 00:08:11,451 é unha molécula inmoral, e autoproclamarme a Dra. Antiamor. 158 00:08:15,786 --> 00:08:18,492 Así que vemos neurobabecadas nos titulares, 159 00:08:18,921 --> 00:08:21,419 nos supermercados, nas cubertas dos libros. 160 00:08:22,349 --> 00:08:23,683 E que pasa coa clínica? 161 00:08:24,981 --> 00:08:27,785 O SPECT é unha tecnoloxía de imaxe cerebral 162 00:08:27,785 --> 00:08:29,854 que usa marcadores radioactivos 163 00:08:30,271 --> 00:08:32,464 para rastrexar o fluxo sanguíneo no cerebro. 164 00:08:33,442 --> 00:08:36,247 Por unha ganga duns poucos miles de dólares 165 00:08:36,921 --> 00:08:39,426 hai clínicas nos EEUU 166 00:08:39,426 --> 00:08:42,389 que che fan un SPECT 167 00:08:43,206 --> 00:08:45,889 e usan a imaxe para diagnosticar os teus problemas. 168 00:08:46,716 --> 00:08:48,715 Din que estas imaxes poden axudar 169 00:08:48,715 --> 00:08:50,817 a previr o alzhéimer, 170 00:08:51,617 --> 00:08:54,081 solucionar os problemas de peso e de adiccións, 171 00:08:54,463 --> 00:08:56,522 superar os conflitos de parella 172 00:08:56,753 --> 00:08:59,903 e, por suposto, tratar todo tipo de trastornos mentais 173 00:08:59,903 --> 00:09:03,148 desde a depresión á ansiedade ou a hiperactividade 174 00:09:03,779 --> 00:09:05,808 Isto soa xenial. A moita xente llo parece. 175 00:09:06,052 --> 00:09:07,478 Algunhas clínicas destas 176 00:09:07,478 --> 00:09:10,102 moven decenas de millóns de dólares de negocio ao ano. 177 00:09:11,522 --> 00:09:13,096 Só hai un problema. 178 00:09:13,606 --> 00:09:16,283 Na neurociencia hai amplo consenso 179 00:09:16,283 --> 00:09:19,468 en que aínda non podemos diagnosticar os trastornos mentais 180 00:09:20,208 --> 00:09:21,802 cunha simple imaxe cerebral. 181 00:09:22,779 --> 00:09:24,482 Pero estas clínicas teñen tratado 182 00:09:24,482 --> 00:09:26,470 a decenas de miles de pacientes 183 00:09:26,922 --> 00:09:28,295 moitos deles nenos, 184 00:09:29,459 --> 00:09:32,162 e a imaxe por SPECT require inxeccións radioactivas 185 00:09:32,767 --> 00:09:36,229 por tanto, expoñer á xente a radiación, potencialmente nociva. 186 00:09:38,677 --> 00:09:41,913 Eu estou máis entusiamada cá maioría da xente, como neurocientífica, 187 00:09:41,913 --> 00:09:45,894 co potencial da neurociencia para tratar os trastornos mentais 188 00:09:46,481 --> 00:09:49,438 e mesmo, tal vez, para facernos mellores e máis intelixentes. 189 00:09:50,770 --> 00:09:53,288 E se algún día podo dicir que o queixo e o chocolate 190 00:09:53,288 --> 00:09:54,922 nos axudan a tomar decisións, 191 00:09:55,202 --> 00:09:56,332 contade comigo. 192 00:09:57,582 --> 00:09:59,338 Pero aínda non chegamos aí. 193 00:10:00,241 --> 00:10:03,173 Aínda non atopamos un botón de “comprar” no cerebro, 194 00:10:03,593 --> 00:10:07,180 non podemos dicir se alguén está mentindo ou está namorado 195 00:10:07,291 --> 00:10:10,104 só mirando as súas imaxes cerebrais, 196 00:10:10,674 --> 00:10:13,898 e non podemos converter aos pecadentos en santos dándolles hormonas 197 00:10:14,938 --> 00:10:17,142 Se cadra algún día poderemos, pero até daquela, 198 00:10:17,142 --> 00:10:19,985 temos que ter coidado de non deixar que as esaxeracións 199 00:10:19,985 --> 00:10:23,371 resten recursos e atención da ciencia real 200 00:10:23,371 --> 00:10:26,320 que xoga un partido moito máis longo. 201 00:10:27,722 --> 00:10:29,138 Así que aquí chegamos. 202 00:10:29,568 --> 00:10:32,529 Se alguén trata de vendervos algo cun cerebro 203 00:10:32,769 --> 00:10:34,898 non vos confiedes. 204 00:10:35,722 --> 00:10:39,134 Preguntádelle o que hai que preguntar. Preguntádelle polas probas, 205 00:10:39,394 --> 00:10:42,362 preguntádelle pola parte da historia que non vos está a contar. 206 00:10:43,517 --> 00:10:47,130 As respostas non deberían ser simples, porque o cerebro non é sinxelo. 207 00:10:48,319 --> 00:10:51,726 Pero isto non nos frea para seguir tratando de comprendelo. 208 00:10:52,345 --> 00:10:53,655 Grazas.