0:00:00.833,0:00:04.191 Son unha neurocientífica,[br]e estudo a toma de decisións. 0:00:04.710,0:00:07.907 Estudo como as substancias[br]químicas do cerebro 0:00:07.907,0:00:10.107 inflúen nas decisións que tomamos. 0:00:10.617,0:00:13.135 E veño contarvos o segredo 0:00:13.135,0:00:15.375 dunha boa toma de decisións: 0:00:17.365,0:00:19.203 un bocadillo de queixo. 0:00:19.603,0:00:23.423 Así é. Segundo os científicos,[br]un bocadillo de queixo 0:00:23.423,0:00:26.544 é a solución para todas[br]as túas decisións complicadas. 0:00:26.885,0:00:30.952 Que por que o sei?[br]Son a científica que fixo ese estudo. 0:00:31.942,0:00:34.842 Hai uns anos, os meus colegas[br]e mais eu estabamos interesados 0:00:34.842,0:00:36.875 en como unha substancia química do cerebro 0:00:36.875,0:00:40.125 chamada serotonina inflúe [br]na toma de decisións en contextos sociais. 0:00:40.355,0:00:42.900 En concreto, queriamos saber como[br]afecta a serotonina 0:00:42.900,0:00:46.245 ao xeito en que reacciona a xente[br]cando recibe un trato inxusto. 0:00:46.715,0:00:48.253 Así que fixemos un experimento. 0:00:48.253,0:00:50.769 Manipulamos os niveis de serotonina[br]dos participantes 0:00:50.769,0:00:56.022 dándolles a beber esta limoada[br]artificial de sabor noxento, 0:00:56.022,0:01:00.554 que extrae do cerebro o precursor[br]da serotonina, 0:01:00.832,0:01:03.259 un aminoácido chamado triptófano. 0:01:03.929,0:01:06.630 E atopamos que, cando o nivel[br]de triptófano estaba baixo, 0:01:06.630,0:01:08.622 a xente tiña máis tendencia a desquitarse 0:01:08.622,0:01:11.030 cando era tratada inxustamente. 0:01:11.991,0:01:13.823 Este foi o estudo que fixemos, 0:01:14.343,0:01:16.273 e aquí tedes algúns titulares 0:01:16.583,0:01:18.372 que apareceron a continuación. 0:01:18.452,0:01:21.627 [Só precisas un bocadillo de queixo[br]para tomar decisións adecuadas] 0:01:21.647,0:01:23.312 ["O queixo: o noso mellor amigo"] 0:01:23.672,0:01:25.862 Agora estarédesvos preguntando[br]"que me perdín?" 0:01:26.512,0:01:30.007 [Oficial: o chocolate sácache o cabreo ][br]Queixo? Chocolate? 0:01:30.007,0:01:31.907 De onde sae todo isto? 0:01:31.907,0:01:34.040 Iso pensei eu cando apareceron, 0:01:34.040,0:01:38.285 porque o noso estudo nada tiña que ver[br]co queixo nin co chocolate. 0:01:38.285,0:01:40.614 Dabámoslle á xente unha bebida noxenta 0:01:40.614,0:01:43.246 que afectaba os niveis de triptófano. 0:01:43.816,0:01:47.497 Pero resulta que tamén hai triptófano 0:01:47.497,0:01:49.568 no queixo e no chocolate. 0:01:49.988,0:01:52.728 E, por suposto, se a ciencia di[br]que o queixo e o chocolate 0:01:52.728,0:01:56.479 axudan a tomar mellores decisións,[br]seguro que captamos a atención do público. 0:01:56.689,0:01:58.656 Así que aquí o tedes: 0:01:58.656,0:02:01.183 A evolución dun titular. 0:02:02.163,0:02:04.505 Cando pasou isto, por un lado pensei, 0:02:04.505,0:02:06.109 vaites, que máis ten? 0:02:06.509,0:02:10.388 Os medios simplifican algo as cousas,[br]pero total, 0:02:10.388,0:02:12.181 só e cousa das noticias. 0:02:12.464,0:02:15.536 E penso que así o ven moitos científicos. 0:02:15.817,0:02:19.714 Pero o problema é que este tipo de cousas[br]pasan continuamente, 0:02:19.714,0:02:23.371 e non só coas historias [br]que les nas noticias 0:02:23.371,0:02:25.610 tamén cos produtos que ves nos andeis. 0:02:25.980,0:02:28.287 Cando se espallaron estes titulares, 0:02:28.287,0:02:31.113 empezaron a chamar os publicistas. 0:02:31.113,0:02:34.332 Estaría disposta a proporcionarlle[br]soporte científico 0:02:34.332,0:02:36.943 a unha botella de auga[br]que levante o ánimo? 0:02:37.593,0:02:39.737 Podería ir a un programa de TV amosarlle 0:02:39.737,0:02:40.962 á audiencia, en directo, 0:02:40.962,0:02:43.698 que alimentos axudan a sentirse mellor? 0:02:44.801,0:02:48.322 Creo que estes tipos entenderon ben;[br]pero se aceptase as súas propostas, 0:02:48.322,0:02:50.696 estaría indo alén da ciencia, 0:02:50.696,0:02:53.743 e os bos científicos[br]cóidanse de facer tal. 0:02:53.953,0:02:58.321 No entanto, a neurociencia está[br]cada vez máis presente nos mercados. 0:02:58.321,0:03:00.629 Aquí tedes un exemplo: as neurobebidas, 0:03:00.881,0:03:04.122 unha liña de produtos, [br]que inclúe este Neuro Bliss, 0:03:04.122,0:03:07.633 que segundo a etiqueta reduce o estrés, 0:03:07.633,0:03:10.919 levanta o ánimo, axuda a concentrarse, 0:03:10.919,0:03:12.537 e promove o optimismo. 0:03:13.707,0:03:16.622 Teño que dicir que soa estupendo. 0:03:16.692,0:03:17.692 (Risas) 0:03:18.555,0:03:20.868 Puiden tomado hai 10 minutos. 0:03:22.259,0:03:25.068 Cando vin isto na tenda do meu barrio, 0:03:25.068,0:03:28.327 pregunteime pola investigación[br]que sustentaba esas afirmacións. 0:03:28.617,0:03:31.543 Así que entrei na web[br]da empresa na procura 0:03:31.543,0:03:34.387 dalgún ensaio controlado [br]con estes produtos. 0:03:34.969,0:03:36.646 Pero non atopei nada. 0:03:37.366,0:03:40.384 Con ou sen ensaios,[br]as afirmacións aparecían 0:03:40.384,0:03:44.002 no centro da etiqueta,[br]ao lado do debuxo dun cerebro. 0:03:45.198,0:03:49.639 E resulta que as imaxes de cerebros teñen[br]propiedades especiais. 0:03:50.049,0:03:52.891 Un par de investigadores pedíronlles[br]a uns centos de persoas 0:03:52.891,0:03:54.592 que lesen un artigo científico. 0:03:55.202,0:03:58.368 Para a metade deles, o artigo incluía[br]unha imaxe cerebral, 0:03:58.529,0:04:00.392 A outra metade leu o mesmo artigo 0:04:00.392,0:04:02.287 pero sen imaxe do cerebro. 0:04:03.096,0:04:05.008 Ao rematar, xa supoñedes por onde vou, 0:04:05.008,0:04:06.838 preguntábanlles se estaban de acordo 0:04:06.838,0:04:08.810 coas conclusións do artigo. 0:04:10.160,0:04:12.433 Este é o grao de acordo coas conclusións 0:04:12.433,0:04:13.891 sen imaxe. 0:04:14.346,0:04:17.993 E este o acordo co mesmo artigo 0:04:17.993,0:04:20.346 cando incluía unha imaxe cerebral. 0:04:20.760,0:04:22.709 Así que a conclusión é 0:04:23.393,0:04:26.098 Queres vender algo? Ponlle un cerebro. 0:04:28.012,0:04:30.149 Deixádeme agora parar un pouco,[br]para dicirvos 0:04:30.149,0:04:33.190 que a neurociencia leva avanzado[br]moito nas últimas décadas, 0:04:33.427,0:04:36.000 estamos constantemente[br]descubrindo cousas sorprendentes 0:04:36.000,0:04:37.027 sobre o cerebro. 0:04:37.153,0:04:40.297 Por exemplo, hai un par de semanas,[br]uns neurocientíficos do MIT 0:04:40.297,0:04:43.417 descubriron como eliminar[br]hábitos nas ratas 0:04:43.707,0:04:47.090 controlando a actividade neural[br]nunha parte concreta do seu cerebro. 0:04:47.483,0:04:48.680 Realmente interesante! 0:04:49.312,0:04:51.973 Pero a promesa da neurociencia[br]está a dar lugar 0:04:51.973,0:04:56.737 a expectativas algo infladas e [br]a afirmacións esaxeradas e sen contrastar. 0:04:57.549,0:05:00.248 Así que vos vou amosar como identificar 0:05:00.248,0:05:03.794 un par de clásicos, [br]evidentes, en realidade, 0:05:03.794,0:05:06.443 do que se vén chamando neuroparvadas, 0:05:06.820,0:05:10.683 neurocaralladas ou, o meu favorito, [br]neurobabecadas. 0:05:12.759,0:05:16.620 A primeira afirmación non probada é a que[br]di que se poden usar as imaxes cerebrais 0:05:17.020,0:05:19.933 para ler os pensamentos e as emocións. 0:05:20.532,0:05:23.579 Aquí tedes un estudo publicado por[br]un grupo de investigación 0:05:23.579,0:05:25.974 na sección de opinión do New York Times. 0:05:26.412,0:05:30.193 O titular? [br]"Amas ao teu iPhone. Literalmente". 0:05:30.657,0:05:34.527 Converteuse decontado no artigo do xornal[br]máis difundido nas redes. 0:05:35.107,0:05:36.936 Como descubriron isto? 0:05:37.276,0:05:40.304 Pasaron a 16 persoas por un escáner 0:05:40.304,0:05:43.243 e amosáronlles vídeos de iPhones soando. 0:05:43.586,0:05:47.048 O escáner amosou activación[br]nunha parte do cerebro 0:05:47.048,0:05:49.700 chamada a ínsula, unha rexión que,[br]segundo explican, 0:05:49.700,0:05:52.894 está asociada cos sentimentos de[br]amor e compaixón. 0:05:53.484,0:05:57.144 Así que concluíron que[br]a activación na ínsula 0:05:57.734,0:06:00.421 implica que os participantes[br]amaban os seus iPhones. 0:06:01.431,0:06:03.575 O caso é que este razoamento[br]ten un problema, 0:06:03.575,0:06:06.748 e vén sendo que a ínsula[br]fai moitas cousas. 0:06:07.586,0:06:09.866 Certo, está implicada nas[br]emocións positivas 0:06:09.866,0:06:11.535 como o amor ou a compaixón, 0:06:11.738,0:06:14.411 pero tamén nunha chea doutros procesos. 0:06:14.411,0:06:17.484 como a memoria, a linguaxe, a atención, 0:06:17.974,0:06:20.959 mesmo a ira, o noxo ou a dor. 0:06:21.922,0:06:25.983 Así que, coa mesma lóxica,[br]eu podería dicir 0:06:26.363,0:06:27.957 que odias ao teu iPhone. 0:06:28.436,0:06:31.280 O asunto nisto é que cando ves[br]activación na ínsula, 0:06:31.280,0:06:36.176 podes escoller a explicación[br]que prefiras desta lista. 0:06:36.769,0:06:38.790 E é unha lista ben longa. 0:06:38.972,0:06:41.896 Os meus colegas Tal Yarkoni[br]e Russ Poldrack 0:06:41.896,0:06:44.898 amosaron que a ínsula se activa[br]en case un terzo 0:06:44.898,0:06:48.524 dos estudos con imaxes cerebrais[br]que hai publicados. 0:06:49.205,0:06:51.188 Así que hai moitas, moitas probabilidades 0:06:51.188,0:06:53.444 de que a vosa ínsula estea activa[br]neste momento, 0:06:53.804,0:06:55.426 pero non me vou enganar 0:06:55.426,0:06:57.713 pensando que é porque me amades. 0:06:59.103,0:07:01.500 E falando de amor e cerebro, 0:07:02.010,0:07:05.875 hai un investigador,[br]coñecido como o Dr. Amor, 0:07:06.411,0:07:09.510 que afirma que os científicos[br]deron co pegamento 0:07:09.510,0:07:11.886 para manter a sociedade unida, 0:07:12.007,0:07:14.963 a fonte do amor e da prosperidade. 0:07:15.783,0:07:17.829 Desta volta non é un bocadillo de queixo. 0:07:18.531,0:07:21.455 Non, é unha hormona chamada oxitocina. 0:07:22.049,0:07:23.621 Seguro que xa oístes falar dela. 0:07:24.315,0:07:26.588 O Dr. Amor baséase en estudos que amosan 0:07:26.588,0:07:29.533 que cando lle xutas oxitocina á xente, 0:07:30.026,0:07:33.405 aumentan a súa confianza,[br]empatía e cooperación. 0:07:34.549,0:07:37.366 Así que lle chama á oxitocina[br]"a molécula moral". 0:07:38.142,0:07:40.628 Agora ben, estes estudos son[br]cientificamente válidos, 0:07:40.628,0:07:44.294 e foron replicados,[br]pero non contan toda a historia. 0:07:45.325,0:07:48.077 Outros estudos amosan[br]que o xute de oxitocina 0:07:48.077,0:07:51.587 aumenta a envexa. Aumenta a vaidade. 0:07:52.605,0:07:55.536 A oxitocina pode nesgar á xente[br]en favor dos seus 0:07:55.536,0:07:57.851 a expensas dos outros. 0:07:58.628,0:08:02.060 E nalgúns casos, a oxitocina mesmo[br]diminúe a cooperación. 0:08:03.168,0:08:06.700 Así que, de acordo con estes estudos,[br]eu podería afirmar que a oxitocina 0:08:06.700,0:08:11.451 é unha molécula inmoral, e autoproclamarme[br]a Dra. Antiamor. 0:08:15.786,0:08:18.492 Así que vemos neurobabecadas[br]nos titulares, 0:08:18.921,0:08:21.419 nos supermercados,[br]nas cubertas dos libros. 0:08:22.349,0:08:23.683 E que pasa coa clínica? 0:08:24.981,0:08:27.785 O SPECT é unha tecnoloxía[br]de imaxe cerebral 0:08:27.785,0:08:29.854 que usa marcadores radioactivos 0:08:30.271,0:08:32.464 para rastrexar o fluxo sanguíneo[br]no cerebro. 0:08:33.442,0:08:36.247 Por unha ganga [br]duns poucos miles de dólares 0:08:36.921,0:08:39.426 hai clínicas nos EEUU 0:08:39.426,0:08:42.389 que che fan un SPECT 0:08:43.206,0:08:45.889 e usan a imaxe para[br]diagnosticar os teus problemas. 0:08:46.716,0:08:48.715 Din que estas imaxes poden axudar 0:08:48.715,0:08:50.817 a previr o alzhéimer, 0:08:51.617,0:08:54.081 solucionar os problemas[br]de peso e de adiccións, 0:08:54.463,0:08:56.522 superar os conflitos de parella 0:08:56.753,0:08:59.903 e, por suposto, tratar todo tipo[br]de trastornos mentais 0:08:59.903,0:09:03.148 desde a depresión á ansiedade[br]ou a hiperactividade 0:09:03.779,0:09:05.808 Isto soa xenial. A moita xente llo parece. 0:09:06.052,0:09:07.478 Algunhas clínicas destas 0:09:07.478,0:09:10.102 moven decenas de millóns[br]de dólares de negocio ao ano. 0:09:11.522,0:09:13.096 Só hai un problema. 0:09:13.606,0:09:16.283 Na neurociencia hai amplo consenso 0:09:16.283,0:09:19.468 en que aínda non podemos diagnosticar[br]os trastornos mentais 0:09:20.208,0:09:21.802 cunha simple imaxe cerebral. 0:09:22.779,0:09:24.482 Pero estas clínicas teñen tratado 0:09:24.482,0:09:26.470 a decenas de miles de pacientes 0:09:26.922,0:09:28.295 moitos deles nenos, 0:09:29.459,0:09:32.162 e a imaxe por SPECT require[br]inxeccións radioactivas 0:09:32.767,0:09:36.229 por tanto, expoñer á xente a radiación,[br]potencialmente nociva. 0:09:38.677,0:09:41.913 Eu estou máis entusiamada cá maioría [br]da xente, como neurocientífica, 0:09:41.913,0:09:45.894 co potencial da neurociencia para tratar[br]os trastornos mentais 0:09:46.481,0:09:49.438 e mesmo, tal vez, para facernos mellores[br]e máis intelixentes. 0:09:50.770,0:09:53.288 E se algún día podo dicir que o queixo[br]e o chocolate 0:09:53.288,0:09:54.922 nos axudan a tomar decisións, 0:09:55.202,0:09:56.332 contade comigo. 0:09:57.582,0:09:59.338 Pero aínda non chegamos aí. 0:10:00.241,0:10:03.173 Aínda non atopamos un botón de “comprar”[br]no cerebro, 0:10:03.593,0:10:07.180 non podemos dicir se alguén está mentindo[br]ou está namorado 0:10:07.291,0:10:10.104 só mirando as súas imaxes cerebrais, 0:10:10.674,0:10:13.898 e non podemos converter aos pecadentos[br]en santos dándolles hormonas 0:10:14.938,0:10:17.142 Se cadra algún día poderemos,[br]pero até daquela, 0:10:17.142,0:10:19.985 temos que ter coidado[br]de non deixar que as esaxeracións 0:10:19.985,0:10:23.371 resten recursos e atención da ciencia real 0:10:23.371,0:10:26.320 que xoga un partido moito máis longo. 0:10:27.722,0:10:29.138 Así que aquí chegamos. 0:10:29.568,0:10:32.529 Se alguén trata de vendervos algo[br]cun cerebro 0:10:32.769,0:10:34.898 non vos confiedes. 0:10:35.722,0:10:39.134 Preguntádelle o que hai que preguntar.[br]Preguntádelle polas probas, 0:10:39.394,0:10:42.362 preguntádelle pola parte da historia[br]que non vos está a contar. 0:10:43.517,0:10:47.130 As respostas non deberían ser simples,[br]porque o cerebro non é sinxelo. 0:10:48.319,0:10:51.726 Pero isto non nos frea para seguir[br]tratando de comprendelo. 0:10:52.345,0:10:53.655 Grazas.