De que está feito o Universo? Sabemos que existen planetas, lúas, estrelas, galaxias... Mais existe algo máis! Algo vasto, estraño e misterioso que ninguén sabe o que é! Segundo a física clásica sería de esperar que as estrelas orbitasen o centro das galaxias, do mesmo modo que os planetas orbitan o Sol no noso Sistema Solar. Ou sexa... os planetas máis próximos ao Sol con velocidades superiores ás dos planetas máis afastados. Mais non acontece iso! Para que isto teña sentido, debe haber algo que non vemos que fai que a galaxia se comporte deste modo. Os astrónomos chamáronlle materia negra ou escura. Estímase que o que podemos observar é apenas unha pequena porción de todo o que existe no Universo. Todo o demais... é descoñecido!