De que está feito o Universo?
Sabemos que existen planetas,
lúas, estrelas, galaxias...
Mais existe algo máis!
Algo vasto, estraño e misterioso
que ninguén sabe o que é!
Segundo a física clásica
sería de esperar
que as estrelas orbitasen
o centro das galaxias,
do mesmo modo que os planetas
orbitan o Sol no noso Sistema Solar.
Ou sexa...
os planetas máis próximos ao Sol
con velocidades superiores
ás dos planetas máis afastados.
Mais non acontece iso!
Para que isto teña sentido,
debe haber algo que non vemos
que fai que a galaxia
se comporte deste modo.
Os astrónomos chamáronlle
materia negra ou escura.
Estímase que o que
podemos observar
é apenas unha pequena porción
de todo o que existe no Universo.
Todo o demais... é descoñecido!