1 00:00:02,780 --> 00:00:04,613 Por que se está a quentar o mundo? 2 00:00:06,820 --> 00:00:10,093 Pensemos por un momento na Terra como nun invernadoiro. 3 00:00:10,933 --> 00:00:15,593 Cada segundo, unha enorme cantidade de enerxía penetra no noso invernadoiro. 4 00:00:16,904 --> 00:00:20,490 A nosa atmosfera, o tellado e as paredes de vidro 5 00:00:20,490 --> 00:00:22,536 reflicten parte desa enerxía, 6 00:00:22,536 --> 00:00:26,066 pero a meirande parte entra e quenta todo. 7 00:00:27,340 --> 00:00:29,880 Gran parte desa calor adoitaba escapar ao espazo, 8 00:00:29,880 --> 00:00:32,556 manténdonos a unha temperatura estable e cálida. 9 00:00:33,614 --> 00:00:35,236 Pero entón algo cambiou. 10 00:00:36,110 --> 00:00:41,356 Comezamos a botar CO2 abondo para encher miles de millóns de invernadoiros ao día. 11 00:00:42,900 --> 00:00:45,540 E que fai todo ese gas de efecto invernadoiro? 12 00:00:45,540 --> 00:00:48,423 Fai o vidro do noso invernadoiro máis groso. 13 00:00:48,760 --> 00:00:52,440 Un vidro máis groso fai que a calor escape ao espazo moito máis lentamente. 14 00:00:52,440 --> 00:00:54,240 E non esquezas que a enerxía do sol 15 00:00:54,240 --> 00:00:56,776 segue a chegarnos igual de rápido que antes. 16 00:00:57,270 --> 00:01:01,050 O resultado é un planeta con temperaturas demasiado quentes para o noso gusto, 17 00:01:01,050 --> 00:01:03,077 e finalmente, 18 00:01:03,607 --> 00:01:04,781 para a vida. 19 00:01:08,638 --> 00:01:10,138 [Conta atrás 20 00:01:10,138 --> 00:01:12,958 Toma medidas contra o cambio climático en Countdown.ted.com]