1 00:00:01,722 --> 00:00:04,572 Con todo o que se leva dito sobre o cambio climático, 2 00:00:04,572 --> 00:00:08,466 aínda non oímos o suficiente sobre os impactos psicolóxicos 3 00:00:08,466 --> 00:00:10,624 de vivir nun mundo que está a quecer. 4 00:00:10,624 --> 00:00:12,819 Se oíron a sombría investigación climática 5 00:00:12,819 --> 00:00:16,087 que os divulgadores coma min tecemos nos nosos libros e documentais, 6 00:00:16,087 --> 00:00:20,092 probablemente xa sentiron momentos de medo, fatalismo ou desesperanza. 7 00:00:20,617 --> 00:00:22,702 Se lles afectou o desastre climático, 8 00:00:22,702 --> 00:00:25,014 estes sentimentos poden profundar moito máis, 9 00:00:25,014 --> 00:00:27,444 e provocar un shock, trauma, 10 00:00:27,444 --> 00:00:29,469 tensión nas relacións, abuso de sustancias 11 00:00:29,469 --> 00:00:31,816 e a perda de identidade persoal e control. 12 00:00:32,314 --> 00:00:36,586 O traballo político e tecnolóxico vital está en marcha para moderar este caos, 13 00:00:36,586 --> 00:00:39,244 pero estou aquí para espertar un sentimento en vostedes 14 00:00:39,244 --> 00:00:42,397 polo que tamén precisamos que as nosas accións e políticas 15 00:00:42,397 --> 00:00:45,443 reflictan unha comprensión de como os nosos ambientes cambiantes 16 00:00:45,443 --> 00:00:48,486 ameazan o noso benestar mental, social e espiritual. 17 00:00:48,970 --> 00:00:52,633 A ansiedade, a dor e a depresión de científicos e activistas do clima 18 00:00:52,637 --> 00:00:54,723 é pública dende hai anos. 19 00:00:54,723 --> 00:00:57,297 O que vimos tras acontecementos meteorolóxicos extremos 20 00:00:57,297 --> 00:00:58,771 como o furacán Sandy ou Katrina 21 00:00:58,771 --> 00:01:01,434 foi o aumento do TEPT e os suicidios. 22 00:01:01,800 --> 00:01:04,826 E hai moitos datos de saúde mental das comunidades do norte 23 00:01:04,826 --> 00:01:06,354 onde o quecemento é máis rápido, 24 00:01:06,354 --> 00:01:08,391 como os inuit de Labrador, 25 00:01:08,391 --> 00:01:11,268 que afrontan angustias existenciais mentres ven que o xeo, 26 00:01:11,268 --> 00:01:12,899 unha gran parte da súa identidade, 27 00:01:12,899 --> 00:01:14,730 se esvaece ante os seus ollos. 28 00:01:15,220 --> 00:01:16,795 E por se iso non fose suficiente, 29 00:01:16,795 --> 00:01:18,519 a Asociación Psicolóxica Americana 30 00:01:18,519 --> 00:01:21,395 di que as nosas respostas psicolóxicas ao cambio climático, 31 00:01:21,395 --> 00:01:25,609 como evitar conflitos, o desamparo e a resignación, están a medrar. 32 00:01:26,101 --> 00:01:29,492 Isto significa que os nosos procesos mentais conscientes e inconscientes 33 00:01:29,492 --> 00:01:30,352 estannos impedindo 34 00:01:30,352 --> 00:01:33,177 identificar as causas do problema, 35 00:01:33,177 --> 00:01:36,323 e traballar en solucións fomentando a nosa resiliencia psicolóxica, 36 00:01:36,323 --> 00:01:39,902 pero necesitamos todas esas cousas para asumir o que creamos. 37 00:01:40,878 --> 00:01:42,984 Ultimamente estudei un fenómeno 38 00:01:42,984 --> 00:01:45,533 que é só un exemplo das dificultades emocionais 39 00:01:45,533 --> 00:01:46,756 que estamos a ver. 40 00:01:46,756 --> 00:01:48,662 E vén en forma de pregunta 41 00:01:48,662 --> 00:01:52,363 que unha gran cantidade de xente da miña xeración están tentando responder. 42 00:01:52,890 --> 00:01:54,113 E é: 43 00:01:54,113 --> 00:01:57,105 Debería ter un fillo na era do cambio climático? 44 00:01:57,613 --> 00:01:59,112 Ao fin, calquera neno nado hoxe 45 00:01:59,112 --> 00:02:02,632 terá que vivir nun mundo onde furacáns, inundacións, incendios forestais - 46 00:02:02,660 --> 00:02:04,464 o que chamabamos desastres naturais - 47 00:02:04,464 --> 00:02:05,852 fixéronse comúns. 48 00:02:06,688 --> 00:02:10,442 Os 20 anos máis quentes rexistrados ocorreron nos últimos 22. 49 00:02:11,172 --> 00:02:14,004 E a ONU prevé que dous terzos da poboación global 50 00:02:14,004 --> 00:02:16,971 terá escaseza de auga dentro de tan só seis anos. 51 00:02:17,844 --> 00:02:19,717 O Banco Mundial prevé que para o 2050, 52 00:02:19,717 --> 00:02:22,689 vai haber 140 millóns de refuxiados climáticos 53 00:02:22,689 --> 00:02:25,633 na África subsahariana América Latina e Sureste Asiático. 54 00:02:25,633 --> 00:02:28,585 E outras estimacións soben a máis de mil millóns. 55 00:02:29,284 --> 00:02:31,504 As migracións masivas e a escaseza de recursos 56 00:02:31,504 --> 00:02:35,479 aumentan o risco de violencia, guerra e inestabilidade política. 57 00:02:36,146 --> 00:02:40,818 A ONU acaba de informar que se extinguirán ata un millón de especies, 58 00:02:40,818 --> 00:02:42,017 moitas tan só nunhas décadas, 59 00:02:42,017 --> 00:02:46,635 e as nosas emisións seguen aumentando, incluso despois do Acordo de París. 60 00:02:47,373 --> 00:02:48,881 Durante o último ano e medio, 61 00:02:48,881 --> 00:02:51,006 dirixín obradoiros e entrevistas 62 00:02:51,006 --> 00:02:52,238 con centos de persoas 63 00:02:52,238 --> 00:02:54,586 sobre como educar aos fillos na crise climática. 64 00:02:54,586 --> 00:02:55,746 E podo dicirlles 65 00:02:55,760 --> 00:02:59,167 que esa xente á que lle preocupa ter fillos por mor do cambio climático 66 00:02:59,167 --> 00:03:01,213 non están motivados por un orgullo ascético. 67 00:03:01,213 --> 00:03:02,699 Están angustiados. 68 00:03:02,699 --> 00:03:04,795 Incluso hai un movemento chamado BirthStrike, 69 00:03:04,795 --> 00:03:07,531 cuxos membros declararon que non van ter fillos 70 00:03:07,531 --> 00:03:09,754 por mor do estado da crise ecolóxica, 71 00:03:09,754 --> 00:03:12,915 e a inacción dos gobernos para abordar esta ameaza existencial. 72 00:03:12,915 --> 00:03:16,626 E outras xeracións tamén se enfrontaron aos seus propios perigos apocalípticos, 73 00:03:16,626 --> 00:03:20,068 pero iso non é motivo para ignorarmos a ameaza real para a supervivencia. 74 00:03:20,489 --> 00:03:23,319 Algúns cren que é mellor adoptar fillos. 75 00:03:23,323 --> 00:03:25,474 Ou que é pouco ético ter máis de un, 76 00:03:25,474 --> 00:03:27,236 especialmente tres, catro ou máis, 77 00:03:27,236 --> 00:03:30,641 porque os nenos aumentan as emisións de gases de efecto invernadoiro. 78 00:03:30,641 --> 00:03:33,717 É algo lamentable 79 00:03:33,717 --> 00:03:36,568 cando a xente que quere nenos sacrifica o seu dereito a telos 80 00:03:36,568 --> 00:03:40,319 porque, dalgún xeito, lles dixeron que o seu estilo de vida é o culpable, 81 00:03:40,319 --> 00:03:42,135 cando a falla é moito máis sistémica, 82 00:03:42,135 --> 00:03:44,269 pero estudemos esa lóxica. 83 00:03:45,048 --> 00:03:47,411 Un citado estudo amosa que, de media, 84 00:03:47,411 --> 00:03:50,125 ter un fillo menos nunha nación industrializada 85 00:03:50,125 --> 00:03:53,990 pode aforrar unhas 59 toneladas de dióxido de carbono ao ano. 86 00:03:54,617 --> 00:03:56,057 En comparación, 87 00:03:56,061 --> 00:03:59,034 vivir sen coches aforra case 2,5 toneladas, 88 00:03:59,034 --> 00:04:02,124 evitar un voo transatlántico, e este é só un, 89 00:04:02,124 --> 00:04:04,098 aforra aproximadamente 1,5 toneladas, 90 00:04:04,098 --> 00:04:07,743 e facer unha dieta baseada en prantas pode aforrar case unha tonelada ao ano. 91 00:04:08,760 --> 00:04:11,186 E consideren que un neno de Bangladesh 92 00:04:11,186 --> 00:04:15,084 só engade 56 toneladas métricas de carbono ao legado de carbón dos seus pais 93 00:04:15,084 --> 00:04:16,550 ao longo da súa vida, 94 00:04:16,550 --> 00:04:21,944 mentres que un neno estadounidense, en comparación, suma 9 441 aos seus. 95 00:04:22,428 --> 00:04:24,050 Por iso é polo que algúns discuten 96 00:04:24,050 --> 00:04:26,766 que son os pais de nacións con enormes pegadas de carbono 97 00:04:26,766 --> 00:04:29,583 os que deberían pensar máis sobre cantos nenos teñen. 98 00:04:29,901 --> 00:04:33,280 Pero a decisión de ter un fillo e os sentimentos do propio futuro 99 00:04:33,280 --> 00:04:34,780 son profundamente persoais, 100 00:04:34,780 --> 00:04:37,116 e están envoltos en todo tipo de normas culturais, 101 00:04:37,116 --> 00:04:40,830 crenzas relixiosas, nivel socioeconómico, nivel de estudos e moito máis. 102 00:04:41,184 --> 00:04:44,041 E así para algúns, este debate sobre nenos na crise climática 103 00:04:44,041 --> 00:04:46,616 pode parecer cousa doutro planeta. 104 00:04:46,616 --> 00:04:50,043 Moitos teñen ameazas máis inmediatas para a supervivencia nas que pensar, 105 00:04:50,043 --> 00:04:52,144 como como poñer comida na mesa, 106 00:04:52,144 --> 00:04:54,285 cando es unha nai solteira con tres empregos, 107 00:04:54,285 --> 00:04:57,240 ou es seropositivo, ou vas nunha caravana de migrantes. 108 00:04:57,244 --> 00:05:00,990 Traxicamente, o cambio climático é moi grande na interseccionalidade. 109 00:05:01,387 --> 00:05:05,201 Multiplica as tensións que xa afrontan as comunidades marxinadas. 110 00:05:06,442 --> 00:05:09,409 Un politólogo díxome unha vez que un indicador importante 111 00:05:09,409 --> 00:05:12,573 de que o cambio climático está a chegarnos, psicoloxicamente, 112 00:05:12,573 --> 00:05:14,942 sería un aumento na taxa de mulleres informadas 113 00:05:14,942 --> 00:05:16,607 que decidirían non ter fillos. 114 00:05:17,522 --> 00:05:18,672 Interesante. 115 00:05:19,236 --> 00:05:21,890 Estalles afectando, psicolóxicamente? 116 00:05:22,521 --> 00:05:26,062 Quizais teñen estrés pretraumático ligado ao clima? 117 00:05:26,737 --> 00:05:28,719 Un psiquiatra climático acuñou ese termo, 118 00:05:28,719 --> 00:05:32,282 e por certo, esa é unha profesión agora, psiquiatra de aflicións climáticas. 119 00:05:32,282 --> 00:05:34,744 E traballan con algúns estudantes de secundaria 120 00:05:34,744 --> 00:05:36,821 que xa non queren ir á universidade, 121 00:05:36,821 --> 00:05:39,338 porque non poden prever un futuro para si mesmos. 122 00:05:39,831 --> 00:05:42,262 E isto faime retornar ao meu punto principal. 123 00:05:42,910 --> 00:05:45,735 A crecente preocupación por ter fillos na crise climática 124 00:05:45,735 --> 00:05:49,780 é un indicador urxente de como se está a sentir a xente. 125 00:05:51,110 --> 00:05:54,831 Agora mesmo, estudantes de todo o mundo están a pedir un cambio a gritos 126 00:05:54,831 --> 00:05:56,771 coa penetrante voz da desesperación. 127 00:05:57,645 --> 00:06:00,588 E o feito de que poidamos ver como contribuímos ao problema 128 00:06:00,588 --> 00:06:02,110 que nos fai sentir inseguros 129 00:06:02,110 --> 00:06:03,907 é unha tolemia en si mesma. 130 00:06:04,947 --> 00:06:06,959 O cambio climático é totalmente global 131 00:06:06,959 --> 00:06:09,665 e tamén o é a forma coa que nos tolea a mente. 132 00:06:10,648 --> 00:06:12,044 Moitos activistas lles dirán 133 00:06:12,044 --> 00:06:14,403 que o mellor antídoto para a pena é o activismo. 134 00:06:14,860 --> 00:06:18,357 E algúns psicólogos lles dirán que poden atopar a resposta na terapia. 135 00:06:18,357 --> 00:06:21,496 Outros cren que a clave é imaxinar que están no seu leito de morte, 136 00:06:21,496 --> 00:06:23,980 reflexionando sobre o que lles importou máis na vida, 137 00:06:23,980 --> 00:06:26,317 para poder identificar o que deberían facer agora, 138 00:06:26,317 --> 00:06:27,936 co tempo que lles queda. 139 00:06:27,936 --> 00:06:29,937 Precisamos todas estas ideas e moitas máis, 140 00:06:29,937 --> 00:06:31,683 para coidar o noso interior 141 00:06:31,683 --> 00:06:35,813 mentres os ambientes que coñecemos nos castigan máis. 142 00:06:35,813 --> 00:06:38,000 E teñan fillos ou non, 143 00:06:38,000 --> 00:06:40,750 necesitamos ser sinceros sobre o que está a suceder, 144 00:06:40,750 --> 00:06:42,611 e sobre o que nos debemos os uns aos outros. 145 00:06:43,601 --> 00:06:44,767 Non nos podemos permitir 146 00:06:44,767 --> 00:06:47,147 tratar os impactos psicolóxicos do cambio climático 147 00:06:47,147 --> 00:06:48,182 no derradeiro momento, 148 00:06:48,182 --> 00:06:52,482 porque as outras cuestións, de ciencia, tecnoloxía e política e economía, 149 00:06:52,482 --> 00:06:55,799 semellen máis importantes que isto. 150 00:06:56,807 --> 00:06:59,211 A saúde mental debe ser parte integrante 151 00:06:59,211 --> 00:07:02,226 de calquera estratexia de supervivencia ante o cambio climático, 152 00:07:02,226 --> 00:07:04,880 que require financiamento, ética de equidade e coidado, 153 00:07:04,880 --> 00:07:06,541 e unha conciencia xeralizada. 154 00:07:06,886 --> 00:07:10,512 Porque aínda que fosen as persoas máis desapegadas do planeta, 155 00:07:10,512 --> 00:07:13,767 non hai alfombra no mundo tan grande como para ocultar isto. 156 00:07:13,767 --> 00:07:14,966 Grazas 157 00:07:14,966 --> 00:07:17,878 (Aplausos)