Cando eu tiña sete anos e a miña irmá tiña só cinco, xogabamos na parte derriba dunha liteira. Eu tiña dous anos máis ca ela naquel momento -- quero dicir, sigo sendo dous anos maior -- pero entón significaba que ela tiña que facer o que eu dixera, e eu quería xogar á guerra. Estabamos enriba das nosas liteiras e dun lado tiña todo o meu armamento e soldados G.I. Joe., e do outro lado, estaban todos os ponis da miña irmá preparados para unha batalla de cabalería. Hai distintas versións sobre o que pasou aquela tarde, pero como a miña irmá non está aquí hoxe, voulles contar o que ocorreu realmente -- (Risas) -- que deixa á miña irmá coma unha torpe. Dalgún modo, sen ningunha axuda ou empurrón do seu irmá maior, de repente Amy desapareceu de enriba da liteira e se deu un golpe contra o chan. Nese momento asomeime nervioso para ver que quen caera fora miña irmá, e vin que o fixera con moita dor sobre as súas mans e xeonllos cos catro sobre o chan. Eu estaba nervoso porque os meus pais dixéranme que me asegurase de que a miña irmá e mais eu xogásemos con tanto coidado e silencio como fose posible. E vendo como accidentalmente eu mesmo rompera o brazo de Amy só unha semana antes... (Risas) ... ó apartala de maneira heroica da traxectoria dunha bala disparada por un francotirador imaxinario, (Risas) algo que aínda non me agradeceu, eu intentaba con todas as miñas forzas -- ela nin sequera a vira vir -- intentaba con todas as miñas forzas portarme o mellor posible. Entón vin a cara da miña irmá, xemendo de dor, sufrimento e sorpresa ameazando con que a súa boca explotase e ameazando con espertar ós meus pais, que se acababan de botar a durmir a sesta. Entón fixen o único que ó meu pequeno cerebro de sete anos se lle ocorreu para evitar esa traxedia. Se teñen fillos, terán visto isto centos de veces. Dixen: "Amy, Amy, espera. Non chores. Non chores. Viches cómo caeches? Ninguén cae así, a catro patas. Amy, creo que isto quere dicir que es un unicornio". (Risas) Iso era un engano, porque non había nada no mundo que a miña irmá quixese máis que non ser Amy, a irmá pequena de cinco anos ferida, senón ser Amy, o unicornio especial. Por suposto, esta era unha opción na que o seu cerebro non pensara. Se puidesen ver como a miña pobre irmá, manipulada, se enfrentaba ó conflito de decidir entre que o seu cerebro adicase recursos a sentir a dor, sufrimento e sorpresa que acababa de pasar ou a centrarse na súa nova identidade como unicornio. E este último gañou. En vez de chorar, en vez de parar de xogar, en vez de espertar ós meus pais, con todas as consecuencias negativas que me acarrearía, en vez diso un sorriso iluminou a súa cara e volveu a enriba da liteira con toda a graza dun bebé unicornio... (Risas) ... cunha pata rota. Co que nos topamos á tenra idade de cinco e sete anos -- non tiñamos nin idea naquel momento -- foi algo que se convertiría na vangarda dunha revolución científica e que tería lugar dúas décadas despois no modo de ver o cerebro humano. Co que nos topamos foi con algo chamado psicoloxía positiva que é o motivo polo que estou hoxe aquí e a razón pola que me levanto cada mañá. A primeira vez que falei desta investigación fóra do ámbito académico, en compañías e escolas, a primeira cousa que dixeron que nunca se fixese foi a de empezar un discurso cun gráfico. O primeiro que quero facer é empezar o meu discurso cun gráfico. Este gráfico parece aburrido, pero esta é a razón pola que me entusiasmo e me levanto cada mañá. E este gráfico nin sequera significa nada; os datos son falsos. O que descubrimos foi -- (Risas) Encantaríame volver a conseguir estes datos estudándoos a vostedes porque existe unha clara tendencia aí fóra, e é que me poden publicar, e iso é o máis importante. O feito de que haxa un punto vermello raro por enriba da curva, que haxa un bicho raro na sala -- sei quen es, vinte antes -- non é un problema. Non é un problema, coma a maioría de vostedes saberá, porque podo borrar ese punto fácilmente. Podo borrar ese punto porque claramente é un erro de medición. E sabemos que é un erro de medición porque está estropeando os meus datos. Entón, unha das primeiras cousas que ensinamos nos cursos de economía, estadística, empresariais e psicoloxía é como, dun modo estadísticamente válido, eliminamos ós bichos raros. Como eliminamos ós estraños para atopar a liña que mellor se axuste? O que é fantástico se estou intentado descubrir cantos Advil debería tomar unha persoa normal -- dous. Pero se me interesa o seu potencial, xa sea pola felicidade ou a produtividade ou a enerxía ou a creatividade o que estamos facendo é crear o culto pola media por parte da ciencia. Se preguntara algo como: "En canto tempo aprende un neno a ler nunha aula?" os científicos cambian a pregunta a: "Canto tempo tarda un neno medio en aprender a ler nunha aula?" e logo adaptamos a clase á media. Entón, se alguén queda por debaixo da media nesta curva, os psicólogos se emocionan, porque iso significa que ou está deprimido ou ten algunha alteración, ou con sorte as dúas cousas. Esperamos que sexan os dous porque o noso modelo de negocios consiste en que se alguén ven a unha sesión de terapia cun problema, queremos asegurarnos de que se vaia sabendo que ten 10, para que así siga vindo unha e outra vez. Nos remitiremos á súa infancia se é preciso, pero ó final o que queremos é que volva a ser normal. Pero normal é só unha media. E o que eu propoño, e o que a psicoloxía positiva propón, é que se estudamos o que é simplemente a media, seguiremos sendo da media. Entón, en vez de eliminar a eses estraños positivos, o que fago eu de maneira intencionada é dirixirme a unha poboación coma esta e dicir "por que?" Por que algúns de vostedes están tan por enriba da curva en canto ás súas abilidades intelectuais, atléticas, musicais, a súa creatividade, os seus niveis de enerxía, a súa resilencia para afrontar os problemas ou o seu sentido do humor? Sexa o que sexa, en vez de eliminalos, o que eu quero facer é estudalos. Porque ó mellor podemos extraer información -- non só sobre como elevar á xente hacia a media, senón sobre como elevar a media nas nosas compañías e escolas de todo o mundo. O motivo polo que este gráfico é importante para min é porque, cando poño o telexornal, parece que a maioría da información non é positiva, de feito é negativa. A maioría trata sobre asasinatos, corrupción, enfermidades, desastres naturais. E rapidamente, o meu cerebro empeza a pensar que esa é a proporción fiel entre o negativo e o positivo do mundo. O que iso está facendo é crear algo chamado síndrome do estudante de medicina -- se coñecen persoas que estudaron medicina, durante o primeiro ano de carreira, conforme van lendo unha lista de todos os síntomas e enfermidades que se poden padecer, de repente danse conta de que os sufren todos. Teño un cuñado que se chama Bobo -- iso é unha historia completamente diferente. Bobo casouse con Amy o unicornio. Un día chamoume por teléfono desde a facultade de medicina de Yale e dixo: "Shawn, teño a lepra". (Risas) Que, incluso en Yale, é moi pouco común. Pero eu non tiña nin idea de como consolar ó pobre Bobo porque acababa de pasar por unha semana enteira de menopausia. (Risas) Como ven, o que estamos descubrindo non é a realidade que nos da forma, senón a lente a través da que o cerebro ve o mundo que da forma á realidade de cada un. E se podemos cambiar a lente, non só poderemos cambiar a nosa felicidade, senón que poderemos cambiar cada resultado educativo e empresarial ó mesmo tempo. Cando solicitei plaza en Harvard, solicitei plaza para un desafío. Non esperaba que me aceptasen, e a miña familia non tiña diñeiro para a universidade. Cando conseguín unha beca militar dúas semanas despois, deixáronme ir. De repente, algo que non era posible se fixo realidade. Cando fun alí, pensei que todos os demais tamén o verían coma un privilexio, que estarían emocionados por estar alí. Aínda que esteamos nunha aula chea de xente máis intelixente ca nós, estaremos contentos simplemente por estar nesa aula, e iso é o que eu sentía. Pero co que me topei alí foi que, aínda que algunhas persoas senten iso, cando me graduei despois de catro anos e logo pasei os seguintes oito vivindo nas residencias de estudantes -- foi Harvard quen mo pediu, eu non era esa clase de rapaz. (Risas) Era un encargado de Harvard para asesorar ós estudantes durante os duros catro anos. E co que me topei nas miñas investigacións e nas miñas clases foi que estes estudantes, independentemente do felices que tivesen sido polo éxito de entrar na universidade, dúas semanas despois os seus cerebros non estaban centrados na sorte de estar alí, nin na súa filosofía ou a súa física. Os seus cerebros estaban centrados na competición, na carga de traballo, nos conflitos, no estrés, nas queixas. A primeira vez que fun alí e entrei no comedor dos novatos, que é onde os meus amigos de Waco (Texas), o lugar onde me criei -- sei que algúns de vostedes o coñecen. Cando viñan visitarme, vían ó seu redor e dicían: "este comedor para novatos parece algo sacado de Hogwart's, da película 'Harry Potter'", e é verdade. Isto é Hogwart's, da película "Harry Potter", e isto é Harvard. E cando ven isto din: "Shawn, por que malgastas o teu tempo estudando a felicidade en Harvard? A ver, que pode facer a un estudante de Harvard infeliz?" Facerse esa pregunta é a clave para entender a ciencia da felicidade. Porque o que esa pregunta asume é que o noso mundo exterior mostra os nosos niveis de felicidade, cando en realidade, aínda que eu saiba todo sobre o seu mundo externo só podo predicir o 10 por cento da súa felicidade a longo prazo. O 90 porcento desa felicidade non se predice a partir do mundo externo, senón pola maneira na que o cerebro procesa ese mundo. E se cambiamos iso, se cambiamos a fórmula da felicidade e do éxito, o que podemos facer é cambiar a forma en que podemos influir na realidade. O que descubrimos foi que só o 25 por cento do éxito no traballo se predice polo coeficiente intelectual. O 75 por cento se predice polos niveis de optimismo, o apoio social de cada un e a habilidade para afrontar o estrés coma un reto e non coma unha ameaza. Estiven falando cun internado en Nova Inglaterra, probablemente o máis prestixioso, e dixeron: "Iso xa o sabemos. Por iso cada ano, en vez de simplemente dar clases ós nosos alumnos, tamén celebramos unha semana do benestar. E estamos tan emocionados. O luns pola noite virá un experto mundial a falar sobre a depresión entre os adolescentes. O martes pola noite será sobre violencia e acoso escolar. O mércores pola noite serán os desordes alimenticios. O xoves, o consumo de drogas. E para o venres estamos intentando decidirnos entre sexo arriesgado e felicidade". (Risas) Eu dixen: "Esa é unha típica noite de venres para moita xente". (Risas) (Aplausos) Alégrame que vos gustase, pero a eles non lles gustou nada. Silencio no teléfono. E no medio do silencio, dixen: "Encantaríame dar unha charla na súa escola, pero só para que o saiban, esa non é unha semana do benestar, senón da enfermidade. O que fixeron foi destacar todas as cousas malas que poden ocorrer, sen mencionar as positivas". A falta de enfermidades non é saúde. Así é como alcanzamos a saúde: temos que revertir a fórmula da felicidade e do éxito. Nos últimos tres anos viaxei por 45 países distintos traballando con escolas e empresas en metade dunha crise económica. E topeime con que a maioría das empresas e escolas seguen a fórmula do éxito, que é a seguinte: canto máis traballe, máis éxito terei. E canto máis éxito teña, máis feliz serei. Iso apoia a maior parte do noso comportamento como pais, o noso estilo de dirección e a forma en que nos comportamos. E o problema é que está cientificamente quebrado e patas arriba por dous motivos. En primeiro lugar, cada vez que o cerebro consigue un éxito simplemente cambia a forma en que concibe o éxito. Vostede consegue unhas boas notas, agora ten que conseguilas mellores, entrou nunha boa universidade, despois nunha mellor, conseguiu un bo traballo, agora ten que conseguir un mellor, acadou o seu obxectivo de ventas, agora hai que cambiar ese obxectivo. E se a felicidade está no lado contrario ó éxito, nunca a acadará. Coma sociedade, o que fixemos foi empurrar á felicidade cara o horizonte cognitivo, e iso débese a que cremos que temos que ter éxito para ser máis felices. Pero o problema é que o noso cerebro funciona ó contrario. Se vostedes poden elevar o nivel de positividade de alguén no presente, os seus cerebros experimentan o que chamamos unha vantaxe de felicidade, que significa que os seus cerebros en positivo funcionan moito mellor que en negativo, neutro ou en situación de estrés. A intelixencia aumenta, ó igual que a creatividade e os niveis de enerxía. De feito, o que descubrimos foi que o resultado de cada traballo mellora. O cerebro, en estado positivo, é un 31 por cento máis produtivo que o cerebro en estado negativo, neutro ou situación de estrés. Se é un 37 por cento mellor en ventas. Os médicos son un 19 por cento máis rápidos e precisos á hora de dar co diagnóstico correcto cando están en estado positivo en vez de negativo, neutro ou estresado. Isto significa que podemos revertir a fórmula. Se somos capaces de atopar a maneira de converternos en positivo no presente os nosos cerebros funcionarán con máis éxito xa que poderemos traballar máis duro, rápido e de maneira máis intelixente. Oque temos que ser capaces de facer é revertir esta fórmula para que poidamos comezar a ver de que son capaces os nosos cerebros, porque a dopamina, que aumenta no teu sistema cando se está en estado positivo, ten dúas funcións. Non só fai a alguén máis feliz, senón que pon en marcha todos os centros de aprendizaxe do cerebro permitindo que cada un se adapte ó mundo dun modo diferente. Descubrimos que hai formas en que se pode entrenar o cerebro para que poida facerse máis positivo. En tan só dous minutos ó día durante 21 días seguidos se pode reconectar o cerebro permitíndolle que traballe dun modo máis optimista e exitoso. Fixemos unha investigación con estas cousas en cada unha das empresas nas que traballei, facendo que os traballadores escribisen cada día tres cousas novas polas que están agradecidos durante 21 días seguidos, tres cousas novas cada día. E ó final deses días, o seu cerebro empeza a manter o patrón de examinar o mundo, non de maneira negativa, senón positiva. Pensar nunha experiencia positiva que se tivo durante as últimas 24 horas permite que o cerebro a viva de novo. O exercicio ensina ó noso cerebro que o noso comportamento é importante. Descubrimos que a meditación permite ó teu cerebro superar o ADHD cultural que creamos ó intentar facer múltiples tareas ó mesmo tempo e permite que os nosos cerebros se centren na tarea que temos máis cerca. E ó final, os actos aleatorios de bondade son conscientes. Conseguimos que a xente, ó abrir o seu correo electrónico, escriba un correo positivo louvando ou agradecendo a alguén na súa rede de soporte social. E ó facer isto e entrenando o noso cerebro tal e como se entrena o corpo, o que descubrimos é que podemos revertir a fórmula da felicidade e do éxito e, ó facer iso, non só crear ondas de positividade, senón crear unha verdadeira revolución. Moitas grazas. (Aplausos)