Crear vacinas, probas e medicamentos
pode levar moito tempo.
Aínda en plena emerxencia sanitaria,
coma na COVID-19.
Para asegurar o rápido acceso a todos,
a OMS creou o EUL
(polas súas siglas en inglés) -
a Listaxe de Uso de Emergencia.
Este vídeo explica como funciona o EUL.
Antes que as vacinas, medicamentos e
diagnósticos poidan chegar á xente,
deben ser avaliados para asegurar
que a calidade, seguridade e efectividade
acaden un nivel estándard.
Isto protexe ás personas
de posibles danos
e asegura que os productos
fan o que deben:
previr, comprobar e tratar enfermidades.
Pero algúns países non teñen os recursos
para acadar este paso crucial,
e isto pode causar retrasos
na obtención de produtos
para salvar as vidas
de quen máis o precisa.
O desafío é aínda maior
cando a enfermidade é nova,
coma a COVID-19.
Os novos produtos sanitarios
contra a COVID-19
deben ser probados a fondo,
pero tamén rápido,
para asegurar a súa efectividade
e seguridade no uso.
Para acelerar este proceso,
a OMS puxo en marcha
a Listaxe de Uso de Emerxencia - EUL,
para avaliar a idioneidade
dos produtos sanitarios
sobre un sistema de factores
de risco e beneficio.
Para as probas,
avaliamos a calidade dispoñible,
a seguridade e os datos de execución
con expertos independentes.
Moitas das probas da COVID-19
xa cumpren cos nosos requerimientos
e están a ser utilizadas.
Para as vacinas e os medicamentos,
avaliamos os datos
en ensaios clínicos
e outros datos sobre a seguridade,
efectividade e calidade,
e convidamos a expertos
das nosas autoridades nacionais
de saúde
para que o revisen tamén.
Cando unha vacina,
medicamento ou proba
é declarada de Uso de Emerxencia,
traballamos cos nosos socios
e expertos para explicar os seus beneficios
e axudar co proceso de aprobación
nos diferentes países.
Pero isto non acaba aquí.
A OMS sigue a avaliar regularmente
a calidade dos produtos.
O obxectivo:
apoiar aos países de todo o mundo
para repartir vacinas,
probas e medicamentos.
de alta calidade, seguras e efectivas
de forma rápida e segura.