1 00:00:00,380 --> 00:00:02,555 [Como podemos controlar o coronavirus?] 2 00:00:02,579 --> 00:00:05,244 [Adam Kucharski, experto en enfermidades infecciosas] 3 00:00:05,614 --> 00:00:09,206 [Cuestión 1: Que é a contención cando falamos de brotes?] 4 00:00:09,230 --> 00:00:12,843 A contención é a idea de que podemos enfocar os nosos esforzos en controlar 5 00:00:12,867 --> 00:00:15,164 moito os casos e os seus contactos. 6 00:00:15,188 --> 00:00:17,887 Sen causarlle alteracións á poboación xeral, 7 00:00:17,911 --> 00:00:20,596 se se atopa un caso que xorde, íllase, 8 00:00:20,620 --> 00:00:22,923 trabállase para buscar con quen tivo contacto, 9 00:00:22,947 --> 00:00:25,984 quen tivo a oportunidade potencial de estar exposto 10 00:00:26,008 --> 00:00:28,136 e fáiselle un seguimento a esas persoas, 11 00:00:28,160 --> 00:00:31,656 póñense en corentena, para asegurar que a transmisión non continúa. 12 00:00:31,680 --> 00:00:34,143 É un método moi focalizado, cunha meta clara, 13 00:00:34,167 --> 00:00:36,767 e funcionou moi ben co SARS. 14 00:00:37,429 --> 00:00:39,277 Pero eu creo que para esta infección, 15 00:00:39,301 --> 00:00:42,562 como algúns casos van pasar desapercibidos, sen detectar, 16 00:00:42,849 --> 00:00:45,992 vai haber que abranguer unha gran parte da poboación de risco. 17 00:00:46,016 --> 00:00:47,508 Se uns poucos quedan fóra 18 00:00:47,532 --> 00:00:49,650 podería producirse un brote. 19 00:00:49,674 --> 00:00:53,261 [Cuestión 2: Se a contención non abonda, que facemos despois?] 20 00:00:53,285 --> 00:00:54,501 Nese caso, 21 00:00:54,525 --> 00:00:57,685 representaría cambios enormes nas nosas interaccións sociais. 22 00:00:58,267 --> 00:00:59,768 Iso implicaría que, 23 00:01:00,013 --> 00:01:02,307 as situacións que puideran expandir o virus 24 00:01:02,331 --> 00:01:04,271 e calquera clase de contactos cercanos, 25 00:01:04,371 --> 00:01:06,627 toda a poboación, de calquera idade, 26 00:01:06,651 --> 00:01:09,296 debería reducilas 27 00:01:09,571 --> 00:01:12,219 en dous terzos para ter a situación baixo control. 28 00:01:12,243 --> 00:01:14,978 Poderíamos traballar desde a casa, 29 00:01:15,002 --> 00:01:16,891 cambiar o noso estilo de vida 30 00:01:16,915 --> 00:01:20,215 e a forma en que acudimos a sitios cheos de xente e cear. 31 00:01:20,897 --> 00:01:23,676 E por suposto, medidas como o peche de escolas 32 00:01:23,700 --> 00:01:25,810 e outras diferentes, que tentan reducir 33 00:01:25,834 --> 00:01:27,577 o contacto social da poboación. 34 00:01:27,842 --> 00:01:31,850 [Cuestión 3: En que riscos ten que pensar a poboación?] 35 00:01:31,874 --> 00:01:33,579 Non é só a quen lle damos a man, 36 00:01:33,603 --> 00:01:35,731 senón quen lle deu a man a esa persoa. 37 00:01:35,755 --> 00:01:38,683 Temos que pensar neses pasos de segundo grao, 38 00:01:38,707 --> 00:01:40,698 que che poden parecer de pouco risco 39 00:01:40,722 --> 00:01:42,485 e que eres unha persoa nova, 40 00:01:42,509 --> 00:01:45,561 pero podes estar a un pequeno paso 41 00:01:45,658 --> 00:01:48,319 de alguén que pode sufrir graves consecuencias. 42 00:01:48,343 --> 00:01:50,951 Temos que ter conciencia social 43 00:01:50,975 --> 00:01:54,283 e isto pode ser bastante drástico para o cambio de comportamento, 44 00:01:54,307 --> 00:01:55,942 pero temos que facelo 45 00:01:55,966 --> 00:01:58,153 para recudir o impacto que enfrontamos. 46 00:01:58,387 --> 00:02:02,123 [Cuestión 4: A canta distancia temos que estar uns dos outros?] 47 00:02:02,147 --> 00:02:04,036 É difícil de precisar exactamente, 48 00:02:04,060 --> 00:02:07,576 pero algo que cómpre termos en mente é que non hai moitas probas 49 00:02:07,600 --> 00:02:10,259 de que isto sexa como un aerosol que vai moi lonxe: 50 00:02:10,283 --> 00:02:11,643 soen ser distancias curtas. 51 00:02:11,855 --> 00:02:13,157 Non creo que se dea o caso 52 00:02:13,181 --> 00:02:16,395 de que esteas sentado a uns poucos metros de alguén 53 00:02:16,419 --> 00:02:18,580 e o virus vaia chegar dalgunha forma. 54 00:02:19,224 --> 00:02:20,578 Nas interaccións próximas 55 00:02:20,602 --> 00:02:23,534 é onde observamos máis posibilidades de transmisión, 56 00:02:23,558 --> 00:02:27,412 por exemplo, en comidas ou grupos moi cercanos. 57 00:02:27,436 --> 00:02:28,753 Porque, como poden imaxinar 58 00:02:28,777 --> 00:02:31,781 aí é onde o virus pode expulsarse e quedar sobre superficies 59 00:02:31,805 --> 00:02:33,443 ou sobre as mans e a cara. 60 00:02:34,733 --> 00:02:37,488 Temos que pensar sobre todo nesas situacións. 61 00:02:37,872 --> 00:02:41,623 [Cuestión 5: Que medidas de protección deberían implantar os países?] 62 00:02:41,831 --> 00:02:44,456 Iso é o que a xente está intentado encaixar, 63 00:02:44,480 --> 00:02:46,260 primeiro en termos do que funciona. 64 00:02:46,562 --> 00:02:49,693 Realmente, só nestas últimas semanas 65 00:02:49,717 --> 00:02:52,527 temos a impresión de que isto pode controlarse 66 00:02:52,551 --> 00:02:54,083 con certas intervencións, 67 00:02:54,249 --> 00:02:57,067 pero non todos os países poden facer o mesmo ca China. 68 00:02:57,137 --> 00:02:58,336 Algunhas desas medidas 69 00:02:58,360 --> 00:03:02,074 orixinan unha gran carga social, económica e psicolóxica 70 00:03:02,098 --> 00:03:03,353 sobre a poboación. 71 00:03:04,173 --> 00:03:06,022 E por suposto, hai un límite no tempo. 72 00:03:06,046 --> 00:03:08,177 En China, as medidas duraron seis semanas, 73 00:03:08,201 --> 00:03:09,577 é difícil manter iso, 74 00:03:09,601 --> 00:03:11,426 temos que pensar nas compensacións 75 00:03:11,450 --> 00:03:14,022 de todo o que lle pedimos á xente que faga, 76 00:03:14,046 --> 00:03:17,561 que é o que vai ter un maior impacto á hora de reducir esa carga. 77 00:03:18,088 --> 00:03:21,191 [Máis info en: Centros para o Control e Prevención de Doenzas] 78 00:03:21,215 --> 00:03:23,015 [Organización Mundial da Saúde]