0:00:05.500,0:00:08.000 A luz dos obxectos celestes[br]que chega á Terra, 0:00:08.000,0:00:10.500 despois de viaxar[br]distancias inimaxinábeis, 0:00:10.500,0:00:13.000 é a única información[br]que os astrónomos teñen 0:00:13.000,0:00:15.000 para explorar os[br]confíns do Universo. 0:00:15.000,0:00:19.500 A simple vista podemos captar[br]unha pequena cantidade desta luz 0:00:19.500,0:00:21.400 e preto de dúas mil estrelas. 0:00:21.400,0:00:23.500 A lente dun pequeno telescopio, 0:00:23.500,0:00:26.000 cun tamaño dez veces[br]maior cós nosos ollos, 0:00:26.000,0:00:28.500 capta centos de veces máis luz, 0:00:28.500,0:00:31.000 revelando así millóns[br]de obxectos tenues 0:00:31.000,0:00:33.500 coma nebulosas e galaxias. 0:00:34.000,0:00:36.500 Os modelos profesionais[br]poden ser grandes, 0:00:36.500,0:00:39.000 coma os catro do VLT de Chile 0:00:39.000,0:00:42.000 cada un cun espello de[br]oito metros de diámetro! 0:00:42.500,0:00:44.500 Os telescopios espaciais,[br]coma o Hubble, 0:00:44.500,0:00:46.000 espreitan o Universo 0:00:46.000,0:00:48.000 sen interferencia[br]da atmosfera terrestre, 0:00:48.000,0:00:50.000 proporcionando imaxes detalladas 0:00:50.000,0:00:52.900 e acceso a un coñecemento[br]científico valioso. 0:00:53.500,0:00:57.000 Os telescopios son as nosas[br]xanelas ao Universo!