No inicio do século pasado, o astrónomo americano Edwin Hubble foi responsábel dun dos máis importantes descubrimentos científicos de todos os tempos. Calquera que fose a dirección na cal apuntase o telescopio observaba que todas as galaxias se afastaban entre si! Un Universo en expansión e non estático. Mais entón... como sería ao principio? Todo estaba concentrado nun só punto que puido non ser maior ca isto. O Big Bang non é unha explosión que levou ao "comezo de todo". É unha teoría que afirma que o Universo comezou nun punto infinitamente compacto e quente hai preto de catorce mil millóns de anos e que se expande e arrefría co tempo.