1 00:00:05,000 --> 00:00:07,000 No inicio do século pasado, 2 00:00:07,000 --> 00:00:09,000 o astrónomo americano Edwin Hubble 3 00:00:09,000 --> 00:00:11,500 foi responsábel dun dos máis importantes 4 00:00:11,500 --> 00:00:14,000 descubrimentos científicos de todos os tempos. 5 00:00:14,500 --> 00:00:18,000 Calquera que fose a dirección na cal apuntase o telescopio 6 00:00:18,000 --> 00:00:23,000 observaba que todas as galaxias se afastaban entre si! 7 00:00:23,000 --> 00:00:26,000 Un Universo en expansión e non estático. 8 00:00:26,000 --> 00:00:30,000 Mais entón... como sería ao principio? 9 00:00:30,000 --> 00:00:33,000 Todo estaba concentrado nun só punto 10 00:00:33,000 --> 00:00:36,000 que puido non ser maior ca isto. 11 00:00:36,000 --> 00:00:41,000 O Big Bang non é unha explosión que levou ao "comezo de todo". 12 00:00:41,000 --> 00:00:44,500 É unha teoría que afirma que o Universo 13 00:00:44,500 --> 00:00:48,000 comezou nun punto infinitamente compacto e quente 14 00:00:48,000 --> 00:00:51,000 hai preto de catorce mil millóns de anos 15 00:00:51,500 --> 00:00:55,500 e que se expande e arrefría co tempo.