No inicio do século pasado,
o astrónomo americano Edwin Hubble
foi responsábel dun dos máis importantes
descubrimentos científicos
de todos os tempos.
Calquera que fose a dirección
na cal apuntase o telescopio
observaba que todas as galaxias
se afastaban entre si!
Un Universo en expansión
e non estático.
Mais entón... como sería ao principio?
Todo estaba concentrado nun só punto
que puido non ser maior ca isto.
O Big Bang non é unha explosión
que levou ao "comezo de todo".
É unha teoría que afirma que o Universo
comezou nun punto infinitamente
compacto e quente
hai preto de catorce mil millóns de anos
e que se expande e arrefría co tempo.