0:00:15.000,0:00:19.000 A PERDA DA ESCURIDADE 0:00:20.899,0:00:23.109 Vivimos nun planeta 0:00:23.109,0:00:28.289 que xira sobre o seu eixe[br]cada vinte e catro horas 0:00:28.289,0:00:35.289 A alternancia do día e a noite[br]está impresa na cerna mesma da vida. 0:00:38.110,0:00:42.110 Polo día, mergullámonos na luz do Sol. 0:00:45.570,0:00:47.400 E cando chega a noite, 0:00:47.400,0:00:49.700 impera a escuridade. 0:00:49.700,0:00:51.530 É tempo de descansar, 0:00:51.530,0:00:53.280 de recuperarse, 0:00:53.280,0:00:57.280 de marabillármonos coa beleza da noite. 0:01:03.590,0:01:06.440 Até hai pouco máis dun século, 0:01:06.440,0:01:09.289 o ceo nocturno era moi escuro. 0:01:11.290,0:01:14.290 Agora incluso os lugares máis remotos 0:01:14.290,0:01:17.290 están invadidos pola luz. 0:01:20.830,0:01:24.000 As nosas cidades brillan pola noite. 0:01:24.000,0:01:26.790 Os edificios están sobreiluminados. 0:01:26.790,0:01:32.380 As lámpadas non apantalladas[br]cégannos cando imos pola rúa. 0:01:33.380,0:01:37.380 As luces artificiais[br]fixeron desaparecer a escuridade. 0:01:41.400,0:01:46.400 A enerxía malgastada é evidente,[br]incluso dende o espazo. 0:01:48.100,0:01:51.369 Boa parte dese resplandor[br]que ven os astronautas 0:01:51.370,0:01:53.370 está causado polos farois das rúas, 0:01:53.400,0:01:57.400 que producen a maioría [br]da contaminación luminosa no planeta. 0:01:59.700,0:02:05.700 A súa luz difúndese pola atmosfera[br]e fai brillar o ceo. 0:02:07.770,0:02:12.770 Estamos perdendo a escuridade[br]á velocidade da luz. 0:02:16.190,0:02:21.209 A contaminación luminosa ameaza a saúde [br]de todos os seres vivos da Terra. 0:02:21.219,0:02:23.359 A iluminación da noite[br]altera o crecemento das plantas. 0:02:23.359,0:02:28.359 As lámpadas non apantalladas contribúen á morte[br]de animais mariños e terrestres cada ano. 0:02:29.369,0:02:34.279 As aves migratorias chocan[br]contra os edificios alumeados. 0:02:34.279,0:02:39.299 As tartarugas mariñas acabadas de nacer[br]confunden o brillo da luz artificial 0:02:39.299,0:02:42.299 co resplandor da superficie do océano. 0:02:47.499,0:02:51.459 A luz intensa pola noite[br]tamén nos afecta ás persoas. 0:02:51.459,0:02:56.190 Está o caso dos condutores e peóns[br]que sofren accidentes tráxicos 0:02:56.190,0:03:00.209 cegados por farois mal deseñados. 0:03:00.209,0:03:03.939 A contaminación luminosa é[br]unha ameaza silenciosa para a nosa saúde. 0:03:03.939,0:03:08.108 A exposición á luz pola noite desaxusta[br]os ritmos circadianos que regulan 0:03:08.109,0:03:10.290 os nosos ciclos de sono. 0:03:10.300,0:03:14.909 A xente que traballa de noite baixo luz intensa[br]ou que vive en cidades con contaminación luminosa 0:03:14.909,0:03:19.649 afronta un risco maior de padecer enfermidades[br]coma os cancros de mama e de próstata. 0:03:25.619,0:03:30.399 Este é un típico ceo con contaminación luminosa. 0:03:30.899,0:03:35.899 Nunha boa noite só vemos[br]as estrelas máis brillantes e os planetas. 0:03:41.279,0:03:45.209 Así veríamos o ceo nocturno se puidésemos eliminar 0:03:45.209,0:03:49.259 a contaminación luminosa. 0:03:49.259,0:03:53.839 Esa banda tenue de luz que cruza o ceo[br]é a Vía Láctea, 0:03:53.839,0:03:56.589 a nosa galaxia. 0:03:56.589,0:04:02.569 Por culpa da contaminación luminosa,[br]moita xente nunca a viu. 0:04:10.120,0:04:15.199 Os astrónomos coñecen ben os problemas[br]derivados de iluminar a noite. 0:04:15.199,0:04:20.738 Precisan ceos limpos e escuros para estudar[br]os moitos obxectos fascinantes do universo. 0:04:22.260,0:04:27.398 A contaminación luminosa[br]borra a súa visión do cosmos. 0:04:28.999,0:04:33.999 Iluminar o ceo nocturno dilapida diñeiro e enerxía. 0:04:34.510,0:04:38.449 Unha lámpada de cen watt prendida toda a noite 0:04:38.449,0:04:41.119 consome nun ano a enerxía que produce 0:04:41.120,0:04:44.300 media tonelada de carbón. 0:04:44.400,0:04:48.539 Se o multiplicamos polos millóns de lámpadas[br]que hai polo planeta adiante, entendemos 0:04:48.539,0:04:54.329 que o custo da enerxía que usamos[br]para alumear a noite é colosal. 0:04:54.380,0:04:56.110 Alí onde a iluminación sexa necesaria, 0:04:56.110,0:04:59.610 hai cousas sinxelas que podemos[br]facer para asegurarnos 0:04:59.610,0:05:03.010 de que non molesta os veciños,[br]é enerxeticamente eficiente 0:05:03.010,0:05:06.300 e axuda a preservar os ceos escuros. 0:05:06.300,0:05:10.979 Podemos substituír as lámpadas[br]que mandan luz ao ceo 0:05:10.979,0:05:14.248 por outras que só alumean cara a abaixo,[br]xusto onde a queremos. 0:05:14.249,0:05:18.249 Chámanse “lámpadas totalmente apantalladas". 0:05:18.639,0:05:22.639 Podemos iluminar só os lugares que o precisan. 0:05:23.229,0:05:28.599 E, xaora, podemos apagar as luces[br]cando non fan falla. 0:05:28.600,0:05:31.190 Son maneiras intelixentes[br]de empregar a iluminación. 0:05:31.190,0:05:36.310 Ofrecen solucións sinxelas[br]ao problema da contaminación luminosa. 0:05:36.310,0:05:41.360 A escolla é nosa: malgastar recursos[br]enviando luz ao ceo 0:05:41.360,0:05:47.300 ou aprendermos a usar a luz[br]de xeito máis responsábel. 0:05:48.300,0:05:52.210 A contaminación luminosa é un problema[br]que entre todos podemos resolver. 0:05:52.210,0:05:56.680 Xuntos, podemos devolverlle[br]as noites escuras ao planeta Terra. 0:06:05.000,0:06:09.000 Tradución ao galego: Salva Bará & Martin Pawley.