WEBVTT 00:00:01.042 --> 00:00:04.362 De moza, tiña uns menstruos horribles. 00:00:04.660 --> 00:00:06.540 Tiña unhas cambras paralizantes. 00:00:06.540 --> 00:00:10.139 Deitaba sangue na roupa e nas sabas 00:00:10.333 --> 00:00:12.463 e tiña diarrea menstrual. 00:00:12.792 --> 00:00:15.768 Perdía clase un ou dous días ao mes. 00:00:16.032 --> 00:00:20.000 Lembro sentarme no sofá cos panos quentes e pensar: 00:00:20.353 --> 00:00:22.693 Que está a pasar aquí? 00:00:22.767 --> 00:00:27.364 Cando comía, non producía saliva nas miñas glándulas salivares. 00:00:27.398 --> 00:00:28.780 Cando ía camiñar 00:00:28.800 --> 00:00:31.961 non segregaba sinovia nos xeonllos, "fluído articular". 00:00:32.011 --> 00:00:35.640 Por que a menstruación era tan distinta? 00:00:35.875 --> 00:00:37.899 Quería respostas para estas cuestións 00:00:38.119 --> 00:00:40.077 mais non tiña a quen preguntar. 00:00:40.107 --> 00:00:42.561 A miña nai non sabía nada sobre a regra 00:00:42.565 --> 00:00:45.879 agás que era sucio e vergoñento e que eu non debía falar diso. 00:00:45.993 --> 00:00:47.914 Pregunteilles ás amigas 00:00:47.928 --> 00:00:50.463 e todas falaban con eufemismos. 00:00:50.587 --> 00:00:53.863 Cando á fin tiven a coraxe de ir ao médico 00:00:53.903 --> 00:00:55.754 falar dos meus períodos penosos 00:00:55.788 --> 00:00:57.849 dixéronme que comese fígado. 00:00:57.877 --> 00:00:59.326 (Risos) 00:00:59.980 --> 00:01:05.056 Cando ía a drogaría comprar os meus produtos para a regra, 00:01:05.080 --> 00:01:08.494 o paquete de 48 compresas extra grandes, 00:01:08.538 --> 00:01:12.059 cando cada compresa medía coma unha caixa de panos. 00:01:12.093 --> 00:01:13.071 (Risos) 00:01:13.105 --> 00:01:14.666 Xa sabedes de que estou a falar. 00:01:14.700 --> 00:01:17.674 Nin imaxinades canto avanzou a tecnoloxía absorbente. 00:01:17.708 --> 00:01:19.438 (Risos) 00:01:19.762 --> 00:01:22.536 Adoitaba comprar os meus produtos menstruais 00:01:22.536 --> 00:01:25.589 no corredor de hixiene feminina. 00:01:25.657 --> 00:01:27.723 Lembro estar alí de pé pensando: 00:01:27.857 --> 00:01:30.634 "E por que o papel hixiénico non está no de hixiene anal?" 00:01:30.674 --> 00:01:31.732 (Risos) 00:01:31.780 --> 00:01:33.258 É dicir, que sucede? 00:01:33.322 --> 00:01:36.183 Por que non podemos falar dos períodos? 00:01:36.357 --> 00:01:40.489 E non é polo sangue, como diría Freud, 00:01:40.523 --> 00:01:41.791 porque se así fose 00:01:41.835 --> 00:01:44.808 aquí estaría un otorrinolaringólogo 00:01:44.832 --> 00:01:47.966 falando dos tabús do sangrado de nariz, non é? 00:01:48.000 --> 00:01:50.406 Nin sequera se trata do período en si. 00:01:50.500 --> 00:01:53.551 Daquela, ao librarnos dos tóxicos e vergoñentos períodos, 00:01:53.625 --> 00:01:55.805 ao chegar a menopausa, 00:01:55.805 --> 00:01:57.768 pasaríamos a un maiorstatus social. 00:01:57.792 --> 00:02:00.059 (Risos) 00:02:00.083 --> 00:02:04.061 (Aplausos) 00:02:04.688 --> 00:02:08.198 Trátase dunha sociedade patriarcal dedicada a oprimir as mulleres 00:02:08.232 --> 00:02:11.133 e usa cousas distintas en distintos momentos da nosa vida. 00:02:11.437 --> 00:02:12.867 A menstruación úsase 00:02:12.867 --> 00:02:16.014 durante o que en medicina chamamos idade fértil. 00:02:16.094 --> 00:02:18.960 Éche así case desde o inicio dos tempos. 00:02:19.000 --> 00:02:22.179 Moitas culturas creron as mulleres seren quen de toller cultivos, 00:02:22.204 --> 00:02:24.624 estragar o leite ou murchar as flores. 00:02:24.692 --> 00:02:26.528 Cando apareceu a relixión, 00:02:26.532 --> 00:02:28.973 os mitos da pureza fíxérono aínda peor. 00:02:29.167 --> 00:02:31.476 A medicina non era de grande axuda. 00:02:31.500 --> 00:02:33.143 Nas décadas de 1920 e 1930 00:02:33.167 --> 00:02:37.684 dicíase que as mulleres elaboraban algo chamado menotoxina. 00:02:37.708 --> 00:02:40.308 Podiamos mirrar as flores tan só pasando á súa beira. 00:02:40.316 --> 00:02:41.347 (Risos) 00:02:41.417 --> 00:02:44.003 Así ocorre cando non hai diversidade. 00:02:44.067 --> 00:02:46.614 Non había ningunha muller a levantar a man e dicir: 00:02:46.758 --> 00:02:49.477 "O certo é que iso non sucede". 00:02:49.630 --> 00:02:52.946 E cando non podes falar sobre o que pasa no teu corpo, 00:02:52.980 --> 00:02:54.868 como rompes eses mitos? 00:02:54.986 --> 00:02:57.003 Porque non precisas ser médico 00:02:57.003 --> 00:02:59.106 para negar a toxicidade do menstruo. 00:02:59.150 --> 00:03:03.869 Como se implantaría senón o embrión nun refugallo tóxico? 00:03:04.668 --> 00:03:08.268 Se todas tivésemos esa secreta menotoxina 00:03:08.292 --> 00:03:11.519 poderiamos ir devastando colleitas e derramando o leite. 00:03:11.553 --> 00:03:12.571 (Risos) 00:03:12.625 --> 00:03:16.711 Por que non usariamos eses poderes de patrulla X para conseguir antes o voto? 00:03:16.759 --> 00:03:18.609 (Risos) 00:03:18.633 --> 00:03:22.433 (Aplausos) 00:03:23.187 --> 00:03:24.614 Mesmo agora, 00:03:24.678 --> 00:03:26.984 cando tuiteo sobre a diarrea menstrual, 00:03:26.998 --> 00:03:28.266 como fai calquera, 00:03:28.329 --> 00:03:29.664 (Risos) 00:03:30.208 --> 00:03:33.896 comento que afecta a un 28 % das mulleres. 00:03:34.000 --> 00:03:37.539 A cada vez, alguén achégase e dime: 00:03:37.708 --> 00:03:40.416 "Coidaba que era a única". 00:03:40.867 --> 00:03:43.766 Así de efectiva é esta cultura da vergoña, 00:03:43.839 --> 00:03:47.083 as mulleres non poden sequera compartir as súas experiencias. 00:03:47.293 --> 00:03:48.728 De modo que comecei a cavilar: 00:03:48.832 --> 00:03:52.214 "E se todo o mundo soubese dos períodos coma un xinecólogo? 00:03:52.214 --> 00:03:53.851 Non sería xenial?" 00:03:53.875 --> 00:03:55.601 Daquela todos saberían o que eu sei. 00:03:55.625 --> 00:03:56.976 Como que a menstruación 00:03:57.000 --> 00:03:59.476 é un fenómeno moi particular entre os mamíferos. 00:03:59.540 --> 00:04:01.516 A maioría dos mamíferos teñen estro. 00:04:01.570 --> 00:04:04.339 Menstrúan os humanos, algúns primates, 00:04:04.473 --> 00:04:05.741 algúns morcegos, 00:04:05.935 --> 00:04:08.652 a musaraña elefante e o rato espiñento. 00:04:08.875 --> 00:04:12.351 O que sucede coa menstruación é que o cerebro induce ao ovario 00:04:12.351 --> 00:04:14.577 para comezar a producir un óvulo. 00:04:14.601 --> 00:04:15.768 Libérase o estróxeno 00:04:15.792 --> 00:04:18.226 e comeza a construír o revestimento do útero, 00:04:18.226 --> 00:04:20.359 célula sobre célula, coma os ladrillos. 00:04:20.417 --> 00:04:23.338 Que pasa se constrúes un muro demasiado alto sen cemento? 00:04:23.388 --> 00:04:24.833 É inestábel. 00:04:24.917 --> 00:04:26.518 Que sucede cando ovulas? 00:04:26.542 --> 00:04:28.684 Liberas unha hormona chamada proxesterona 00:04:28.778 --> 00:04:32.916 que é proxestacional, prepara o útero. 00:04:33.000 --> 00:04:36.226 Actúa coma o cemento e mantén os ladrillos pegados. 00:04:36.250 --> 00:04:38.643 Tamén provoca algunhas mudanzas 00:04:38.667 --> 00:04:42.351 que permiten ao revestimento ser máis hospitalario para a implantación. 00:04:42.375 --> 00:04:43.763 Se non hai embarazo, 00:04:43.773 --> 00:04:44.512 (Zas) 00:04:44.512 --> 00:04:45.881 o revestimento marcha, 00:04:45.895 --> 00:04:48.896 hai un sangrado desde os vasos sanguíneos e iso é o período. 00:04:49.000 --> 00:04:51.309 Sempre atopei este punto moi interesante. 00:04:51.393 --> 00:04:52.851 Porque co estro, 00:04:52.875 --> 00:04:56.220 o sinal último para preparar o útero 00:04:56.220 --> 00:04:58.699 de feito vén do embrión. 00:04:58.833 --> 00:05:00.643 Pero coa menstruación, 00:05:00.667 --> 00:05:03.178 esa elección vén do ovario. 00:05:03.292 --> 00:05:07.148 Como se a escolla estivese codificada no noso aparato reprodutor. 00:05:07.212 --> 00:05:13.397 (Aclamacións e aplausos) 00:05:15.545 --> 00:05:18.074 OK, agora sabemos por que hai sangue. 00:05:18.118 --> 00:05:19.926 Unha cantidade significativa. 00:05:19.960 --> 00:05:22.018 Son de 30 a 90 mililitros de sangue, 00:05:22.042 --> 00:05:23.601 que son entre 30 e 90 gramos. 00:05:23.625 --> 00:05:24.893 E pode ser máis, 00:05:24.917 --> 00:05:27.948 sei que parece máis moitas das veces. 00:05:27.962 --> 00:05:29.239 Eu ben o sei. 00:05:29.333 --> 00:05:31.226 Por que temos tanto sangue? 00:05:31.250 --> 00:05:34.514 Por que non agarda aí ata o ciclo seguinte? 00:05:34.528 --> 00:05:37.268 Non quedaches preñada, por que non pode ficar? 00:05:37.292 --> 00:05:40.894 Imaxina se cada mes engrosa e engrosa e engrosa, 00:05:40.958 --> 00:05:43.684 imaxina que período tsunami ía ser. 00:05:43.708 --> 00:05:45.351 (Risos) 00:05:45.375 --> 00:05:47.684 Non podemos reabsorbelo porque é demasiado. 00:05:47.768 --> 00:05:51.219 É demasiado porque necesitamos un revestimento do útero groso 00:05:51.229 --> 00:05:53.569 por unha razón moi específica. 00:05:53.667 --> 00:05:59.043 O embarazo impón aos nosos corpos unha importante peaxe biolóxica. 00:05:59.097 --> 00:06:00.739 Está a mortalidade materna, 00:06:00.793 --> 00:06:02.476 a peaxe do aleitamento, 00:06:02.500 --> 00:06:06.509 e está a peaxe de criar un neno ata que é independente. 00:06:06.543 --> 00:06:07.811 E a evolución... 00:06:07.855 --> 00:06:10.083 (Risos) 00:06:10.687 --> 00:06:13.053 A algunhas tárdanos máis ca a outras. 00:06:13.167 --> 00:06:14.823 (Risos) 00:06:15.387 --> 00:06:18.985 Pero a evolución coñece a proporción risco-beneficio. 00:06:19.035 --> 00:06:23.586 Pretende maximizar a oportunidade dun resultado beneficioso. 00:06:23.660 --> 00:06:26.569 Como se maximiza a posibilidade dun resultado beneficioso? 00:06:26.583 --> 00:06:28.768 Obtendo os embrións de maior calidade. 00:06:28.792 --> 00:06:31.018 Como consegues os embrións de maior calidade? 00:06:31.042 --> 00:06:32.863 Fas que se esforcen. 00:06:32.887 --> 00:06:35.321 Poslles unha carreira de obstáculos. 00:06:35.415 --> 00:06:38.506 Durante os milenios da nosa evolución 00:06:38.520 --> 00:06:41.463 semellou haber no útero unha carreira armamentística: 00:06:41.497 --> 00:06:43.893 un revestimento cada vez máis e máis e máis espeso 00:06:43.917 --> 00:06:45.744 e o embrión volvéndose máis invasivo 00:06:45.788 --> 00:06:47.245 ata que acadamos esta tregua 00:06:47.259 --> 00:06:49.596 co endometrio do útero que temos agora. 00:06:49.890 --> 00:06:51.616 Temos este revestimento espeso 00:06:51.640 --> 00:06:53.534 e agora ten que saír. 00:06:53.828 --> 00:06:55.899 Como paras a hemorraxia? 00:06:55.933 --> 00:06:58.666 Podes deter o sangue do nariz beliscándoo. 00:06:58.680 --> 00:07:01.139 Se te cortas nunha perna, aplicas presión sobre ela. 00:07:01.163 --> 00:07:02.744 Paramos a hemorraxia con presión. 00:07:02.838 --> 00:07:04.379 Cando menstruamos, 00:07:04.403 --> 00:07:06.474 o endometrio libera substancias 00:07:06.508 --> 00:07:09.476 que se converten en produtosquímicos chamados prostaglandinas 00:07:09.480 --> 00:07:11.706 e outros mediadores inflamatorios. 00:07:11.750 --> 00:07:13.768 Estes fan que o útero se retorza, 00:07:13.792 --> 00:07:15.851 que aperte sobre eses vasos sanguíneos 00:07:15.855 --> 00:07:17.559 para deter a hemorraxia. 00:07:17.583 --> 00:07:19.824 Tamén pode variar o fluxo de sangue ao útero 00:07:19.858 --> 00:07:22.855 e pode causar inflamación, que intensifica a dor. 00:07:22.905 --> 00:07:25.991 Preguntaredes: "canta presión se produce?" 00:07:26.015 --> 00:07:29.164 Hai uns estudos en que se presentaron voluntarias 00:07:29.168 --> 00:07:31.446 unhas mulleres incríbeis para pór no seu útero 00:07:31.480 --> 00:07:32.862 catéteres de presión 00:07:32.862 --> 00:07:35.021 durante todo o ciclo menstrual. 00:07:35.125 --> 00:07:38.168 Benditas sexan, non teriamos todo este coñecemento sen elas. 00:07:38.192 --> 00:07:40.216 Un coñecemento moi importante 00:07:40.250 --> 00:07:43.059 porque a presión que se xera no útero 00:07:43.083 --> 00:07:44.351 durante a menstruación 00:07:44.375 --> 00:07:46.536 é de 120 milímetros de mercurio. 00:07:46.620 --> 00:07:48.013 "Iso canto é?" preguntaredes. 00:07:48.057 --> 00:07:50.946 É a mesma presión que se produce 00:07:50.960 --> 00:07:53.208 cando estás empurrando na segunda fase do parto. 00:07:53.232 --> 00:07:54.324 (Murmurios do público) 00:07:54.342 --> 00:07:55.190 Logo ben. 00:07:55.190 --> 00:07:58.893 Para as que tivestes un parto medicalizado 00:07:58.917 --> 00:08:01.309 vén sendo coma cando o medidor de presión arterial 00:08:01.333 --> 00:08:03.619 xa non está tan apertado coma ao inicio 00:08:03.643 --> 00:08:05.018 pero mesmo así nótalo tenso 00:08:05.042 --> 00:08:06.393 e desexas que pare. 00:08:06.417 --> 00:08:08.559 Convérteo en algo diferente, non si? 00:08:08.587 --> 00:08:12.190 Se comezas a pensar na dor da menstruación, 00:08:12.210 --> 00:08:15.081 non criticarías se alguén ten que perder clases 00:08:15.115 --> 00:08:17.644 porque está na segunda fase do parto e empurrando, 00:08:17.658 --> 00:08:19.119 non lle chamarías feble. 00:08:19.143 --> 00:08:21.911 Diríamos: "Mi madriña, que lonxe chegaches!", certo? 00:08:21.941 --> 00:08:22.993 (Risos) 00:08:23.067 --> 00:08:25.681 E non negariamos o control da dor 00:08:25.705 --> 00:08:28.981 a mulleres con dor típica de parto, non é? 00:08:29.015 --> 00:08:32.499 É importante que lle chamemos "típica" a esta dor e non "normal" 00:08:32.513 --> 00:08:35.508 porque cando dicimos normal, é doado ignorala. 00:08:35.542 --> 00:08:39.018 Por contra, ao dicir que é típica debemos abordala. 00:08:39.052 --> 00:08:43.188 Temos varios modos de atender a dor menstrual. 00:08:43.222 --> 00:08:45.543 Un é o que chamamos unidade TENS 00:08:45.597 --> 00:08:47.546 que podes levar baixo a roupa 00:08:47.560 --> 00:08:50.581 e que envía impulsos eléctricos aos nervios e músculos. 00:08:50.625 --> 00:08:52.434 Ninguén sabe ben como funciona 00:08:52.458 --> 00:08:54.907 pero cremos que se debe á teoría da comporta da dor, 00:08:55.000 --> 00:08:56.559 que é a revulsión. 00:08:56.583 --> 00:09:00.301 A mesma razón pola que cando te mancas, refrégaste. 00:09:00.375 --> 00:09:03.950 As vibracións viaxan cara ao cerebro máis rápidas cá dor. 00:09:04.008 --> 00:09:05.583 Tamén temos medicamentos, 00:09:05.583 --> 00:09:08.351 os antiinflamatorios non-esteroides. 00:09:08.375 --> 00:09:11.953 O que fan é bloquear a liberación de prostaglandinas. 00:09:12.067 --> 00:09:15.889 Poden reducir a dor menstrual no 80 por cento das mulleres. 00:09:16.083 --> 00:09:19.851 Tamén reducen o volume de sangue entre un 30 e un 40 por cento 00:09:19.875 --> 00:09:22.248 e poden axudar coa diarrea menstrual. 00:09:22.312 --> 00:09:24.851 Tamén temos a contracepción hormonal, 00:09:24.875 --> 00:09:27.143 que nos dá un endometrio máis fino 00:09:27.167 --> 00:09:29.476 e que por tanto produce menos prostaglandinas. 00:09:29.500 --> 00:09:32.611 Con menos sangue, menos necesidade de cambras. 00:09:32.778 --> 00:09:35.643 Agora, se eses tratamentos vos fallan... 00:09:35.667 --> 00:09:37.893 Éche moi importante a elección do termo 00:09:37.917 --> 00:09:40.309 porque nós nunca lle fallamos ao tratamento, 00:09:40.333 --> 00:09:42.934 o tratamento fállanos a nós. 00:09:42.958 --> 00:09:45.101 Se o tratamento falla, 00:09:45.125 --> 00:09:46.602 podes estar entre as persoas 00:09:46.626 --> 00:09:50.604 que teñen resistencia aos antiinflamatorios non-esteroides. 00:09:50.708 --> 00:09:52.268 Non o comprendemos ben aínda, 00:09:52.268 --> 00:09:54.393 xa que hai varios mecanismos complexos, 00:09:54.397 --> 00:09:57.816 por que esas medicacións non funcionan con algunhas mulleres. 00:09:58.000 --> 00:10:01.009 Pode ser tamén que haxa 00:10:01.043 --> 00:10:03.696 outros motivos para esas regras dolorosas. 00:10:03.750 --> 00:10:06.434 Podes padecer o que chamamos endometriose, 00:10:06.458 --> 00:10:09.458 que fai que a capa co útero creza na cavidade pelviana, 00:10:09.482 --> 00:10:12.881 causando inflamación, cicatrices e adherencias. 00:10:13.125 --> 00:10:16.518 E pode haber outros mecanismos que aínda non entendemos ben, 00:10:16.542 --> 00:10:19.726 porque cabe a posibilidade de que o limiar de dor sexa diferente 00:10:19.750 --> 00:10:22.434 debido a complexos mecanismos biolóxicos. 00:10:22.458 --> 00:10:25.643 Pero só poderemos descubrilo se falamos sobre isto. 00:10:25.667 --> 00:10:28.768 Non debería ser un acto de feminismo 00:10:28.792 --> 00:10:30.934 saber como funciona o noso corpo. 00:10:30.958 --> 00:10:32.226 Non debería... 00:10:32.250 --> 00:10:37.178 (Aplausos) 00:10:37.682 --> 00:10:41.098 Non debería ser un acto de feminismo 00:10:41.442 --> 00:10:44.084 pedir axuda cando estás a sufrir. 00:10:45.020 --> 00:10:50.063 A era dos tabús menstruais acabou. 00:10:50.583 --> 00:10:54.898 (Aclamacións e aplausos) 00:10:55.173 --> 00:10:57.476 A única maldición aquí 00:10:57.500 --> 00:11:01.101 é a capacidade de convencer a metade da poboación 00:11:01.125 --> 00:11:05.518 de que a mesma maquinaria biolóxica que perpetúa a especie, 00:11:05.542 --> 00:11:08.018 que nos dá todo o que temos, 00:11:08.042 --> 00:11:10.601 dalgunha maneira é sucia ou tóxica. 00:11:10.735 --> 00:11:13.204 E non o vou consentir. 00:11:13.718 --> 00:11:17.453 (Aplausos) 00:11:18.340 --> 00:11:20.961 Como rompemos esa maldición? 00:11:21.395 --> 00:11:22.954 Con coñecemento. 00:11:22.958 --> 00:11:24.226 Moitas grazas. 00:11:24.250 --> 00:11:28.928 (Salva de aplausos)