WEBVTT 00:00:00.860 --> 00:00:02.604 Probablemente tes escoitado NOTE Paragraph 00:00:02.628 --> 00:00:04.622 que a desigualdade económica é moi alta 00:00:05.622 --> 00:00:08.749 que o 0,1% máis rico dos EEUU 00:00:08.773 --> 00:00:11.684 ten tanta riqueza como o 90% máis pobre, 00:00:12.684 --> 00:00:15.704 ou que os oito individuos máis ricos 00:00:15.728 --> 00:00:16.944 teñen tanta riqueza 00:00:16.968 --> 00:00:20.609 como os tres mil cincocentos millóns máis pobres. NOTE Paragraph 00:00:22.410 --> 00:00:26.664 Pero sabías que a desigualdade se asocia a vidas máis curtas, 00:00:27.664 --> 00:00:29.226 menos felicidade, 00:00:29.250 --> 00:00:30.403 máis delitos 00:00:30.427 --> 00:00:31.765 e máis drogadicción? 00:00:32.773 --> 00:00:35.223 Soan a problemas da pobreza 00:00:36.104 --> 00:00:37.860 pero nos países desenvolvidos 00:00:37.884 --> 00:00:39.772 estes problemas sociais e sanitarios 00:00:39.796 --> 00:00:44.027 están máis asociados á desigualdade de renda 00:00:44.051 --> 00:00:45.785 que á renda absoluta. 00:00:46.770 --> 00:00:48.263 Por iso, 00:00:48.287 --> 00:00:49.570 os EEUU 00:00:49.594 --> 00:00:52.755 o país máis rico e desigual, 00:00:52.779 --> 00:00:56.701 ten a peor puntuación entre os desenvolvidos. NOTE Paragraph 00:00:58.980 --> 00:01:01.950 As enquisas amosan que os norteamericanos, 00:01:01.974 --> 00:01:03.946 tanto demócratas como republicanos, 00:01:03.970 --> 00:01:07.535 opinan que a desigualdade é alta demais e piden equidade salarial. 00:01:08.194 --> 00:01:13.862 E ainda así, non atopamos o espazo común, 00:01:13.886 --> 00:01:17.218 o consenso, a vontade política de actuar. 00:01:18.305 --> 00:01:21.915 Porque, ao crecer a desigualdade, 00:01:21.939 --> 00:01:25.154 creceu a polarización política. 00:01:26.774 --> 00:01:30.888 Vemos aos rivais como idiotas ou inmorais. 00:01:32.103 --> 00:01:34.321 Case a metade dos demócratas e dos republicanos 00:01:34.345 --> 00:01:37.864 cren que o rival non só está equivocado 00:01:37.888 --> 00:01:39.569 senon que é unha ameaza nacional. 00:01:40.198 --> 00:01:43.752 Esta animosidade impide o consenso 00:01:43.776 --> 00:01:45.053 para cambiar as cousas. NOTE Paragraph 00:01:47.373 --> 00:01:50.924 Eu son profesor de psicoloxía social na Universidade de Carolina do Norte, 00:01:50.948 --> 00:01:55.128 e estudo os efectos da desigualdade no pensamento e o comportamento da xente. 00:01:55.893 --> 00:01:59.498 Argumentarei que non é unha coincidencia desafortunada 00:02:00.222 --> 00:02:03.352 que a desigualdade e a división política aparezcan á vez. 00:02:04.623 --> 00:02:06.386 Existen boas razóns psicolóxicas 00:02:06.530 --> 00:02:09.919 que explican por que a desigualdade crea divisións na nosa política. 00:02:10.236 --> 00:02:12.549 Significa que existen camiños psicolóxicos 00:02:12.573 --> 00:02:14.438 para mellorar ambas á vez. NOTE Paragraph 00:02:16.207 --> 00:02:18.937 Para entender o poder da desigualdade, 00:02:18.961 --> 00:02:22.588 cómpre saber que sempre nos comparamos 00:02:22.612 --> 00:02:23.742 con outra xente 00:02:24.231 --> 00:02:25.576 e cando facemos iso, 00:02:26.030 --> 00:02:28.716 gústanos aparecer coma gañadores, 00:02:28.995 --> 00:02:31.579 e é doloroso estarmos entre os que perden. 00:02:32.053 --> 00:02:34.680 Os psicólogos chámanlle: efecto "mellor cá media" 00:02:35.728 --> 00:02:38.469 A maioría cre que é mellor cá media 00:02:38.783 --> 00:02:41.299 nas actividades que lles importan 00:02:43.418 --> 00:02:46.331 o cal non é posible, porque iso é o que media significa. NOTE Paragraph 00:02:47.021 --> 00:02:48.854 (Risas) NOTE Paragraph 00:02:49.978 --> 00:02:51.829 Pero así é cómo a xente se sente. 00:02:52.208 --> 00:02:54.603 Cren ser más intelixentes cá media, 00:02:54.866 --> 00:02:56.545 máis traballadores cá media 00:02:56.801 --> 00:02:58.666 e con máis habilidade social. 00:02:59.523 --> 00:03:02.002 Cren que son mellores condutores. NOTE Paragraph 00:03:02.200 --> 00:03:03.578 (Risas) NOTE Paragraph 00:03:03.722 --> 00:03:06.678 Cúmprese incluso se o estudo se lle fai a unha mostra de xente 00:03:06.818 --> 00:03:09.970 hospitalizada por mor dun accidente de coche que eles causaron. NOTE Paragraph 00:03:10.254 --> 00:03:12.345 (Risas) NOTE Paragraph 00:03:13.494 --> 00:03:16.138 Así que queremos vernos mellores cá media, 00:03:16.138 --> 00:03:17.754 e se non o percibimos así, 00:03:17.778 --> 00:03:20.636 enton é doloroso e hai que superalo. 00:03:21.170 --> 00:03:24.613 E superámolo cambiando a forma de vermos o mundo. NOTE Paragraph 00:03:25.811 --> 00:03:27.438 Para entendernos como funciona, 00:03:27.438 --> 00:03:29.774 o meu equipo e mais eu fixemos un experimento. 00:03:30.805 --> 00:03:34.813 Pedímoslles aos participantes que fixesen unha tarefa para gañar diñeiro 00:03:35.150 --> 00:03:37.724 e en verdade todos gañan a mesma cantidade. 00:03:39.255 --> 00:03:41.780 Pero dividímolos en dous grupos, 00:03:41.857 --> 00:03:44.652 E dixémoslle a un deles que o fixeron mellor cá media, 00:03:44.652 --> 00:03:47.030 e ao outro que o fixeron peor. 00:03:47.894 --> 00:03:52.630 Agora un grupo séntese máis rico e o outro máis pobre, 00:03:53.107 --> 00:03:54.753 pero non por razóns obxectivas. 00:03:55.532 --> 00:03:57.500 Entón fixémoslles algunhas preguntas 00:03:57.931 --> 00:04:01.886 Cando lles preguntamos: Que tal se vos dá tomar decisións? 00:04:01.910 --> 00:04:05.069 O grupo "mellor" dixo que eran máis competentes 00:04:05.093 --> 00:04:06.579 có outro. 00:04:08.070 --> 00:04:10.711 O grupo "mellor" dixo que o seu éxito 00:04:11.092 --> 00:04:13.876 fora unha pura cuestión de mérito. 00:04:14.876 --> 00:04:17.914 O grupo "peor" creu que o sistema fallara, 00:04:17.938 --> 00:04:19.821 e neste caso, tiñan razón. NOTE Paragraph 00:04:20.190 --> 00:04:22.658 (Risas) NOTE Paragraph 00:04:23.566 --> 00:04:26.366 A pesar de teren o mesmo diñeiro, 00:04:26.837 --> 00:04:31.191 o grupo que se sentía máis rico quería baixar os impostos á riqueza, 00:04:31.215 --> 00:04:33.127 reducindo as axudas aos pobres. 00:04:33.151 --> 00:04:36.442 "Deixa que traballen duro e que sexan autorresponsables", dixeron. NOTE Paragraph 00:04:38.537 --> 00:04:43.565 Estas actitudes que asumimos como normais veñen de valores moi enraizados, 00:04:43.589 --> 00:04:45.954 e do que experimentamos durante a nosa vida, 00:04:46.770 --> 00:04:48.475 pero un exercicio de 10 minutos 00:04:48.499 --> 00:04:51.077 que lle fixo á xente sentirse máis rica ou máis pobre 00:04:51.101 --> 00:04:53.301 abondou para cambiaren as súas opinións. 00:04:55.293 --> 00:05:00.594 A diferenza entre ser rico ou pobre e sentirse rico ou pobre é importante 00:05:01.034 --> 00:05:03.281 porque non sempre cadran ben un co outro. 00:05:04.016 --> 00:05:06.351 Pódese oír á xente dicir con nostalxia, 00:05:06.375 --> 00:05:08.835 "eramos pobres, pero non o sabiamos." NOTE Paragraph 00:05:09.988 --> 00:05:12.123 Ese foi o meu caso ao crecer, 00:05:12.147 --> 00:05:13.417 até que un día, 00:05:13.441 --> 00:05:15.114 na cola do comedor 00:05:15.830 --> 00:05:18.671 tiñamos unha caixeira que non coñecía o sistema, 00:05:18.846 --> 00:05:21.198 e que me pediu 1,25 dólares. 00:05:22.466 --> 00:05:26.672 Asusteime porque nunca tivera que pagar pola comida. 00:05:27.416 --> 00:05:30.232 Non souben que dicir, porque non tiña diñeiro 00:05:31.374 --> 00:05:34.133 E de súpeto decateime que 00:05:34.157 --> 00:05:37.484 os nenos que comiamos gratis eramos os pobres. NOTE Paragraph 00:05:39.601 --> 00:05:42.331 Aquel estraño momento na cola do comedor 00:05:42.355 --> 00:05:43.976 cambioume moito, 00:05:44.301 --> 00:05:47.424 porque por primeira vez, sentinme pobre. 00:05:48.292 --> 00:05:50.822 Non tiñamos menos diñeiro ca onte, 00:05:51.246 --> 00:05:52.892 pero por primeira vez, 00:05:53.434 --> 00:05:55.476 comecei a ver as cousas doutro xeito. 00:05:55.710 --> 00:05:57.864 Cambiou como vía o mundo. 00:05:58.215 --> 00:06:01.506 Comecei a ver que os nenos que pagaban a comida 00:06:01.530 --> 00:06:04.270 vestían mellor que os que non a pagaban. 00:06:05.161 --> 00:06:08.074 Comecei a decatarme das barras amarelas de queixo do goberno 00:06:08.098 --> 00:06:09.562 que aparecían na porta da casa 00:06:09.653 --> 00:06:12.525 e os cupóns de comida que mamá usaba para ir á compra. 00:06:13.708 --> 00:06:15.217 Eu era un neno tímido, 00:06:15.241 --> 00:06:17.882 pero despois dese día case deixei de falar na escola. 00:06:18.334 --> 00:06:19.880 Con quen ía falar? NOTE Paragraph 00:06:22.362 --> 00:06:26.040 Durante décadas, os investigadores buscaron probas 00:06:26.064 --> 00:06:28.944 que confirmasen que sentirse pobre en comparación con outros 00:06:28.944 --> 00:06:30.520 podería mover á acción política. 00:06:30.960 --> 00:06:33.919 Crían que provocaría protestas, folgas, 00:06:33.943 --> 00:06:35.853 quizais ata revolucións. 00:06:36.480 --> 00:06:40.444 Pero unha e outra vez confirmaban que paralizaba a xente 00:06:41.851 --> 00:06:43.278 porque a verdade é que, 00:06:43.302 --> 00:06:44.888 sentirse menos ca outra xente 00:06:44.912 --> 00:06:46.261 fai que nos avergoñemos. 00:06:46.285 --> 00:06:48.240 Fai que a xente se retire, 00:06:48.531 --> 00:06:50.418 anoxada co sistema. 00:06:51.543 --> 00:06:53.756 En cambio, sentírmonos mellor ca outra xente... 00:06:53.756 --> 00:06:54.954 iso si que é motivador. 00:06:55.697 --> 00:06:58.299 Motívanos a protexer ese estatus, 00:06:58.995 --> 00:07:02.131 e ten importantes consecuencias para as nosas posicións políticas. NOTE Paragraph 00:07:03.380 --> 00:07:05.940 Para ver por qué, consideremos outro experimento: 00:07:07.242 --> 00:07:11.299 De novo pedímoslles aos participantes que tomen decisións para gañaren cartos, 00:07:11.517 --> 00:07:14.242 e a un grupo dicímoslle que o fixo mellor cá media 00:07:14.242 --> 00:07:16.331 e ao outro que peor. 00:07:17.036 --> 00:07:21.028 E outra vez, o grupo "mellor" dixo que foi grazas aos seus méritos, 00:07:21.556 --> 00:07:23.278 quere baixarlle impostos aos ricos, 00:07:23.302 --> 00:07:25.494 recortarlles axudas aos pobres. 00:07:27.610 --> 00:07:30.345 Pero esta vez, preguntámoslles ademais que pensan 00:07:30.369 --> 00:07:33.082 dos outros participantes que non concordan con eles 00:07:33.106 --> 00:07:34.536 na cuestión dos impostos. 00:07:34.894 --> 00:07:36.827 Son listos ou parvos? 00:07:37.322 --> 00:07:40.113 Son razoables ou interesados? 00:07:42.144 --> 00:07:46.277 O grupo "mellor" di que quen non opina coma eles 00:07:46.301 --> 00:07:49.174 teñen que ser incompetentes, interesados, 00:07:49.198 --> 00:07:50.976 cegados polo interese propio. 00:07:52.530 --> 00:07:53.982 O grupo "peor" 00:07:54.006 --> 00:07:56.060 non opinan iso dos seus opoñentes. NOTE Paragraph 00:07:58.141 --> 00:08:00.736 Existen múltiples estudos psicolóxicos que mostran 00:08:00.736 --> 00:08:02.396 que cando a xente concorda con nós 00:08:02.420 --> 00:08:03.981 témola por intelixente, 00:08:04.005 --> 00:08:05.599 e cando non concorda, 00:08:05.623 --> 00:08:07.352 pensamos que son idiotas. NOTE Paragraph 00:08:07.376 --> 00:08:08.878 (Risas) NOTE Paragraph 00:08:09.509 --> 00:08:13.213 Pero isto é novo, porque descubrimos que só ocorre no grupo 00:08:13.237 --> 00:08:14.784 que se ve superior á media, 00:08:15.047 --> 00:08:19.392 quen se sente co dereito de desprezar a aqueles que non pensan coma eles. NOTE Paragraph 00:08:21.989 --> 00:08:24.519 E pensemos no que isto provoca na nosa política, 00:08:25.404 --> 00:08:29.957 cando as diferenzas entre ricos e pobres aumentan máis e máis. 00:08:31.786 --> 00:08:35.455 Si, moitos pensan que os outros son idiotas, 00:08:36.723 --> 00:08:41.644 mais a xente tan implicada en política como discutir con outros sobre ela 00:08:41.938 --> 00:08:44.240 son en realidade os ricos. 00:08:45.277 --> 00:08:49.457 De feito, mentres a desigualdade crecía nestas últimas décadas, 00:08:49.758 --> 00:08:53.746 o interese e a participación en política dos pobres afundiuse. 00:08:54.714 --> 00:08:57.764 Outra vez, vemos como a xente que se sente abandonada 00:08:57.788 --> 00:09:02.529 non protesta na rúa nin organiza inscricións de votantes. 00:09:02.946 --> 00:09:04.527 Moitas veces, nin vota. 00:09:05.016 --> 00:09:07.886 No canto, viran as costas e desinterésanse. NOTE Paragraph 00:09:10.335 --> 00:09:13.537 Asi que se queremos facer algo en relación á desigualdade extrema, 00:09:13.564 --> 00:09:15.257 temos que arranxar a nosa política. 00:09:15.702 --> 00:09:17.346 E se queremos arranxala, 00:09:17.609 --> 00:09:19.677 hai que facer algo coa desigualdade. 00:09:20.100 --> 00:09:21.486 Que podemos facer? 00:09:23.083 --> 00:09:25.096 O marabilloso das espirais, 00:09:25.539 --> 00:09:28.623 é que poden interromperse en calquera punto do ciclo. NOTE Paragraph 00:09:30.575 --> 00:09:33.544 Coido que a nosa mellor aposta empeza entre aqueles de nós, 00:09:33.568 --> 00:09:37.236 máis beneficiados no aumento da desigualdade, 00:09:37.613 --> 00:09:40.283 aqueles que o fixemos mellor cá media. 00:09:41.793 --> 00:09:43.293 Se tiveches éxito 00:09:43.317 --> 00:09:46.700 é normal ligares o teu éxito ao teu esforzado traballo. 00:09:47.625 --> 00:09:49.378 Pero, como xa vimos, 00:09:49.402 --> 00:09:50.943 todo o mundo pensa así, 00:09:51.172 --> 00:09:55.083 sen saber se en realidade o esforzo foi ou non o factor principal. 00:09:58.503 --> 00:10:00.778 Todas as persoas de éxito que coñezo 00:10:00.802 --> 00:10:04.752 poden pensar en momentos en que traballaron duro e triunfaron. 00:10:06.113 --> 00:10:08.175 Tamén poden pensar en momentos 00:10:08.199 --> 00:10:11.433 en que se beneficiaron da boa sorte ou da axuda de alguén, 00:10:11.665 --> 00:10:13.218 pero iso é máis difícil. 00:10:13.772 --> 00:10:16.385 Os psicólogos Shai Davidai e Tom Gilovich 00:10:16.409 --> 00:10:19.712 chámanlle asimetría vento de proa - vento de popa. 00:10:20.380 --> 00:10:22.723 Cando te esforzas contra os ventos de proa 00:10:22.747 --> 00:10:24.948 só podes ver os obstáculos. 00:10:25.384 --> 00:10:27.728 É o que percibes e recordas. 00:10:28.377 --> 00:10:31.510 Pero cando o vento zoa de popa e todo vai ben, 00:10:31.534 --> 00:10:33.554 só te ves a ti 00:10:33.848 --> 00:10:35.834 e as túas incribles aptitudes. 00:10:36.229 --> 00:10:39.624 Temos que parar por un minuto e pensar 00:10:39.792 --> 00:10:43.119 para recoñecer eses ventos de popa que nos axudaron. NOTE Paragraph 00:10:45.122 --> 00:10:47.196 É moi doado ver os defectos na xente 00:10:47.220 --> 00:10:48.509 que non concorda connosco. 00:10:49.139 --> 00:10:52.489 Algúns de vós concluístes que era idiota nos primeiros dous minutos 00:10:52.489 --> 00:10:54.549 cando dixen que a desigualdade era daniña. NOTE Paragraph 00:10:54.613 --> 00:10:55.840 (Risas) NOTE Paragraph 00:10:56.182 --> 00:10:58.879 A parte difícil é recoñecer 00:10:58.903 --> 00:11:00.700 que se o voso estatus fose outro, 00:11:00.704 --> 00:11:02.490 poderiades ver as cousas diferentes, 00:11:02.494 --> 00:11:05.004 como os suxeitos do noso experimento. NOTE Paragraph 00:11:07.144 --> 00:11:10.046 Así que, se estás por riba da media, 00:11:10.070 --> 00:11:13.000 e se estás vendo unha charla TED, é moi probable que o esteas NOTE Paragraph 00:11:13.074 --> 00:11:14.317 (Risas) NOTE Paragraph 00:11:14.341 --> 00:11:16.174 quero deixarche este reto: 00:11:17.945 --> 00:11:21.240 a próxima vez que esteas tentado a catalogar a quen non pensa coma ti 00:11:21.249 --> 00:11:22.249 como idiota 00:11:22.939 --> 00:11:26.371 pensa nos ventos de popa que te impulsaron até onde estás. 00:11:27.186 --> 00:11:28.864 Qué momentos de sorte tiveches 00:11:28.888 --> 00:11:30.760 que puideron acabar de xeito distinto? 00:11:31.071 --> 00:11:33.841 A que man amiga lle estás agradecido? 00:11:34.824 --> 00:11:37.885 Recoñecermos eses ventos de popa dános a humildade necesaria 00:11:37.909 --> 00:11:41.299 para ver que quen non opina coma nós non son idiotas 00:11:42.179 --> 00:11:45.015 O traballo difícil é atoparmos intereses e valores en común, 00:11:45.039 --> 00:11:47.631 porque os que vivimos mellor somos quen temos o poder 00:11:47.655 --> 00:11:50.218 e a responsabilidade de cambiarmos as cousas. NOTE Paragraph 00:11:50.851 --> 00:11:51.867 Grazas. NOTE Paragraph 00:11:52.111 --> 00:11:55.389 (Aplausos)