1 00:00:00,860 --> 00:00:02,604 Probablemente tes escoitado 2 00:00:02,628 --> 00:00:04,622 que a desigualdade económica é moi alta 3 00:00:05,622 --> 00:00:08,749 que o 0,1% máis rico dos EEUU 4 00:00:08,773 --> 00:00:11,684 ten tanta riqueza como o 90% máis pobre, 5 00:00:12,684 --> 00:00:15,704 ou que os oito individuos máis ricos 6 00:00:15,728 --> 00:00:16,944 teñen tanta riqueza 7 00:00:16,968 --> 00:00:20,609 como os tres mil cincocentos millóns máis pobres. 8 00:00:22,410 --> 00:00:26,664 Pero sabías que a desigualdade se asocia a vidas máis curtas, 9 00:00:27,664 --> 00:00:29,226 menos felicidade, 10 00:00:29,250 --> 00:00:30,403 máis delitos 11 00:00:30,427 --> 00:00:31,765 e máis drogadicción? 12 00:00:32,773 --> 00:00:35,223 Soan a problemas da pobreza 13 00:00:36,104 --> 00:00:37,860 pero nos países desenvolvidos 14 00:00:37,884 --> 00:00:39,772 estes problemas sociais e sanitarios 15 00:00:39,796 --> 00:00:44,027 están máis asociados á desigualdade de renda 16 00:00:44,051 --> 00:00:45,785 que á renda absoluta. 17 00:00:46,770 --> 00:00:48,263 Por iso, 18 00:00:48,287 --> 00:00:49,570 os EEUU 19 00:00:49,594 --> 00:00:52,755 o país máis rico e desigual, 20 00:00:52,779 --> 00:00:56,701 ten a peor puntuación entre os desenvolvidos. 21 00:00:58,980 --> 00:01:01,950 As enquisas amosan que os norteamericanos, 22 00:01:01,974 --> 00:01:03,946 tanto demócratas como republicanos, 23 00:01:03,970 --> 00:01:07,535 opinan que a desigualdade é alta demais e piden equidade salarial. 24 00:01:08,194 --> 00:01:13,862 E ainda así, non atopamos o espazo común, 25 00:01:13,886 --> 00:01:17,218 o consenso, a vontade política de actuar. 26 00:01:18,305 --> 00:01:21,915 Porque, ao crecer a desigualdade, 27 00:01:21,939 --> 00:01:25,154 creceu a polarización política. 28 00:01:26,774 --> 00:01:30,888 Vemos aos rivais como idiotas ou inmorais. 29 00:01:32,103 --> 00:01:34,321 Case a metade dos demócratas e dos republicanos 30 00:01:34,345 --> 00:01:37,864 cren que o rival non só está equivocado 31 00:01:37,888 --> 00:01:39,569 senon que é unha ameaza nacional. 32 00:01:40,198 --> 00:01:43,752 Esta animosidade impide o consenso 33 00:01:43,776 --> 00:01:45,053 para cambiar as cousas. 34 00:01:47,373 --> 00:01:50,924 Eu son profesor de psicoloxía social na Universidade de Carolina do Norte, 35 00:01:50,948 --> 00:01:55,128 e estudo os efectos da desigualdade no pensamento e o comportamento da xente. 36 00:01:55,893 --> 00:01:59,498 Argumentarei que non é unha coincidencia desafortunada 37 00:02:00,222 --> 00:02:03,352 que a desigualdade e a división política aparezcan á vez. 38 00:02:04,623 --> 00:02:06,386 Existen boas razóns psicolóxicas 39 00:02:06,530 --> 00:02:09,919 que explican por que a desigualdade crea divisións na nosa política. 40 00:02:10,236 --> 00:02:12,549 Significa que existen camiños psicolóxicos 41 00:02:12,573 --> 00:02:14,438 para mellorar ambas á vez. 42 00:02:16,207 --> 00:02:18,937 Para entender o poder da desigualdade, 43 00:02:18,961 --> 00:02:22,588 cómpre saber que sempre nos comparamos 44 00:02:22,612 --> 00:02:23,742 con outra xente 45 00:02:24,231 --> 00:02:25,576 e cando facemos iso, 46 00:02:26,030 --> 00:02:28,716 gústanos aparecer coma gañadores, 47 00:02:28,995 --> 00:02:31,579 e é doloroso estarmos entre os que perden. 48 00:02:32,053 --> 00:02:34,680 Os psicólogos chámanlle: efecto "mellor cá media" 49 00:02:35,728 --> 00:02:38,469 A maioría cre que é mellor cá media 50 00:02:38,783 --> 00:02:41,299 nas actividades que lles importan 51 00:02:43,418 --> 00:02:46,331 o cal non é posible, porque iso é o que media significa. 52 00:02:47,021 --> 00:02:48,854 (Risas) 53 00:02:49,978 --> 00:02:51,829 Pero así é cómo a xente se sente. 54 00:02:52,208 --> 00:02:54,603 Cren ser más intelixentes cá media, 55 00:02:54,866 --> 00:02:56,545 máis traballadores cá media 56 00:02:56,801 --> 00:02:58,666 e con máis habilidade social. 57 00:02:59,523 --> 00:03:02,002 Cren que son mellores condutores. 58 00:03:02,200 --> 00:03:03,578 (Risas) 59 00:03:03,722 --> 00:03:06,678 Cúmprese incluso se o estudo se lle fai a unha mostra de xente 60 00:03:06,818 --> 00:03:09,970 hospitalizada por mor dun accidente de coche que eles causaron. 61 00:03:10,254 --> 00:03:12,345 (Risas) 62 00:03:13,494 --> 00:03:16,138 Así que queremos vernos mellores cá media, 63 00:03:16,138 --> 00:03:17,754 e se non o percibimos así, 64 00:03:17,778 --> 00:03:20,636 enton é doloroso e hai que superalo. 65 00:03:21,170 --> 00:03:24,613 E superámolo cambiando a forma de vermos o mundo. 66 00:03:25,811 --> 00:03:27,438 Para entendernos como funciona, 67 00:03:27,438 --> 00:03:29,774 o meu equipo e mais eu fixemos un experimento. 68 00:03:30,805 --> 00:03:34,813 Pedímoslles aos participantes que fixesen unha tarefa para gañar diñeiro 69 00:03:35,150 --> 00:03:37,724 e en verdade todos gañan a mesma cantidade. 70 00:03:39,255 --> 00:03:41,780 Pero dividímolos en dous grupos, 71 00:03:41,857 --> 00:03:44,652 E dixémoslle a un deles que o fixeron mellor cá media, 72 00:03:44,652 --> 00:03:47,030 e ao outro que o fixeron peor. 73 00:03:47,894 --> 00:03:52,630 Agora un grupo séntese máis rico e o outro máis pobre, 74 00:03:53,107 --> 00:03:54,753 pero non por razóns obxectivas. 75 00:03:55,532 --> 00:03:57,500 Entón fixémoslles algunhas preguntas 76 00:03:57,931 --> 00:04:01,886 Cando lles preguntamos: Que tal se vos dá tomar decisións? 77 00:04:01,910 --> 00:04:05,069 O grupo "mellor" dixo que eran máis competentes 78 00:04:05,093 --> 00:04:06,579 có outro. 79 00:04:08,070 --> 00:04:10,711 O grupo "mellor" dixo que o seu éxito 80 00:04:11,092 --> 00:04:13,876 fora unha pura cuestión de mérito. 81 00:04:14,876 --> 00:04:17,914 O grupo "peor" creu que o sistema fallara, 82 00:04:17,938 --> 00:04:19,821 e neste caso, tiñan razón. 83 00:04:20,190 --> 00:04:22,658 (Risas) 84 00:04:23,566 --> 00:04:26,366 A pesar de teren o mesmo diñeiro, 85 00:04:26,837 --> 00:04:31,191 o grupo que se sentía máis rico quería baixar os impostos á riqueza, 86 00:04:31,215 --> 00:04:33,127 reducindo as axudas aos pobres. 87 00:04:33,151 --> 00:04:36,442 "Deixa que traballen duro e que sexan autorresponsables", dixeron. 88 00:04:38,537 --> 00:04:43,565 Estas actitudes que asumimos como normais veñen de valores moi enraizados, 89 00:04:43,589 --> 00:04:45,954 e do que experimentamos durante a nosa vida, 90 00:04:46,770 --> 00:04:48,475 pero un exercicio de 10 minutos 91 00:04:48,499 --> 00:04:51,077 que lle fixo á xente sentirse máis rica ou máis pobre 92 00:04:51,101 --> 00:04:53,301 abondou para cambiaren as súas opinións. 93 00:04:55,293 --> 00:05:00,594 A diferenza entre ser rico ou pobre e sentirse rico ou pobre é importante 94 00:05:01,034 --> 00:05:03,281 porque non sempre cadran ben un co outro. 95 00:05:04,016 --> 00:05:06,351 Pódese oír á xente dicir con nostalxia, 96 00:05:06,375 --> 00:05:08,835 "eramos pobres, pero non o sabiamos." 97 00:05:09,988 --> 00:05:12,123 Ese foi o meu caso ao crecer, 98 00:05:12,147 --> 00:05:13,417 até que un día, 99 00:05:13,441 --> 00:05:15,114 na cola do comedor 100 00:05:15,830 --> 00:05:18,671 tiñamos unha caixeira que non coñecía o sistema, 101 00:05:18,846 --> 00:05:21,198 e que me pediu 1,25 dólares. 102 00:05:22,466 --> 00:05:26,672 Asusteime porque nunca tivera que pagar pola comida. 103 00:05:27,416 --> 00:05:30,232 Non souben que dicir, porque non tiña diñeiro 104 00:05:31,374 --> 00:05:34,133 E de súpeto decateime que 105 00:05:34,157 --> 00:05:37,484 os nenos que comiamos gratis eramos os pobres. 106 00:05:39,601 --> 00:05:42,331 Aquel estraño momento na cola do comedor 107 00:05:42,355 --> 00:05:43,976 cambioume moito, 108 00:05:44,301 --> 00:05:47,424 porque por primeira vez, sentinme pobre. 109 00:05:48,292 --> 00:05:50,822 Non tiñamos menos diñeiro ca onte, 110 00:05:51,246 --> 00:05:52,892 pero por primeira vez, 111 00:05:53,434 --> 00:05:55,476 comecei a ver as cousas doutro xeito. 112 00:05:55,710 --> 00:05:57,864 Cambiou como vía o mundo. 113 00:05:58,215 --> 00:06:01,506 Comecei a ver que os nenos que pagaban a comida 114 00:06:01,530 --> 00:06:04,270 vestían mellor que os que non a pagaban. 115 00:06:05,161 --> 00:06:08,074 Comecei a decatarme das barras amarelas de queixo do goberno 116 00:06:08,098 --> 00:06:09,562 que aparecían na porta da casa 117 00:06:09,653 --> 00:06:12,525 e os cupóns de comida que mamá usaba para ir á compra. 118 00:06:13,708 --> 00:06:15,217 Eu era un neno tímido, 119 00:06:15,241 --> 00:06:17,882 pero despois dese día case deixei de falar na escola. 120 00:06:18,334 --> 00:06:19,880 Con quen ía falar? 121 00:06:22,362 --> 00:06:26,040 Durante décadas, os investigadores buscaron probas 122 00:06:26,064 --> 00:06:28,944 que confirmasen que sentirse pobre en comparación con outros 123 00:06:28,944 --> 00:06:30,520 podería mover á acción política. 124 00:06:30,960 --> 00:06:33,919 Crían que provocaría protestas, folgas, 125 00:06:33,943 --> 00:06:35,853 quizais ata revolucións. 126 00:06:36,480 --> 00:06:40,444 Pero unha e outra vez confirmaban que paralizaba a xente 127 00:06:41,851 --> 00:06:43,278 porque a verdade é que, 128 00:06:43,302 --> 00:06:44,888 sentirse menos ca outra xente 129 00:06:44,912 --> 00:06:46,261 fai que nos avergoñemos. 130 00:06:46,285 --> 00:06:48,240 Fai que a xente se retire, 131 00:06:48,531 --> 00:06:50,418 anoxada co sistema. 132 00:06:51,543 --> 00:06:53,756 En cambio, sentírmonos mellor ca outra xente... 133 00:06:53,756 --> 00:06:54,954 iso si que é motivador. 134 00:06:55,697 --> 00:06:58,299 Motívanos a protexer ese estatus, 135 00:06:58,995 --> 00:07:02,131 e ten importantes consecuencias para as nosas posicións políticas. 136 00:07:03,380 --> 00:07:05,940 Para ver por qué, consideremos outro experimento: 137 00:07:07,242 --> 00:07:11,299 De novo pedímoslles aos participantes que tomen decisións para gañaren cartos, 138 00:07:11,517 --> 00:07:14,242 e a un grupo dicímoslle que o fixo mellor cá media 139 00:07:14,242 --> 00:07:16,331 e ao outro que peor. 140 00:07:17,036 --> 00:07:21,028 E outra vez, o grupo "mellor" dixo que foi grazas aos seus méritos, 141 00:07:21,556 --> 00:07:23,278 quere baixarlle impostos aos ricos, 142 00:07:23,302 --> 00:07:25,494 recortarlles axudas aos pobres. 143 00:07:27,610 --> 00:07:30,345 Pero esta vez, preguntámoslles ademais que pensan 144 00:07:30,369 --> 00:07:33,082 dos outros participantes que non concordan con eles 145 00:07:33,106 --> 00:07:34,536 na cuestión dos impostos. 146 00:07:34,894 --> 00:07:36,827 Son listos ou parvos? 147 00:07:37,322 --> 00:07:40,113 Son razoables ou interesados? 148 00:07:42,144 --> 00:07:46,277 O grupo "mellor" di que quen non opina coma eles 149 00:07:46,301 --> 00:07:49,174 teñen que ser incompetentes, interesados, 150 00:07:49,198 --> 00:07:50,976 cegados polo interese propio. 151 00:07:52,530 --> 00:07:53,982 O grupo "peor" 152 00:07:54,006 --> 00:07:56,060 non opinan iso dos seus opoñentes. 153 00:07:58,141 --> 00:08:00,736 Existen múltiples estudos psicolóxicos que mostran 154 00:08:00,736 --> 00:08:02,396 que cando a xente concorda con nós 155 00:08:02,420 --> 00:08:03,981 témola por intelixente, 156 00:08:04,005 --> 00:08:05,599 e cando non concorda, 157 00:08:05,623 --> 00:08:07,352 pensamos que son idiotas. 158 00:08:07,376 --> 00:08:08,878 (Risas) 159 00:08:09,509 --> 00:08:13,213 Pero isto é novo, porque descubrimos que só ocorre no grupo 160 00:08:13,237 --> 00:08:14,784 que se ve superior á media, 161 00:08:15,047 --> 00:08:19,392 quen se sente co dereito de desprezar a aqueles que non pensan coma eles. 162 00:08:21,989 --> 00:08:24,519 E pensemos no que isto provoca na nosa política, 163 00:08:25,404 --> 00:08:29,957 cando as diferenzas entre ricos e pobres aumentan máis e máis. 164 00:08:31,786 --> 00:08:35,455 Si, moitos pensan que os outros son idiotas, 165 00:08:36,723 --> 00:08:41,644 mais a xente tan implicada en política como discutir con outros sobre ela 166 00:08:41,938 --> 00:08:44,240 son en realidade os ricos. 167 00:08:45,277 --> 00:08:49,457 De feito, mentres a desigualdade crecía nestas últimas décadas, 168 00:08:49,758 --> 00:08:53,746 o interese e a participación en política dos pobres afundiuse. 169 00:08:54,714 --> 00:08:57,764 Outra vez, vemos como a xente que se sente abandonada 170 00:08:57,788 --> 00:09:02,529 non protesta na rúa nin organiza inscricións de votantes. 171 00:09:02,946 --> 00:09:04,527 Moitas veces, nin vota. 172 00:09:05,016 --> 00:09:07,886 No canto, viran as costas e desinterésanse. 173 00:09:10,335 --> 00:09:13,537 Asi que se queremos facer algo en relación á desigualdade extrema, 174 00:09:13,564 --> 00:09:15,257 temos que arranxar a nosa política. 175 00:09:15,702 --> 00:09:17,346 E se queremos arranxala, 176 00:09:17,609 --> 00:09:19,677 hai que facer algo coa desigualdade. 177 00:09:20,100 --> 00:09:21,486 Que podemos facer? 178 00:09:23,083 --> 00:09:25,096 O marabilloso das espirais, 179 00:09:25,539 --> 00:09:28,623 é que poden interromperse en calquera punto do ciclo. 180 00:09:30,575 --> 00:09:33,544 Coido que a nosa mellor aposta empeza entre aqueles de nós, 181 00:09:33,568 --> 00:09:37,236 máis beneficiados no aumento da desigualdade, 182 00:09:37,613 --> 00:09:40,283 aqueles que o fixemos mellor cá media. 183 00:09:41,793 --> 00:09:43,293 Se tiveches éxito 184 00:09:43,317 --> 00:09:46,700 é normal ligares o teu éxito ao teu esforzado traballo. 185 00:09:47,625 --> 00:09:49,378 Pero, como xa vimos, 186 00:09:49,402 --> 00:09:50,943 todo o mundo pensa así, 187 00:09:51,172 --> 00:09:55,083 sen saber se en realidade o esforzo foi ou non o factor principal. 188 00:09:58,503 --> 00:10:00,778 Todas as persoas de éxito que coñezo 189 00:10:00,802 --> 00:10:04,752 poden pensar en momentos en que traballaron duro e triunfaron. 190 00:10:06,113 --> 00:10:08,175 Tamén poden pensar en momentos 191 00:10:08,199 --> 00:10:11,433 en que se beneficiaron da boa sorte ou da axuda de alguén, 192 00:10:11,665 --> 00:10:13,218 pero iso é máis difícil. 193 00:10:13,772 --> 00:10:16,385 Os psicólogos Shai Davidai e Tom Gilovich 194 00:10:16,409 --> 00:10:19,712 chámanlle asimetría vento de proa - vento de popa. 195 00:10:20,380 --> 00:10:22,723 Cando te esforzas contra os ventos de proa 196 00:10:22,747 --> 00:10:24,948 só podes ver os obstáculos. 197 00:10:25,384 --> 00:10:27,728 É o que percibes e recordas. 198 00:10:28,377 --> 00:10:31,510 Pero cando o vento zoa de popa e todo vai ben, 199 00:10:31,534 --> 00:10:33,554 só te ves a ti 200 00:10:33,848 --> 00:10:35,834 e as túas incribles aptitudes. 201 00:10:36,229 --> 00:10:39,624 Temos que parar por un minuto e pensar 202 00:10:39,792 --> 00:10:43,119 para recoñecer eses ventos de popa que nos axudaron. 203 00:10:45,122 --> 00:10:47,196 É moi doado ver os defectos na xente 204 00:10:47,220 --> 00:10:48,509 que non concorda connosco. 205 00:10:49,139 --> 00:10:52,489 Algúns de vós concluístes que era idiota nos primeiros dous minutos 206 00:10:52,489 --> 00:10:54,549 cando dixen que a desigualdade era daniña. 207 00:10:54,613 --> 00:10:55,840 (Risas) 208 00:10:56,182 --> 00:10:58,879 A parte difícil é recoñecer 209 00:10:58,903 --> 00:11:00,700 que se o voso estatus fose outro, 210 00:11:00,704 --> 00:11:02,490 poderiades ver as cousas diferentes, 211 00:11:02,494 --> 00:11:05,004 como os suxeitos do noso experimento. 212 00:11:07,144 --> 00:11:10,046 Así que, se estás por riba da media, 213 00:11:10,070 --> 00:11:13,000 e se estás vendo unha charla TED, é moi probable que o esteas 214 00:11:13,074 --> 00:11:14,317 (Risas) 215 00:11:14,341 --> 00:11:16,174 quero deixarche este reto: 216 00:11:17,945 --> 00:11:21,240 a próxima vez que esteas tentado a catalogar a quen non pensa coma ti 217 00:11:21,249 --> 00:11:22,249 como idiota 218 00:11:22,939 --> 00:11:26,371 pensa nos ventos de popa que te impulsaron até onde estás. 219 00:11:27,186 --> 00:11:28,864 Qué momentos de sorte tiveches 220 00:11:28,888 --> 00:11:30,760 que puideron acabar de xeito distinto? 221 00:11:31,071 --> 00:11:33,841 A que man amiga lle estás agradecido? 222 00:11:34,824 --> 00:11:37,885 Recoñecermos eses ventos de popa dános a humildade necesaria 223 00:11:37,909 --> 00:11:41,299 para ver que quen non opina coma nós non son idiotas 224 00:11:42,179 --> 00:11:45,015 O traballo difícil é atoparmos intereses e valores en común, 225 00:11:45,039 --> 00:11:47,631 porque os que vivimos mellor somos quen temos o poder 226 00:11:47,655 --> 00:11:50,218 e a responsabilidade de cambiarmos as cousas. 227 00:11:50,851 --> 00:11:51,867 Grazas. 228 00:11:52,111 --> 00:11:55,389 (Aplausos)