Probablemente tes escoitado
que a desigualdade económica é moi alta
que o 0,1% máis rico dos EEUU
ten tanta riqueza como o 90% máis pobre,
ou que os oito individuos máis ricos
teñen tanta riqueza
como os tres mil cincocentos millóns
máis pobres.
Pero sabías que a desigualdade se asocia
a vidas máis curtas,
menos felicidade,
máis delitos
e máis drogadicción?
Soan a problemas da pobreza
pero nos países desenvolvidos
estes problemas sociais e sanitarios
están máis asociados á
desigualdade de renda
que á renda absoluta.
Por iso,
os EEUU
o país máis rico e desigual,
ten a peor puntuación
entre os desenvolvidos.
As enquisas amosan
que os norteamericanos,
tanto demócratas como republicanos,
opinan que a desigualdade é alta demais
e piden equidade salarial.
E ainda así, non atopamos o espazo común,
o consenso, a vontade política de actuar.
Porque, ao crecer a desigualdade,
creceu a polarización política.
Vemos aos rivais como idiotas ou inmorais.
Case a metade dos demócratas
e dos republicanos
cren que o rival non só está equivocado
senon que é unha ameaza nacional.
Esta animosidade impide o consenso
para cambiar as cousas.
Eu son profesor de psicoloxía social
na Universidade de Carolina do Norte,
e estudo os efectos da desigualdade
no pensamento e o comportamento da xente.
Argumentarei que non é
unha coincidencia desafortunada
que a desigualdade
e a división política aparezcan á vez.
Existen boas razóns psicolóxicas
que explican por que a desigualdade
crea divisións na nosa política.
Significa que existen camiños psicolóxicos
para mellorar ambas á vez.
Para entender o poder da desigualdade,
cómpre saber que sempre nos comparamos
con outra xente
e cando facemos iso,
gústanos aparecer coma gañadores,
e é doloroso estarmos
entre os que perden.
Os psicólogos chámanlle:
efecto "mellor cá media"
A maioría cre que é mellor cá media
nas actividades que lles importan
o cal non é posible,
porque iso é o que media significa.
(Risas)
Pero así é cómo a xente se sente.
Cren ser más intelixentes cá media,
máis traballadores cá media
e con máis habilidade social.
Cren que son mellores condutores.
(Risas)
Cúmprese incluso se o estudo
se lle fai a unha mostra de xente
hospitalizada por mor
dun accidente de coche que eles causaron.
(Risas)
Así que queremos vernos mellores cá media,
e se non o percibimos así,
enton é doloroso e hai que superalo.
E superámolo cambiando
a forma de vermos o mundo.
Para entendernos como funciona,
o meu equipo e mais eu
fixemos un experimento.
Pedímoslles aos participantes
que fixesen unha tarefa para gañar diñeiro
e en verdade todos gañan
a mesma cantidade.
Pero dividímolos en dous grupos,
E dixémoslle a un deles
que o fixeron mellor cá media,
e ao outro que o fixeron peor.
Agora un grupo séntese máis rico
e o outro máis pobre,
pero non por razóns obxectivas.
Entón fixémoslles algunhas preguntas
Cando lles preguntamos:
Que tal se vos dá tomar decisións?
O grupo "mellor" dixo
que eran máis competentes
có outro.
O grupo "mellor" dixo que o seu éxito
fora unha pura cuestión de mérito.
O grupo "peor" creu
que o sistema fallara,
e neste caso, tiñan razón.
(Risas)
A pesar de teren o mesmo diñeiro,
o grupo que se sentía máis rico
quería baixar os impostos á riqueza,
reducindo as axudas aos pobres.
"Deixa que traballen duro
e que sexan autorresponsables", dixeron.
Estas actitudes que asumimos como normais
veñen de valores moi enraizados,
e do que experimentamos
durante a nosa vida,
pero un exercicio de 10 minutos
que lle fixo á xente sentirse
máis rica ou máis pobre
abondou para cambiaren as súas opinións.
A diferenza entre ser rico ou pobre
e sentirse rico ou pobre é importante
porque non sempre cadran ben
un co outro.
Pódese oír á xente dicir con nostalxia,
"eramos pobres, pero non o sabiamos."
Ese foi o meu caso ao crecer,
até que un día,
na cola do comedor
tiñamos unha caixeira
que non coñecía o sistema,
e que me pediu 1,25 dólares.
Asusteime porque nunca
tivera que pagar pola comida.
Non souben que dicir,
porque non tiña diñeiro
E de súpeto decateime que
os nenos que comiamos gratis
eramos os pobres.
Aquel estraño momento
na cola do comedor
cambioume moito,
porque por primeira vez, sentinme pobre.
Non tiñamos menos diñeiro ca onte,
pero por primeira vez,
comecei a ver as cousas doutro xeito.
Cambiou como vía o mundo.
Comecei a ver
que os nenos que pagaban a comida
vestían mellor que os que non a pagaban.
Comecei a decatarme das barras amarelas
de queixo do goberno
que aparecían na porta da casa
e os cupóns de comida que mamá usaba
para ir á compra.
Eu era un neno tímido,
pero despois dese día
case deixei de falar na escola.
Con quen ía falar?
Durante décadas,
os investigadores buscaron probas
que confirmasen que sentirse pobre
en comparación con outros
podería mover á acción política.
Crían que provocaría protestas, folgas,
quizais ata revolucións.
Pero unha e outra vez confirmaban
que paralizaba a xente
porque a verdade é que,
sentirse menos ca outra xente
fai que nos avergoñemos.
Fai que a xente se retire,
anoxada co sistema.
En cambio, sentírmonos mellor
ca outra xente...
iso si que é motivador.
Motívanos a protexer ese estatus,
e ten importantes consecuencias
para as nosas posicións políticas.
Para ver por qué,
consideremos outro experimento:
De novo pedímoslles aos participantes
que tomen decisións para gañaren cartos,
e a un grupo dicímoslle
que o fixo mellor cá media
e ao outro que peor.
E outra vez, o grupo "mellor"
dixo que foi grazas aos seus méritos,
quere baixarlle impostos aos ricos,
recortarlles axudas aos pobres.
Pero esta vez, preguntámoslles
ademais que pensan
dos outros participantes
que non concordan con eles
na cuestión dos impostos.
Son listos ou parvos?
Son razoables ou interesados?
O grupo "mellor" di que
quen non opina coma eles
teñen que ser incompetentes, interesados,
cegados polo interese propio.
O grupo "peor"
non opinan iso dos seus opoñentes.
Existen múltiples estudos
psicolóxicos que mostran
que cando a xente concorda con nós
témola por intelixente,
e cando non concorda,
pensamos que son idiotas.
(Risas)
Pero isto é novo, porque descubrimos
que só ocorre no grupo
que se ve superior á media,
quen se sente co dereito de desprezar
a aqueles que non pensan coma eles.
E pensemos no que isto provoca
na nosa política,
cando as diferenzas entre ricos e pobres
aumentan máis e máis.
Si, moitos pensan
que os outros son idiotas,
mais a xente tan implicada en política
como discutir con outros sobre ela
son en realidade os ricos.
De feito, mentres a desigualdade crecía
nestas últimas décadas,
o interese e a participación en política
dos pobres afundiuse.
Outra vez, vemos como a xente
que se sente abandonada
non protesta na rúa
nin organiza inscricións de votantes.
Moitas veces, nin vota.
No canto, viran as costas
e desinterésanse.
Asi que se queremos facer algo
en relación á desigualdade extrema,
temos que arranxar a nosa política.
E se queremos arranxala,
hai que facer algo coa desigualdade.
Que podemos facer?
O marabilloso das espirais,
é que poden interromperse
en calquera punto do ciclo.
Coido que a nosa mellor aposta
empeza entre aqueles de nós,
máis beneficiados
no aumento da desigualdade,
aqueles que o fixemos mellor cá media.
Se tiveches éxito
é normal ligares o teu éxito
ao teu esforzado traballo.
Pero, como xa vimos,
todo o mundo pensa así,
sen saber se en realidade
o esforzo foi ou non o factor principal.
Todas as persoas de éxito que coñezo
poden pensar en momentos
en que traballaron duro e triunfaron.
Tamén poden pensar en momentos
en que se beneficiaron da boa sorte
ou da axuda de alguén,
pero iso é máis difícil.
Os psicólogos Shai Davidai e Tom Gilovich
chámanlle
asimetría vento de proa - vento de popa.
Cando te esforzas contra os ventos de proa
só podes ver os obstáculos.
É o que percibes e recordas.
Pero cando o vento zoa de popa
e todo vai ben,
só te ves a ti
e as túas incribles aptitudes.
Temos que parar por un minuto e pensar
para recoñecer eses ventos de popa
que nos axudaron.
É moi doado ver os defectos na xente
que non concorda connosco.
Algúns de vós concluístes que era idiota
nos primeiros dous minutos
cando dixen que a desigualdade era daniña.
(Risas)
A parte difícil é recoñecer
que se o voso estatus fose outro,
poderiades ver as cousas diferentes,
como os suxeitos do noso experimento.
Así que, se estás por riba da media,
e se estás vendo unha charla TED,
é moi probable que o esteas
(Risas)
quero deixarche este reto:
a próxima vez que esteas tentado
a catalogar a quen non pensa coma ti
como idiota
pensa nos ventos de popa
que te impulsaron até onde estás.
Qué momentos de sorte tiveches
que puideron acabar de xeito distinto?
A que man amiga lle estás agradecido?
Recoñecermos eses ventos de popa
dános a humildade necesaria
para ver que quen non opina coma nós
non son idiotas
O traballo difícil é atoparmos
intereses e valores en común,
porque os que vivimos mellor
somos quen temos o poder
e a responsabilidade
de cambiarmos as cousas.
Grazas.
(Aplausos)