WEBVTT 00:00:01.334 --> 00:00:03.781 Este é un pavillón de tuberculosos, 00:00:04.100 --> 00:00:07.758 e cando se tomou a foto, a finais do século XIX, 00:00:07.939 --> 00:00:10.448 unha de cada sete persoas 00:00:10.580 --> 00:00:12.354 morría de tuberculose. 00:00:12.780 --> 00:00:15.700 Non tiñamos nin idea de que estaba a causar esta enfermidade. 00:00:16.140 --> 00:00:18.196 A hipótese era, de feito, 00:00:18.220 --> 00:00:21.239 que a nosa constitución nos facía susceptibles. 00:00:21.500 --> 00:00:24.236 E foi unha enfermidade moi idealizada. 00:00:24.260 --> 00:00:26.656 Chamóuselle “tise”, 00:00:27.100 --> 00:00:30.236 e era a doenza dos poetas, 00:00:30.260 --> 00:00:32.896 dos artistas e dos intelectuais. 00:00:33.020 --> 00:00:36.441 E había quen pensaba que te transportaba a unha maior sensibilidade 00:00:36.780 --> 00:00:38.980 e che outorgaba un xenio creativo. 00:00:40.700 --> 00:00:42.460 Durante a década dos 50, 00:00:42.860 --> 00:00:45.460 sóubose que a tuberculose estaba causada 00:00:45.460 --> 00:00:48.609 por unha infección bacteriana moi contaxiosa, 00:00:48.860 --> 00:00:50.415 o que era ben menos romántico, 00:00:51.060 --> 00:00:53.092 pero tiña a vantaxe 00:00:53.340 --> 00:00:56.424 de que se cadra podiamos crear medicinas para tratala. 00:00:56.700 --> 00:00:59.716 Os médicos descubriron un novo fármaco, a iproniacida, 00:00:59.740 --> 00:01:02.766 coa que tiñan esperanzas de curar a tuberculose; 00:01:03.140 --> 00:01:04.744 así que lla deron aos pacientes, 00:01:04.940 --> 00:01:06.586 e os pacientes estaban eufóricos. 00:01:06.740 --> 00:01:09.970 Estaban máis sociables, máis activos. 00:01:10.260 --> 00:01:14.860 Un informe médico indicaba que eles estaban a "bailar polos corredores". 00:01:15.500 --> 00:01:16.625 Por desgraza, 00:01:17.140 --> 00:01:19.860 isto non significaba que estivesen mellorando. 00:01:20.420 --> 00:01:22.620 Moitos estaban morrendo. 00:01:23.660 --> 00:01:30.260 Outro informe médico describiuno como "indebidamente felices". 00:01:31.220 --> 00:01:34.820 E así foi como se descubriu o primeiro antidepresivo. 00:01:35.980 --> 00:01:39.908 Polo tanto, os descubrimentos accidentais non son raros na ciencia, 00:01:40.060 --> 00:01:43.134 pero cómpre algo máis ca un feliz accidente. 00:01:43.220 --> 00:01:46.660 Debes ser capaz de recoñecelo para poder descubrilo. 00:01:47.500 --> 00:01:49.890 Como neurocientífica, vou falar un pouco 00:01:49.890 --> 00:01:51.856 sobre a miña experiencia de primeira man 00:01:51.856 --> 00:01:54.916 con como queirades chamarlle ao contrario do puro azar, 00:01:54.940 --> 00:01:56.626 podemos chamarlle azar intelixente. 00:01:56.740 --> 00:01:59.460 Pero primeiro, un pouco máis de contexto. 00:02:00.460 --> 00:02:03.116 Afortunadamente, dende os anos 50, 00:02:03.140 --> 00:02:06.760 desenvolvemos outros fármacos e agora podemos curar a tuberculose. 00:02:07.140 --> 00:02:10.794 E polo menos nos Estados Unidos, aínda que non necesariamente noutros países 00:02:10.820 --> 00:02:12.316 pechamos os nosos sanatorios 00:02:12.340 --> 00:02:16.020 e probablemente á maioría de vós non vos preocupe moito a tuberculose. 00:02:16.900 --> 00:02:19.556 Pero moito do que era certo a principios do século XX. 00:02:19.580 --> 00:02:21.236 sobre enfermidades infecciosas 00:02:21.460 --> 00:02:24.100 pódese dicir agora dos trastornos psíquicos. 00:02:24.820 --> 00:02:27.836 Estamos no medio dunha epidemia de trastornos emocionais 00:02:27.860 --> 00:02:31.620 coma a depresión ou o estrés postraumático. 00:02:32.300 --> 00:02:36.156 Un de cada catro adultos nos EE. UU. 00:02:36.180 --> 00:02:37.660 sofre unha enfermidade mental, 00:02:38.180 --> 00:02:41.156 o que significa que se non a viviches en persoa 00:02:41.340 --> 00:02:43.218 nin ninguén da túa familia a tivo, 00:02:43.660 --> 00:02:46.549 é moi probable que a teña alguén que coñezas, 00:02:46.940 --> 00:02:48.580 aínda que non fale dela. 00:02:50.220 --> 00:02:53.099 A depresión superou 00:02:53.540 --> 00:02:58.249 á sida, á malaria, á diabetes e á guerra 00:02:58.420 --> 00:03:01.285 coma primeira causa de discapacidade no mundo. 00:03:01.700 --> 00:03:04.856 E tamén, coma a tuberculose nos 50, 00:03:05.340 --> 00:03:07.117 non sabemos qué a provoca. 00:03:07.420 --> 00:03:09.236 Unha vez que se desenvolve, é crónica, 00:03:09.236 --> 00:03:10.876 dura toda a vida, 00:03:10.900 --> 00:03:13.220 e non hai cura coñecida. 00:03:14.660 --> 00:03:16.876 O segundo antidepresivo que descubrimos 00:03:16.900 --> 00:03:19.194 tamén por accidente, nos anos 50, 00:03:19.380 --> 00:03:22.580 a partir dun antiestamínico que estaba volvendo maníaca á xente, 00:03:23.860 --> 00:03:25.060 foi a imipramina. 00:03:26.220 --> 00:03:29.876 E no caso do pavillón de tuberculosos e mais no do antiestamínico, 00:03:29.900 --> 00:03:31.596 alguén se deu conta 00:03:31.620 --> 00:03:34.036 de que o fármaco creado para facer unha cousa, 00:03:34.060 --> 00:03:36.636 --tratar a tuberculose ou suprimir alerxias-- 00:03:36.660 --> 00:03:39.132 podería usarse para algo moi diferente 00:03:39.270 --> 00:03:40.470 --tratar a depresión. 00:03:41.380 --> 00:03:44.396 Este tipo de redeseño é bastante estimulante. 00:03:44.420 --> 00:03:48.147 Cando os médicos viron por primeira vez como a iproniacida melloraba o ánimo, 00:03:48.380 --> 00:03:50.631 non se decataron do que estaban vendo. 00:03:50.860 --> 00:03:52.716 Estaban tan habituados a pensar 00:03:52.740 --> 00:03:55.516 dende o marco de que era un fármaco para a tuberculose 00:03:55.540 --> 00:03:57.596 que se limitaron a anotalo 00:03:57.620 --> 00:04:00.286 como un efecto secundario, un efecto secundario negativo. 00:04:00.420 --> 00:04:01.571 Como podedes ver aquí, 00:04:01.596 --> 00:04:05.620 moitos deses pacientes en 1954 estaban experimentando euforia extrema. 00:04:06.900 --> 00:04:10.516 E eles estaban preocupados por se isto podería interferir dalgún xeito 00:04:10.540 --> 00:04:13.208 coa súa recuperación da tuberculose. 00:04:13.420 --> 00:04:19.676 Así que se recomendou que a iproniacida se empregase só en tuberculoses extremas 00:04:19.700 --> 00:04:23.380 e en pacientes que fose moi estables emocionalmente, 00:04:24.220 --> 00:04:27.593 que é o modo contrario a como se emprega un antidepresivo. 00:04:28.140 --> 00:04:32.388 Estaban tan habituados a velo dende a perspectiva dunha soa doenza 00:04:32.620 --> 00:04:36.540 que non podían ver as grandes implicacións para outra distinta. 00:04:37.380 --> 00:04:39.801 E sendo sinceros, non é só culpa súa. 00:04:40.100 --> 00:04:42.876 A fixación funcional é un prexuízo que nos afecta a todos. 00:04:42.900 --> 00:04:46.356 É a tendencia de dar pensado nun obxecto 00:04:46.380 --> 00:04:48.980 só en termos da súa función tradicional. 00:04:49.660 --> 00:04:51.636 E o contexto mental é diferente, non si? 00:04:51.660 --> 00:04:53.676 É con esta especie de marco preconcibido 00:04:53.700 --> 00:04:55.301 con quen afrontamos os problemas. 00:04:55.500 --> 00:04:58.756 E isto fainos moi complicado facer ese redeseño, 00:04:58.780 --> 00:05:02.316 supoño que por iso lle deron un programa de TV a un tipo 00:05:02.340 --> 00:05:04.140 ao que se lle dá tan ben facelos. 00:05:04.660 --> 00:05:06.540 (Risas) 00:05:07.960 --> 00:05:11.516 Os efectos, nos dous casos, da iproniacida e da imipramina 00:05:11.540 --> 00:05:12.566 foron tan fortes 00:05:12.580 --> 00:05:15.366 que había maníacos, ou persoas bailando polos corredores. 00:05:15.546 --> 00:05:17.840 Non é tan sorprendente que se detectasen. 00:05:18.340 --> 00:05:21.820 Pero isto fai que te preguntes qué máis pasamos por alto. 00:05:23.020 --> 00:05:25.196 A iproniacida e a imipramina, 00:05:25.220 --> 00:05:27.486 son máis que un caso de redeseño. 00:05:27.660 --> 00:05:30.636 Teñen en común outras dúas cousas moi importantes. 00:05:30.660 --> 00:05:33.156 Primeira: terribles efectos secundarios. 00:05:33.180 --> 00:05:35.796 Entre outros, toxicidade hepática, 00:05:35.820 --> 00:05:38.796 incremento de peso de preto de 25 quilos, 00:05:38.820 --> 00:05:40.182 tendencias suicidas. 00:05:40.620 --> 00:05:44.796 E segundo: os dous aumentan os niveis de serotonina, 00:05:44.820 --> 00:05:47.156 que é un sinal químico no cerebro, 00:05:47.180 --> 00:05:48.380 un neurotransmisor. 00:05:49.380 --> 00:05:51.806 E se collemos as cousas xuntas, --cada unha delas, 00:05:51.806 --> 00:05:53.410 separada non é tan importante-- 00:05:53.410 --> 00:05:56.967 pero xuntas significaban que cumpría desenvolver fármacos máis seguros, 00:05:57.300 --> 00:06:00.745 e que a serotonina parecía un bo sitio para comezar. 00:06:01.660 --> 00:06:05.556 Por iso, desenvolvemos fármacos que se centrasen máis na serotonina, 00:06:05.580 --> 00:06:09.236 os inhibidores selectivos de recaptación da serotonina (ISRS), 00:06:09.260 --> 00:06:11.708 o máis famoso dos cales é o Prozac. 00:06:12.020 --> 00:06:13.513 Diso hai 30 anos, 00:06:14.020 --> 00:06:17.220 e dende aquela viñémonos centrando en mellorar eses fármacos. 00:06:17.740 --> 00:06:20.956 E os ISRS son mellores ca os fármacos que había antes , 00:06:20.980 --> 00:06:23.076 pero aínda teñen moitos efectos secundarios: 00:06:23.100 --> 00:06:25.996 suba de peso, insomnio, 00:06:26.020 --> 00:06:27.220 tendencias suicidas... 00:06:28.100 --> 00:06:30.436 e tardan moito en facer efecto, 00:06:30.460 --> 00:06:32.756 unhas catro ou seis semanas en moitos pacientes. 00:06:32.770 --> 00:06:34.496 E iso naqueles en que funcionan. 00:06:34.640 --> 00:06:37.665 Hai moitos pacientes aos que estes fármacos non lles funcionan. 00:06:38.100 --> 00:06:41.137 E iso significa que agora, en 2016, 00:06:41.500 --> 00:06:45.316 aínda non temos cura para ningún trastorno emocional, 00:06:45.340 --> 00:06:47.396 só fármacos que suprimen síntomas, 00:06:47.420 --> 00:06:51.213 o que é como se para unha infección tomamos un analxésico 00:06:51.500 --> 00:06:52.916 ou un antibiótico. 00:06:52.940 --> 00:06:54.716 Co analxésico pódeste sentir mellor, 00:06:54.720 --> 00:06:57.900 pero non vai facer nada para tratar a enfermidade subxacente. 00:06:58.700 --> 00:07:01.036 E grazas a esta flexibilidade no noso pensamento 00:07:01.060 --> 00:07:03.996 puidemos recoñecer que a iproniacida e a imipramina 00:07:04.020 --> 00:07:06.026 poderían redeseñarse dese xeito, 00:07:06.140 --> 00:07:08.116 o que nos levou á hipótese da serotonina, 00:07:08.140 --> 00:07:11.140 coa que, ironicamente, nos obsesionamos. 00:07:11.980 --> 00:07:14.240 Estes son sinais no cerebro, serotonina, 00:07:14.240 --> 00:07:15.986 dun anuncio de ISRS. 00:07:16.020 --> 00:07:18.389 Por se non está claro, isto é unha dramatización. 00:07:19.450 --> 00:07:22.716 E na ciencia, intentamos eliminar os prexuízos 00:07:22.740 --> 00:07:25.116 facendo estudos de dobre cego 00:07:25.140 --> 00:07:28.836 ou sendo estatisticamente agnósticos sobre os resultados que podemos atopar. 00:07:28.860 --> 00:07:33.156 Pero os nesgos entran raposeiramente naquilo que decidimos estudar 00:07:33.180 --> 00:07:35.180 e en como decidimos estudalo. 00:07:36.260 --> 00:07:39.836 E así, nos últimos 30 anos, centrámonos na serotonina, 00:07:39.860 --> 00:07:42.100 excluíndo con frecuencia outros elementos. 00:07:42.860 --> 00:07:44.220 Seguimos sen ter cura. 00:07:45.180 --> 00:07:48.596 E se a serotonina non fose o único factor da depresión? 00:07:48.620 --> 00:07:50.676 E se nin sequera fose unha parte esencial? 00:07:50.700 --> 00:07:52.876 Isto significa que tanto ten o tempo 00:07:52.900 --> 00:07:55.636 os cartos ou o esforzo que lle adiquemos, 00:07:55.660 --> 00:07:57.580 nunca nos levará a unha cura. 00:07:58.160 --> 00:08:01.076 Nos últimos anos, os médicos descubriron o que probablemente é 00:08:01.100 --> 00:08:06.020 o primeiro antidepresivo real dende os inhibidores de recaptación da serotonina, 00:08:06.540 --> 00:08:07.546 o Calipsol, 00:08:07.860 --> 00:08:11.316 e este fármaco funciona moi rápido, nunhas poucas horas ou un día, 00:08:11.340 --> 00:08:13.236 e non se basea en serotonina. 00:08:13.260 --> 00:08:15.940 Faino no glutamato, outro neurotransmisor. 00:08:16.380 --> 00:08:17.876 E tamén tiña outra función. 00:08:17.900 --> 00:08:20.980 Tradicionalmente empregábase coma anestesia en operacións. 00:08:21.420 --> 00:08:23.196 Pero ao revés cós fármacos anteriores 00:08:23.220 --> 00:08:25.036 que se identificaron bastante axiña, 00:08:25.060 --> 00:08:26.756 levou 20 anos darse conta 00:08:26.780 --> 00:08:29.436 de que o Calipsol era un antidepresivo, 00:08:29.460 --> 00:08:32.176 a pesar de ser, en realidade, un antidepresivo mellor 00:08:32.200 --> 00:08:33.806 ca a maioría dos outros fármacos. 00:08:33.980 --> 00:08:38.076 E probablemente, por ser un antidepresivo mellor 00:08:38.100 --> 00:08:39.995 custounos máis recoñecelo. 00:08:40.019 --> 00:08:42.190 Non había loucura que amosase os seus efectos. 00:08:42.580 --> 00:08:45.676 En 2013, na Universidade de Columbia, 00:08:45.700 --> 00:08:47.456 estaba a traballar coa miña colega, 00:08:47.476 --> 00:08:49.276 a dra. Christine Ann Denny, 00:08:49.300 --> 00:08:53.100 estabamos estudando o Calipsol como un antidepresivo en ratos. 00:08:53.660 --> 00:08:56.476 O Calipsol ten unha vida media moi curta, 00:08:56.500 --> 00:08:59.379 o que significa que permanece no corpo só unhas poucas horas. 00:08:59.380 --> 00:09:00.966 Estábamos facendo probas piloto. 00:09:01.020 --> 00:09:03.276 Poñeriámoslle unha inxección aos ratos, 00:09:03.300 --> 00:09:04.596 e esperariamos unha semana, 00:09:04.620 --> 00:09:07.630 e despois fariamos outro experimento para poder aforrar cartos. 00:09:08.020 --> 00:09:10.156 E nun dos meus experimentos 00:09:10.520 --> 00:09:11.836 estresabamos aos ratos, 00:09:11.860 --> 00:09:14.076 e usabamos isto como un modelo de depresión. 00:09:14.100 --> 00:09:17.436 Ao comezo parecía que non funcionaba en absoluto. 00:09:17.460 --> 00:09:18.980 Puidemos parar nese momento. 00:09:19.540 --> 00:09:22.182 Pero usei este modelo de depresión durante moitos anos, 00:09:22.460 --> 00:09:24.356 e os resultados parecían estraños. 00:09:24.380 --> 00:09:26.236 Parecíame que estaban mal. 00:09:26.260 --> 00:09:27.387 Volvín atrás, 00:09:27.500 --> 00:09:28.996 o e reanaliceinos 00:09:29.020 --> 00:09:32.836 baseándome en se recibiran ou non unha inxección de Calipsol 00:09:32.860 --> 00:09:34.060 a semana anterior. 00:09:34.940 --> 00:09:36.804 E eran algo coma isto. 00:09:36.980 --> 00:09:38.673 Se mirades á esquerda, 00:09:39.140 --> 00:09:41.636 se poñedes un rato nun novo espazo, 00:09:41.660 --> 00:09:43.916 a caixa neste caso, é moi emocionante, 00:09:43.940 --> 00:09:46.076 o rato camiñará e explorará a contorna 00:09:46.100 --> 00:09:50.230 e pódese ver a liña rosa, que á a medida do que camiñan. 00:09:50.420 --> 00:09:53.359 Tamén puxemos outro rato nun gobelete 00:09:53.620 --> 00:09:55.676 co que podía decidir interaccionar. 00:09:55.700 --> 00:09:58.666 Isto tamén é unha dramatización, por se non está claro. 00:09:58.940 --> 00:10:02.636 Un rato normal explorará. 00:10:02.660 --> 00:10:03.900 Será sociable. 00:10:04.620 --> 00:10:05.996 Mirade o que está a pasar. 00:10:06.020 --> 00:10:08.916 Se estresas un rato neste modelo de depresión, 00:10:08.940 --> 00:10:10.220 que é a caixa do medio, 00:10:11.100 --> 00:10:12.996 non son sociables, non exploran. 00:10:13.020 --> 00:10:16.300 Eles, sobre todo, escóndense nesa esquina, detrás do gobelete. 00:10:17.020 --> 00:10:20.116 Porén, os ratos que recibiron a inxección de Calipsol, 00:10:20.140 --> 00:10:21.340 védelo á vosa dereita, 00:10:22.060 --> 00:10:24.020 estaban explorando, eran sociables. 00:10:24.740 --> 00:10:27.220 Parecía coma se nunca antes estiveran estresados, 00:10:28.020 --> 00:10:29.220 o que era imposible. 00:10:30.260 --> 00:10:31.980 Poderíamos parar aquí, 00:10:32.780 --> 00:10:36.812 pero Christine tamén usara antes Calipsol como anestesia, 00:10:36.990 --> 00:10:38.566 e había uns anos que detectara 00:10:38.566 --> 00:10:40.990 que parecía ter algúns efectos estraños nas células 00:10:40.990 --> 00:10:42.356 e nalgún outro comportamento 00:10:42.356 --> 00:10:45.300 que tamén parecía manterse moito despois de tomar o fármaco, 00:10:45.300 --> 00:10:46.796 se cadra, unhas poucas semanas. 00:10:46.916 --> 00:10:47.916 Así que nos dixemos, 00:10:47.940 --> 00:10:50.116 ao mellor isto non é de todo imposible”, 00:10:50.140 --> 00:10:51.636 pero eramos moi escépticas. 00:10:51.660 --> 00:10:54.416 E fixemos o que se fai en ciencia cando un non está seguro: 00:10:54.436 --> 00:10:55.520 intentámolo outra vez. 00:10:56.460 --> 00:10:59.476 Lembro de estar no cuarto dos animais, 00:10:59.500 --> 00:11:03.156 movendo ratos dunha caixa á outra para analizalos, 00:11:03.180 --> 00:11:06.796 e Christine estaba sentada no chan co ordenador no colo 00:11:06.820 --> 00:11:08.326 para que os ratos non a visen, 00:11:08.330 --> 00:11:10.516 e ela estaba analizando os datos en tempo real. 00:11:10.540 --> 00:11:11.916 Recordo que berramos, 00:11:11.940 --> 00:11:15.203 algo que non debes facer nunha sala con animais que estás analizando, 00:11:15.263 --> 00:11:16.485 porque funcionou. 00:11:16.860 --> 00:11:20.710 Parecía coma se estes ratos estivesen protexidos contra o estrés, 00:11:21.260 --> 00:11:24.316 ou estaban indebidamente felices, coma lle queirades chamar. 00:11:25.130 --> 00:11:26.780 E estabamos moi emocionadas. 00:11:27.820 --> 00:11:31.510 E despois eramos realmente escépticas, porque era demasiado bo para ser certo. 00:11:31.860 --> 00:11:33.060 Así que volvémolo probar. 00:11:33.740 --> 00:11:36.476 Volvemos probalo nun modelo de estrés postraumático, 00:11:36.500 --> 00:11:38.916 e outra vez nun modelo fisiolóxico, 00:11:38.940 --> 00:11:41.156 onde só lles demos hormonas do estrés. 00:11:41.180 --> 00:11:42.796 Tiñamos estudantes facendo probas. 00:11:42.820 --> 00:11:46.940 E tamén os nosos colaboradores do outro lado do mundo, en Francia. 00:11:47.780 --> 00:11:50.850 E cada vez que alguén facía probas confirmábanos o mesmo. 00:11:51.020 --> 00:11:53.836 Parecía que esta inxección de Calipsol 00:11:53.860 --> 00:11:56.620 dalgunha maneira protexía do estrés durante semanas. 00:11:57.180 --> 00:11:59.036 Publicamos isto hai só un ano, 00:11:59.060 --> 00:12:03.140 pero dende aquela outros laboratorios confirmaron este efecto independentemente. 00:12:03.940 --> 00:12:05.860 Non sabemos qué causa a depresión, 00:12:06.460 --> 00:12:10.156 pero si que o estrés é a causa inicial 00:12:10.180 --> 00:12:11.961 no 80 por cento dos casos, 00:12:11.991 --> 00:12:14.867 e a depresión e o estrés postraumático son doenzas distintas, 00:12:14.867 --> 00:12:16.357 pero isto é algo que comparten. 00:12:16.820 --> 00:12:18.636 O estrés traumático, 00:12:18.660 --> 00:12:21.556 coma un combate ou un desastre natural 00:12:21.580 --> 00:12:24.036 ou violencia nas comunidades ou unha agresión sexual 00:12:24.060 --> 00:12:26.340 que causa trastorno por estrés postraumático, 00:12:26.980 --> 00:12:32.596 e non todo o mundo exposto ao estrés desenvolve un trastorno emocional. 00:12:32.620 --> 00:12:35.516 E esta capacidade de sentir estrés e resistilo 00:12:35.540 --> 00:12:39.700 e recuperarse e non desenvolver depresión ou estrés postraumático 00:12:40.500 --> 00:12:42.656 coñécese como resistencia ó estrés, 00:12:42.780 --> 00:12:44.636 e varía de persoa a persoa. 00:12:44.660 --> 00:12:47.996 Sempre pensamos que se trataba dun tipo de capacidade pasiva. 00:12:48.020 --> 00:12:50.556 Non hai factores de susceptibilidade 00:12:50.580 --> 00:12:52.860 nin factores de risco para estes trastornos. 00:12:53.620 --> 00:12:55.500 Pero e se fose unha capacidade activa? 00:12:56.420 --> 00:12:57.916 Se cadra, poderiamos mellorala, 00:12:57.940 --> 00:13:00.100 algo así como poñer unha armadura. 00:13:01.220 --> 00:13:05.820 Descubrimos accidentalmente o primeiro fármaco que mellora a resistencia. 00:13:06.600 --> 00:13:09.696 E como dixen, só administramos unha pequena cantidade de fármaco 00:13:09.696 --> 00:13:11.116 e o efecto durou semanas, 00:13:11.140 --> 00:13:14.223 algo que non se parece en nada ao que vemos cos antidepresivos. 00:13:14.380 --> 00:13:18.700 Parécese máis ao que pasa coas vacinas. 00:13:19.180 --> 00:13:22.116 Coas vacinas, pos unha inxección, 00:13:22.140 --> 00:13:25.516 e durante semanas, meses ou anos, 00:13:25.540 --> 00:13:27.876 cando te expós á bacteria 00:13:27.900 --> 00:13:30.356 non é a vacina do teu corpo quen te protexe, 00:13:30.380 --> 00:13:32.056 é o teu propio sistema inmunolóxico 00:13:32.056 --> 00:13:35.833 que desenvolveu resistencia e resiliencia contra esta bacteria e pode combatela, 00:13:35.940 --> 00:13:37.721 e ti non colles a infección, 00:13:38.100 --> 00:13:41.156 o que é moi distinto a tratar a infección, non si? 00:13:41.180 --> 00:13:44.996 Neste segundo caso, colles a infección, exposte á bacteria, 00:13:45.020 --> 00:13:48.876 enfermas, e despois tomas un antibiótico que a cura, 00:13:48.900 --> 00:13:52.140 e eses fármacos traballan para eliminar a bacteria. 00:13:52.670 --> 00:13:55.546 Nin se parece ao que comentei antes, dos fármacos paliativos, 00:13:55.546 --> 00:13:58.156 tomarás algo que eliminará os síntomas, 00:13:58.180 --> 00:14:00.876 pero non tratará a infección subxacente, 00:14:00.900 --> 00:14:04.236 e tan só te atoparás mellor mentres esteas tomando o fármaco, 00:14:04.260 --> 00:14:06.048 por iso tes que seguir tomándoo. 00:14:06.220 --> 00:14:08.916 E para a depresión e o estrés postraumático 00:14:08.940 --> 00:14:10.916 --velaquí temos a exposición ao estrés-- 00:14:10.940 --> 00:14:13.556 só temos tratamentos paliativos. 00:14:13.580 --> 00:14:16.076 Os antidepresivos só eliminan os síntomas, 00:14:16.100 --> 00:14:18.956 e esa é basicamente a razón pola cal hai que seguir tomándoos 00:14:18.980 --> 00:14:20.676 durante a duración da enfermidade, 00:14:20.700 --> 00:14:22.900 que é, con frecuencia, a da propia vida. 00:14:23.940 --> 00:14:28.156 Por iso lles chamamos aos nosos fármacos que melloran a resistencia “paravacinas”, 00:14:28.180 --> 00:14:29.716 que significa "coma unha vacina" 00:14:29.740 --> 00:14:32.236 porque parece que tivesen o potencial 00:14:32.260 --> 00:14:34.076 de protexernos contra o estrés 00:14:34.100 --> 00:14:37.516 e previr que os ratos desenvolvan 00:14:37.540 --> 00:14:40.300 depresión e estrés postraumático. 00:14:41.590 --> 00:14:44.220 Non todos os antidepresivos son paravacinas. 00:14:45.300 --> 00:14:46.916 Tamén probamos co Prozac, 00:14:46.940 --> 00:14:48.300 e non tivo efecto ningún. 00:14:49.060 --> 00:14:52.076 Se isto se trasladase aos seres humanos 00:14:52.100 --> 00:14:54.540 poderíamos protexer á xente 00:14:54.540 --> 00:14:56.966 que está potencialmente en perigo 00:14:56.966 --> 00:14:58.790 de trastornos provocados polo estrés 00:14:58.790 --> 00:15:00.860 coma a depresión ou o estrés postraumático. 00:15:00.860 --> 00:15:03.996 Persoas como traballadores de primeiros auxilios e bombeiros, 00:15:04.020 --> 00:15:08.156 refuxiados, reclusos e funcionarios de prisións, 00:15:08.180 --> 00:15:10.260 soldados, por citar algúns. 00:15:11.220 --> 00:15:15.020 Para darvos unha idea da magnitude deste tipo de enfermidades, 00:15:15.620 --> 00:15:18.676 en 2010, a carga global destas doenzas 00:15:18.700 --> 00:15:22.540 estimouse en 2,5 billóns de dólares 00:15:23.060 --> 00:15:24.596 e como son crónicas, 00:15:24.620 --> 00:15:27.836 o custo é acumulativo polo que se prevé que medre 00:15:27.860 --> 00:15:31.100 en seis billóns de dólares só nos próximos 15 anos. 00:15:32.460 --> 00:15:33.719 Como mencionei antes, 00:15:34.064 --> 00:15:38.140 redeseñar un fármaco pode ser complexo por causa dos nosos nesgos previos. 00:15:38.860 --> 00:15:40.380 O calipsol ten outro nome, 00:15:41.100 --> 00:15:42.300 ketamina, 00:15:43.380 --> 00:15:44.940 que tamén é coñecida como 00:15:45.460 --> 00:15:46.548 Special K, 00:15:46.900 --> 00:15:49.300 unha droga de deseño e un estupefaciente. 00:15:50.540 --> 00:15:53.636 Aínda se emprega ao redor do mundo como anestésico. 00:15:53.660 --> 00:15:56.516 Emprégase en nenos. Empregámola nos campos de batalla. 00:15:56.540 --> 00:15:59.626 De feito é o fármaco elixido en moitos países en desenvolvemento 00:15:59.626 --> 00:16:01.396 porque non afecta á respiración. 00:16:01.420 --> 00:16:06.100 Está na lista de fármacos esenciais da Organización Mundial da Saúde. 00:16:06.580 --> 00:16:10.140 Se descubrísemos a ketamina primeiro com unha paravacina, 00:16:10.820 --> 00:16:13.493 sería bastante doado desenvolvérmola, 00:16:13.700 --> 00:16:17.556 pero temos que competir contra a fixación funcional 00:16:17.580 --> 00:16:20.380 e os construtos mentais que interfiren. 00:16:21.700 --> 00:16:25.556 Por sorte, non é o único composto que descubrimos 00:16:25.580 --> 00:16:29.020 con esas calidades profilácticas e paravacinais, 00:16:29.700 --> 00:16:31.900 pero os outros fármacos que atopamos, 00:16:32.710 --> 00:16:34.964 ou compostos se prefiren, son totalmente novos, 00:16:34.984 --> 00:16:38.373 teñen que superar o proceso completo de aceptación da FDA 00:16:38.620 --> 00:16:41.973 antes de poder usarse en seres humanos. 00:16:42.220 --> 00:16:43.736 E iso vai supoñer anos. 00:16:43.900 --> 00:16:45.923 Se queremos algo máis axiña, 00:16:46.180 --> 00:16:48.556 a ketamina xa está aprobada pola FDA. 00:16:48.580 --> 00:16:50.914 É xenérica, está dispoñible. 00:16:51.300 --> 00:16:55.460 Podería desenvolverse pola metade de prezo e de tempo. 00:16:56.380 --> 00:17:00.756 Pero, máis alá da fixación funcional e o construto mental, 00:17:00.780 --> 00:17:03.872 hai outro desafío para o redeseño de fármacos: 00:17:04.380 --> 00:17:05.579 as políticas. 00:17:06.179 --> 00:17:08.265 Non existen incentivos 00:17:08.419 --> 00:17:12.155 --se o fármaco é xenérico e sen patente e non existe unha exclusividade-- 00:17:12.179 --> 00:17:14.516 que animen ás farmacéuticas a desenvolvelos, 00:17:14.540 --> 00:17:15.969 porque non gañan cartos. 00:17:16.380 --> 00:17:19.500 Isto non só é certo para a ketamina. Éo para todos os fármacos. 00:17:20.579 --> 00:17:26.236 De todos os xeitos, a propia idea é totalmente novidosa en psiquiatría, 00:17:26.260 --> 00:17:30.156 usar drogas para previr enfermidades mentais 00:17:30.180 --> 00:17:31.540 no canto de tratalas. 00:17:32.740 --> 00:17:37.796 É posible que en 20, 50, ou 100 anos 00:17:37.820 --> 00:17:41.916 miremos a depresión e o estrés postraumático 00:17:41.940 --> 00:17:45.156 como miramos hoxe os sanatorios de tuberculosos, 00:17:45.180 --> 00:17:46.380 como cousas do pasado. 00:17:47.180 --> 00:17:52.420 Isto podería ser o principio da fin dunha epidemia de saúde mental. 00:17:53.380 --> 00:17:56.580 Pero como un gran científico dixo, 00:17:57.900 --> 00:17:59.911 " Só un tolo está seguro de algo, 00:18:00.180 --> 00:18:02.570 o sabio segue intentando adiviñar." 00:18:02.980 --> 00:18:03.984 [MacGyver] 00:18:04.304 --> 00:18:05.444 Grazas. 00:18:05.780 --> 00:18:09.846 (Aplausos)