0:00:01.334,0:00:03.781 Este é un pavillón de tuberculosos, 0:00:04.100,0:00:07.758 e cando se tomou a foto, [br]a finais do século XIX, 0:00:07.939,0:00:10.448 unha de cada sete persoas 0:00:10.580,0:00:12.354 morría de tuberculose. 0:00:12.780,0:00:15.700 Non tiñamos nin idea de que[br]estaba a causar esta enfermidade. 0:00:16.140,0:00:18.196 A hipótese era, de feito, 0:00:18.220,0:00:21.239 que a nosa constitución[br]nos facía susceptibles. 0:00:21.500,0:00:24.236 E foi unha enfermidade moi idealizada. 0:00:24.260,0:00:26.656 Chamóuselle “tise”, 0:00:27.100,0:00:30.236 e era a doenza dos poetas, 0:00:30.260,0:00:32.896 dos artistas e dos intelectuais. 0:00:33.020,0:00:36.441 E había quen pensaba que te transportaba[br]a unha maior sensibilidade 0:00:36.780,0:00:38.980 e che outorgaba un xenio creativo. 0:00:40.700,0:00:42.460 Durante a década dos 50, 0:00:42.860,0:00:45.460 sóubose que a tuberculose estaba causada 0:00:45.460,0:00:48.609 por unha infección bacteriana[br]moi contaxiosa, 0:00:48.860,0:00:50.415 o que era ben menos romántico, 0:00:51.060,0:00:53.092 pero tiña a vantaxe 0:00:53.340,0:00:56.424 de que se cadra podiamos [br]crear medicinas para tratala. 0:00:56.700,0:00:59.716 Os médicos descubriron un novo fármaco,[br]a iproniacida, 0:00:59.740,0:01:02.766 coa que tiñan esperanzas [br]de curar a tuberculose; 0:01:03.140,0:01:04.744 así que lla deron aos pacientes, 0:01:04.940,0:01:06.586 e os pacientes estaban eufóricos. 0:01:06.740,0:01:09.970 Estaban máis sociables, máis activos. 0:01:10.260,0:01:14.860 Un informe médico indicaba que [br]eles estaban a "bailar polos corredores". 0:01:15.500,0:01:16.625 Por desgraza, 0:01:17.140,0:01:19.860 isto non significaba [br]que estivesen mellorando. 0:01:20.420,0:01:22.620 Moitos estaban morrendo. 0:01:23.660,0:01:30.260 Outro informe médico describiuno como[br]"indebidamente felices". 0:01:31.220,0:01:34.820 E así foi como se descubriu [br]o primeiro antidepresivo. 0:01:35.980,0:01:39.908 Polo tanto, os descubrimentos accidentais[br]non son raros na ciencia, 0:01:40.060,0:01:43.134 pero cómpre algo máis [br]ca un feliz accidente. 0:01:43.220,0:01:46.660 Debes ser capaz de recoñecelo [br]para poder descubrilo. 0:01:47.500,0:01:49.890 Como neurocientífica, vou falar un pouco 0:01:49.890,0:01:51.856 sobre a miña experiencia de primeira man 0:01:51.856,0:01:54.916 con como queirades chamarlle[br]ao contrario do puro azar, 0:01:54.940,0:01:56.626 podemos chamarlle azar intelixente. 0:01:56.740,0:01:59.460 Pero primeiro, un pouco máis de contexto. 0:02:00.460,0:02:03.116 Afortunadamente, dende os anos 50, 0:02:03.140,0:02:06.760 desenvolvemos outros fármacos[br]e agora podemos curar a tuberculose. 0:02:07.140,0:02:10.794 E polo menos nos Estados Unidos, aínda [br]que non necesariamente noutros países 0:02:10.820,0:02:12.316 pechamos os nosos sanatorios 0:02:12.340,0:02:16.020 e probablemente á maioría de vós[br]non vos preocupe moito a tuberculose. 0:02:16.900,0:02:19.556 Pero moito do que era certo[br]a principios do século XX. 0:02:19.580,0:02:21.236 sobre enfermidades infecciosas 0:02:21.460,0:02:24.100 pódese dicir agora [br]dos trastornos psíquicos. 0:02:24.820,0:02:27.836 Estamos no medio dunha epidemia [br]de trastornos emocionais 0:02:27.860,0:02:31.620 coma a depresión [br]ou o estrés postraumático. 0:02:32.300,0:02:36.156 Un de cada catro adultos nos EE. UU. 0:02:36.180,0:02:37.660 sofre unha enfermidade mental, 0:02:38.180,0:02:41.156 o que significa que [br]se non a viviches en persoa 0:02:41.340,0:02:43.218 nin ninguén da túa familia a tivo, 0:02:43.660,0:02:46.549 é moi probable[br]que a teña alguén que coñezas, 0:02:46.940,0:02:48.580 aínda que non fale dela. 0:02:50.220,0:02:53.099 A depresión superou 0:02:53.540,0:02:58.249 á sida, á malaria, á diabetes e á guerra 0:02:58.420,0:03:01.285 coma primeira causa [br]de discapacidade no mundo. 0:03:01.700,0:03:04.856 E tamén, coma a tuberculose nos 50, 0:03:05.340,0:03:07.117 non sabemos qué a provoca. 0:03:07.420,0:03:09.236 Unha vez que se desenvolve, é crónica, 0:03:09.236,0:03:10.876 dura toda a vida, 0:03:10.900,0:03:13.220 e non hai cura coñecida. 0:03:14.660,0:03:16.876 O segundo antidepresivo que descubrimos 0:03:16.900,0:03:19.194 tamén por accidente, nos anos 50, 0:03:19.380,0:03:22.580 a partir dun antiestamínico [br]que estaba volvendo maníaca á xente, 0:03:23.860,0:03:25.060 foi a imipramina. 0:03:26.220,0:03:29.876 E no caso do pavillón de tuberculosos[br]e mais no do antiestamínico, 0:03:29.900,0:03:31.596 alguén se deu conta 0:03:31.620,0:03:34.036 de que o fármaco creado [br]para facer unha cousa, 0:03:34.060,0:03:36.636 --tratar a tuberculose[br]ou suprimir alerxias-- 0:03:36.660,0:03:39.132 podería usarse para algo moi diferente 0:03:39.270,0:03:40.470 --tratar a depresión. 0:03:41.380,0:03:44.396 Este tipo de redeseño[br]é bastante estimulante. 0:03:44.420,0:03:48.147 Cando os médicos viron por primeira vez[br]como a iproniacida melloraba o ánimo, 0:03:48.380,0:03:50.631 non se decataron do que estaban vendo. 0:03:50.860,0:03:52.716 Estaban tan habituados a pensar 0:03:52.740,0:03:55.516 dende o marco de que era un fármaco[br]para a tuberculose 0:03:55.540,0:03:57.596 que se limitaron a anotalo 0:03:57.620,0:04:00.286 como un efecto secundario, [br]un efecto secundario negativo. 0:04:00.420,0:04:01.571 Como podedes ver aquí, 0:04:01.596,0:04:05.620 moitos deses pacientes en 1954[br]estaban experimentando euforia extrema. 0:04:06.900,0:04:10.516 E eles estaban preocupados por se isto[br]podería interferir dalgún xeito 0:04:10.540,0:04:13.208 coa súa recuperación da tuberculose. 0:04:13.420,0:04:19.676 Así que se recomendou que a iproniacida[br]se empregase só en tuberculoses extremas 0:04:19.700,0:04:23.380 e en pacientes que fose[br]moi estables emocionalmente, 0:04:24.220,0:04:27.593 que é o modo contrario [br]a como se emprega un antidepresivo. 0:04:28.140,0:04:32.388 Estaban tan habituados a velo[br]dende a perspectiva dunha soa doenza 0:04:32.620,0:04:36.540 que non podían ver as grandes implicacións[br]para outra distinta. 0:04:37.380,0:04:39.801 E sendo sinceros, non é só culpa súa. 0:04:40.100,0:04:42.876 A fixación funcional é[br]un prexuízo que nos afecta a todos. 0:04:42.900,0:04:46.356 É a tendencia de dar pensado nun obxecto 0:04:46.380,0:04:48.980 só en termos da súa función tradicional. 0:04:49.660,0:04:51.636 E o contexto mental é diferente, non si? 0:04:51.660,0:04:53.676 É con esta especie de marco preconcibido 0:04:53.700,0:04:55.301 con quen afrontamos os problemas. 0:04:55.500,0:04:58.756 E isto fainos moi complicado [br]facer ese redeseño, 0:04:58.780,0:05:02.316 supoño que por iso lle deron[br]un programa de TV a un tipo 0:05:02.340,0:05:04.140 ao que se lle dá tan ben facelos. 0:05:04.660,0:05:06.540 (Risas) 0:05:07.960,0:05:11.516 Os efectos, nos dous casos, [br]da iproniacida e da imipramina 0:05:11.540,0:05:12.566 foron tan fortes 0:05:12.580,0:05:15.366 que había maníacos, [br]ou persoas bailando polos corredores. 0:05:15.546,0:05:17.840 Non é tan sorprendente que se detectasen. 0:05:18.340,0:05:21.820 Pero isto fai que te preguntes [br]qué máis pasamos por alto. 0:05:23.020,0:05:25.196 A iproniacida e a imipramina, 0:05:25.220,0:05:27.486 son máis que un caso de redeseño. 0:05:27.660,0:05:30.636 Teñen en común outras dúas cousas [br]moi importantes. 0:05:30.660,0:05:33.156 Primeira: terribles efectos secundarios. 0:05:33.180,0:05:35.796 Entre outros, toxicidade hepática, 0:05:35.820,0:05:38.796 incremento de peso de preto de 25 quilos, 0:05:38.820,0:05:40.182 tendencias suicidas. 0:05:40.620,0:05:44.796 E segundo: os dous aumentan [br]os niveis de serotonina, 0:05:44.820,0:05:47.156 que é un sinal químico no cerebro, 0:05:47.180,0:05:48.380 un neurotransmisor. 0:05:49.380,0:05:51.806 E se collemos as cousas xuntas,[br]--cada unha delas, 0:05:51.806,0:05:53.410 separada non é tan importante-- 0:05:53.410,0:05:56.967 pero xuntas significaban que cumpría[br]desenvolver fármacos máis seguros, 0:05:57.300,0:06:00.745 e que a serotonina parecía [br]un bo sitio para comezar. 0:06:01.660,0:06:05.556 Por iso, desenvolvemos fármacos[br]que se centrasen máis na serotonina, 0:06:05.580,0:06:09.236 os inhibidores selectivos [br]de recaptación da serotonina (ISRS), 0:06:09.260,0:06:11.708 o máis famoso dos cales é o Prozac. 0:06:12.020,0:06:13.513 Diso hai 30 anos, 0:06:14.020,0:06:17.220 e dende aquela viñémonos centrando[br]en mellorar eses fármacos. 0:06:17.740,0:06:20.956 E os ISRS son mellores ca os fármacos [br]que había antes , 0:06:20.980,0:06:23.076 pero aínda teñen [br]moitos efectos secundarios: 0:06:23.100,0:06:25.996 suba de peso, insomnio, 0:06:26.020,0:06:27.220 tendencias suicidas... 0:06:28.100,0:06:30.436 e tardan moito en facer efecto, 0:06:30.460,0:06:32.756 unhas catro ou seis semanas[br]en moitos pacientes. 0:06:32.770,0:06:34.496 E iso naqueles en que funcionan. 0:06:34.640,0:06:37.665 Hai moitos pacientes [br]aos que estes fármacos non lles funcionan. 0:06:38.100,0:06:41.137 E iso significa que agora, en 2016, 0:06:41.500,0:06:45.316 aínda non temos cura[br]para ningún trastorno emocional, 0:06:45.340,0:06:47.396 só fármacos que suprimen síntomas, 0:06:47.420,0:06:51.213 o que é como se para unha infección[br]tomamos un analxésico 0:06:51.500,0:06:52.916 ou un antibiótico. 0:06:52.940,0:06:54.716 Co analxésico pódeste sentir mellor, 0:06:54.720,0:06:57.900 pero non vai facer nada[br]para tratar a enfermidade subxacente. 0:06:58.700,0:07:01.036 E grazas a esta flexibilidade [br]no noso pensamento 0:07:01.060,0:07:03.996 puidemos recoñecer[br]que a iproniacida e a imipramina 0:07:04.020,0:07:06.026 poderían redeseñarse dese xeito, 0:07:06.140,0:07:08.116 o que nos levou á hipótese da serotonina, 0:07:08.140,0:07:11.140 coa que, ironicamente, nos obsesionamos. 0:07:11.980,0:07:14.240 Estes son sinais no cerebro, serotonina, 0:07:14.240,0:07:15.986 dun anuncio de ISRS. 0:07:16.020,0:07:18.389 Por se non está claro, [br]isto é unha dramatización. 0:07:19.450,0:07:22.716 E na ciencia, [br]intentamos eliminar os prexuízos 0:07:22.740,0:07:25.116 facendo estudos de dobre cego 0:07:25.140,0:07:28.836 ou sendo estatisticamente agnósticos [br]sobre os resultados que podemos atopar. 0:07:28.860,0:07:33.156 Pero os nesgos entran raposeiramente[br]naquilo que decidimos estudar 0:07:33.180,0:07:35.180 e en como decidimos estudalo. 0:07:36.260,0:07:39.836 E así, nos últimos 30 anos, [br]centrámonos na serotonina, 0:07:39.860,0:07:42.100 excluíndo con frecuencia outros elementos. 0:07:42.860,0:07:44.220 Seguimos sen ter cura. 0:07:45.180,0:07:48.596 E se a serotonina non fose [br]o único factor da depresión? 0:07:48.620,0:07:50.676 E se nin sequera fose unha parte esencial? 0:07:50.700,0:07:52.876 Isto significa que tanto ten o tempo 0:07:52.900,0:07:55.636 os cartos ou o esforzo que lle adiquemos, 0:07:55.660,0:07:57.580 nunca nos levará a unha cura. 0:07:58.160,0:08:01.076 Nos últimos anos, os médicos descubriron[br]o que probablemente é 0:08:01.100,0:08:06.020 o primeiro antidepresivo real dende os[br]inhibidores de recaptación da serotonina, 0:08:06.540,0:08:07.546 o Calipsol, 0:08:07.860,0:08:11.316 e este fármaco funciona moi rápido,[br]nunhas poucas horas ou un día, 0:08:11.340,0:08:13.236 e non se basea en serotonina. 0:08:13.260,0:08:15.940 Faino no glutamato, outro neurotransmisor. 0:08:16.380,0:08:17.876 E tamén tiña outra función. 0:08:17.900,0:08:20.980 Tradicionalmente empregábase[br]coma anestesia en operacións. 0:08:21.420,0:08:23.196 Pero ao revés cós fármacos anteriores 0:08:23.220,0:08:25.036 que se identificaron bastante axiña, 0:08:25.060,0:08:26.756 levou 20 anos darse conta 0:08:26.780,0:08:29.436 de que o Calipsol era un antidepresivo, 0:08:29.460,0:08:32.176 a pesar de ser, en realidade, [br]un antidepresivo mellor 0:08:32.200,0:08:33.806 ca a maioría dos outros fármacos. 0:08:33.980,0:08:38.076 E probablemente, [br]por ser un antidepresivo mellor 0:08:38.100,0:08:39.995 custounos máis recoñecelo. 0:08:40.019,0:08:42.190 Non había loucura[br]que amosase os seus efectos. 0:08:42.580,0:08:45.676 En 2013, na Universidade de Columbia, 0:08:45.700,0:08:47.456 estaba a traballar coa miña colega, 0:08:47.476,0:08:49.276 a dra. Christine Ann Denny, 0:08:49.300,0:08:53.100 estabamos estudando o Calipsol[br]como un antidepresivo en ratos. 0:08:53.660,0:08:56.476 O Calipsol ten unha vida media moi curta, 0:08:56.500,0:08:59.379 o que significa que permanece no corpo[br]só unhas poucas horas. 0:08:59.380,0:09:00.966 Estábamos facendo probas piloto. 0:09:01.020,0:09:03.276 Poñeriámoslle unha inxección aos ratos, 0:09:03.300,0:09:04.596 e esperariamos unha semana, 0:09:04.620,0:09:07.630 e despois fariamos outro experimento[br]para poder aforrar cartos. 0:09:08.020,0:09:10.156 E nun dos meus experimentos 0:09:10.520,0:09:11.836 estresabamos aos ratos, 0:09:11.860,0:09:14.076 e usabamos isto [br]como un modelo de depresión. 0:09:14.100,0:09:17.436 Ao comezo parecía [br]que non funcionaba en absoluto. 0:09:17.460,0:09:18.980 Puidemos parar nese momento. 0:09:19.540,0:09:22.182 Pero usei este modelo de depresión[br]durante moitos anos, 0:09:22.460,0:09:24.356 e os resultados parecían estraños. 0:09:24.380,0:09:26.236 Parecíame que estaban mal. 0:09:26.260,0:09:27.387 Volvín atrás, 0:09:27.500,0:09:28.996 o e reanaliceinos 0:09:29.020,0:09:32.836 baseándome en se recibiran ou non[br]unha inxección de Calipsol 0:09:32.860,0:09:34.060 a semana anterior. 0:09:34.940,0:09:36.804 E eran algo coma isto. 0:09:36.980,0:09:38.673 Se mirades á esquerda, 0:09:39.140,0:09:41.636 se poñedes un rato nun novo espazo, 0:09:41.660,0:09:43.916 a caixa neste caso, é moi emocionante, 0:09:43.940,0:09:46.076 o rato camiñará e explorará a contorna 0:09:46.100,0:09:50.230 e pódese ver a liña rosa,[br]que á a medida do que camiñan. 0:09:50.420,0:09:53.359 Tamén puxemos outro rato[br]nun gobelete 0:09:53.620,0:09:55.676 co que podía decidir interaccionar. 0:09:55.700,0:09:58.666 Isto tamén é unha dramatización,[br]por se non está claro. 0:09:58.940,0:10:02.636 Un rato normal explorará. 0:10:02.660,0:10:03.900 Será sociable. 0:10:04.620,0:10:05.996 Mirade o que está a pasar. 0:10:06.020,0:10:08.916 Se estresas un rato [br]neste modelo de depresión, 0:10:08.940,0:10:10.220 que é a caixa do medio, 0:10:11.100,0:10:12.996 non son sociables, non exploran. 0:10:13.020,0:10:16.300 Eles, sobre todo, escóndense[br]nesa esquina, detrás do gobelete. 0:10:17.020,0:10:20.116 Porén, os ratos que recibiron [br]a inxección de Calipsol, 0:10:20.140,0:10:21.340 védelo á vosa dereita, 0:10:22.060,0:10:24.020 estaban explorando, eran sociables. 0:10:24.740,0:10:27.220 Parecía coma se nunca antes[br]estiveran estresados, 0:10:28.020,0:10:29.220 o que era imposible. 0:10:30.260,0:10:31.980 Poderíamos parar aquí, 0:10:32.780,0:10:36.812 pero Christine tamén usara antes [br]Calipsol como anestesia, 0:10:36.990,0:10:38.566 e había uns anos que detectara 0:10:38.566,0:10:40.990 que parecía ter algúns efectos [br]estraños nas células 0:10:40.990,0:10:42.356 e nalgún outro comportamento 0:10:42.356,0:10:45.300 que tamén parecía manterse [br]moito despois de tomar o fármaco, 0:10:45.300,0:10:46.796 se cadra, unhas poucas semanas. 0:10:46.916,0:10:47.916 Así que nos dixemos, 0:10:47.940,0:10:50.116 ao mellor isto non é de todo imposible”, 0:10:50.140,0:10:51.636 pero eramos moi escépticas. 0:10:51.660,0:10:54.416 E fixemos o que se fai en ciencia[br]cando un non está seguro: 0:10:54.436,0:10:55.520 intentámolo outra vez. 0:10:56.460,0:10:59.476 Lembro de estar no cuarto dos animais, 0:10:59.500,0:11:03.156 movendo ratos dunha caixa á outra[br]para analizalos, 0:11:03.180,0:11:06.796 e Christine estaba sentada no chan[br]co ordenador no colo 0:11:06.820,0:11:08.326 para que os ratos non a visen, 0:11:08.330,0:11:10.516 e ela estaba analizando os datos[br]en tempo real. 0:11:10.540,0:11:11.916 Recordo que berramos, 0:11:11.940,0:11:15.203 algo que non debes facer nunha sala[br]con animais que estás analizando, 0:11:15.263,0:11:16.485 porque funcionou. 0:11:16.860,0:11:20.710 Parecía coma se estes ratos[br]estivesen protexidos contra o estrés, 0:11:21.260,0:11:24.316 ou estaban indebidamente felices,[br]coma lle queirades chamar. 0:11:25.130,0:11:26.780 E estabamos moi emocionadas. 0:11:27.820,0:11:31.510 E despois eramos realmente escépticas,[br]porque era demasiado bo para ser certo. 0:11:31.860,0:11:33.060 Así que volvémolo probar. 0:11:33.740,0:11:36.476 Volvemos probalo nun modelo [br]de estrés postraumático, 0:11:36.500,0:11:38.916 e outra vez nun modelo fisiolóxico, 0:11:38.940,0:11:41.156 onde só lles demos hormonas do estrés. 0:11:41.180,0:11:42.796 Tiñamos estudantes facendo probas. 0:11:42.820,0:11:46.940 E tamén os nosos colaboradores [br]do outro lado do mundo, en Francia. 0:11:47.780,0:11:50.850 E cada vez que alguén facía probas [br]confirmábanos o mesmo. 0:11:51.020,0:11:53.836 Parecía que esta inxección de Calipsol 0:11:53.860,0:11:56.620 dalgunha maneira protexía [br]do estrés durante semanas. 0:11:57.180,0:11:59.036 Publicamos isto hai só un ano, 0:11:59.060,0:12:03.140 pero dende aquela outros laboratorios[br]confirmaron este efecto independentemente. 0:12:03.940,0:12:05.860 Non sabemos qué causa a depresión, 0:12:06.460,0:12:10.156 pero si que o estrés é a causa inicial 0:12:10.180,0:12:11.961 no 80 por cento dos casos, 0:12:11.991,0:12:14.867 e a depresión e o estrés postraumático[br]son doenzas distintas, 0:12:14.867,0:12:16.357 pero isto é algo que comparten. 0:12:16.820,0:12:18.636 O estrés traumático, 0:12:18.660,0:12:21.556 coma un combate ou un desastre natural 0:12:21.580,0:12:24.036 ou violencia nas comunidades[br]ou unha agresión sexual 0:12:24.060,0:12:26.340 que causa [br]trastorno por estrés postraumático, 0:12:26.980,0:12:32.596 e non todo o mundo exposto ao estrés[br]desenvolve un trastorno emocional. 0:12:32.620,0:12:35.516 E esta capacidade de[br]sentir estrés e resistilo 0:12:35.540,0:12:39.700 e recuperarse e non desenvolver [br]depresión ou estrés postraumático 0:12:40.500,0:12:42.656 coñécese como resistencia ó estrés, 0:12:42.780,0:12:44.636 e varía de persoa a persoa. 0:12:44.660,0:12:47.996 Sempre pensamos que se trataba [br]dun tipo de capacidade pasiva. 0:12:48.020,0:12:50.556 Non hai factores de susceptibilidade 0:12:50.580,0:12:52.860 nin factores de risco [br]para estes trastornos. 0:12:53.620,0:12:55.500 Pero e se fose unha capacidade activa? 0:12:56.420,0:12:57.916 Se cadra, poderiamos mellorala, 0:12:57.940,0:13:00.100 algo así como poñer unha armadura. 0:13:01.220,0:13:05.820 Descubrimos accidentalmente o primeiro [br]fármaco que mellora a resistencia. 0:13:06.600,0:13:09.696 E como dixen, só administramos [br]unha pequena cantidade de fármaco 0:13:09.696,0:13:11.116 e o efecto durou semanas, 0:13:11.140,0:13:14.223 algo que non se parece en nada[br]ao que vemos cos antidepresivos. 0:13:14.380,0:13:18.700 Parécese máis ao que pasa coas vacinas. 0:13:19.180,0:13:22.116 Coas vacinas, pos unha inxección, 0:13:22.140,0:13:25.516 e durante semanas, meses ou anos, 0:13:25.540,0:13:27.876 cando te expós á bacteria 0:13:27.900,0:13:30.356 non é a vacina do teu corpo[br]quen te protexe, 0:13:30.380,0:13:32.056 é o teu propio sistema inmunolóxico 0:13:32.056,0:13:35.833 que desenvolveu resistencia e resiliencia[br]contra esta bacteria e pode combatela, 0:13:35.940,0:13:37.721 e ti non colles a infección, 0:13:38.100,0:13:41.156 o que é moi distinto[br]a tratar a infección, non si? 0:13:41.180,0:13:44.996 Neste segundo caso, [br]colles a infección, exposte á bacteria, 0:13:45.020,0:13:48.876 enfermas, e despois[br]tomas un antibiótico que a cura, 0:13:48.900,0:13:52.140 e eses fármacos traballan[br]para eliminar a bacteria. 0:13:52.670,0:13:55.546 Nin se parece ao que comentei antes,[br]dos fármacos paliativos, 0:13:55.546,0:13:58.156 tomarás algo que eliminará os síntomas, 0:13:58.180,0:14:00.876 pero non tratará a infección subxacente, 0:14:00.900,0:14:04.236 e tan só te atoparás mellor [br]mentres esteas tomando o fármaco, 0:14:04.260,0:14:06.048 por iso tes que seguir tomándoo. 0:14:06.220,0:14:08.916 E para a depresión[br]e o estrés postraumático 0:14:08.940,0:14:10.916 --velaquí temos a exposición ao estrés-- 0:14:10.940,0:14:13.556 só temos tratamentos paliativos. 0:14:13.580,0:14:16.076 Os antidepresivos só eliminan os síntomas, 0:14:16.100,0:14:18.956 e esa é basicamente a razón pola cal[br]hai que seguir tomándoos 0:14:18.980,0:14:20.676 durante a duración da enfermidade, 0:14:20.700,0:14:22.900 que é, con frecuencia, a da propia vida. 0:14:23.940,0:14:28.156 Por iso lles chamamos aos nosos fármacos[br]que melloran a resistencia “paravacinas”, 0:14:28.180,0:14:29.716 que significa "coma unha vacina" 0:14:29.740,0:14:32.236 porque parece que tivesen o potencial 0:14:32.260,0:14:34.076 de protexernos contra o estrés 0:14:34.100,0:14:37.516 e previr que os ratos desenvolvan 0:14:37.540,0:14:40.300 depresión e estrés postraumático. 0:14:41.590,0:14:44.220 Non todos os antidepresivos[br]son paravacinas. 0:14:45.300,0:14:46.916 Tamén probamos co Prozac, 0:14:46.940,0:14:48.300 e non tivo efecto ningún. 0:14:49.060,0:14:52.076 Se isto se trasladase aos seres humanos 0:14:52.100,0:14:54.540 poderíamos protexer á xente 0:14:54.540,0:14:56.966 que está potencialmente en perigo 0:14:56.966,0:14:58.790 de trastornos provocados polo estrés 0:14:58.790,0:15:00.860 coma a depresión [br]ou o estrés postraumático. 0:15:00.860,0:15:03.996 Persoas como traballadores [br]de primeiros auxilios e bombeiros, 0:15:04.020,0:15:08.156 refuxiados, reclusos[br]e funcionarios de prisións, 0:15:08.180,0:15:10.260 soldados, por citar algúns. 0:15:11.220,0:15:15.020 Para darvos unha idea da magnitude[br]deste tipo de enfermidades, 0:15:15.620,0:15:18.676 en 2010, a carga global destas doenzas 0:15:18.700,0:15:22.540 estimouse en 2,5 billóns de dólares 0:15:23.060,0:15:24.596 e como son crónicas, 0:15:24.620,0:15:27.836 o custo é acumulativo[br]polo que se prevé que medre 0:15:27.860,0:15:31.100 en seis billóns de dólares [br]só nos próximos 15 anos. 0:15:32.460,0:15:33.719 Como mencionei antes, 0:15:34.064,0:15:38.140 redeseñar un fármaco pode ser complexo[br]por causa dos nosos nesgos previos. 0:15:38.860,0:15:40.380 O calipsol ten outro nome, 0:15:41.100,0:15:42.300 ketamina, 0:15:43.380,0:15:44.940 que tamén é coñecida como 0:15:45.460,0:15:46.548 Special K, 0:15:46.900,0:15:49.300 unha droga de deseño e un estupefaciente. 0:15:50.540,0:15:53.636 Aínda se emprega ao redor do mundo[br]como anestésico. 0:15:53.660,0:15:56.516 Emprégase en nenos.[br]Empregámola nos campos de batalla. 0:15:56.540,0:15:59.626 De feito é o fármaco elixido [br]en moitos países en desenvolvemento 0:15:59.626,0:16:01.396 porque non afecta á respiración. 0:16:01.420,0:16:06.100 Está na lista de fármacos esenciais[br]da Organización Mundial da Saúde. 0:16:06.580,0:16:10.140 Se descubrísemos a ketamina [br]primeiro com unha paravacina, 0:16:10.820,0:16:13.493 sería bastante doado desenvolvérmola, 0:16:13.700,0:16:17.556 pero temos que competir[br]contra a fixación funcional 0:16:17.580,0:16:20.380 e os construtos mentais que interfiren. 0:16:21.700,0:16:25.556 Por sorte, non é[br]o único composto que descubrimos 0:16:25.580,0:16:29.020 con esas calidades [br]profilácticas e paravacinais, 0:16:29.700,0:16:31.900 pero os outros fármacos que atopamos, 0:16:32.710,0:16:34.964 ou compostos se prefiren,[br]son totalmente novos, 0:16:34.984,0:16:38.373 teñen que superar o proceso completo[br]de aceptación da FDA 0:16:38.620,0:16:41.973 antes de poder usarse en seres humanos. 0:16:42.220,0:16:43.736 E iso vai supoñer anos. 0:16:43.900,0:16:45.923 Se queremos algo máis axiña, 0:16:46.180,0:16:48.556 a ketamina xa está aprobada pola FDA. 0:16:48.580,0:16:50.914 É xenérica, está dispoñible. 0:16:51.300,0:16:55.460 Podería desenvolverse [br]pola metade de prezo e de tempo. 0:16:56.380,0:17:00.756 Pero, máis alá da fixación funcional[br]e o construto mental, 0:17:00.780,0:17:03.872 hai outro desafío para [br]o redeseño de fármacos: 0:17:04.380,0:17:05.579 as políticas. 0:17:06.179,0:17:08.265 Non existen incentivos 0:17:08.419,0:17:12.155 --se o fármaco é xenérico e sen patente[br]e non existe unha exclusividade-- 0:17:12.179,0:17:14.516 que animen ás farmacéuticas[br]a desenvolvelos, 0:17:14.540,0:17:15.969 porque non gañan cartos. 0:17:16.380,0:17:19.500 Isto non só é certo para a ketamina. [br]Éo para todos os fármacos. 0:17:20.579,0:17:26.236 De todos os xeitos, a propia idea[br]é totalmente novidosa en psiquiatría, 0:17:26.260,0:17:30.156 usar drogas para previr[br]enfermidades mentais 0:17:30.180,0:17:31.540 no canto de tratalas. 0:17:32.740,0:17:37.796 É posible que en 20, 50, ou 100 anos 0:17:37.820,0:17:41.916 miremos a depresión [br]e o estrés postraumático 0:17:41.940,0:17:45.156 como miramos hoxe[br]os sanatorios de tuberculosos, 0:17:45.180,0:17:46.380 como cousas do pasado. 0:17:47.180,0:17:52.420 Isto podería ser o principio da fin [br]dunha epidemia de saúde mental. 0:17:53.380,0:17:56.580 Pero como un gran científico dixo, 0:17:57.900,0:17:59.911 " Só un tolo está seguro de algo, 0:18:00.180,0:18:02.570 o sabio segue intentando adiviñar." 0:18:02.980,0:18:03.984 [MacGyver] 0:18:04.304,0:18:05.444 Grazas. 0:18:05.780,0:18:09.846 (Aplausos)