WEBVTT 00:00:01.071 --> 00:00:05.658 Falemos da nova caixa de información de subtítulos de Amara 00:00:05.915 --> 00:00:10.446 e de como pode serlles útil a transcritores e tradutores. 00:00:12.046 --> 00:00:15.168 Cada vez que preman nun subtítulo para editalo, 00:00:15.193 --> 00:00:17.241 verán aparecer esta caixa. 00:00:17.631 --> 00:00:20.503 Fíxese que comeza con datos de minutaxe, 00:00:20.528 --> 00:00:25.704 pero agora centrareime na outra información do cadro, 00:00:26.173 --> 00:00:29.286 no número de caracteres do subtítulo 00:00:29.432 --> 00:00:32.009 e no número de caracteres por segundo. 00:00:32.655 --> 00:00:34.647 Primeiro falemos do... 00:00:35.950 --> 00:00:37.657 42. 00:00:38.514 --> 00:00:42.843 Nas linguas con alfabeto latino, 00:00:43.192 --> 00:00:46.816 se un subtítulo ten máis de 42 caracteres 00:00:47.083 --> 00:00:49.501 debe quebrarse en 2 liñas. 00:00:50.153 --> 00:00:53.091 Isto fai o subtítulo máis doado de ler 00:00:53.513 --> 00:00:59.166 e evita visualizacións estrañas en reprodutores “offline”. 00:01:00.302 --> 00:01:04.370 A nova caixa de información amosa tanto a largura total do subtítulo 00:01:04.497 --> 00:01:07.887 como a cantidade de caracteres das dúas liñas. 00:01:09.161 --> 00:01:14.442 Cando a largura total do subtítulo da caixa supera os 42 caracteres, 00:01:14.467 --> 00:01:16.955 significa que se debe quebrar o subtítulo, 00:01:17.776 --> 00:01:21.122 pero tamén que debe pensarse como facelo. 00:01:21.802 --> 00:01:26.004 Loxicamente, non queremos ter unha liña de 42 caracteres 00:01:26.029 --> 00:01:28.926 e a seguir outra liña de 1 carácter. 00:01:29.872 --> 00:01:36.346 Por iso, quebre a liña de forma que as dúas partes teñan unha largura similar. 00:01:36.910 --> 00:01:38.864 Velaquí un exemplo. 00:01:40.169 --> 00:01:43.864 Este subtítulo ten 51 caracteres. 00:01:44.599 --> 00:01:46.574 Pode partirse así, 00:01:46.599 --> 00:01:51.198 cunha liña de 14 e outra de 36 caracteres, 00:01:51.839 --> 00:01:56.714 pero será máis fácil de ler se as liñas están máis equilibradas, 00:01:57.136 --> 00:02:04.722 como aquí, cunha liña de 27 caracteres e a segunda con 23. 00:02:05.660 --> 00:02:07.972 Ao quebrar subtítulos en liñas, 00:02:08.192 --> 00:02:11.660 trate de conservar xuntas as unidades sintácticas. 00:02:12.129 --> 00:02:15.570 Isto implica que temos que evitar partir unha secuencia 00:02:15.595 --> 00:02:19.165 que forma unha unidade lingüística. 00:02:19.869 --> 00:02:21.502 Por exemplo, en inglés, 00:02:21.949 --> 00:02:25.144 débense manter unidos artigo e substantivo, 00:02:25.840 --> 00:02:29.095 o adxectivo co substantivo ao que modifica, 00:02:29.120 --> 00:02:33.339 e a preposición co elemento ao que se refire. 00:02:35.137 --> 00:02:40.084 Poden atopar máis información sobre as quebras de liña na OTPedia, 00:02:40.109 --> 00:02:42.306 no artigo "How to break lines". 00:02:42.885 --> 00:02:48.382 Vaiamos á outra cousa que podemos aprender da caixa de información de subtítulos. 00:02:48.695 --> 00:02:51.585 O número de caracteres por segundo, 00:02:52.109 --> 00:02:53.530 tamén chamado... 00:02:54.195 --> 00:02:55.419 velocidade de lectura. 00:02:56.187 --> 00:03:00.448 Despois de todo, non se trata só do longo que é un subtítulo, 00:03:00.722 --> 00:03:03.370 senón tamén de canto permanece na pantalla 00:03:03.563 --> 00:03:06.480 e do tempo que unha persoa ten para lelo. 00:03:07.721 --> 00:03:12.440 A velocidade ideal de lectura para linguas de alfabeto latino 00:03:12.665 --> 00:03:16.541 é de 15 a 21 caracteres por segundo. 00:03:17.466 --> 00:03:21.153 Pero de onde sae ese número e por que é importante? 00:03:22.489 --> 00:03:28.868 Ben, a velocidade de lectura dille o longo que pode ser un subtítulo. 00:03:29.768 --> 00:03:33.112 Por exemplo, se temos un subtítulo de 40 caracteres 00:03:33.480 --> 00:03:35.589 que aparece 2 segundos, 00:03:36.167 --> 00:03:41.026 quen le só ten que ler 20 caracteres por segundo. 00:03:42.056 --> 00:03:43.801 Iso é doado de facer, 00:03:43.826 --> 00:03:47.509 así que 40 caracteres estaría ben nese caso. 00:03:48.112 --> 00:03:52.817 Pero se o mesmo subtítulo só está en pantalla 1 segundo, 00:03:53.591 --> 00:03:58.353 o espectador precisaría ler 40 caracteres por segundo, 00:03:58.887 --> 00:04:01.982 algo imposible para a maioría de nós, 00:04:02.311 --> 00:04:05.584 o que significaría que o subtítulo debe acurtarse. 00:04:07.038 --> 00:04:10.922 Por sorte, vostede non ten que calcular todo iso 00:04:11.274 --> 00:04:14.335 porque a caixa de información de Amara 00:04:14.360 --> 00:04:15.844 xa o fai por nós. 00:04:16.789 --> 00:04:22.432 Imos cun exemplo da importancia de manter unha velocidade de lectura adecuada. 00:04:22.956 --> 00:04:29.104 Neste breve corte da charla de Dragana Marjanović, de TEDxNoviSad, 00:04:29.463 --> 00:04:35.357 a velocidade de lectura supera os 21 caracteres por segundo. 00:04:37.642 --> 00:04:40.012 O que pasou xusto despois de que o noso proxecto cumprise un ano 00:04:40.037 --> 00:04:42.680 foi que me premiaron co meu primeiro gran proxecto arquitectónico, 00:04:42.705 --> 00:04:45.495 que consistiu en enxesar toda a superficie dunha bela escaleira de 4 tramos 00:04:45.520 --> 00:04:46.721 que estaba situada nun bonito edificio 00:04:46.746 --> 00:04:48.359 da famosa cidade de Grenoble, en Francia. 00:04:48.384 --> 00:04:50.646 Para min, isto supuxo un longo período de 4 meses de traballo práctico 00:04:50.772 --> 00:04:52.679 principalmente en Francia, pero tamén en Bulgaria 00:04:52.704 --> 00:04:54.398 e, ao terminar, retomei os estudos. 00:04:54.423 --> 00:04:56.518 Esta vez, foi a arquitectura na terra de España e Portugal. 00:04:57.565 --> 00:05:00.605 Cando ao fin puiden volver á casa, empecei de inmediato o meu proxecto de graduación 00:05:00.630 --> 00:05:03.063 sobre a arquitectura en terra da Provincia Autónoma de Vojvodina. 00:05:03.938 --> 00:05:07.500 Alguén lembra o que pasou en Bulgaria? 00:05:07.993 --> 00:05:09.766 E onde estaba o fermoso edificio? 00:05:11.837 --> 00:05:15.046 No corte previo, modifiquei os subtítulos en inglés, 00:05:15.071 --> 00:05:19.226 creados por Tatjana Jevdjic e revisados por Ivana Korom, 00:05:19.656 --> 00:05:24.780 e alongueinos, con velocidades de lectura moi superiores ás cómodas. 00:05:25.679 --> 00:05:29.655 Este é o mesmo corte cos subtítulos orixinais, 00:05:29.882 --> 00:05:34.718 coa velocidade perfecta de 21 caracteres por segundo como máximo. 00:05:36.343 --> 00:05:41.106 Despois do primeiro ano, conseguimos o primeiro gran traballo: 00:05:41.497 --> 00:05:46.169 enxesar a escaleira de 4 tramos dun edificio de Grenoble, 00:05:46.194 --> 00:05:49.181 despois diso, fixen unhas prácticas de 4 meses 00:05:49.206 --> 00:05:51.680 parte en Francia, parte en Bulgaria, 00:05:51.705 --> 00:05:54.987 e logo estudei a arquitectura en terra de España e Portugal. 00:05:56.417 --> 00:05:59.189 Regresei á casa e empecei un proxecto de graduación 00:05:59.214 --> 00:06:01.702 sobre a arquitectura en terra de Vojvodina. 00:06:03.179 --> 00:06:04.873 Moito máis fácil de seguir, non si? 00:06:05.684 --> 00:06:08.154 O problema da velocidade de lectura 00:06:08.179 --> 00:06:11.084 é que ademais de ler os subtítulos, 00:06:11.390 --> 00:06:13.900 a persoa que le ten que captar outra información, 00:06:13.925 --> 00:06:17.217 como a linguaxe corporal do orador e a súa entoación, 00:06:17.764 --> 00:06:21.369 e os contidos en pantalla, como diapositivas e imaxes. 00:06:22.413 --> 00:06:25.327 E pode ser difícil seguir os propios subtítulos 00:06:25.788 --> 00:06:27.897 se estes desaparecen moi á présa. 00:06:28.171 --> 00:06:31.212 Sobre todo se o espectador non entende o idioma do vídeo 00:06:31.237 --> 00:06:33.835 abondo para axudarlle a entender o que está pasando. 00:06:34.819 --> 00:06:37.270 Por sorte, esta nova caixa de información en Amara 00:06:37.295 --> 00:06:43.154 axúdalle a ver se a velocidade supera os 21 caracteres por segundo 00:06:43.647 --> 00:06:47.179 e indícalle onde pode axudarlle ao espectador a seguir a charla. 00:06:48.257 --> 00:06:50.132 Para corrixir a velocidade de lectura 00:06:50.609 --> 00:06:56.113 algúns usuarios avanzados axustan a minutaxe dos subtítulos, 00:06:56.777 --> 00:07:01.050 pero en case todos os casos a ferramenta principal será... 00:07:02.519 --> 00:07:03.729 a compresión. 00:07:04.894 --> 00:07:10.272 Isto é, tentar expresar a mesma idea nun subtítulo máis curto. 00:07:11.257 --> 00:07:14.279 Por exemplo, unha tradución case literal 00:07:14.279 --> 00:07:19.832 "Entón, audiencia, o que querería darlles aquí e agora é outro exemplo," 00:07:20.063 --> 00:07:21.757 con 70 caracteres, 00:07:21.782 --> 00:07:23.711 pode cambiarse por... 00:07:24.352 --> 00:07:26.188 "Gustaríame darlles outro exemplo," 00:07:26.446 --> 00:07:29.893 reducíndoa a 37 caracteres, 00:07:30.151 --> 00:07:33.814 o que implica que o espectador poderá lela 00:07:33.839 --> 00:07:35.573 antes de que desapareza da pantalla. 00:07:36.081 --> 00:07:40.143 Tratar de atopar o modo de comprimir subtítulos é divertido, 00:07:40.292 --> 00:07:42.767 e a nova interface axúdalle 00:07:42.792 --> 00:07:47.034 indicándolle cando é necesario comprimir, 00:07:47.222 --> 00:07:49.671 pero tamén cando non o é. 00:07:50.552 --> 00:07:52.946 Pode aprender máis sobre compresión de subtítulos 00:07:52.971 --> 00:07:55.479 e atopar estratexias de compresión e exemplos 00:07:55.504 --> 00:07:57.409 na guía da OTPedia 00:07:57.575 --> 00:08:00.432 titulada "How to compress subtitles". 00:08:01.153 --> 00:08:03.914 Anímese a explorar a nova interface 00:08:04.070 --> 00:08:06.773 e as súas novas e útiles ferramentas. 00:08:07.414 --> 00:08:10.937 E agora, felices transcricións e traducións!