[Script Info] Title: [Events] Format: Layer, Start, End, Style, Name, MarginL, MarginR, MarginV, Effect, Text Dialogue: 0,0:00:01.07,0:00:05.66,Default,,0000,0000,0000,,Falemos da nova caixa de información \Nde subtítulos de Amara Dialogue: 0,0:00:05.92,0:00:10.45,Default,,0000,0000,0000,,e de como pode serlles útil\Na transcritores e tradutores. Dialogue: 0,0:00:12.05,0:00:15.17,Default,,0000,0000,0000,,Cada vez que preman\Nnun subtítulo para editalo, Dialogue: 0,0:00:15.19,0:00:17.24,Default,,0000,0000,0000,,verán aparecer esta caixa. Dialogue: 0,0:00:17.63,0:00:20.50,Default,,0000,0000,0000,,Fíxese que comeza\Ncon datos de minutaxe, Dialogue: 0,0:00:20.53,0:00:25.70,Default,,0000,0000,0000,,pero agora centrareime \Nna outra información do cadro, Dialogue: 0,0:00:26.17,0:00:29.29,Default,,0000,0000,0000,,no número de caracteres do subtítulo Dialogue: 0,0:00:29.43,0:00:32.01,Default,,0000,0000,0000,,e no número de caracteres por segundo. Dialogue: 0,0:00:32.66,0:00:34.65,Default,,0000,0000,0000,,Primeiro falemos do... Dialogue: 0,0:00:35.95,0:00:37.66,Default,,0000,0000,0000,,42. Dialogue: 0,0:00:38.51,0:00:42.84,Default,,0000,0000,0000,,Nas linguas con alfabeto latino, Dialogue: 0,0:00:43.19,0:00:46.82,Default,,0000,0000,0000,,se un subtítulo ten máis de 42 caracteres Dialogue: 0,0:00:47.08,0:00:49.50,Default,,0000,0000,0000,,debe quebrarse en 2 liñas. Dialogue: 0,0:00:50.15,0:00:53.09,Default,,0000,0000,0000,,Isto fai o subtítulo máis doado de ler Dialogue: 0,0:00:53.51,0:00:59.17,Default,,0000,0000,0000,,e evita visualizacións estrañas\Nen reprodutores “offline”. Dialogue: 0,0:01:00.30,0:01:04.37,Default,,0000,0000,0000,,A nova caixa de información amosa \Ntanto a largura total do subtítulo Dialogue: 0,0:01:04.50,0:01:07.89,Default,,0000,0000,0000,,como a cantidade de caracteres\Ndas dúas liñas. Dialogue: 0,0:01:09.16,0:01:14.44,Default,,0000,0000,0000,,Cando a largura total do subtítulo\Nda caixa supera os 42 caracteres, Dialogue: 0,0:01:14.47,0:01:16.96,Default,,0000,0000,0000,,significa que se debe quebrar o subtítulo, Dialogue: 0,0:01:17.78,0:01:21.12,Default,,0000,0000,0000,,pero tamén que debe pensarse como facelo. Dialogue: 0,0:01:21.80,0:01:26.00,Default,,0000,0000,0000,,Loxicamente, non queremos ter\Nunha liña de 42 caracteres Dialogue: 0,0:01:26.03,0:01:28.93,Default,,0000,0000,0000,,e a seguir outra liña de 1 carácter. Dialogue: 0,0:01:29.87,0:01:36.35,Default,,0000,0000,0000,,Por iso, quebre a liña de forma que\Nas dúas partes teñan unha largura similar. Dialogue: 0,0:01:36.91,0:01:38.86,Default,,0000,0000,0000,,Velaquí un exemplo. Dialogue: 0,0:01:40.17,0:01:43.86,Default,,0000,0000,0000,,Este subtítulo ten 51 caracteres. Dialogue: 0,0:01:44.60,0:01:46.57,Default,,0000,0000,0000,,Pode partirse así, Dialogue: 0,0:01:46.60,0:01:51.20,Default,,0000,0000,0000,,cunha liña de 14 \Ne outra de 36 caracteres, Dialogue: 0,0:01:51.84,0:01:56.71,Default,,0000,0000,0000,,pero será máis fácil de ler\Nse as liñas están máis equilibradas, Dialogue: 0,0:01:57.14,0:02:04.72,Default,,0000,0000,0000,,como aquí, cunha liña de 27 caracteres\Ne a segunda con 23. Dialogue: 0,0:02:05.66,0:02:07.97,Default,,0000,0000,0000,,Ao quebrar subtítulos en liñas, Dialogue: 0,0:02:08.19,0:02:11.66,Default,,0000,0000,0000,,trate de conservar xuntas\Nas unidades sintácticas. Dialogue: 0,0:02:12.13,0:02:15.57,Default,,0000,0000,0000,,Isto implica que temos que evitar\Npartir unha secuencia Dialogue: 0,0:02:15.60,0:02:19.16,Default,,0000,0000,0000,,que forma unha unidade lingüística. Dialogue: 0,0:02:19.87,0:02:21.50,Default,,0000,0000,0000,,Por exemplo, en inglés, Dialogue: 0,0:02:21.95,0:02:25.14,Default,,0000,0000,0000,,débense manter unidos\Nartigo e substantivo, Dialogue: 0,0:02:25.84,0:02:29.10,Default,,0000,0000,0000,,o adxectivo co substantivo\Nao que modifica, Dialogue: 0,0:02:29.12,0:02:33.34,Default,,0000,0000,0000,,e a preposición co elemento\Nao que se refire. Dialogue: 0,0:02:35.14,0:02:40.08,Default,,0000,0000,0000,,Poden atopar máis información\Nsobre as quebras de liña na OTPedia, Dialogue: 0,0:02:40.11,0:02:42.31,Default,,0000,0000,0000,,no artigo "How to break lines". Dialogue: 0,0:02:42.88,0:02:48.38,Default,,0000,0000,0000,,Vaiamos á outra cousa que podemos aprender\Nda caixa de información de subtítulos. Dialogue: 0,0:02:48.70,0:02:51.58,Default,,0000,0000,0000,,O número de caracteres por segundo, Dialogue: 0,0:02:52.11,0:02:53.53,Default,,0000,0000,0000,,tamén chamado... Dialogue: 0,0:02:54.20,0:02:55.42,Default,,0000,0000,0000,,velocidade de lectura. Dialogue: 0,0:02:56.19,0:03:00.45,Default,,0000,0000,0000,,Despois de todo, non se trata só\Ndo longo que é un subtítulo, Dialogue: 0,0:03:00.72,0:03:03.37,Default,,0000,0000,0000,,senón tamén de canto permanece na pantalla Dialogue: 0,0:03:03.56,0:03:06.48,Default,,0000,0000,0000,,e do tempo que unha persoa ten para lelo. Dialogue: 0,0:03:07.72,0:03:12.44,Default,,0000,0000,0000,,A velocidade ideal de lectura\Npara linguas de alfabeto latino Dialogue: 0,0:03:12.66,0:03:16.54,Default,,0000,0000,0000,,é de 15 a 21 caracteres por segundo. Dialogue: 0,0:03:17.47,0:03:21.15,Default,,0000,0000,0000,,Pero de onde sae ese número\Ne por que é importante? Dialogue: 0,0:03:22.49,0:03:28.87,Default,,0000,0000,0000,,Ben, a velocidade de lectura dille\No longo que pode ser un subtítulo. Dialogue: 0,0:03:29.77,0:03:33.11,Default,,0000,0000,0000,,Por exemplo, se temos\Nun subtítulo de 40 caracteres Dialogue: 0,0:03:33.48,0:03:35.59,Default,,0000,0000,0000,,que aparece 2 segundos, Dialogue: 0,0:03:36.17,0:03:41.03,Default,,0000,0000,0000,,quen le só ten que ler\N20 caracteres por segundo. Dialogue: 0,0:03:42.06,0:03:43.80,Default,,0000,0000,0000,,Iso é doado de facer, Dialogue: 0,0:03:43.83,0:03:47.51,Default,,0000,0000,0000,,así que 40 caracteres\Nestaría ben nese caso. Dialogue: 0,0:03:48.11,0:03:52.82,Default,,0000,0000,0000,,Pero se o mesmo subtítulo\Nsó está en pantalla 1 segundo, Dialogue: 0,0:03:53.59,0:03:58.35,Default,,0000,0000,0000,,o espectador precisaría ler\N40 caracteres por segundo, Dialogue: 0,0:03:58.89,0:04:01.98,Default,,0000,0000,0000,,algo imposible para a maioría de nós, Dialogue: 0,0:04:02.31,0:04:05.58,Default,,0000,0000,0000,,o que significaría que o subtítulo\Ndebe acurtarse. Dialogue: 0,0:04:07.04,0:04:10.92,Default,,0000,0000,0000,,Por sorte, vostede non ten\Nque calcular todo iso Dialogue: 0,0:04:11.27,0:04:14.34,Default,,0000,0000,0000,,porque a caixa de información de Amara Dialogue: 0,0:04:14.36,0:04:15.84,Default,,0000,0000,0000,,xa o fai por nós. Dialogue: 0,0:04:16.79,0:04:22.43,Default,,0000,0000,0000,,Imos cun exemplo da importancia de manter\Nunha velocidade de lectura adecuada. Dialogue: 0,0:04:22.96,0:04:29.10,Default,,0000,0000,0000,,Neste breve corte da charla \Nde Dragana Marjanović, de TEDxNoviSad, Dialogue: 0,0:04:29.46,0:04:35.36,Default,,0000,0000,0000,,a velocidade de lectura supera \Nos 21 caracteres por segundo. Dialogue: 0,0:04:37.64,0:04:40.01,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}O que pasou xusto despois\Nde que o noso proxecto cumprise un ano{\i0} Dialogue: 0,0:04:40.04,0:04:42.68,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}foi que me premiaron co meu primeiro \Ngran proxecto arquitectónico,{\i0} Dialogue: 0,0:04:42.70,0:04:45.50,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}que consistiu en enxesar toda a superficie \Ndunha bela escaleira de 4 tramos{\i0} Dialogue: 0,0:04:45.52,0:04:46.72,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}que estaba situada nun bonito edificio{\i0} Dialogue: 0,0:04:46.75,0:04:48.36,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}da famosa cidade de Grenoble, en Francia.{\i0} Dialogue: 0,0:04:48.38,0:04:50.65,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}Para min, isto supuxo un longo período \Nde 4 meses de traballo práctico{\i0} Dialogue: 0,0:04:50.77,0:04:52.68,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}principalmente en Francia, \Npero tamén en Bulgaria{\i0} Dialogue: 0,0:04:52.70,0:04:54.40,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}e, ao terminar, retomei os estudos.{\i0} Dialogue: 0,0:04:54.42,0:04:56.52,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}Esta vez, foi a arquitectura na terra\Nde España e Portugal.{\i0} Dialogue: 0,0:04:57.56,0:05:00.60,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}Cando ao fin puiden volver á casa, empecei \Nde inmediato o meu proxecto de graduación{\i0} Dialogue: 0,0:05:00.63,0:05:03.06,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}sobre a arquitectura en terra\Nda Provincia Autónoma de Vojvodina.{\i0} Dialogue: 0,0:05:03.94,0:05:07.50,Default,,0000,0000,0000,,Alguén lembra o que pasou en Bulgaria? Dialogue: 0,0:05:07.99,0:05:09.77,Default,,0000,0000,0000,,E onde estaba o fermoso edificio? Dialogue: 0,0:05:11.84,0:05:15.05,Default,,0000,0000,0000,,No corte previo, modifiquei \Nos subtítulos en inglés, Dialogue: 0,0:05:15.07,0:05:19.23,Default,,0000,0000,0000,,creados por Tatjana Jevdjic\Ne revisados por Ivana Korom, Dialogue: 0,0:05:19.66,0:05:24.78,Default,,0000,0000,0000,,e alongueinos, con velocidades de lectura\Nmoi superiores ás cómodas. Dialogue: 0,0:05:25.68,0:05:29.66,Default,,0000,0000,0000,,Este é o mesmo corte cos \Nsubtítulos orixinais, Dialogue: 0,0:05:29.88,0:05:34.72,Default,,0000,0000,0000,,coa velocidade perfecta\Nde 21 caracteres por segundo como máximo. Dialogue: 0,0:05:36.34,0:05:41.11,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}Despois do primeiro ano, conseguimos \No primeiro gran traballo:{\i0} Dialogue: 0,0:05:41.50,0:05:46.17,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}enxesar a escaleira de 4 tramos\Ndun edificio de Grenoble,{\i0} Dialogue: 0,0:05:46.19,0:05:49.18,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}despois diso, fixen\Nunhas prácticas de 4 meses{\i0} Dialogue: 0,0:05:49.21,0:05:51.68,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}parte en Francia, parte en Bulgaria,{\i0} Dialogue: 0,0:05:51.70,0:05:54.99,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}e logo estudei a arquitectura en terra\Nde España e Portugal.{\i0} Dialogue: 0,0:05:56.42,0:05:59.19,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}Regresei á casa e empecei\Nun proxecto de graduación{\i0} Dialogue: 0,0:05:59.21,0:06:01.70,Default,,0000,0000,0000,,{\i1}sobre a arquitectura \Nen terra de Vojvodina.{\i0} Dialogue: 0,0:06:03.18,0:06:04.87,Default,,0000,0000,0000,,Moito máis fácil de seguir, non si? Dialogue: 0,0:06:05.68,0:06:08.15,Default,,0000,0000,0000,,O problema da velocidade de lectura Dialogue: 0,0:06:08.18,0:06:11.08,Default,,0000,0000,0000,,é que ademais de ler os subtítulos, Dialogue: 0,0:06:11.39,0:06:13.90,Default,,0000,0000,0000,,a persoa que le ten\Nque captar outra información, Dialogue: 0,0:06:13.92,0:06:17.22,Default,,0000,0000,0000,,como a linguaxe corporal do orador\Ne a súa entoación, Dialogue: 0,0:06:17.76,0:06:21.37,Default,,0000,0000,0000,,e os contidos en pantalla,\Ncomo diapositivas e imaxes. Dialogue: 0,0:06:22.41,0:06:25.33,Default,,0000,0000,0000,,E pode ser difícil seguir\Nos propios subtítulos Dialogue: 0,0:06:25.79,0:06:27.90,Default,,0000,0000,0000,,se estes desaparecen moi á présa. Dialogue: 0,0:06:28.17,0:06:31.21,Default,,0000,0000,0000,,Sobre todo se o espectador\Nnon entende o idioma do vídeo Dialogue: 0,0:06:31.24,0:06:33.84,Default,,0000,0000,0000,,abondo para axudarlle\Na entender o que está pasando. Dialogue: 0,0:06:34.82,0:06:37.27,Default,,0000,0000,0000,,Por sorte, esta nova caixa de información\Nen Amara Dialogue: 0,0:06:37.30,0:06:43.15,Default,,0000,0000,0000,,axúdalle a ver se a velocidade supera \Nos 21 caracteres por segundo Dialogue: 0,0:06:43.65,0:06:47.18,Default,,0000,0000,0000,,e indícalle onde pode axudarlle\Nao espectador a seguir a charla. Dialogue: 0,0:06:48.26,0:06:50.13,Default,,0000,0000,0000,,Para corrixir a velocidade de lectura Dialogue: 0,0:06:50.61,0:06:56.11,Default,,0000,0000,0000,,algúns usuarios avanzados axustan\Na minutaxe dos subtítulos, Dialogue: 0,0:06:56.78,0:07:01.05,Default,,0000,0000,0000,,pero en case todos os casos\Na ferramenta principal será... Dialogue: 0,0:07:02.52,0:07:03.73,Default,,0000,0000,0000,,a compresión. Dialogue: 0,0:07:04.89,0:07:10.27,Default,,0000,0000,0000,,Isto é, tentar expresar a mesma idea\Nnun subtítulo máis curto. Dialogue: 0,0:07:11.26,0:07:14.28,Default,,0000,0000,0000,,Por exemplo, unha tradución case literal Dialogue: 0,0:07:14.28,0:07:19.83,Default,,0000,0000,0000,,"Entón, audiencia, o que querería darlles\Naquí e agora é outro exemplo," Dialogue: 0,0:07:20.06,0:07:21.76,Default,,0000,0000,0000,,con 70 caracteres, Dialogue: 0,0:07:21.78,0:07:23.71,Default,,0000,0000,0000,,pode cambiarse por... Dialogue: 0,0:07:24.35,0:07:26.19,Default,,0000,0000,0000,,"Gustaríame darlles outro exemplo," Dialogue: 0,0:07:26.45,0:07:29.89,Default,,0000,0000,0000,,reducíndoa a 37 caracteres, Dialogue: 0,0:07:30.15,0:07:33.81,Default,,0000,0000,0000,,o que implica que o espectador poderá lela Dialogue: 0,0:07:33.84,0:07:35.57,Default,,0000,0000,0000,,antes de que desapareza da pantalla. Dialogue: 0,0:07:36.08,0:07:40.14,Default,,0000,0000,0000,,Tratar de atopar o modo\Nde comprimir subtítulos é divertido, Dialogue: 0,0:07:40.29,0:07:42.77,Default,,0000,0000,0000,,e a nova interface axúdalle Dialogue: 0,0:07:42.79,0:07:47.03,Default,,0000,0000,0000,,indicándolle cando é necesario comprimir, Dialogue: 0,0:07:47.22,0:07:49.67,Default,,0000,0000,0000,,pero tamén cando non o é. Dialogue: 0,0:07:50.55,0:07:52.95,Default,,0000,0000,0000,,Pode aprender máis\Nsobre compresión de subtítulos Dialogue: 0,0:07:52.97,0:07:55.48,Default,,0000,0000,0000,,e atopar estratexias de compresión\Ne exemplos Dialogue: 0,0:07:55.50,0:07:57.41,Default,,0000,0000,0000,,na guía da OTPedia Dialogue: 0,0:07:57.58,0:08:00.43,Default,,0000,0000,0000,,titulada "How to compress subtitles". Dialogue: 0,0:08:01.15,0:08:03.91,Default,,0000,0000,0000,,Anímese a explorar a nova interface Dialogue: 0,0:08:04.07,0:08:06.77,Default,,0000,0000,0000,,e as súas novas e útiles ferramentas. Dialogue: 0,0:08:07.41,0:08:10.94,Default,,0000,0000,0000,,E agora,\Nfelices transcricións e traducións!