Imaxinade que estades nunha rúa de calquera lugar de América e achégasevos un xaponés e divos: "Desculpe, cal é o nome desa mazá?" E ti dis: "Perdoe... bueno, esta é a rúa Oak Street, é aquela é Elm Street. Esta é a rúa 26, aquela a 27." El contesta: "Moi ben. Cal é o nome daquela mazá?" Dis: "Bueno, as mazás non teñen nomes. As rúas teñen nomes, as mazás só son espacios sen nome entre as rúas." O xaponés marcha, un pouco confundido e decepcionado. Agora, imaxinade que estades nunha rúa de calquer lugar de Xapón, Miras á persoa que tes ao lado e preguntas: "Perdoe, como se chama esta rúa?" Eles contestan: "Bueno, esta é a mazá 17 e aquela a 16." E dis: "Vale, pero cal é o nome desta rúa?" E eles din: "Bueno, as rúas non teñen nomes. As mazás si. Mire Google Maps aquí. Hai a mazá 14, 15, 16, 17, 18, 19. Todas esas mazás teñen nomes. As rúas só son os espacios sen nome entre as mazás. E entón ti dis: "Entón como coñecedes a direción da vosa casa?" El contesta: "É fácil. Este é o Distrito 8. Mazá 17, casa número 1." Ti dis: "Moi ben. Pero camiñando polo vecindario observei que os números das casas non van en orde." El di: "Claro que si. Van na orde na que foron construidas. A primeira casa construida nunha mazá é a casa número un. A segunda casa que se construiu é a casa número dous. A terceira é a casa número tres. É fácil. É obvio." Encántame cómo ás veces temos que ir ao outro lado do mundo para darnos conta de cousas que asumíamos inconscientemente, e darnos de conta de que o contrario a elas tamén pode ser verdade. Como, por exemplo, hai doutores na China que cren que o seu traballo é manterte san. Polo tanto, cada mes que estás san tes que pagarlles, e cando enfermas non lles pagas porque consideran que fallaron no seu traballo. Fanse ricos cando estás san, non enfermo. (Aplausos) Nós na música pensamos que o "un" é o tempo forte, o comezo da frase musical. Un, dous, tres, catro. Pero na música do oeste de África o "un" considérase a fin da frase, como o punto ao final dunha oración. Polo tanto, pódelo escoitar non só no fraseo senón no xeito no que contan: Dous, tres, catro, un. E este mapa tamén é verdadeiro e preciso. (Risas) Hai un dito que afirma que para calquera cousa verdadeira que se diga sobre a India, o contrario tamén será verdade. Así que non esquezamos nunca, tanto en TED como noutro lugar, que para calquera idea brillante que teñamos ou escoitemos, o oposto tamén pode ser verdade. Domo arigato gozaimashita.