1 00:00:00,000 --> 00:00:04,000 Imaxinade que estades nunha rúa de calquera lugar de América 2 00:00:04,000 --> 00:00:07,000 e achégasevos un xaponés e divos: 3 00:00:07,000 --> 00:00:09,000 "Desculpe, cal é o nome desa mazá?" 4 00:00:09,000 --> 00:00:13,000 E ti dis: "Perdoe... bueno, esta é a rúa Oak Street, é aquela é Elm Street. 5 00:00:13,000 --> 00:00:15,000 Esta é a rúa 26, aquela a 27." 6 00:00:15,000 --> 00:00:17,000 El contesta: "Moi ben. Cal é o nome daquela mazá?" 7 00:00:17,000 --> 00:00:20,000 Dis: "Bueno, as mazás non teñen nomes. 8 00:00:20,000 --> 00:00:22,000 As rúas teñen nomes, as mazás só son 9 00:00:22,000 --> 00:00:24,000 espacios sen nome entre as rúas." 10 00:00:24,000 --> 00:00:28,000 O xaponés marcha, un pouco confundido e decepcionado. 11 00:00:28,000 --> 00:00:31,000 Agora, imaxinade que estades nunha rúa de calquer lugar de Xapón, 12 00:00:31,000 --> 00:00:33,000 Miras á persoa que tes ao lado e preguntas: 13 00:00:33,000 --> 00:00:35,000 "Perdoe, como se chama esta rúa?" 14 00:00:35,000 --> 00:00:39,000 Eles contestan: "Bueno, esta é a mazá 17 e aquela a 16." 15 00:00:39,000 --> 00:00:42,000 E dis: "Vale, pero cal é o nome desta rúa?" 16 00:00:42,000 --> 00:00:44,000 E eles din: "Bueno, as rúas non teñen nomes. 17 00:00:44,000 --> 00:00:46,000 As mazás si. 18 00:00:46,000 --> 00:00:50,000 Mire Google Maps aquí. Hai a mazá 14, 15, 16, 17, 18, 19. 19 00:00:50,000 --> 00:00:52,000 Todas esas mazás teñen nomes. 20 00:00:52,000 --> 00:00:56,000 As rúas só son os espacios sen nome entre as mazás. 21 00:00:56,000 --> 00:00:59,000 E entón ti dis: "Entón como coñecedes a direción da vosa casa?" 22 00:00:59,000 --> 00:01:02,000 El contesta: "É fácil. Este é o Distrito 8. 23 00:01:02,000 --> 00:01:05,000 Mazá 17, casa número 1." 24 00:01:05,000 --> 00:01:07,000 Ti dis: "Moi ben. Pero camiñando polo vecindario 25 00:01:07,000 --> 00:01:09,000 observei que os números das casas non van en orde." 26 00:01:09,000 --> 00:01:12,000 El di: "Claro que si. Van na orde na que foron construidas. 27 00:01:12,000 --> 00:01:15,000 A primeira casa construida nunha mazá é a casa número un. 28 00:01:15,000 --> 00:01:18,000 A segunda casa que se construiu é a casa número dous. 29 00:01:18,000 --> 00:01:20,000 A terceira é a casa número tres. É fácil. É obvio." 30 00:01:20,000 --> 00:01:23,000 Encántame cómo ás veces temos que ir 31 00:01:23,000 --> 00:01:25,000 ao outro lado do mundo 32 00:01:25,000 --> 00:01:27,000 para darnos conta de cousas que asumíamos inconscientemente, 33 00:01:27,000 --> 00:01:30,000 e darnos de conta de que o contrario a elas tamén pode ser verdade. 34 00:01:30,000 --> 00:01:32,000 Como, por exemplo, hai doutores na China 35 00:01:32,000 --> 00:01:35,000 que cren que o seu traballo é manterte san. 36 00:01:35,000 --> 00:01:37,000 Polo tanto, cada mes que estás san tes que pagarlles, 37 00:01:37,000 --> 00:01:39,000 e cando enfermas non lles pagas porque consideran que fallaron 38 00:01:39,000 --> 00:01:41,000 no seu traballo. Fanse ricos cando estás san, non enfermo. 39 00:01:41,000 --> 00:01:44,000 (Aplausos) 40 00:01:44,000 --> 00:01:46,000 Nós na música pensamos que o "un" 41 00:01:46,000 --> 00:01:50,000 é o tempo forte, o comezo da frase musical. Un, dous, tres, catro. 42 00:01:50,000 --> 00:01:52,000 Pero na música do oeste de África o "un" 43 00:01:52,000 --> 00:01:54,000 considérase a fin da frase, 44 00:01:54,000 --> 00:01:56,000 como o punto ao final dunha oración. 45 00:01:56,000 --> 00:01:58,000 Polo tanto, pódelo escoitar non só no fraseo senón no xeito no que contan: 46 00:01:58,000 --> 00:02:01,000 Dous, tres, catro, un. 47 00:02:01,000 --> 00:02:04,000 E este mapa tamén é verdadeiro e preciso. 48 00:02:04,000 --> 00:02:06,000 (Risas) 49 00:02:06,000 --> 00:02:09,000 Hai un dito que afirma que para calquera cousa verdadeira que se diga sobre a India, 50 00:02:09,000 --> 00:02:11,000 o contrario tamén será verdade. 51 00:02:11,000 --> 00:02:13,000 Así que non esquezamos nunca, tanto en TED como noutro lugar, 52 00:02:13,000 --> 00:02:16,000 que para calquera idea brillante que teñamos ou escoitemos, 53 00:02:16,000 --> 00:02:18,000 o oposto tamén pode ser verdade. 54 00:02:18,000 --> 00:02:20,000 Domo arigato gozaimashita.