Imaxinade que estades nunha rúa de calquera lugar de América
e achégasevos un xaponés e divos:
"Desculpe, cal é o nome desa mazá?"
E ti dis: "Perdoe... bueno, esta é a rúa Oak Street, é aquela é Elm Street.
Esta é a rúa 26, aquela a 27."
El contesta: "Moi ben. Cal é o nome daquela mazá?"
Dis: "Bueno, as mazás non teñen nomes.
As rúas teñen nomes, as mazás só son
espacios sen nome entre as rúas."
O xaponés marcha, un pouco confundido e decepcionado.
Agora, imaxinade que estades nunha rúa de calquer lugar de Xapón,
Miras á persoa que tes ao lado e preguntas:
"Perdoe, como se chama esta rúa?"
Eles contestan: "Bueno, esta é a mazá 17 e aquela a 16."
E dis: "Vale, pero cal é o nome desta rúa?"
E eles din: "Bueno, as rúas non teñen nomes.
As mazás si.
Mire Google Maps aquí. Hai a mazá 14, 15, 16, 17, 18, 19.
Todas esas mazás teñen nomes.
As rúas só son os espacios sen nome entre as mazás.
E entón ti dis: "Entón como coñecedes a direción da vosa casa?"
El contesta: "É fácil. Este é o Distrito 8.
Mazá 17, casa número 1."
Ti dis: "Moi ben. Pero camiñando polo vecindario
observei que os números das casas non van en orde."
El di: "Claro que si. Van na orde na que foron construidas.
A primeira casa construida nunha mazá é a casa número un.
A segunda casa que se construiu é a casa número dous.
A terceira é a casa número tres. É fácil. É obvio."
Encántame cómo ás veces temos que ir
ao outro lado do mundo
para darnos conta de cousas que asumíamos inconscientemente,
e darnos de conta de que o contrario a elas tamén pode ser verdade.
Como, por exemplo, hai doutores na China
que cren que o seu traballo é manterte san.
Polo tanto, cada mes que estás san tes que pagarlles,
e cando enfermas non lles pagas porque consideran que fallaron
no seu traballo. Fanse ricos cando estás san, non enfermo.
(Aplausos)
Nós na música pensamos que o "un"
é o tempo forte, o comezo da frase musical. Un, dous, tres, catro.
Pero na música do oeste de África o "un"
considérase a fin da frase,
como o punto ao final dunha oración.
Polo tanto, pódelo escoitar non só no fraseo senón no xeito no que contan:
Dous, tres, catro, un.
E este mapa tamén é verdadeiro e preciso.
(Risas)
Hai un dito que afirma que para calquera cousa verdadeira que se diga sobre a India,
o contrario tamén será verdade.
Así que non esquezamos nunca, tanto en TED como noutro lugar,
que para calquera idea brillante que teñamos ou escoitemos,
o oposto tamén pode ser verdade.
Domo arigato gozaimashita.