Ofrecéronme un posto de profesor asociado de medicina e xefe de visualización científica no departamento de medicina da Universidade de Yale. O meu traballo consistía en escribir algoritmos e código para que a NASA realizase cirurxía virtual para preparar os astronautas para se adentraren no espazo profundo, para que puidesen ser conservados en vaíñas robóticas. Unha das cousas máis fascinante de traballar niso foi que ao usarmos nova tecnoloxía de imaxe, conseguiamos ver cousas que nunca se viran antes. Refírome non só ao tratamento de enfermidades senón outras cousas que puidemos ver sobre o corpo que vos abraiarían. Lembro unha das primeiras veces que vimos o coláxeno. Todo o corpo, todo: cabelos, pel, ósos, unllas... todo está feito de coláxeno. É coma unha estrutura con forma de corda que xira e enguedella desta xeito. O único lugar onde o coláxeno cambia de estrutura é na córnea do ollo. No ollo, é mais coma unha reixa, de forma que se volve transparente, e non opaco. Cunha estrutura tan perfecta, era difícil non atribuirlle orixe divina. Porque seguíamola a ver unha e outra vez en distintas partes do corpo. Tiven a oportunidade de unirme a unha persoa que traballaba cunha máquina de resonancias micromagnéticas no Instituto Nacional de Saúde. Comezamos un proxecto de escaneado do desenvolvemento do feto dende a concepción ata o nacemento usando estas novas tecnoloxías. Así que escribin o código de algoritmos, el construiu o aparello, Paul Lauterbur, logo gañou o premio Nobel polo invento da Imaxe por Resonancia Magnética. Conseguín os datos. E vouvos mostrar un cachiño dese traballo: "Dende a concepción ata o nacemento." (música) Texto do vídeo: "Dende a concepción ata o nacemento." Oocito Esperma Óvulo inseminado 24 horas: primeira división do bebé O óvulo fertilizado divídese unhas horas despois da fusión... e faino de novo cada 12-15 horas. Embrión temperán O saquiño vitelino alimenta o bebé Día 25, desenvolvemento da cámara cardíaca Día 32, desenvolvemento de brazos e mans Día 36, aparecen as vértebras primarias Durante estas semanas sucede o periodo de desenvolvemento mais rápido do feto. Se o feto continua crecendo a esta velocidade durante os 9 meses, pesaría 1,5 tonelada ao nacer. Día 45, o corazón do embrión latexa o dobre de rápido do da nai. Día 51-52, desenvolvemento da retina, do nariz e dos dedos. O movemento continuo do feto no útero permite o desenvolvemento muscular e esquelético. Semana 12, xenitais non definidos, non se pode determinar o sexo aínda. 8º mes Parto: etapa da expulsión. Momento do nacemento. (Aplausos) Alexander: Grazas. Como podedes ver, cando se empeza a traballar con estes datos, resultan espectaculares. Seguimos a escanear máis e máis, traballando no proxecto, con estas dúas células tan simples que teñen ese mecanismo tan incrible que as convertirá na maxia de nós. Seguimos a traballar con estes datos, observando pequenas zonas do corpo, estes pequenos tecidos, un trofoblasto dun blastocisto, que escarva e se prende na parede do útero, coma dicindo, "quédome aquí." De repente parece que fala e se comunica cos estróxenos e a proxesterona, dicíndolles, "estou aquí, plantádeme,", construindo eses fetos incríbles que, en 44 días, son xa estruturas recoñecibles. E en nove semanas xa case parecen un ser humano. Unha marabilla desta información: cómo temos este mecanismo biolóxico dentro do corpo para ver esta información? Ensinareivos algo realmente excepcional. Isto é un corazón humano ás 25 semanas. Non é mais ca dous fíos. E coma un origami fantástico, as células reprodúcense durante 4 semanas, a un millón de células por segundo, mentras se prega sobre si mesmo. En cinco semanas, pódense albiscar as aurículas e ventrículos primarios. En seis, os pregos empezan a formar as papilas dentro do corazón que permiten pechar cada unha das súas válvulas ata conseguir un corazón maduro... E despois o desenvolvemento do resto do corpo humano. Hai mecanismos case máxicos dentro de cada estrutura xenética que din exactamente onde debe ir cada neurona... Teñen uns modelos matemáticos moi complexos de como se fai todo exactamente, que van mais alá da comprensión humana. Aínda que eu son matemático, observo todo isto marabillado. de como é que todas estas instrucións non comenten erros mentres nos constrúen? É un misterio, é maxia, é divino. Logo comezas a observar a vida adulta. Observade esta pequena mata de capilares. É unha subestrutura microscópica, minúscula. Pero para cando nacemos, aos nove meses, temos case 100.000 km de vasos sanguíneos dentro do corpo. E só 1 ou 2 km deles son visibles uns 100 km que aportan nutrintes e se desfán dos refugallos. A complexidade de construír iso dentro dun só sistema é, de novo, superior ao noso entendemento ou a calquera fórmula que teñamos hoxe. E esas instrucións saen do cerebro e van cara ao resto do corpo. Mirade qué plegamentos tan complexos. De onde sae o coñecemento para saber que un plegamento pode conter máis información... Podemos ver como crece o cerebro dun bebé, é algo que estamos a facer agora. Vamos comezar dous novos estudos onde escanearemos o cerebro dos bebés no momento que nacen, e cada seis meses ata os seis anos. Vamos traballar cuns 250 nenos, observando cómo se pregan as circunvolucións e os sucos do cerebro, para ver como o desenvolvemento se convirte en recordos e a marabilla somos nós. Pero non é só a nosa propia existencia. Cómo aprende o corpo dunha muller a ter a estrutura xenética para non só formarse a si mesma senón que tamén ten o entendemento para se converter nun sistema inmunolóxico e cardiovascular andante, un sistema móbil que pode nutrir e coidar o bebé; unha marabilla, de novo, mais alá da nosa comprensión A maxia da existencia que somos nós. Grazas. (Aplausos)