1 00:00:00,000 --> 00:00:03,000 Ofrecéronme un posto de profesor asociado de medicina 2 00:00:03,000 --> 00:00:06,000 e xefe de visualización científica 3 00:00:06,000 --> 00:00:08,000 no departamento de medicina 4 00:00:08,000 --> 00:00:10,000 da Universidade de Yale. 5 00:00:10,000 --> 00:00:13,000 O meu traballo consistía en escribir algoritmos e código 6 00:00:13,000 --> 00:00:15,000 para que a NASA realizase cirurxía virtual 7 00:00:15,000 --> 00:00:18,000 para preparar os astronautas para se adentraren no espazo profundo, 8 00:00:18,000 --> 00:00:20,000 para que puidesen ser conservados en vaíñas robóticas. 9 00:00:20,000 --> 00:00:22,000 Unha das cousas máis fascinante de traballar niso foi que 10 00:00:22,000 --> 00:00:25,000 ao usarmos nova tecnoloxía de imaxe, conseguiamos ver 11 00:00:25,000 --> 00:00:27,000 cousas que nunca se viran antes. 12 00:00:27,000 --> 00:00:29,000 Refírome non só ao tratamento de enfermidades 13 00:00:29,000 --> 00:00:33,000 senón outras cousas que puidemos ver sobre o corpo 14 00:00:33,000 --> 00:00:36,000 que vos abraiarían. 15 00:00:36,000 --> 00:00:39,000 Lembro unha das primeiras veces que vimos o coláxeno. 16 00:00:39,000 --> 00:00:41,000 Todo o corpo, todo: 17 00:00:41,000 --> 00:00:43,000 cabelos, pel, ósos, unllas... 18 00:00:43,000 --> 00:00:45,000 todo está feito de coláxeno. 19 00:00:45,000 --> 00:00:47,000 É coma unha estrutura con forma de corda 20 00:00:47,000 --> 00:00:49,000 que xira e enguedella desta xeito. 21 00:00:49,000 --> 00:00:53,000 O único lugar onde o coláxeno cambia de estrutura 22 00:00:53,000 --> 00:00:55,000 é na córnea do ollo. 23 00:00:55,000 --> 00:00:57,000 No ollo, 24 00:00:57,000 --> 00:00:59,000 é mais coma unha reixa, 25 00:00:59,000 --> 00:01:02,000 de forma que se volve transparente, e non opaco. 26 00:01:02,000 --> 00:01:05,000 Cunha estrutura tan perfecta, 27 00:01:05,000 --> 00:01:07,000 era difícil non atribuirlle orixe divina. 28 00:01:07,000 --> 00:01:10,000 Porque seguíamola a ver unha e outra vez en 29 00:01:10,000 --> 00:01:12,000 distintas partes do corpo. 30 00:01:12,000 --> 00:01:15,000 Tiven a oportunidade de unirme a 31 00:01:15,000 --> 00:01:17,000 unha persoa que traballaba cunha máquina de 32 00:01:17,000 --> 00:01:20,000 resonancias micromagnéticas no Instituto Nacional de Saúde. 33 00:01:20,000 --> 00:01:22,000 Comezamos un proxecto 34 00:01:22,000 --> 00:01:24,000 de escaneado do desenvolvemento 35 00:01:24,000 --> 00:01:26,000 do feto dende a concepción ata o nacemento 36 00:01:26,000 --> 00:01:28,000 usando estas novas tecnoloxías. 37 00:01:28,000 --> 00:01:30,000 Así que escribin o código de algoritmos, 38 00:01:30,000 --> 00:01:33,000 el construiu o aparello, Paul Lauterbur, 39 00:01:33,000 --> 00:01:36,000 logo gañou o premio Nobel polo invento da Imaxe por Resonancia Magnética. 40 00:01:36,000 --> 00:01:38,000 Conseguín os datos. 41 00:01:38,000 --> 00:01:40,000 E vouvos mostrar un cachiño dese traballo: 42 00:01:40,000 --> 00:01:42,000 "Dende a concepción ata o nacemento." 43 00:01:42,000 --> 00:01:48,000 (música) 44 00:01:48,000 --> 00:01:51,000 Texto do vídeo: "Dende a concepción ata o nacemento." 45 00:01:54,000 --> 00:01:57,000 Oocito 46 00:01:59,000 --> 00:02:02,000 Esperma 47 00:02:05,000 --> 00:02:09,000 Óvulo inseminado 48 00:02:12,000 --> 00:02:15,000 24 horas: primeira división do bebé 49 00:02:18,000 --> 00:02:21,000 O óvulo fertilizado divídese unhas horas despois da fusión... 50 00:02:23,000 --> 00:02:26,000 e faino de novo cada 12-15 horas. 51 00:02:26,000 --> 00:02:29,000 Embrión temperán 52 00:02:29,000 --> 00:02:32,000 O saquiño vitelino alimenta o bebé 53 00:02:33,000 --> 00:02:37,000 Día 25, desenvolvemento da cámara cardíaca 54 00:02:41,000 --> 00:02:48,000 Día 32, desenvolvemento de brazos e mans 55 00:02:50,000 --> 00:02:56,000 Día 36, aparecen as vértebras primarias 56 00:02:56,000 --> 00:03:03,000 Durante estas semanas sucede o periodo de desenvolvemento mais rápido do feto. 57 00:03:09,000 --> 00:03:12,000 Se o feto continua crecendo a esta velocidade durante os 9 meses, 58 00:03:12,000 --> 00:03:14,000 pesaría 1,5 tonelada ao nacer. 59 00:03:16,000 --> 00:03:20,000 Día 45, 60 00:03:24,000 --> 00:03:29,000 o corazón do embrión latexa o dobre de rápido do da nai. 61 00:03:31,000 --> 00:03:34,000 Día 51-52, 62 00:03:34,000 --> 00:03:42,000 desenvolvemento da retina, do nariz e dos dedos. 63 00:03:48,000 --> 00:03:53,000 O movemento continuo do feto no útero 64 00:03:53,000 --> 00:03:58,000 permite o desenvolvemento muscular e esquelético. 65 00:04:10,000 --> 00:04:12,000 Semana 12, xenitais non definidos, 66 00:04:12,000 --> 00:04:14,000 non se pode determinar o sexo aínda. 67 00:04:16,000 --> 00:04:20,000 8º mes 68 00:04:46,000 --> 00:04:52,000 Parto: etapa da expulsión. 69 00:05:28,000 --> 00:05:31,000 Momento do nacemento. 70 00:05:37,000 --> 00:05:41,000 (Aplausos) 71 00:05:41,000 --> 00:05:43,000 Alexander: Grazas. 72 00:05:43,000 --> 00:05:45,000 Como podedes ver, 73 00:05:45,000 --> 00:05:47,000 cando se empeza a traballar con estes datos, 74 00:05:47,000 --> 00:05:49,000 resultan espectaculares. 75 00:05:49,000 --> 00:05:51,000 Seguimos a escanear máis e máis, 76 00:05:51,000 --> 00:05:53,000 traballando no proxecto, 77 00:05:53,000 --> 00:05:55,000 con estas dúas células tan simples 78 00:05:55,000 --> 00:05:58,000 que teñen ese mecanismo tan incrible 79 00:05:58,000 --> 00:06:00,000 que as convertirá na maxia de nós. 80 00:06:00,000 --> 00:06:02,000 Seguimos a traballar con estes datos, 81 00:06:02,000 --> 00:06:05,000 observando pequenas zonas do corpo, 82 00:06:05,000 --> 00:06:08,000 estes pequenos tecidos, 83 00:06:08,000 --> 00:06:10,000 un trofoblasto dun blastocisto, 84 00:06:10,000 --> 00:06:13,000 que escarva e se prende na parede do útero, 85 00:06:13,000 --> 00:06:15,000 coma dicindo, "quédome aquí." 86 00:06:15,000 --> 00:06:17,000 De repente parece que fala e se comunica 87 00:06:17,000 --> 00:06:19,000 cos estróxenos e a proxesterona, 88 00:06:19,000 --> 00:06:21,000 dicíndolles, "estou aquí, plantádeme,", 89 00:06:21,000 --> 00:06:24,000 construindo eses fetos incríbles 90 00:06:24,000 --> 00:06:26,000 que, en 44 días, son xa 91 00:06:26,000 --> 00:06:28,000 estruturas recoñecibles. 92 00:06:28,000 --> 00:06:30,000 E en nove semanas 93 00:06:30,000 --> 00:06:32,000 xa case parecen un ser humano. 94 00:06:32,000 --> 00:06:34,000 Unha marabilla desta información: 95 00:06:34,000 --> 00:06:36,000 cómo temos este mecanismo biolóxico 96 00:06:36,000 --> 00:06:38,000 dentro do corpo 97 00:06:38,000 --> 00:06:40,000 para ver esta información? 98 00:06:40,000 --> 00:06:42,000 Ensinareivos algo realmente excepcional. 99 00:06:42,000 --> 00:06:44,000 Isto é un corazón humano ás 25 semanas. 100 00:06:44,000 --> 00:06:46,000 Non é mais ca dous fíos. 101 00:06:46,000 --> 00:06:48,000 E coma un origami fantástico, 102 00:06:48,000 --> 00:06:50,000 as células reprodúcense 103 00:06:50,000 --> 00:06:53,000 durante 4 semanas, a un millón de células por segundo, 104 00:06:53,000 --> 00:06:55,000 mentras se prega sobre si mesmo. 105 00:06:55,000 --> 00:06:58,000 En cinco semanas, pódense albiscar as aurículas e ventrículos primarios. 106 00:06:58,000 --> 00:07:00,000 En seis, os pregos empezan a formar 107 00:07:00,000 --> 00:07:02,000 as papilas dentro do corazón 108 00:07:02,000 --> 00:07:04,000 que permiten pechar 109 00:07:04,000 --> 00:07:06,000 cada unha das súas válvulas 110 00:07:06,000 --> 00:07:09,000 ata conseguir un corazón maduro... 111 00:07:09,000 --> 00:07:11,000 E despois o desenvolvemento do resto do corpo humano. 112 00:07:11,000 --> 00:07:13,000 Hai mecanismos case máxicos 113 00:07:13,000 --> 00:07:16,000 dentro de cada estrutura xenética 114 00:07:16,000 --> 00:07:19,000 que din exactamente onde debe ir cada neurona... 115 00:07:19,000 --> 00:07:21,000 Teñen uns modelos matemáticos moi complexos 116 00:07:21,000 --> 00:07:23,000 de como se fai todo exactamente, 117 00:07:23,000 --> 00:07:25,000 que van mais alá da comprensión humana. 118 00:07:25,000 --> 00:07:27,000 Aínda que eu son matemático, 119 00:07:27,000 --> 00:07:29,000 observo todo isto marabillado. 120 00:07:29,000 --> 00:07:32,000 de como é que todas estas instrucións 121 00:07:32,000 --> 00:07:34,000 non comenten erros 122 00:07:34,000 --> 00:07:36,000 mentres nos constrúen? 123 00:07:36,000 --> 00:07:38,000 É un misterio, é maxia, é divino. 124 00:07:38,000 --> 00:07:41,000 Logo comezas a observar a vida adulta. 125 00:07:41,000 --> 00:07:43,000 Observade esta pequena mata de capilares. 126 00:07:43,000 --> 00:07:46,000 É unha subestrutura microscópica, minúscula. 127 00:07:46,000 --> 00:07:50,000 Pero para cando nacemos, aos nove meses, 128 00:07:50,000 --> 00:07:53,000 temos case 100.000 km de vasos sanguíneos 129 00:07:53,000 --> 00:07:55,000 dentro do corpo. 130 00:07:55,000 --> 00:07:57,000 E só 1 ou 2 km deles son visibles 131 00:07:57,000 --> 00:08:00,000 uns 100 km 132 00:08:00,000 --> 00:08:03,000 que aportan nutrintes e se desfán dos refugallos. 133 00:08:03,000 --> 00:08:05,000 A complexidade de construír iso dentro dun só sistema 134 00:08:05,000 --> 00:08:07,000 é, de novo, superior ao noso entendemento 135 00:08:07,000 --> 00:08:09,000 ou a calquera fórmula que teñamos hoxe. 136 00:08:09,000 --> 00:08:11,000 E esas instrucións 137 00:08:11,000 --> 00:08:13,000 saen do cerebro e van cara ao resto do corpo. 138 00:08:13,000 --> 00:08:15,000 Mirade qué plegamentos tan complexos. 139 00:08:15,000 --> 00:08:17,000 De onde sae o coñecemento 140 00:08:17,000 --> 00:08:19,000 para saber que un plegamento pode conter máis información... 141 00:08:19,000 --> 00:08:22,000 Podemos ver como crece o cerebro dun bebé, 142 00:08:22,000 --> 00:08:24,000 é algo que estamos a facer agora. 143 00:08:24,000 --> 00:08:26,000 Vamos comezar dous novos estudos 144 00:08:26,000 --> 00:08:29,000 onde escanearemos o cerebro dos bebés no momento que nacen, 145 00:08:29,000 --> 00:08:31,000 e cada seis meses ata os seis anos. 146 00:08:31,000 --> 00:08:34,000 Vamos traballar cuns 250 nenos, 147 00:08:34,000 --> 00:08:37,000 observando cómo se pregan as circunvolucións e os sucos 148 00:08:37,000 --> 00:08:39,000 do cerebro, para ver como o desenvolvemento 149 00:08:39,000 --> 00:08:42,000 se convirte en recordos e a marabilla somos nós. 150 00:08:42,000 --> 00:08:44,000 Pero non é só a nosa propia existencia. 151 00:08:44,000 --> 00:08:46,000 Cómo aprende o corpo dunha muller 152 00:08:46,000 --> 00:08:49,000 a ter a estrutura xenética para non só formarse a si mesma 153 00:08:49,000 --> 00:08:51,000 senón que tamén ten o entendemento 154 00:08:51,000 --> 00:08:53,000 para se converter 155 00:08:53,000 --> 00:08:56,000 nun sistema inmunolóxico e cardiovascular andante, 156 00:08:56,000 --> 00:08:58,000 un sistema móbil 157 00:08:58,000 --> 00:09:02,000 que pode nutrir e coidar o bebé; unha marabilla, 158 00:09:02,000 --> 00:09:05,000 de novo, mais alá da nosa comprensión 159 00:09:05,000 --> 00:09:08,000 A maxia da existencia que somos nós. 160 00:09:08,000 --> 00:09:10,000 Grazas. 161 00:09:10,000 --> 00:09:15,000 (Aplausos)