0:00:00.000,0:00:03.000 Ofrecéronme un posto de profesor asociado de medicina 0:00:03.000,0:00:06.000 e xefe de visualización científica 0:00:06.000,0:00:08.000 no departamento de medicina 0:00:08.000,0:00:10.000 da Universidade de Yale. 0:00:10.000,0:00:13.000 O meu traballo consistía en escribir algoritmos e código 0:00:13.000,0:00:15.000 para que a NASA realizase cirurxía virtual 0:00:15.000,0:00:18.000 para preparar os astronautas para se adentraren no espazo profundo, 0:00:18.000,0:00:20.000 para que puidesen ser conservados en vaíñas robóticas. 0:00:20.000,0:00:22.000 Unha das cousas máis fascinante de traballar niso foi que 0:00:22.000,0:00:25.000 ao usarmos nova tecnoloxía de imaxe, conseguiamos ver 0:00:25.000,0:00:27.000 cousas que nunca se viran antes. 0:00:27.000,0:00:29.000 Refírome non só ao tratamento de enfermidades 0:00:29.000,0:00:33.000 senón outras cousas que puidemos ver sobre o corpo 0:00:33.000,0:00:36.000 que vos abraiarían. 0:00:36.000,0:00:39.000 Lembro unha das primeiras veces que vimos o coláxeno. 0:00:39.000,0:00:41.000 Todo o corpo, todo: 0:00:41.000,0:00:43.000 cabelos, pel, ósos, unllas... 0:00:43.000,0:00:45.000 todo está feito de coláxeno. 0:00:45.000,0:00:47.000 É coma unha estrutura con forma de corda 0:00:47.000,0:00:49.000 que xira e enguedella desta xeito. 0:00:49.000,0:00:53.000 O único lugar onde o coláxeno cambia de estrutura 0:00:53.000,0:00:55.000 é na córnea do ollo. 0:00:55.000,0:00:57.000 No ollo, 0:00:57.000,0:00:59.000 é mais coma unha reixa, 0:00:59.000,0:01:02.000 de forma que se volve transparente, e non opaco. 0:01:02.000,0:01:05.000 Cunha estrutura tan perfecta, 0:01:05.000,0:01:07.000 era difícil non atribuirlle orixe divina. 0:01:07.000,0:01:10.000 Porque seguíamola a ver unha e outra vez en 0:01:10.000,0:01:12.000 distintas partes do corpo. 0:01:12.000,0:01:15.000 Tiven a oportunidade de unirme a 0:01:15.000,0:01:17.000 unha persoa que traballaba cunha máquina de 0:01:17.000,0:01:20.000 resonancias micromagnéticas no Instituto Nacional de Saúde. 0:01:20.000,0:01:22.000 Comezamos un proxecto 0:01:22.000,0:01:24.000 de escaneado do desenvolvemento 0:01:24.000,0:01:26.000 do feto dende a concepción ata o nacemento 0:01:26.000,0:01:28.000 usando estas novas tecnoloxías. 0:01:28.000,0:01:30.000 Así que escribin o código de algoritmos, 0:01:30.000,0:01:33.000 el construiu o aparello, Paul Lauterbur, 0:01:33.000,0:01:36.000 logo gañou o premio Nobel polo invento da Imaxe por Resonancia Magnética. 0:01:36.000,0:01:38.000 Conseguín os datos. 0:01:38.000,0:01:40.000 E vouvos mostrar un cachiño dese traballo: 0:01:40.000,0:01:42.000 "Dende a concepción ata o nacemento." 0:01:42.000,0:01:48.000 (música) 0:01:48.000,0:01:51.000 Texto do vídeo: "Dende a concepción ata o nacemento." 0:01:54.000,0:01:57.000 Oocito 0:01:59.000,0:02:02.000 Esperma 0:02:05.000,0:02:09.000 Óvulo inseminado 0:02:12.000,0:02:15.000 24 horas: primeira división do bebé 0:02:18.000,0:02:21.000 O óvulo fertilizado divídese unhas horas despois da fusión... 0:02:23.000,0:02:26.000 e faino de novo cada 12-15 horas. 0:02:26.000,0:02:29.000 Embrión temperán 0:02:29.000,0:02:32.000 O saquiño vitelino alimenta o bebé 0:02:33.000,0:02:37.000 Día 25, desenvolvemento da cámara cardíaca 0:02:41.000,0:02:48.000 Día 32, desenvolvemento de brazos e mans 0:02:50.000,0:02:56.000 Día 36, aparecen as vértebras primarias 0:02:56.000,0:03:03.000 Durante estas semanas sucede o periodo de desenvolvemento mais rápido do feto. 0:03:09.000,0:03:12.000 Se o feto continua crecendo a esta velocidade durante os 9 meses, 0:03:12.000,0:03:14.000 pesaría 1,5 tonelada ao nacer. 0:03:16.000,0:03:20.000 Día 45, 0:03:24.000,0:03:29.000 o corazón do embrión latexa o dobre de rápido do da nai. 0:03:31.000,0:03:34.000 Día 51-52, 0:03:34.000,0:03:42.000 desenvolvemento da retina, do nariz e dos dedos. 0:03:48.000,0:03:53.000 O movemento continuo do feto no útero 0:03:53.000,0:03:58.000 permite o desenvolvemento muscular e esquelético. 0:04:10.000,0:04:12.000 Semana 12, xenitais non definidos, 0:04:12.000,0:04:14.000 non se pode determinar o sexo aínda. 0:04:16.000,0:04:20.000 8º mes 0:04:46.000,0:04:52.000 Parto: etapa da expulsión. 0:05:28.000,0:05:31.000 Momento do nacemento. 0:05:37.000,0:05:41.000 (Aplausos) 0:05:41.000,0:05:43.000 Alexander: Grazas. 0:05:43.000,0:05:45.000 Como podedes ver, 0:05:45.000,0:05:47.000 cando se empeza a traballar con estes datos, 0:05:47.000,0:05:49.000 resultan espectaculares. 0:05:49.000,0:05:51.000 Seguimos a escanear máis e máis, 0:05:51.000,0:05:53.000 traballando no proxecto, 0:05:53.000,0:05:55.000 con estas dúas células tan simples 0:05:55.000,0:05:58.000 que teñen ese mecanismo tan incrible 0:05:58.000,0:06:00.000 que as convertirá na maxia de nós. 0:06:00.000,0:06:02.000 Seguimos a traballar con estes datos, 0:06:02.000,0:06:05.000 observando pequenas zonas do corpo, 0:06:05.000,0:06:08.000 estes pequenos tecidos, 0:06:08.000,0:06:10.000 un trofoblasto dun blastocisto, 0:06:10.000,0:06:13.000 que escarva e se prende na parede do útero, 0:06:13.000,0:06:15.000 coma dicindo, "quédome aquí." 0:06:15.000,0:06:17.000 De repente parece que fala e se comunica 0:06:17.000,0:06:19.000 cos estróxenos e a proxesterona, 0:06:19.000,0:06:21.000 dicíndolles, "estou aquí, plantádeme,", 0:06:21.000,0:06:24.000 construindo eses fetos incríbles 0:06:24.000,0:06:26.000 que, en 44 días, son xa 0:06:26.000,0:06:28.000 estruturas recoñecibles. 0:06:28.000,0:06:30.000 E en nove semanas 0:06:30.000,0:06:32.000 xa case parecen un ser humano. 0:06:32.000,0:06:34.000 Unha marabilla desta información: 0:06:34.000,0:06:36.000 cómo temos este mecanismo biolóxico 0:06:36.000,0:06:38.000 dentro do corpo 0:06:38.000,0:06:40.000 para ver esta información? 0:06:40.000,0:06:42.000 Ensinareivos algo realmente excepcional. 0:06:42.000,0:06:44.000 Isto é un corazón humano ás 25 semanas. 0:06:44.000,0:06:46.000 Non é mais ca dous fíos. 0:06:46.000,0:06:48.000 E coma un origami fantástico, 0:06:48.000,0:06:50.000 as células reprodúcense 0:06:50.000,0:06:53.000 durante 4 semanas, a un millón de células por segundo, 0:06:53.000,0:06:55.000 mentras se prega sobre si mesmo. 0:06:55.000,0:06:58.000 En cinco semanas, pódense albiscar as aurículas e ventrículos primarios. 0:06:58.000,0:07:00.000 En seis, os pregos empezan a formar 0:07:00.000,0:07:02.000 as papilas dentro do corazón 0:07:02.000,0:07:04.000 que permiten pechar 0:07:04.000,0:07:06.000 cada unha das súas válvulas 0:07:06.000,0:07:09.000 ata conseguir un corazón maduro... 0:07:09.000,0:07:11.000 E despois o desenvolvemento do resto do corpo humano. 0:07:11.000,0:07:13.000 Hai mecanismos case máxicos 0:07:13.000,0:07:16.000 dentro de cada estrutura xenética 0:07:16.000,0:07:19.000 que din exactamente onde debe ir cada neurona... 0:07:19.000,0:07:21.000 Teñen uns modelos matemáticos moi complexos 0:07:21.000,0:07:23.000 de como se fai todo exactamente, 0:07:23.000,0:07:25.000 que van mais alá da comprensión humana. 0:07:25.000,0:07:27.000 Aínda que eu son matemático, 0:07:27.000,0:07:29.000 observo todo isto marabillado. 0:07:29.000,0:07:32.000 de como é que todas estas instrucións 0:07:32.000,0:07:34.000 non comenten erros 0:07:34.000,0:07:36.000 mentres nos constrúen? 0:07:36.000,0:07:38.000 É un misterio, é maxia, é divino. 0:07:38.000,0:07:41.000 Logo comezas a observar a vida adulta. 0:07:41.000,0:07:43.000 Observade esta pequena mata de capilares. 0:07:43.000,0:07:46.000 É unha subestrutura microscópica, minúscula. 0:07:46.000,0:07:50.000 Pero para cando nacemos, aos nove meses, 0:07:50.000,0:07:53.000 temos case 100.000 km de vasos sanguíneos 0:07:53.000,0:07:55.000 dentro do corpo. 0:07:55.000,0:07:57.000 E só 1 ou 2 km deles son visibles 0:07:57.000,0:08:00.000 uns 100 km 0:08:00.000,0:08:03.000 que aportan nutrintes e se desfán dos refugallos. 0:08:03.000,0:08:05.000 A complexidade de construír iso dentro dun só sistema 0:08:05.000,0:08:07.000 é, de novo, superior ao noso entendemento 0:08:07.000,0:08:09.000 ou a calquera fórmula que teñamos hoxe. 0:08:09.000,0:08:11.000 E esas instrucións 0:08:11.000,0:08:13.000 saen do cerebro e van cara ao resto do corpo. 0:08:13.000,0:08:15.000 Mirade qué plegamentos tan complexos. 0:08:15.000,0:08:17.000 De onde sae o coñecemento 0:08:17.000,0:08:19.000 para saber que un plegamento pode conter máis información... 0:08:19.000,0:08:22.000 Podemos ver como crece o cerebro dun bebé, 0:08:22.000,0:08:24.000 é algo que estamos a facer agora. 0:08:24.000,0:08:26.000 Vamos comezar dous novos estudos 0:08:26.000,0:08:29.000 onde escanearemos o cerebro dos bebés no momento que nacen, 0:08:29.000,0:08:31.000 e cada seis meses ata os seis anos. 0:08:31.000,0:08:34.000 Vamos traballar cuns 250 nenos, 0:08:34.000,0:08:37.000 observando cómo se pregan as circunvolucións e os sucos 0:08:37.000,0:08:39.000 do cerebro, para ver como o desenvolvemento 0:08:39.000,0:08:42.000 se convirte en recordos e a marabilla somos nós. 0:08:42.000,0:08:44.000 Pero non é só a nosa propia existencia. 0:08:44.000,0:08:46.000 Cómo aprende o corpo dunha muller 0:08:46.000,0:08:49.000 a ter a estrutura xenética para non só formarse a si mesma 0:08:49.000,0:08:51.000 senón que tamén ten o entendemento 0:08:51.000,0:08:53.000 para se converter 0:08:53.000,0:08:56.000 nun sistema inmunolóxico e cardiovascular andante, 0:08:56.000,0:08:58.000 un sistema móbil 0:08:58.000,0:09:02.000 que pode nutrir e coidar o bebé; unha marabilla, 0:09:02.000,0:09:05.000 de novo, mais alá da nosa comprensión 0:09:05.000,0:09:08.000 A maxia da existencia que somos nós. 0:09:08.000,0:09:10.000 Grazas. 0:09:10.000,0:09:15.000 (Aplausos)