Ofrecéronme un posto de profesor asociado de medicina
e xefe de visualización científica
no departamento de medicina
da Universidade de Yale.
O meu traballo consistía en escribir algoritmos e código
para que a NASA realizase cirurxía virtual
para preparar os astronautas para se adentraren no espazo profundo,
para que puidesen ser conservados en vaíñas robóticas.
Unha das cousas máis fascinante de traballar niso foi que
ao usarmos nova tecnoloxía de imaxe, conseguiamos ver
cousas que nunca se viran antes.
Refírome non só ao tratamento de enfermidades
senón outras cousas que puidemos ver sobre o corpo
que vos abraiarían.
Lembro unha das primeiras veces que vimos o coláxeno.
Todo o corpo, todo:
cabelos, pel, ósos, unllas...
todo está feito de coláxeno.
É coma unha estrutura con forma de corda
que xira e enguedella desta xeito.
O único lugar onde o coláxeno cambia de estrutura
é na córnea do ollo.
No ollo,
é mais coma unha reixa,
de forma que se volve transparente, e non opaco.
Cunha estrutura tan perfecta,
era difícil non atribuirlle orixe divina.
Porque seguíamola a ver unha e outra vez en
distintas partes do corpo.
Tiven a oportunidade de unirme a
unha persoa que traballaba cunha máquina de
resonancias micromagnéticas no Instituto Nacional de Saúde.
Comezamos un proxecto
de escaneado do desenvolvemento
do feto dende a concepción ata o nacemento
usando estas novas tecnoloxías.
Así que escribin o código de algoritmos,
el construiu o aparello, Paul Lauterbur,
logo gañou o premio Nobel polo invento da Imaxe por Resonancia Magnética.
Conseguín os datos.
E vouvos mostrar un cachiño dese traballo:
"Dende a concepción ata o nacemento."
(música)
Texto do vídeo: "Dende a concepción ata o nacemento."
Oocito
Esperma
Óvulo inseminado
24 horas: primeira división do bebé
O óvulo fertilizado divídese unhas horas despois da fusión...
e faino de novo cada 12-15 horas.
Embrión temperán
O saquiño vitelino alimenta o bebé
Día 25, desenvolvemento da cámara cardíaca
Día 32, desenvolvemento de brazos e mans
Día 36, aparecen as vértebras primarias
Durante estas semanas sucede o periodo de desenvolvemento mais rápido do feto.
Se o feto continua crecendo a esta velocidade durante os 9 meses,
pesaría 1,5 tonelada ao nacer.
Día 45,
o corazón do embrión latexa o dobre de rápido do da nai.
Día 51-52,
desenvolvemento da retina, do nariz e dos dedos.
O movemento continuo do feto no útero
permite o desenvolvemento muscular e esquelético.
Semana 12, xenitais non definidos,
non se pode determinar o sexo aínda.
8º mes
Parto: etapa da expulsión.
Momento do nacemento.
(Aplausos)
Alexander: Grazas.
Como podedes ver,
cando se empeza a traballar con estes datos,
resultan espectaculares.
Seguimos a escanear máis e máis,
traballando no proxecto,
con estas dúas células tan simples
que teñen ese mecanismo tan incrible
que as convertirá na maxia de nós.
Seguimos a traballar con estes datos,
observando pequenas zonas do corpo,
estes pequenos tecidos,
un trofoblasto dun blastocisto,
que escarva e se prende na parede do útero,
coma dicindo, "quédome aquí."
De repente parece que fala e se comunica
cos estróxenos e a proxesterona,
dicíndolles, "estou aquí, plantádeme,",
construindo eses fetos incríbles
que, en 44 días, son xa
estruturas recoñecibles.
E en nove semanas
xa case parecen un ser humano.
Unha marabilla desta información:
cómo temos este mecanismo biolóxico
dentro do corpo
para ver esta información?
Ensinareivos algo realmente excepcional.
Isto é un corazón humano ás 25 semanas.
Non é mais ca dous fíos.
E coma un origami fantástico,
as células reprodúcense
durante 4 semanas, a un millón de células por segundo,
mentras se prega sobre si mesmo.
En cinco semanas, pódense albiscar as aurículas e ventrículos primarios.
En seis, os pregos empezan a formar
as papilas dentro do corazón
que permiten pechar
cada unha das súas válvulas
ata conseguir un corazón maduro...
E despois o desenvolvemento do resto do corpo humano.
Hai mecanismos case máxicos
dentro de cada estrutura xenética
que din exactamente onde debe ir cada neurona...
Teñen uns modelos matemáticos moi complexos
de como se fai todo exactamente,
que van mais alá da comprensión humana.
Aínda que eu son matemático,
observo todo isto marabillado.
de como é que todas estas instrucións
non comenten erros
mentres nos constrúen?
É un misterio, é maxia, é divino.
Logo comezas a observar a vida adulta.
Observade esta pequena mata de capilares.
É unha subestrutura microscópica, minúscula.
Pero para cando nacemos, aos nove meses,
temos case 100.000 km de vasos sanguíneos
dentro do corpo.
E só 1 ou 2 km deles son visibles
uns 100 km
que aportan nutrintes e se desfán dos refugallos.
A complexidade de construír iso dentro dun só sistema
é, de novo, superior ao noso entendemento
ou a calquera fórmula que teñamos hoxe.
E esas instrucións
saen do cerebro e van cara ao resto do corpo.
Mirade qué plegamentos tan complexos.
De onde sae o coñecemento
para saber que un plegamento pode conter máis información...
Podemos ver como crece o cerebro dun bebé,
é algo que estamos a facer agora.
Vamos comezar dous novos estudos
onde escanearemos o cerebro dos bebés no momento que nacen,
e cada seis meses ata os seis anos.
Vamos traballar cuns 250 nenos,
observando cómo se pregan as circunvolucións e os sucos
do cerebro, para ver como o desenvolvemento
se convirte en recordos e a marabilla somos nós.
Pero non é só a nosa propia existencia.
Cómo aprende o corpo dunha muller
a ter a estrutura xenética para non só formarse a si mesma
senón que tamén ten o entendemento
para se converter
nun sistema inmunolóxico e cardiovascular andante,
un sistema móbil
que pode nutrir e coidar o bebé; unha marabilla,
de novo, mais alá da nosa comprensión
A maxia da existencia que somos nós.
Grazas.
(Aplausos)