WEBVTT 00:00:00.990 --> 00:00:02.989 Estou aquí para falar do cambio climático, 00:00:03.013 --> 00:00:06.129 pero realmente non son un ecoloxista. 00:00:06.563 --> 00:00:09.790 De feito nunca me considerei unha persoa moi conectada coa natureza. 00:00:09.904 --> 00:00:13.106 Nunca fun de campamento, nin fixen sendeirismo 00:00:13.130 --> 00:00:14.597 e nunca criei unha mascota. 00:00:15.546 --> 00:00:17.299 Vivín toda a miña vida en cidades, 00:00:17.323 --> 00:00:19.022 máis ben nunca única cidade. 00:00:19.046 --> 00:00:21.942 E aínda que me gusta viaxar para visitar a natureza, 00:00:21.966 --> 00:00:25.102 sempre pensei nela como algo que ocorría noutro lugar, 00:00:25.466 --> 00:00:26.815 moi lonxe, 00:00:26.839 --> 00:00:31.833 e que a vida moderna era una fortaleza contra as súas forzas. 00:00:32.689 --> 00:00:33.840 Noutras palabras, 00:00:33.864 --> 00:00:36.494 como practicamente todas as persoas que coñezo, 00:00:36.618 --> 00:00:39.515 vivía a miña vida satisfeito conmigo mesmo 00:00:39.689 --> 00:00:41.150 e ignorando 00:00:41.174 --> 00:00:43.071 a amenaza do quecemento global. 00:00:44.099 --> 00:00:47.305 Cousa que pensaba que acontecía lentamente, 00:00:47.329 --> 00:00:49.448 a unha gran distancia 00:00:49.472 --> 00:00:53.880 e representaba tan só unha leve amenaza para a miña forma de vida. 00:00:55.165 --> 00:00:56.982 Respecto a todas estas formulacións 00:00:57.006 --> 00:01:00.085 estaba pero que moi equivocado. NOTE Paragraph 00:01:01.379 --> 00:01:04.356 Agora a maioría da xente, cando fala do quecemento global 00:01:04.380 --> 00:01:06.259 conta unha historia sobre o futuro. 00:01:06.283 --> 00:01:07.942 Se eu a contase, diría: 00:01:07.966 --> 00:01:10.147 "Segundo a ONU, se non cambiamos o rumbo, 00:01:10.211 --> 00:01:11.503 para finais de século, 00:01:11.547 --> 00:01:13.779 é probable que chegemos aos 4º C de quecemento. 00:01:13.853 --> 00:01:17.089 Isto significaría, segundo algúns científicos, 00:01:17.363 --> 00:01:18.561 o dobre de guerras, 00:01:19.065 --> 00:01:20.418 a metade de alimentos, 00:01:21.660 --> 00:01:27.101 un PIB global posiblemente dun 20 % menos do que sería sen o quecemento global. 00:01:27.125 --> 00:01:30.283 Isto suporía un impacto máis grave que o da Gran Depresión, 00:01:30.307 --> 00:01:32.041 e sería permanente. NOTE Paragraph 00:01:32.537 --> 00:01:36.308 Pero en realidade os impactos vanse producir moito antes do 2100. 00:01:36.332 --> 00:01:38.251 Para o ano 2050, estímase 00:01:38.285 --> 00:01:41.281 que moitas das grandes cidades de Asia do Sur e Oriente Medio 00:01:41.785 --> 00:01:45.340 serán literalmente inhabitables debido á calor que fará no verán. 00:01:45.950 --> 00:01:52.140 Estas son cidades que hoxe en día acollen a 10, 12 ou 15 millóns de persoas. 00:01:52.887 --> 00:01:55.110 E en tan só tres décadas, 00:01:55.134 --> 00:01:57.532 non se podería pasear por elas 00:01:57.556 --> 00:02:00.461 sen arriscarse a un golpe de calor ou a unha posible morte. NOTE Paragraph 00:02:01.088 --> 00:02:04.207 Hoxe en día o planeta é 1.1º C máis quente 00:02:04.231 --> 00:02:06.592 do que o era antes da industrialización. 00:02:06.616 --> 00:02:08.031 Pode que non pareza moito, 00:02:08.775 --> 00:02:12.695 pero en realidade sitúanos totalmente fóra do escaparate de temperaturas 00:02:12.719 --> 00:02:15.431 que envolven toda a historia humana. 00:02:16.331 --> 00:02:20.270 Isto quere dicir que todo o que coñeciamos como especie, 00:02:22.109 --> 00:02:24.204 a evolución do animal humano, 00:02:24.228 --> 00:02:26.276 o desenvolvemento da agricultura, 00:02:26.300 --> 00:02:28.332 o da civilización rudimentaria, 00:02:28.356 --> 00:02:30.913 a civilización moderna e a industrial; 00:02:31.387 --> 00:02:35.241 todo o que coñeciamos sobre nós mesmo como criaturas biolóxicas, 00:02:35.895 --> 00:02:39.037 como criaturas socias, como criaturas políticas, 00:02:39.061 --> 00:02:41.728 todo iso é o resultado das condicións climáticas 00:02:41.752 --> 00:02:44.434 que xa deixamos atrás. 00:02:45.752 --> 00:02:50.331 É como se aterrásemos nun planeta totalmente diferente, 00:02:50.355 --> 00:02:52.566 cun clima totalmente diferente. 00:02:52.720 --> 00:02:54.332 E agora temos que descubrir 00:02:54.356 --> 00:02:57.410 que parte da civilización que traemos connosco 00:02:57.434 --> 00:02:59.701 pode sobrevivir a estas condicións 00:03:00.395 --> 00:03:01.545 e cal non. 00:03:02.887 --> 00:03:04.844 E as cousas empeorarán a partir de agora. NOTE Paragraph 00:03:05.812 --> 00:03:07.860 Durante moito tempo 00:03:07.884 --> 00:03:10.978 contáronnos que o cambio climático era como unha saga lenta. 00:03:11.455 --> 00:03:13.470 Comezaba coa Revolución Industrial 00:03:13.744 --> 00:03:15.315 e tocábanos arranxar 00:03:15.339 --> 00:03:17.450 a desfeita que os nosos avós deixaron, 00:03:17.474 --> 00:03:20.116 para que os nosos netos non lidasen coas consecuencias. 00:03:20.150 --> 00:03:22.087 Foi unha historia que durou séculos. 00:03:23.173 --> 00:03:25.943 De feito, a metade das emisións 00:03:25.967 --> 00:03:29.165 que producimos pola queima de combustibles fósiles 00:03:29.189 --> 00:03:31.624 ao longo da historia da humanidade 00:03:31.648 --> 00:03:35.061 producíronse tan só nos últimos 30 anos. 00:03:35.865 --> 00:03:39.284 Dende que Al Gore publicou o seu primeiro libro sobre quecemento global. 00:03:39.476 --> 00:03:42.937 E dende que a ONU estableceu o seu organismo de cambio climático do IPCC 00:03:43.363 --> 00:03:46.101 causamos máis dano 00:03:46.125 --> 00:03:49.648 que en todos os séculos e milenios anteriores. NOTE Paragraph 00:03:50.355 --> 00:03:52.331 Agora mesmo teño 37 anos, 00:03:52.355 --> 00:03:55.402 o que significa que a miña vida contén toda esta historia. 00:03:55.863 --> 00:04:00.180 Cando eu nacín parecía que o clima do planeta era estable. 00:04:01.447 --> 00:04:02.642 Hoxe en día 00:04:03.344 --> 00:04:05.677 estamos ao bordo da catástrofe. 00:04:07.209 --> 00:04:10.569 A crise climática non é o legado dos nosos antepasados. 00:04:11.387 --> 00:04:14.471 É obra dunha única xeración. 00:04:15.609 --> 00:04:16.609 A nosa. NOTE Paragraph 00:04:17.339 --> 00:04:19.699 Estas poden parecer malas noticias. 00:04:19.723 --> 00:04:21.443 En realidade son moi malas noticias. 00:04:21.597 --> 00:04:24.048 Pero penso que tamén implican 00:04:24.072 --> 00:04:27.095 algunhas boas noticias, aínda que sexa de forma relativa. 00:04:27.429 --> 00:04:29.896 Estas consecuencias son terriblemente grandes. 00:04:30.322 --> 00:04:33.885 Pero penso que tamén son estimulantes. 00:04:35.268 --> 00:04:37.760 Porque son basicamente un reflexo 00:04:37.784 --> 00:04:41.243 do grandísimo poder que temos sobre o clima. 00:04:41.807 --> 00:04:44.260 Se chegamos a esas horribles situacións 00:04:44.284 --> 00:04:46.871 será porque nós mesmos fixemos que ocorresen, 00:04:46.895 --> 00:04:49.828 porque escollemos deixar que ocorresen. 00:04:50.657 --> 00:04:55.037 O que significa que podemos escoller que ocurran outras situacións tamén. NOTE Paragraph 00:04:56.560 --> 00:04:58.822 Pode que sexa un pensamento moi optimista 00:04:58.846 --> 00:05:02.246 e, de feito, os obstáculos políticos son enormes. 00:05:02.970 --> 00:05:04.121 Pero é algo moi simple. 00:05:04.155 --> 00:05:06.639 A causante do quecemento global é a actuación humana: 00:05:06.763 --> 00:05:08.704 canto carbono aportamos á atmosfera? 00:05:08.728 --> 00:05:10.728 As nosas mans están nesa panca. 00:05:11.046 --> 00:05:15.283 Nós mesmos podemos escribir a historia do futuro clima do planeta. 00:05:15.929 --> 00:05:18.667 Non só podemos, senón que o faremos. 00:05:18.691 --> 00:05:21.714 Dado que a inactividade é un tipo de actividade, 00:05:21.738 --> 00:05:25.548 escribiremos esta historia queiramos ou non. 00:05:27.070 --> 00:05:28.468 Non é unha historia calquera, 00:05:29.466 --> 00:05:33.061 a de todos nós sostendo o futuro do planeta nas nosas mans. 00:05:33.570 --> 00:05:38.209 É o tipo de historia que adoitabamos identificar só na mitoloxía 00:05:38.416 --> 00:05:39.443 e na teoloxía. 00:05:39.982 --> 00:05:41.363 Unha única xeración 00:05:41.387 --> 00:05:44.219 que puxo o futuro da humanidade en dúbida 00:05:44.243 --> 00:05:47.514 e agora ten como tarefa asegurar un novo futuro. NOTE Paragraph 00:05:49.657 --> 00:05:51.243 Como sería este? 00:05:51.791 --> 00:05:55.749 Poderiamos ter un planeta cuberto de paneis solares, 00:05:56.023 --> 00:05:57.381 mirásemos a onde mirásemos. 00:05:58.025 --> 00:06:01.027 Podería supor que, no caso de desenvolver unha tecoloxía mellor, 00:06:01.061 --> 00:06:03.763 nin sequera precisásemos implementalos tan ampliamente, 00:06:03.787 --> 00:06:07.206 xa que se calcula que tan só un chisco do deserto do Sáhara 00:06:07.230 --> 00:06:10.504 absorbe suficiente enerxía solar para cubrir as necesidades mundiais. 00:06:11.040 --> 00:06:13.976 Pero probablemente precisariamos unha nova rede eléctrica, 00:06:14.000 --> 00:06:16.984 unha que non perda dous terzos da súa enerxía en calor residual 00:06:17.008 --> 00:06:19.178 como ocorre hoxe en día nos EEUU. 00:06:19.482 --> 00:06:22.299 Quizais poderiamos utilizar máis enerxía nuclear, 00:06:22.323 --> 00:06:25.708 aínda que tería que ser un tipo de enerxía nuclear totalmente diferente, 00:06:25.742 --> 00:06:28.434 porque a tecnoloxía actual non é competitiva en custos 00:06:28.458 --> 00:06:31.324 coa enerxía renovable, cuxos prezos están caendo rapidamente. NOTE Paragraph 00:06:32.402 --> 00:06:34.291 Precisariamos un modelo novo de avión, 00:06:34.315 --> 00:06:36.957 porque non creo que sexa especialmente práctico 00:06:36.981 --> 00:06:39.290 pedirlle ao mundo enteiro que non viaxe por aire, 00:06:39.314 --> 00:06:41.314 sobre todo xa que gran parte do sur global, 00:06:41.328 --> 00:06:43.486 por primeira vez, ten cartos para facelo. 00:06:44.558 --> 00:06:46.778 Precisamos avións que non produzan carbono. 00:06:46.852 --> 00:06:49.019 Precisamos un novo modelo de agricultura, 00:06:49.233 --> 00:06:52.933 porque non podemos pedirlle á xente que renuncie á carne e se volva vegana. 00:06:52.967 --> 00:06:54.940 Suporía unha nova forma de criar reses. 00:06:54.974 --> 00:06:56.767 Ou quzais unha antiga forma, 00:06:56.791 --> 00:07:00.077 dado que xa sabemos que as prácticas tradicionais de pastoreo 00:07:00.101 --> 00:07:01.986 poden converter as granxas de gando 00:07:02.010 --> 00:07:05.157 que se coñecen como fontes de carbono, que producen CO2, 00:07:05.181 --> 00:07:07.243 en sumidoiros de carbono, que as absorben. 00:07:07.628 --> 00:07:09.280 Se prefiren un remedio tecnolóxico 00:07:09.304 --> 00:07:11.567 quizais poderiamos crear carne en laboratorios. 00:07:11.761 --> 00:07:14.349 Probablemente poderiamos alimentar as reses con algas, 00:07:14.373 --> 00:07:18.333 xa que iso reduciría as súas emisións de metano ata nun 95 ou 99 %. NOTE Paragraph 00:07:19.841 --> 00:07:22.020 Probablemente teriamos que facer todo isto, 00:07:22.044 --> 00:07:24.777 porque como en todos os aspectos deste crebacabezas, 00:07:24.801 --> 00:07:27.793 o problema é demasiado grande e complicado 00:07:27.817 --> 00:07:30.925 para que se resolva de forma milagrosa. NOTE Paragraph 00:07:32.212 --> 00:07:34.894 E non importa cantas solucións implementemos, 00:07:34.918 --> 00:07:38.151 probablemente non seremos capaces de descarbonizar a tempo. 00:07:38.743 --> 00:07:40.712 Enfrontámonos a uns números aterradores. 00:07:41.538 --> 00:07:44.363 Non podemos derrotar ao cambio climático, 00:07:44.887 --> 00:07:46.953 tan só podemos vivir con el e limitalo. 00:07:47.746 --> 00:07:49.309 Probablemente necesitariamos 00:07:49.343 --> 00:07:51.744 certa cantidade do que chamamos emisións negativas, 00:07:51.768 --> 00:07:53.904 que tamén eliminan carbono da atmosfera. 00:07:54.538 --> 00:07:57.599 Billóns de árbores novos, ou quizais trillóns. 00:07:58.355 --> 00:08:01.211 Plantacións enteiras de máquinas que capturen carbono. 00:08:01.845 --> 00:08:05.076 Quizais unha industria o doble ou o cuádruple de grande 00:08:05.100 --> 00:08:07.281 que o negocio do gas e o petróleo actual 00:08:07.305 --> 00:08:11.582 para emendar o dano causado por eses negocios nas últimas décadas. NOTE Paragraph 00:08:12.202 --> 00:08:14.724 Precisariamos un novo tipo de infraestrutura, 00:08:14.748 --> 00:08:16.990 construída a base dun tipo diferente de cemento, 00:08:17.024 --> 00:08:18.982 porque actualmente, se este fose un país 00:08:19.006 --> 00:08:21.429 sería o terceiro emisor máis grande do mundo. 00:08:21.919 --> 00:08:24.879 E China emprega tanto cemento cada tres anos 00:08:24.903 --> 00:08:28.015 como os EEUU en todo o século 20. 00:08:28.349 --> 00:08:30.975 Teriamos que construír quebraondas e diques 00:08:30.999 --> 00:08:33.752 para protexer a todas as persoas que viven nas costas, 00:08:33.786 --> 00:08:36.498 pero moitas son moi pobres para poder facelo actualmente. 00:08:36.522 --> 00:08:43.046 Isto debería supor a fin das xeopolíticas estreitamente nacionalistas 00:08:43.140 --> 00:08:46.872 que permiten definir o sufrimento dos que viven en calquera lugar do mundo 00:08:47.046 --> 00:08:48.196 como insignificante, 00:08:48.220 --> 00:08:50.133 incluso cando o recoñecemos. NOTE Paragraph 00:08:50.157 --> 00:08:52.325 Este futuro mellor non será sinxelo. 00:08:53.472 --> 00:08:56.368 Pero o único obstáculo son os humanos. 00:08:56.789 --> 00:08:58.455 Pode que non sexa un gran sosego, 00:08:58.479 --> 00:09:01.606 se saben o mesmo ca min sobre a crueldade e a indiferenza humana, 00:09:01.760 --> 00:09:04.553 pero prométolles que é mellor que a alternativa. 00:09:04.577 --> 00:09:06.900 A ciencia non nos impide tomar medidas 00:09:06.924 --> 00:09:08.658 e a tecnoloxía tampouco. 00:09:09.593 --> 00:09:12.632 Posuímos as ferramentas que precisamos hoxe en día para comezar. 00:09:13.585 --> 00:09:17.125 Por suposto, tamén temos as ferramentas necesarias para rematar coa fame, 00:09:17.149 --> 00:09:18.631 as enfermidades epidémicas 00:09:18.655 --> 00:09:20.722 e tamén o maltrato ás mulleres. 00:09:21.093 --> 00:09:25.224 E é por iso que máis que ferramentas precisamos novas políticas, 00:09:25.538 --> 00:09:28.903 unha maneira de vencer todos os obstáculos humanos: 00:09:28.927 --> 00:09:30.855 a nosa cultura, a nosa economía, 00:09:30.879 --> 00:09:32.315 a tendencia a esta situación, 00:09:32.339 --> 00:09:35.767 o noso desinterese por tomarnos en serio calquera cousa que temamos. 00:09:36.149 --> 00:09:37.549 A nosa falta de visión. 00:09:37.855 --> 00:09:39.655 O noso sentido do interese propio. 00:09:39.974 --> 00:09:43.323 E o egoísmo dos ricos e poderosos do mundo, 00:09:43.347 --> 00:09:45.727 que teñen unha motivación mínima para cambiar algo. 00:09:46.717 --> 00:09:48.590 Agora si, eles tamén sufrirán, 00:09:49.392 --> 00:09:52.153 pero non tanto como os máis desfavorecidos, 00:09:52.177 --> 00:09:54.557 que farán o posible por producir menos quecemento 00:09:54.931 --> 00:09:56.586 e serán os menos beneficiados 00:09:56.610 --> 00:09:59.760 polos procesos que nos trouxeron a este punto da crise, 00:09:59.784 --> 00:10:02.222 pero levarán unha carga maior nas vindeiras décadas. 00:10:03.077 --> 00:10:04.410 Unha nova política 00:10:04.434 --> 00:10:06.738 fará que manexar esa carga, 00:10:07.768 --> 00:10:10.348 onde cae e con que intensidade, 00:10:10.372 --> 00:10:13.135 sexa a principal prioridade da nosa época. NOTE Paragraph 00:10:14.768 --> 00:10:19.612 Fagamos o que fagamos, o quecemento global transformará a vida moderna. 00:10:21.776 --> 00:10:25.559 Certa cantidade de quecemento xa está aí e é inevitable, 00:10:25.603 --> 00:10:28.702 o que supón que seguramente tamén exista un sufrimiento adicional. 00:10:29.260 --> 00:10:31.307 E aínda que tomemos medias drásticas 00:10:31.331 --> 00:10:34.696 e evitemos algunhas destas verdadeiramente terroríficas situacións, 00:10:34.720 --> 00:10:38.565 significaría vivir un planeta totalmente diferente. 00:10:39.193 --> 00:10:42.162 Cunha nova política, unha nova economía, 00:10:42.186 --> 00:10:44.286 unha nova relación coa tecnoloxía 00:10:44.400 --> 00:10:46.709 e unha nova relación coa natureza: 00:10:46.733 --> 00:10:49.462 un mundo totalmente novo. 00:10:50.336 --> 00:10:52.270 Pero relativamente habitable. 00:10:53.074 --> 00:10:54.860 Relativamente próspero. 00:10:55.987 --> 00:10:56.987 E verde. 00:10:58.392 --> 00:11:00.587 Por que non o iamos escoller? NOTE Paragraph 00:11:01.929 --> 00:11:02.929 Grazas. NOTE Paragraph 00:11:03.103 --> 00:11:07.862 (Aplausos)