WEBVTT 00:00:00.000 --> 00:00:02.000 Ola, o meu nome é Frank 00:00:02.000 --> 00:00:04.000 e colecciono segredos. 00:00:04.000 --> 00:00:06.000 Todo comezou cunha idea tola 00:00:06.000 --> 00:00:09.000 en novembro do 2004. 00:00:09.000 --> 00:00:12.000 Imprimín máis de 3000 postais coa miña dirección, 00:00:12.000 --> 00:00:14.000 xusto coma esta. 00:00:14.000 --> 00:00:16.000 Estaban en branco por un lado, 00:00:16.000 --> 00:00:18.000 e no outro lado 00:00:18.000 --> 00:00:20.000 listei unhas instrucións sinxelas. 00:00:20.000 --> 00:00:23.000 Pedínlle a xente que compartise anonimamente un segredo enxeñoso 00:00:23.000 --> 00:00:26.000 que nunca lle contaran a ninguén. 00:00:26.000 --> 00:00:28.000 E repartín esas postais ó azar 00:00:28.000 --> 00:00:30.000 polas rúas de Washington D.C. 00:00:30.000 --> 00:00:32.000 sen saber que agardar. NOTE Paragraph 00:00:32.000 --> 00:00:35.000 Pero a idea deseguida empezou a expandirse. 00:00:35.000 --> 00:00:38.000 A xente empezou a mercar as súas propias postais 00:00:38.000 --> 00:00:40.000 e a facer as súas propias postais. 00:00:40.000 --> 00:00:43.000 Comecei a recibir segredos na caixa de correo da miña casa, 00:00:43.000 --> 00:00:46.000 non só con mataselos de Washington D.C., 00:00:46.000 --> 00:00:48.000 senón de Texas, California, 00:00:48.000 --> 00:00:51.000 Vancouver, Nova Zelandia, Iraq. 00:00:51.000 --> 00:00:55.000 De súpeto a miña tolemia non parecía tal tolemia. 00:00:55.000 --> 00:00:57.000 PostSecret.com 00:00:57.000 --> 00:01:01.000 é o blog sen publicidade máis visitado do mundo. 00:01:01.000 --> 00:01:04.000 E esta é a miña colección de postais no presente. 00:01:06.000 --> 00:01:08.000 Podedes ver á miña muller 00:01:08.000 --> 00:01:10.000 intentando amorear un montón de postais 00:01:10.000 --> 00:01:14.000 nunha pirámide de máis de medio millón de segredos. NOTE Paragraph 00:01:14.000 --> 00:01:16.000 O que me gustaría facer agora 00:01:16.000 --> 00:01:19.000 é compartir con vós unha manda moi especial de segredos 00:01:19.000 --> 00:01:21.000 desa colección, 00:01:21.000 --> 00:01:24.000 empezando por este. 00:01:25.000 --> 00:01:28.000 "Atopei estes selos cando era neno, 00:01:28.000 --> 00:01:30.000 e agardei toda a vida 00:01:30.000 --> 00:01:33.000 a ter alguén a quen mandarllos. 00:01:33.000 --> 00:01:35.000 Nunca tiven a ninguén." 00:01:35.000 --> 00:01:37.000 Os segredos poden adoptar moitas formas. 00:01:37.000 --> 00:01:39.000 Poden ser impactantes, 00:01:39.000 --> 00:01:42.000 parvos ou conmovedores. 00:01:42.000 --> 00:01:45.000 Poden conectarnos coa nosa humanidade máis profunda 00:01:45.000 --> 00:01:48.000 ou con xente que nunca coñeceremos. 00:01:51.000 --> 00:01:59.000 Poño descafeinado ós clientes que son groseiros comigo! (Risos) 00:01:59.000 --> 00:02:01.000 Pode que un de vós enviara este. 00:02:01.000 --> 00:02:03.000 Non o sei. 00:02:03.000 --> 00:02:05.000 Este amosa moi ben 00:02:05.000 --> 00:02:07.000 a creatividade da xente 00:02:07.000 --> 00:02:09.000 cando fan e me envían unha postal. 00:02:09.000 --> 00:02:12.000 Esta obviamente está feita coa metade dun vaso do Starbucks 00:02:12.000 --> 00:02:16.000 cun selo e a miña dirección escrita no outro lado. NOTE Paragraph 00:02:18.000 --> 00:02:21.000 "Querida nai biolóxica, teño uns pais xeniais. 00:02:21.000 --> 00:02:24.000 Atopei amor. Son feliz". 00:02:26.000 --> 00:02:29.000 Os segredos poden lembrarnos os incontables dramas humanos, 00:02:29.000 --> 00:02:32.000 debilidades e heroísmo, 00:02:32.000 --> 00:02:34.000 actuando silandeiramente 00:02:34.000 --> 00:02:36.000 nas vidas da xente do noso arredor 00:02:36.000 --> 00:02:39.000 mesmo agora. 00:02:40.000 --> 00:02:44.000 "Todo o mundo que me coñecía antes do 11S 00:02:44.000 --> 00:02:47.000 cre que estou morto". 00:02:53.000 --> 00:02:56.000 "Adoitaba traballar cunha manda de persoas relixiosas pechadas, 00:02:56.000 --> 00:02:58.000 así que de cando en vez non levaba bragas 00:02:58.000 --> 00:03:01.000 e simplemente amosaba un gran sorriso e ría por dentro". NOTE Paragraph 00:03:01.000 --> 00:03:06.000 (Risos) NOTE Paragraph 00:03:09.000 --> 00:03:12.000 O seguinte precisa unha pequena explicación antes de que volo ensine. 00:03:12.000 --> 00:03:15.000 Encántame falar nos campus universitarios 00:03:15.000 --> 00:03:17.000 e compartir segredos e historias cos estudantes. 00:03:17.000 --> 00:03:20.000 E ás veces quedo despois 00:03:20.000 --> 00:03:23.000 e asino libros e fágome fotos cos estudantes. 00:03:23.000 --> 00:03:25.000 E a seguinte postal está feita 00:03:25.000 --> 00:03:27.000 cunha desas fotos. 00:03:27.000 --> 00:03:29.000 E tamén debo mencionar que, igual que hoxe, 00:03:29.000 --> 00:03:31.000 no evento de PostSecret, 00:03:31.000 --> 00:03:34.000 estaba a usar un micrófono sen cables. 00:03:36.000 --> 00:03:38.000 "O teu micrófono non estaba apagado durante a proba de son. 00:03:38.000 --> 00:03:40.000 Todos te escoitamos mexar". 00:03:40.000 --> 00:03:49.000 (Risos) 00:03:49.000 --> 00:03:51.000 Isto foi moi avergoñante cando sucedeu, 00:03:51.000 --> 00:03:56.000 ata que me decatei de que podería ser peor. 00:03:56.000 --> 00:03:59.000 Sabedes o que quero dicir. NOTE Paragraph 00:03:59.000 --> 00:04:02.000 (Risos) NOTE Paragraph 00:04:02.000 --> 00:04:04.000 "Dentro deste sobre 00:04:04.000 --> 00:04:06.000 están os anacos rotos 00:04:06.000 --> 00:04:08.000 dunha carta de suicidio que non usei. 00:04:08.000 --> 00:04:12.000 Síntome como a persoa máis feliz do mundo (agora)". 00:04:16.000 --> 00:04:19.000 "Un destes homes é o pai do meu fillo. 00:04:19.000 --> 00:04:22.000 Pagoume unha morea para que mantivera o segredo". NOTE Paragraph 00:04:22.000 --> 00:04:30.000 (Risos) NOTE Paragraph 00:04:32.000 --> 00:04:35.000 "Aquel sábado que te preguntabas onde estaba, 00:04:35.000 --> 00:04:37.000 ben, estaba mercando o teu anel. 00:04:37.000 --> 00:04:39.000 Está no meu peto nestes momentos". 00:04:39.000 --> 00:04:42.000 Publiquei esta postal no blog de PostSecret 00:04:42.000 --> 00:04:44.000 hai dous anos no día de San Valentín. 00:04:44.000 --> 00:04:47.000 Estaba abaixo de todo, o último segredo da longa columna. 00:04:47.000 --> 00:04:50.000 E non pasaran máis de un par de horas 00:04:50.000 --> 00:04:52.000 cando recibín este exuberante e-mail 00:04:52.000 --> 00:04:54.000 do rapaz que me enviara esta postal. NOTE Paragraph 00:04:54.000 --> 00:04:57.000 Dicía: "Frank, teño que compartir contigo 00:04:57.000 --> 00:04:59.000 a historia que acaba de pasar na miña vida". 00:04:59.000 --> 00:05:02.000 Dicía: "Os meus xeonllos aínda están a tremer". 00:05:02.000 --> 00:05:05.000 Dicía: "Hai tres anos que a miña moza e máis eu 00:05:05.000 --> 00:05:07.000 temos o ritual matinal dos domingos 00:05:07.000 --> 00:05:09.000 de visitar o blog de PostSecret xuntos 00:05:09.000 --> 00:05:11.000 e ler os segredos en voz alta. 00:05:11.000 --> 00:05:14.000 Eu léolle uns a ela, ela leme outros a min". 00:05:14.000 --> 00:05:16.000 Dicía: "iso realmente nos uniu 00:05:16.000 --> 00:05:18.000 durante estes anos. NOTE Paragraph 00:05:18.000 --> 00:05:20.000 E entón cando descubrín 00:05:20.000 --> 00:05:22.000 que colgaras 00:05:22.000 --> 00:05:24.000 a miña proposición sorpresa para a miña moza ó final de todo, 00:05:24.000 --> 00:05:26.000 estaba fóra de min. 00:05:26.000 --> 00:05:28.000 Intentei actuar con calma, non amosar nada. 00:05:28.000 --> 00:05:30.000 E coma cada domingo 00:05:30.000 --> 00:05:34.000 comezamos a ler os segredos en voz alto un ó outro". 00:05:34.000 --> 00:05:37.000 Dicía: "pero esta vez parecía que tardaba anos 00:05:37.000 --> 00:05:39.000 en pasar dun ó outro". 00:05:39.000 --> 00:05:41.000 Pero finalmente o fixo. 00:05:41.000 --> 00:05:44.000 Chegou o segredo do final, a súa proposición para ela. 00:05:44.000 --> 00:05:49.000 E dicía: "leuno unha vez, e despois o volveu ler." 00:05:49.000 --> 00:05:51.000 Virouse cara el e lle dixo. 00:05:51.000 --> 00:05:53.000 "Non é ese o noso gato?" 00:05:53.000 --> 00:06:01.000 (Risos) 00:06:01.000 --> 00:06:03.000 E cando o mirou 00:06:03.000 --> 00:06:05.000 estaba cun xeonllo no chan, ensinándolle o anel. 00:06:05.000 --> 00:06:08.000 Fíxolle a pregunta, dixo que si. Foi un final moi feliz. NOTE Paragraph 00:06:08.000 --> 00:06:10.000 Así que lle respondín 00:06:10.000 --> 00:06:12.000 e lle dixen, "Por favor, mándame unha imaxe ou algo 00:06:12.000 --> 00:06:15.000 que poida compartir con toda a comunidade de PostSecret 00:06:15.000 --> 00:06:18.000 para que todo o mundo saiba o final da túa historia de conto". 00:06:18.000 --> 00:06:20.000 E mandoume esta fotografía. NOTE Paragraph 00:06:20.000 --> 00:06:24.000 (Risos) NOTE Paragraph 00:06:25.000 --> 00:06:28.000 "Atopei a túa cámara en Lollapalooza este verán. 00:06:28.000 --> 00:06:31.000 Por fin as levei a revelar 00:06:31.000 --> 00:06:35.000 e gustaríame darchas". 00:06:35.000 --> 00:06:37.000 Esta fotografía nunca foi devolta 00:06:37.000 --> 00:06:40.000 á xente que a perdera, 00:06:40.000 --> 00:06:43.000 pero este segredo impactou en moitas vidas, 00:06:43.000 --> 00:06:45.000 empezando cun estudante de Canadá 00:06:45.000 --> 00:06:47.000 chamado Matty. 00:06:47.000 --> 00:06:49.000 Matty inspirouse neste segredo 00:06:49.000 --> 00:06:51.000 para empezar o seu propio sitio web, 00:06:51.000 --> 00:06:54.000 unha web chamada IFoundYourCamera. 00:06:54.000 --> 00:06:56.000 Matty invita a xente 00:06:56.000 --> 00:06:59.000 a enviarlle cámaras dixitais que atoparan, 00:06:59.000 --> 00:07:01.000 memorias que se perderan 00:07:01.000 --> 00:07:03.000 con fotos orfas. 00:07:03.000 --> 00:07:05.000 E Matty colle as fotografías desas cámaras 00:07:05.000 --> 00:07:08.000 e as colga na súa web cada semana. 00:07:08.000 --> 00:07:10.000 E a xente as visita 00:07:10.000 --> 00:07:13.000 para ver se poden identificar una fotografía que perderan 00:07:13.000 --> 00:07:16.000 ou axudar a alguén a recuperar as fotografías 00:07:16.000 --> 00:07:20.000 que pode que estiveran buscando desesperadamente. 00:07:20.000 --> 00:07:22.000 Esta é a miña favorita. NOTE Paragraph 00:07:22.000 --> 00:07:25.000 (Risos) NOTE Paragraph 00:07:25.000 --> 00:07:29.000 Matty atopou esta enxeñosa maneira 00:07:29.000 --> 00:07:32.000 de aumentar a amabilidade dos descoñecidos. 00:07:32.000 --> 00:07:35.000 E pode parecer unha idea simple, e o é, 00:07:35.000 --> 00:07:38.000 pero o impacto que pode ter na vida das persoas pode ser enorme. 00:07:38.000 --> 00:07:40.000 Matty compartiu comigo 00:07:40.000 --> 00:07:42.000 un emotivo e-mail que recibiu 00:07:42.000 --> 00:07:46.000 da nai desta fotografía. 00:07:46.000 --> 00:07:49.000 "Esta son eu co meu marido e o meu fillo. 00:07:49.000 --> 00:07:53.000 As outras fotografías son da miña avoa, que está moi enferma. 00:07:53.000 --> 00:07:55.000 Grazas por crear este sitio. 00:07:55.000 --> 00:07:58.000 Estas fotografías significan para min máis do que poidas imaxinar. 00:07:58.000 --> 00:08:00.000 O nacemento do meu fillo está nesta cámara. 00:08:00.000 --> 00:08:03.000 Mañá cumpre catro anos". 00:08:04.000 --> 00:08:06.000 Cada fotografía que podedes ver aí 00:08:06.000 --> 00:08:08.000 e outros centos 00:08:08.000 --> 00:08:10.000 foron devoltas á persoa que as perdera, 00:08:10.000 --> 00:08:12.000 as veces cruzando océanos, 00:08:12.000 --> 00:08:15.000 outras superando a barreira da linguaxe. NOTE Paragraph 00:08:17.000 --> 00:08:20.000 Esta é a última postal que teño para compartir con vós hoxe. 00:08:20.000 --> 00:08:23.000 "Cando a xente que quero 00:08:23.000 --> 00:08:25.000 deixa mensaxes de voz no meu teléfono 00:08:25.000 --> 00:08:28.000 sempre os gardo por se acaso morren mañá 00:08:28.000 --> 00:08:30.000 e non teño outra maneira 00:08:30.000 --> 00:08:33.000 de escoitar a súa voz outra vez". 00:08:34.000 --> 00:08:36.000 Cando colguei este segredo, 00:08:36.000 --> 00:08:38.000 ducias de persoas 00:08:38.000 --> 00:08:40.000 enviaron mensaxes de voz dos seus teléfonos 00:08:40.000 --> 00:08:43.000 ás veces algúns que os tiveran gardados durante anos 00:08:43.000 --> 00:08:46.000 mensaxes da familia ou amigos 00:08:46.000 --> 00:08:49.000 que morreran. 00:08:49.000 --> 00:08:51.000 Dixeron que preservando esas voces 00:08:51.000 --> 00:08:53.000 e compartíndoas 00:08:53.000 --> 00:08:58.000 axudábanlles a manter o espírito dos seres queridos vivo. 00:08:58.000 --> 00:09:00.000 Unha rapariga xove 00:09:00.000 --> 00:09:02.000 colgou a última mensaxe 00:09:02.000 --> 00:09:05.000 que escoitara da súa avoa. NOTE Paragraph 00:09:06.000 --> 00:09:09.000 Os segredos poden adoptar moitas formas. 00:09:09.000 --> 00:09:12.000 Poden ser impactantes ou parvos 00:09:12.000 --> 00:09:14.000 ou conmovedores. 00:09:14.000 --> 00:09:16.000 Poden conectarnos coa nosa humanidade máis profunda 00:09:16.000 --> 00:09:21.000 ou con xente que nunca volveremos ver. NOTE Paragraph 00:09:21.000 --> 00:09:24.000 Mensaxe de voz: primeira mensaxe de voz gardada 00:09:25.000 --> 00:09:30.000 Avoa: ♫ É o aniversario de alguén hoxe ♫ 00:09:30.000 --> 00:09:34.000 ♫ O aniversario de alguén hoxe ♫ 00:09:34.000 --> 00:09:37.000 ♫ As candeas están acesas ♫ 00:09:37.000 --> 00:09:40.000 ♫ na torta de alguén ♫ 00:09:40.000 --> 00:09:43.000 ♫ E todos estamos convidados ♫ 00:09:43.000 --> 00:09:45.000 ♫ á torta de alguén ♫ 00:09:45.000 --> 00:09:48.000 Hoxe cumpres 21 anos. 00:09:48.000 --> 00:09:51.000 Que teñas un moi feliz aniversario, quérote. 00:09:51.000 --> 00:09:53.000 Adeus de momento. NOTE Paragraph 00:09:53.000 --> 00:09:55.000 FW: Grazas. NOTE Paragraph 00:09:55.000 --> 00:10:01.000 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:10:01.000 --> 00:10:03.000 Grazas. NOTE Paragraph 00:10:03.000 --> 00:10:14.000 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:10:14.000 --> 00:10:16.000 June Cohen: Frank, iso foi precioso, 00:10:16.000 --> 00:10:18.000 tan emotivo. 00:10:18.000 --> 00:10:20.000 Algunha vez enviácheste a ti mesmo unha postal? 00:10:20.000 --> 00:10:22.000 Algunha vez enviaches un segredo a PostSecret? NOTE Paragraph 00:10:22.000 --> 00:10:25.000 FW: Teño un segredo propio en cada libro. 00:10:25.000 --> 00:10:28.000 Creo que, dalgunha maneira, a razón pola que comecei o proxecto, 00:10:28.000 --> 00:10:30.000 aínda que non o soubera nese momento 00:10:30.000 --> 00:10:33.000 foi porque estaba pelexando cos meus propios segredos. 00:10:33.000 --> 00:10:35.000 E foi grazas á externalización, 00:10:35.000 --> 00:10:38.000 a través da amabilidade que os descoñecidos me amosaban, 00:10:38.000 --> 00:10:40.000 que puiden destapar 00:10:40.000 --> 00:10:43.000 partes do meu pasado que me estaban a perseguir. NOTE Paragraph 00:10:43.000 --> 00:10:45.000 JC: E algunha vez alguén descubriu 00:10:45.000 --> 00:10:47.000 cal era o teu segredo no libro? 00:10:47.000 --> 00:10:49.000 Alguén da túa vida o conseguiu descubrir? NOTE Paragraph 00:10:49.000 --> 00:10:51.000 FW: Algunhas veces comparto esa información, si. NOTE Paragraph 00:10:51.000 --> 00:10:54.000 (Risos) NOTE Paragraph 00:10:54.000 --> 00:11:02.000 (Aplausos)