1 00:00:00,000 --> 00:00:02,000 Ola, o meu nome é Frank 2 00:00:02,000 --> 00:00:04,000 e colecciono segredos. 3 00:00:04,000 --> 00:00:06,000 Todo comezou cunha idea tola 4 00:00:06,000 --> 00:00:09,000 en novembro do 2004. 5 00:00:09,000 --> 00:00:12,000 Imprimín máis de 3000 postais coa miña dirección, 6 00:00:12,000 --> 00:00:14,000 xusto coma esta. 7 00:00:14,000 --> 00:00:16,000 Estaban en branco por un lado, 8 00:00:16,000 --> 00:00:18,000 e no outro lado 9 00:00:18,000 --> 00:00:20,000 listei unhas instrucións sinxelas. 10 00:00:20,000 --> 00:00:23,000 Pedínlle a xente que compartise anonimamente un segredo enxeñoso 11 00:00:23,000 --> 00:00:26,000 que nunca lle contaran a ninguén. 12 00:00:26,000 --> 00:00:28,000 E repartín esas postais ó azar 13 00:00:28,000 --> 00:00:30,000 polas rúas de Washington D.C. 14 00:00:30,000 --> 00:00:32,000 sen saber que agardar. 15 00:00:32,000 --> 00:00:35,000 Pero a idea deseguida empezou a expandirse. 16 00:00:35,000 --> 00:00:38,000 A xente empezou a mercar as súas propias postais 17 00:00:38,000 --> 00:00:40,000 e a facer as súas propias postais. 18 00:00:40,000 --> 00:00:43,000 Comecei a recibir segredos na caixa de correo da miña casa, 19 00:00:43,000 --> 00:00:46,000 non só con mataselos de Washington D.C., 20 00:00:46,000 --> 00:00:48,000 senón de Texas, California, 21 00:00:48,000 --> 00:00:51,000 Vancouver, Nova Zelandia, Iraq. 22 00:00:51,000 --> 00:00:55,000 De súpeto a miña tolemia non parecía tal tolemia. 23 00:00:55,000 --> 00:00:57,000 PostSecret.com 24 00:00:57,000 --> 00:01:01,000 é o blog sen publicidade máis visitado do mundo. 25 00:01:01,000 --> 00:01:04,000 E esta é a miña colección de postais no presente. 26 00:01:06,000 --> 00:01:08,000 Podedes ver á miña muller 27 00:01:08,000 --> 00:01:10,000 intentando amorear un montón de postais 28 00:01:10,000 --> 00:01:14,000 nunha pirámide de máis de medio millón de segredos. 29 00:01:14,000 --> 00:01:16,000 O que me gustaría facer agora 30 00:01:16,000 --> 00:01:19,000 é compartir con vós unha manda moi especial de segredos 31 00:01:19,000 --> 00:01:21,000 desa colección, 32 00:01:21,000 --> 00:01:24,000 empezando por este. 33 00:01:25,000 --> 00:01:28,000 "Atopei estes selos cando era neno, 34 00:01:28,000 --> 00:01:30,000 e agardei toda a vida 35 00:01:30,000 --> 00:01:33,000 a ter alguén a quen mandarllos. 36 00:01:33,000 --> 00:01:35,000 Nunca tiven a ninguén." 37 00:01:35,000 --> 00:01:37,000 Os segredos poden adoptar moitas formas. 38 00:01:37,000 --> 00:01:39,000 Poden ser impactantes, 39 00:01:39,000 --> 00:01:42,000 parvos ou conmovedores. 40 00:01:42,000 --> 00:01:45,000 Poden conectarnos coa nosa humanidade máis profunda 41 00:01:45,000 --> 00:01:48,000 ou con xente que nunca coñeceremos. 42 00:01:51,000 --> 00:01:59,000 Poño descafeinado ós clientes que son groseiros comigo! (Risos) 43 00:01:59,000 --> 00:02:01,000 Pode que un de vós enviara este. 44 00:02:01,000 --> 00:02:03,000 Non o sei. 45 00:02:03,000 --> 00:02:05,000 Este amosa moi ben 46 00:02:05,000 --> 00:02:07,000 a creatividade da xente 47 00:02:07,000 --> 00:02:09,000 cando fan e me envían unha postal. 48 00:02:09,000 --> 00:02:12,000 Esta obviamente está feita coa metade dun vaso do Starbucks 49 00:02:12,000 --> 00:02:16,000 cun selo e a miña dirección escrita no outro lado. 50 00:02:18,000 --> 00:02:21,000 "Querida nai biolóxica, teño uns pais xeniais. 51 00:02:21,000 --> 00:02:24,000 Atopei amor. Son feliz". 52 00:02:26,000 --> 00:02:29,000 Os segredos poden lembrarnos os incontables dramas humanos, 53 00:02:29,000 --> 00:02:32,000 debilidades e heroísmo, 54 00:02:32,000 --> 00:02:34,000 actuando silandeiramente 55 00:02:34,000 --> 00:02:36,000 nas vidas da xente do noso arredor 56 00:02:36,000 --> 00:02:39,000 mesmo agora. 57 00:02:40,000 --> 00:02:44,000 "Todo o mundo que me coñecía antes do 11S 58 00:02:44,000 --> 00:02:47,000 cre que estou morto". 59 00:02:53,000 --> 00:02:56,000 "Adoitaba traballar cunha manda de persoas relixiosas pechadas, 60 00:02:56,000 --> 00:02:58,000 así que de cando en vez non levaba bragas 61 00:02:58,000 --> 00:03:01,000 e simplemente amosaba un gran sorriso e ría por dentro". 62 00:03:01,000 --> 00:03:06,000 (Risos) 63 00:03:09,000 --> 00:03:12,000 O seguinte precisa unha pequena explicación antes de que volo ensine. 64 00:03:12,000 --> 00:03:15,000 Encántame falar nos campus universitarios 65 00:03:15,000 --> 00:03:17,000 e compartir segredos e historias cos estudantes. 66 00:03:17,000 --> 00:03:20,000 E ás veces quedo despois 67 00:03:20,000 --> 00:03:23,000 e asino libros e fágome fotos cos estudantes. 68 00:03:23,000 --> 00:03:25,000 E a seguinte postal está feita 69 00:03:25,000 --> 00:03:27,000 cunha desas fotos. 70 00:03:27,000 --> 00:03:29,000 E tamén debo mencionar que, igual que hoxe, 71 00:03:29,000 --> 00:03:31,000 no evento de PostSecret, 72 00:03:31,000 --> 00:03:34,000 estaba a usar un micrófono sen cables. 73 00:03:36,000 --> 00:03:38,000 "O teu micrófono non estaba apagado durante a proba de son. 74 00:03:38,000 --> 00:03:40,000 Todos te escoitamos mexar". 75 00:03:40,000 --> 00:03:49,000 (Risos) 76 00:03:49,000 --> 00:03:51,000 Isto foi moi avergoñante cando sucedeu, 77 00:03:51,000 --> 00:03:56,000 ata que me decatei de que podería ser peor. 78 00:03:56,000 --> 00:03:59,000 Sabedes o que quero dicir. 79 00:03:59,000 --> 00:04:02,000 (Risos) 80 00:04:02,000 --> 00:04:04,000 "Dentro deste sobre 81 00:04:04,000 --> 00:04:06,000 están os anacos rotos 82 00:04:06,000 --> 00:04:08,000 dunha carta de suicidio que non usei. 83 00:04:08,000 --> 00:04:12,000 Síntome como a persoa máis feliz do mundo (agora)". 84 00:04:16,000 --> 00:04:19,000 "Un destes homes é o pai do meu fillo. 85 00:04:19,000 --> 00:04:22,000 Pagoume unha morea para que mantivera o segredo". 86 00:04:22,000 --> 00:04:30,000 (Risos) 87 00:04:32,000 --> 00:04:35,000 "Aquel sábado que te preguntabas onde estaba, 88 00:04:35,000 --> 00:04:37,000 ben, estaba mercando o teu anel. 89 00:04:37,000 --> 00:04:39,000 Está no meu peto nestes momentos". 90 00:04:39,000 --> 00:04:42,000 Publiquei esta postal no blog de PostSecret 91 00:04:42,000 --> 00:04:44,000 hai dous anos no día de San Valentín. 92 00:04:44,000 --> 00:04:47,000 Estaba abaixo de todo, o último segredo da longa columna. 93 00:04:47,000 --> 00:04:50,000 E non pasaran máis de un par de horas 94 00:04:50,000 --> 00:04:52,000 cando recibín este exuberante e-mail 95 00:04:52,000 --> 00:04:54,000 do rapaz que me enviara esta postal. 96 00:04:54,000 --> 00:04:57,000 Dicía: "Frank, teño que compartir contigo 97 00:04:57,000 --> 00:04:59,000 a historia que acaba de pasar na miña vida". 98 00:04:59,000 --> 00:05:02,000 Dicía: "Os meus xeonllos aínda están a tremer". 99 00:05:02,000 --> 00:05:05,000 Dicía: "Hai tres anos que a miña moza e máis eu 100 00:05:05,000 --> 00:05:07,000 temos o ritual matinal dos domingos 101 00:05:07,000 --> 00:05:09,000 de visitar o blog de PostSecret xuntos 102 00:05:09,000 --> 00:05:11,000 e ler os segredos en voz alta. 103 00:05:11,000 --> 00:05:14,000 Eu léolle uns a ela, ela leme outros a min". 104 00:05:14,000 --> 00:05:16,000 Dicía: "iso realmente nos uniu 105 00:05:16,000 --> 00:05:18,000 durante estes anos. 106 00:05:18,000 --> 00:05:20,000 E entón cando descubrín 107 00:05:20,000 --> 00:05:22,000 que colgaras 108 00:05:22,000 --> 00:05:24,000 a miña proposición sorpresa para a miña moza ó final de todo, 109 00:05:24,000 --> 00:05:26,000 estaba fóra de min. 110 00:05:26,000 --> 00:05:28,000 Intentei actuar con calma, non amosar nada. 111 00:05:28,000 --> 00:05:30,000 E coma cada domingo 112 00:05:30,000 --> 00:05:34,000 comezamos a ler os segredos en voz alto un ó outro". 113 00:05:34,000 --> 00:05:37,000 Dicía: "pero esta vez parecía que tardaba anos 114 00:05:37,000 --> 00:05:39,000 en pasar dun ó outro". 115 00:05:39,000 --> 00:05:41,000 Pero finalmente o fixo. 116 00:05:41,000 --> 00:05:44,000 Chegou o segredo do final, a súa proposición para ela. 117 00:05:44,000 --> 00:05:49,000 E dicía: "leuno unha vez, e despois o volveu ler." 118 00:05:49,000 --> 00:05:51,000 Virouse cara el e lle dixo. 119 00:05:51,000 --> 00:05:53,000 "Non é ese o noso gato?" 120 00:05:53,000 --> 00:06:01,000 (Risos) 121 00:06:01,000 --> 00:06:03,000 E cando o mirou 122 00:06:03,000 --> 00:06:05,000 estaba cun xeonllo no chan, ensinándolle o anel. 123 00:06:05,000 --> 00:06:08,000 Fíxolle a pregunta, dixo que si. Foi un final moi feliz. 124 00:06:08,000 --> 00:06:10,000 Así que lle respondín 125 00:06:10,000 --> 00:06:12,000 e lle dixen, "Por favor, mándame unha imaxe ou algo 126 00:06:12,000 --> 00:06:15,000 que poida compartir con toda a comunidade de PostSecret 127 00:06:15,000 --> 00:06:18,000 para que todo o mundo saiba o final da túa historia de conto". 128 00:06:18,000 --> 00:06:20,000 E mandoume esta fotografía. 129 00:06:20,000 --> 00:06:24,000 (Risos) 130 00:06:25,000 --> 00:06:28,000 "Atopei a túa cámara en Lollapalooza este verán. 131 00:06:28,000 --> 00:06:31,000 Por fin as levei a revelar 132 00:06:31,000 --> 00:06:35,000 e gustaríame darchas". 133 00:06:35,000 --> 00:06:37,000 Esta fotografía nunca foi devolta 134 00:06:37,000 --> 00:06:40,000 á xente que a perdera, 135 00:06:40,000 --> 00:06:43,000 pero este segredo impactou en moitas vidas, 136 00:06:43,000 --> 00:06:45,000 empezando cun estudante de Canadá 137 00:06:45,000 --> 00:06:47,000 chamado Matty. 138 00:06:47,000 --> 00:06:49,000 Matty inspirouse neste segredo 139 00:06:49,000 --> 00:06:51,000 para empezar o seu propio sitio web, 140 00:06:51,000 --> 00:06:54,000 unha web chamada IFoundYourCamera. 141 00:06:54,000 --> 00:06:56,000 Matty invita a xente 142 00:06:56,000 --> 00:06:59,000 a enviarlle cámaras dixitais que atoparan, 143 00:06:59,000 --> 00:07:01,000 memorias que se perderan 144 00:07:01,000 --> 00:07:03,000 con fotos orfas. 145 00:07:03,000 --> 00:07:05,000 E Matty colle as fotografías desas cámaras 146 00:07:05,000 --> 00:07:08,000 e as colga na súa web cada semana. 147 00:07:08,000 --> 00:07:10,000 E a xente as visita 148 00:07:10,000 --> 00:07:13,000 para ver se poden identificar una fotografía que perderan 149 00:07:13,000 --> 00:07:16,000 ou axudar a alguén a recuperar as fotografías 150 00:07:16,000 --> 00:07:20,000 que pode que estiveran buscando desesperadamente. 151 00:07:20,000 --> 00:07:22,000 Esta é a miña favorita. 152 00:07:22,000 --> 00:07:25,000 (Risos) 153 00:07:25,000 --> 00:07:29,000 Matty atopou esta enxeñosa maneira 154 00:07:29,000 --> 00:07:32,000 de aumentar a amabilidade dos descoñecidos. 155 00:07:32,000 --> 00:07:35,000 E pode parecer unha idea simple, e o é, 156 00:07:35,000 --> 00:07:38,000 pero o impacto que pode ter na vida das persoas pode ser enorme. 157 00:07:38,000 --> 00:07:40,000 Matty compartiu comigo 158 00:07:40,000 --> 00:07:42,000 un emotivo e-mail que recibiu 159 00:07:42,000 --> 00:07:46,000 da nai desta fotografía. 160 00:07:46,000 --> 00:07:49,000 "Esta son eu co meu marido e o meu fillo. 161 00:07:49,000 --> 00:07:53,000 As outras fotografías son da miña avoa, que está moi enferma. 162 00:07:53,000 --> 00:07:55,000 Grazas por crear este sitio. 163 00:07:55,000 --> 00:07:58,000 Estas fotografías significan para min máis do que poidas imaxinar. 164 00:07:58,000 --> 00:08:00,000 O nacemento do meu fillo está nesta cámara. 165 00:08:00,000 --> 00:08:03,000 Mañá cumpre catro anos". 166 00:08:04,000 --> 00:08:06,000 Cada fotografía que podedes ver aí 167 00:08:06,000 --> 00:08:08,000 e outros centos 168 00:08:08,000 --> 00:08:10,000 foron devoltas á persoa que as perdera, 169 00:08:10,000 --> 00:08:12,000 as veces cruzando océanos, 170 00:08:12,000 --> 00:08:15,000 outras superando a barreira da linguaxe. 171 00:08:17,000 --> 00:08:20,000 Esta é a última postal que teño para compartir con vós hoxe. 172 00:08:20,000 --> 00:08:23,000 "Cando a xente que quero 173 00:08:23,000 --> 00:08:25,000 deixa mensaxes de voz no meu teléfono 174 00:08:25,000 --> 00:08:28,000 sempre os gardo por se acaso morren mañá 175 00:08:28,000 --> 00:08:30,000 e non teño outra maneira 176 00:08:30,000 --> 00:08:33,000 de escoitar a súa voz outra vez". 177 00:08:34,000 --> 00:08:36,000 Cando colguei este segredo, 178 00:08:36,000 --> 00:08:38,000 ducias de persoas 179 00:08:38,000 --> 00:08:40,000 enviaron mensaxes de voz dos seus teléfonos 180 00:08:40,000 --> 00:08:43,000 ás veces algúns que os tiveran gardados durante anos 181 00:08:43,000 --> 00:08:46,000 mensaxes da familia ou amigos 182 00:08:46,000 --> 00:08:49,000 que morreran. 183 00:08:49,000 --> 00:08:51,000 Dixeron que preservando esas voces 184 00:08:51,000 --> 00:08:53,000 e compartíndoas 185 00:08:53,000 --> 00:08:58,000 axudábanlles a manter o espírito dos seres queridos vivo. 186 00:08:58,000 --> 00:09:00,000 Unha rapariga xove 187 00:09:00,000 --> 00:09:02,000 colgou a última mensaxe 188 00:09:02,000 --> 00:09:05,000 que escoitara da súa avoa. 189 00:09:06,000 --> 00:09:09,000 Os segredos poden adoptar moitas formas. 190 00:09:09,000 --> 00:09:12,000 Poden ser impactantes ou parvos 191 00:09:12,000 --> 00:09:14,000 ou conmovedores. 192 00:09:14,000 --> 00:09:16,000 Poden conectarnos coa nosa humanidade máis profunda 193 00:09:16,000 --> 00:09:21,000 ou con xente que nunca volveremos ver. 194 00:09:21,000 --> 00:09:24,000 Mensaxe de voz: primeira mensaxe de voz gardada 195 00:09:25,000 --> 00:09:30,000 Avoa: ♫ É o aniversario de alguén hoxe ♫ 196 00:09:30,000 --> 00:09:34,000 ♫ O aniversario de alguén hoxe ♫ 197 00:09:34,000 --> 00:09:37,000 ♫ As candeas están acesas ♫ 198 00:09:37,000 --> 00:09:40,000 ♫ na torta de alguén ♫ 199 00:09:40,000 --> 00:09:43,000 ♫ E todos estamos convidados ♫ 200 00:09:43,000 --> 00:09:45,000 ♫ á torta de alguén ♫ 201 00:09:45,000 --> 00:09:48,000 Hoxe cumpres 21 anos. 202 00:09:48,000 --> 00:09:51,000 Que teñas un moi feliz aniversario, quérote. 203 00:09:51,000 --> 00:09:53,000 Adeus de momento. 204 00:09:53,000 --> 00:09:55,000 FW: Grazas. 205 00:09:55,000 --> 00:10:01,000 (Aplausos) 206 00:10:01,000 --> 00:10:03,000 Grazas. 207 00:10:03,000 --> 00:10:14,000 (Aplausos) 208 00:10:14,000 --> 00:10:16,000 June Cohen: Frank, iso foi precioso, 209 00:10:16,000 --> 00:10:18,000 tan emotivo. 210 00:10:18,000 --> 00:10:20,000 Algunha vez enviácheste a ti mesmo unha postal? 211 00:10:20,000 --> 00:10:22,000 Algunha vez enviaches un segredo a PostSecret? 212 00:10:22,000 --> 00:10:25,000 FW: Teño un segredo propio en cada libro. 213 00:10:25,000 --> 00:10:28,000 Creo que, dalgunha maneira, a razón pola que comecei o proxecto, 214 00:10:28,000 --> 00:10:30,000 aínda que non o soubera nese momento 215 00:10:30,000 --> 00:10:33,000 foi porque estaba pelexando cos meus propios segredos. 216 00:10:33,000 --> 00:10:35,000 E foi grazas á externalización, 217 00:10:35,000 --> 00:10:38,000 a través da amabilidade que os descoñecidos me amosaban, 218 00:10:38,000 --> 00:10:40,000 que puiden destapar 219 00:10:40,000 --> 00:10:43,000 partes do meu pasado que me estaban a perseguir. 220 00:10:43,000 --> 00:10:45,000 JC: E algunha vez alguén descubriu 221 00:10:45,000 --> 00:10:47,000 cal era o teu segredo no libro? 222 00:10:47,000 --> 00:10:49,000 Alguén da túa vida o conseguiu descubrir? 223 00:10:49,000 --> 00:10:51,000 FW: Algunhas veces comparto esa información, si. 224 00:10:51,000 --> 00:10:54,000 (Risos) 225 00:10:54,000 --> 00:11:02,000 (Aplausos)