0:00:00.000,0:00:02.000 Ola, o meu nome é Frank 0:00:02.000,0:00:04.000 e colecciono segredos. 0:00:04.000,0:00:06.000 Todo comezou cunha idea tola 0:00:06.000,0:00:09.000 en novembro do 2004. 0:00:09.000,0:00:12.000 Imprimín máis de 3000 postais[br]coa miña dirección, 0:00:12.000,0:00:14.000 xusto coma esta. 0:00:14.000,0:00:16.000 Estaban en branco por un lado, 0:00:16.000,0:00:18.000 e no outro lado 0:00:18.000,0:00:20.000 listei unhas instrucións sinxelas. 0:00:20.000,0:00:23.000 Pedínlle a xente que compartise[br]anonimamente un segredo enxeñoso 0:00:23.000,0:00:26.000 que nunca lle contaran a ninguén. 0:00:26.000,0:00:28.000 E repartín esas postais ó azar 0:00:28.000,0:00:30.000 polas rúas de Washington D.C. 0:00:30.000,0:00:32.000 sen saber que agardar. 0:00:32.000,0:00:35.000 Pero a idea deseguida[br]empezou a expandirse. 0:00:35.000,0:00:38.000 A xente empezou a mercar[br]as súas propias postais 0:00:38.000,0:00:40.000 e a facer as súas propias postais. 0:00:40.000,0:00:43.000 Comecei a recibir segredos[br]na caixa de correo da miña casa, 0:00:43.000,0:00:46.000 non só con mataselos de Washington D.C., 0:00:46.000,0:00:48.000 senón de Texas, California, 0:00:48.000,0:00:51.000 Vancouver, Nova Zelandia, Iraq. 0:00:51.000,0:00:55.000 De súpeto a miña tolemia[br]non parecía tal tolemia. 0:00:55.000,0:00:57.000 PostSecret.com 0:00:57.000,0:01:01.000 é o blog sen publicidade[br]máis visitado do mundo. 0:01:01.000,0:01:04.000 E esta é a miña colección de postais[br]no presente. 0:01:06.000,0:01:08.000 Podedes ver á miña muller 0:01:08.000,0:01:10.000 intentando amorear un montón de postais 0:01:10.000,0:01:14.000 nunha pirámide[br]de máis de medio millón de segredos. 0:01:14.000,0:01:16.000 O que me gustaría facer agora 0:01:16.000,0:01:19.000 é compartir con vós[br]unha manda moi especial de segredos 0:01:19.000,0:01:21.000 desa colección, 0:01:21.000,0:01:24.000 empezando por este. 0:01:25.000,0:01:28.000 "Atopei estes selos cando era neno, 0:01:28.000,0:01:30.000 e agardei toda a vida 0:01:30.000,0:01:33.000 a ter alguén a quen mandarllos. 0:01:33.000,0:01:35.000 Nunca tiven a ninguén." 0:01:35.000,0:01:37.000 Os segredos poden adoptar moitas formas. 0:01:37.000,0:01:39.000 Poden ser impactantes, 0:01:39.000,0:01:42.000 parvos ou conmovedores. 0:01:42.000,0:01:45.000 Poden conectarnos[br]coa nosa humanidade máis profunda 0:01:45.000,0:01:48.000 ou con xente que nunca coñeceremos. 0:01:51.000,0:01:59.000 Poño descafeinado ós clientes[br]que son groseiros comigo! (Risos) 0:01:59.000,0:02:01.000 Pode que un de vós enviara este. 0:02:01.000,0:02:03.000 Non o sei. 0:02:03.000,0:02:05.000 Este amosa moi ben 0:02:05.000,0:02:07.000 a creatividade da xente 0:02:07.000,0:02:09.000 cando fan e me envían unha postal. 0:02:09.000,0:02:12.000 Esta obviamente está feita[br]coa metade dun vaso do Starbucks 0:02:12.000,0:02:16.000 cun selo e a miña dirección[br]escrita no outro lado. 0:02:18.000,0:02:21.000 "Querida nai biolóxica,[br]teño uns pais xeniais. 0:02:21.000,0:02:24.000 Atopei amor. Son feliz". 0:02:26.000,0:02:29.000 Os segredos poden lembrarnos[br]os incontables dramas humanos, 0:02:29.000,0:02:32.000 debilidades e heroísmo, 0:02:32.000,0:02:34.000 actuando silandeiramente 0:02:34.000,0:02:36.000 nas vidas da xente do noso arredor 0:02:36.000,0:02:39.000 mesmo agora. 0:02:40.000,0:02:44.000 "Todo o mundo que me coñecía antes do 11S 0:02:44.000,0:02:47.000 cre que estou morto". 0:02:53.000,0:02:56.000 "Adoitaba traballar cunha manda[br]de persoas relixiosas pechadas, 0:02:56.000,0:02:58.000 así que de cando en vez non levaba bragas 0:02:58.000,0:03:01.000 e simplemente amosaba[br]un gran sorriso e ría por dentro". 0:03:01.000,0:03:06.000 (Risos) 0:03:09.000,0:03:12.000 O seguinte precisa unha pequena explicación[br]antes de que volo ensine. 0:03:12.000,0:03:15.000 Encántame falar nos campus universitarios 0:03:15.000,0:03:17.000 e compartir segredos e historias[br]cos estudantes. 0:03:17.000,0:03:20.000 E ás veces quedo despois 0:03:20.000,0:03:23.000 e asino libros e fágome fotos[br]cos estudantes. 0:03:23.000,0:03:25.000 E a seguinte postal está feita 0:03:25.000,0:03:27.000 cunha desas fotos. 0:03:27.000,0:03:29.000 E tamén debo mencionar que,[br]igual que hoxe, 0:03:29.000,0:03:31.000 no evento de PostSecret, 0:03:31.000,0:03:34.000 estaba a usar un micrófono sen cables. 0:03:36.000,0:03:38.000 "O teu micrófono non estaba apagado[br]durante a proba de son. 0:03:38.000,0:03:40.000 Todos te escoitamos mexar". 0:03:40.000,0:03:49.000 (Risos) 0:03:49.000,0:03:51.000 Isto foi moi avergoñante cando sucedeu, 0:03:51.000,0:03:56.000 ata que me decatei[br]de que podería ser peor. 0:03:56.000,0:03:59.000 Sabedes o que quero dicir. 0:03:59.000,0:04:02.000 (Risos) 0:04:02.000,0:04:04.000 "Dentro deste sobre 0:04:04.000,0:04:06.000 están os anacos rotos 0:04:06.000,0:04:08.000 dunha carta de suicidio que non usei. 0:04:08.000,0:04:12.000 Síntome como a persoa[br]máis feliz do mundo (agora)". 0:04:16.000,0:04:19.000 "Un destes homes é o pai do meu fillo. 0:04:19.000,0:04:22.000 Pagoume unha morea[br]para que mantivera o segredo". 0:04:22.000,0:04:30.000 (Risos) 0:04:32.000,0:04:35.000 "Aquel sábado[br]que te preguntabas onde estaba, 0:04:35.000,0:04:37.000 ben, estaba mercando o teu anel. 0:04:37.000,0:04:39.000 Está no meu peto nestes momentos". 0:04:39.000,0:04:42.000 Publiquei esta postal[br]no blog de PostSecret 0:04:42.000,0:04:44.000 hai dous anos no día de San Valentín. 0:04:44.000,0:04:47.000 Estaba abaixo de todo,[br]o último segredo da longa columna. 0:04:47.000,0:04:50.000 E non pasaran máis de un par de horas 0:04:50.000,0:04:52.000 cando recibín este exuberante e-mail 0:04:52.000,0:04:54.000 do rapaz que me enviara esta postal. 0:04:54.000,0:04:57.000 Dicía: "Frank, teño que compartir contigo 0:04:57.000,0:04:59.000 a historia que acaba de pasar[br]na miña vida". 0:04:59.000,0:05:02.000 Dicía: "Os meus xeonllos[br]aínda están a tremer". 0:05:02.000,0:05:05.000 Dicía: "Hai tres anos[br]que a miña moza e máis eu 0:05:05.000,0:05:07.000 temos o ritual matinal dos domingos 0:05:07.000,0:05:09.000 de visitar o blog de PostSecret xuntos 0:05:09.000,0:05:11.000 e ler os segredos en voz alta. 0:05:11.000,0:05:14.000 Eu léolle uns a ela,[br]ela leme outros a min". 0:05:14.000,0:05:16.000 Dicía: "iso realmente nos uniu 0:05:16.000,0:05:18.000 durante estes anos. 0:05:18.000,0:05:20.000 E entón cando descubrín 0:05:20.000,0:05:22.000 que colgaras 0:05:22.000,0:05:24.000 a miña proposición sorpresa[br]para a miña moza ó final de todo, 0:05:24.000,0:05:26.000 estaba fóra de min. 0:05:26.000,0:05:28.000 Intentei actuar con calma,[br]non amosar nada. 0:05:28.000,0:05:30.000 E coma cada domingo 0:05:30.000,0:05:34.000 comezamos a ler os segredos[br]en voz alto un ó outro". 0:05:34.000,0:05:37.000 Dicía: "pero esta vez[br]parecía que tardaba anos 0:05:37.000,0:05:39.000 en pasar dun ó outro". 0:05:39.000,0:05:41.000 Pero finalmente o fixo. 0:05:41.000,0:05:44.000 Chegou o segredo do final,[br]a súa proposición para ela. 0:05:44.000,0:05:49.000 E dicía: "leuno unha vez,[br]e despois o volveu ler." 0:05:49.000,0:05:51.000 Virouse cara el e lle dixo. 0:05:51.000,0:05:53.000 "Non é ese o noso gato?" 0:05:53.000,0:06:01.000 (Risos) 0:06:01.000,0:06:03.000 E cando o mirou 0:06:03.000,0:06:05.000 estaba cun xeonllo no chan,[br]ensinándolle o anel. 0:06:05.000,0:06:08.000 Fíxolle a pregunta, dixo que si.[br]Foi un final moi feliz. 0:06:08.000,0:06:10.000 Así que lle respondín 0:06:10.000,0:06:12.000 e lle dixen, "Por favor,[br]mándame unha imaxe ou algo 0:06:12.000,0:06:15.000 que poida compartir[br]con toda a comunidade de PostSecret 0:06:15.000,0:06:18.000 para que todo o mundo saiba[br]o final da túa historia de conto". 0:06:18.000,0:06:20.000 E mandoume esta fotografía. 0:06:20.000,0:06:24.000 (Risos) 0:06:25.000,0:06:28.000 "Atopei a túa cámara[br]en Lollapalooza este verán. 0:06:28.000,0:06:31.000 Por fin as levei a revelar 0:06:31.000,0:06:35.000 e gustaríame darchas". 0:06:35.000,0:06:37.000 Esta fotografía nunca foi devolta 0:06:37.000,0:06:40.000 á xente que a perdera, 0:06:40.000,0:06:43.000 pero este segredo[br]impactou en moitas vidas, 0:06:43.000,0:06:45.000 empezando cun estudante de Canadá 0:06:45.000,0:06:47.000 chamado Matty. 0:06:47.000,0:06:49.000 Matty inspirouse neste segredo 0:06:49.000,0:06:51.000 para empezar o seu propio sitio web, 0:06:51.000,0:06:54.000 unha web chamada IFoundYourCamera. 0:06:54.000,0:06:56.000 Matty invita a xente 0:06:56.000,0:06:59.000 a enviarlle cámaras dixitais que atoparan, 0:06:59.000,0:07:01.000 memorias que se perderan 0:07:01.000,0:07:03.000 con fotos orfas. 0:07:03.000,0:07:05.000 E Matty colle as fotografías desas cámaras 0:07:05.000,0:07:08.000 e as colga na súa web cada semana. 0:07:08.000,0:07:10.000 E a xente as visita 0:07:10.000,0:07:13.000 para ver se poden identificar[br]una fotografía que perderan 0:07:13.000,0:07:16.000 ou axudar a alguén[br]a recuperar as fotografías 0:07:16.000,0:07:20.000 que pode que estiveran[br]buscando desesperadamente. 0:07:20.000,0:07:22.000 Esta é a miña favorita. 0:07:22.000,0:07:25.000 (Risos) 0:07:25.000,0:07:29.000 Matty atopou esta enxeñosa maneira 0:07:29.000,0:07:32.000 de aumentar[br]a amabilidade dos descoñecidos. 0:07:32.000,0:07:35.000 E pode parecer unha idea simple, e o é, 0:07:35.000,0:07:38.000 pero o impacto que pode ter[br]na vida das persoas pode ser enorme. 0:07:38.000,0:07:40.000 Matty compartiu comigo 0:07:40.000,0:07:42.000 un emotivo e-mail que recibiu 0:07:42.000,0:07:46.000 da nai desta fotografía. 0:07:46.000,0:07:49.000 "Esta son eu co meu marido e o meu fillo. 0:07:49.000,0:07:53.000 As outras fotografías son da miña avoa,[br]que está moi enferma. 0:07:53.000,0:07:55.000 Grazas por crear este sitio. 0:07:55.000,0:07:58.000 Estas fotografías significan para min[br]máis do que poidas imaxinar. 0:07:58.000,0:08:00.000 O nacemento do meu fillo[br]está nesta cámara. 0:08:00.000,0:08:03.000 Mañá cumpre catro anos". 0:08:04.000,0:08:06.000 Cada fotografía que podedes ver aí 0:08:06.000,0:08:08.000 e outros centos 0:08:08.000,0:08:10.000 foron devoltas á persoa que as perdera, 0:08:10.000,0:08:12.000 as veces cruzando océanos, 0:08:12.000,0:08:15.000 outras superando a barreira da linguaxe. 0:08:17.000,0:08:20.000 Esta é a última postal que teño[br]para compartir con vós hoxe. 0:08:20.000,0:08:23.000 "Cando a xente que quero 0:08:23.000,0:08:25.000 deixa mensaxes de voz no meu teléfono 0:08:25.000,0:08:28.000 sempre os gardo por se acaso morren mañá 0:08:28.000,0:08:30.000 e non teño outra maneira 0:08:30.000,0:08:33.000 de escoitar a súa voz outra vez". 0:08:34.000,0:08:36.000 Cando colguei este segredo, 0:08:36.000,0:08:38.000 ducias de persoas 0:08:38.000,0:08:40.000 enviaron mensaxes de voz[br]dos seus teléfonos 0:08:40.000,0:08:43.000 ás veces algúns que os tiveran[br]gardados durante anos 0:08:43.000,0:08:46.000 mensaxes da familia ou amigos 0:08:46.000,0:08:49.000 que morreran. 0:08:49.000,0:08:51.000 Dixeron que preservando esas voces 0:08:51.000,0:08:53.000 e compartíndoas 0:08:53.000,0:08:58.000 axudábanlles a manter[br]o espírito dos seres queridos vivo. 0:08:58.000,0:09:00.000 Unha rapariga xove 0:09:00.000,0:09:02.000 colgou a última mensaxe 0:09:02.000,0:09:05.000 que escoitara da súa avoa. 0:09:06.000,0:09:09.000 Os segredos poden adoptar moitas formas. 0:09:09.000,0:09:12.000 Poden ser impactantes ou parvos 0:09:12.000,0:09:14.000 ou conmovedores. 0:09:14.000,0:09:16.000 Poden conectarnos[br]coa nosa humanidade máis profunda 0:09:16.000,0:09:21.000 ou con xente que nunca volveremos ver. 0:09:21.000,0:09:24.000 Mensaxe de voz:[br]primeira mensaxe de voz gardada 0:09:25.000,0:09:30.000 Avoa: ♫ É o aniversario de alguén hoxe ♫ 0:09:30.000,0:09:34.000 ♫ O aniversario de alguén hoxe ♫ 0:09:34.000,0:09:37.000 ♫ As candeas están acesas ♫ 0:09:37.000,0:09:40.000 ♫ na torta de alguén ♫ 0:09:40.000,0:09:43.000 ♫ E todos estamos convidados ♫ 0:09:43.000,0:09:45.000 ♫ á torta de alguén ♫ 0:09:45.000,0:09:48.000 Hoxe cumpres 21 anos. 0:09:48.000,0:09:51.000 Que teñas un moi feliz aniversario,[br]quérote. 0:09:51.000,0:09:53.000 Adeus de momento. 0:09:53.000,0:09:55.000 FW: Grazas. 0:09:55.000,0:10:01.000 (Aplausos) 0:10:01.000,0:10:03.000 Grazas. 0:10:03.000,0:10:14.000 (Aplausos) 0:10:14.000,0:10:16.000 June Cohen: Frank, iso foi precioso, 0:10:16.000,0:10:18.000 tan emotivo. 0:10:18.000,0:10:20.000 Algunha vez enviácheste[br]a ti mesmo unha postal? 0:10:20.000,0:10:22.000 Algunha vez enviaches[br]un segredo a PostSecret? 0:10:22.000,0:10:25.000 FW: Teño un segredo propio en cada libro. 0:10:25.000,0:10:28.000 Creo que, dalgunha maneira,[br]a razón pola que comecei o proxecto, 0:10:28.000,0:10:30.000 aínda que non o soubera nese momento 0:10:30.000,0:10:33.000 foi porque estaba pelexando[br]cos meus propios segredos. 0:10:33.000,0:10:35.000 E foi grazas á externalización, 0:10:35.000,0:10:38.000 a través da amabilidade[br]que os descoñecidos me amosaban, 0:10:38.000,0:10:40.000 que puiden destapar 0:10:40.000,0:10:43.000 partes do meu pasado[br]que me estaban a perseguir. 0:10:43.000,0:10:45.000 JC: E algunha vez alguén descubriu 0:10:45.000,0:10:47.000 cal era o teu segredo no libro? 0:10:47.000,0:10:49.000 Alguén da túa vida o conseguiu descubrir? 0:10:49.000,0:10:51.000 FW: Algunhas veces[br]comparto esa información, si. 0:10:51.000,0:10:54.000 (Risos) 0:10:54.000,0:11:02.000 (Aplausos)