Ola, o meu nome é Frank
e colecciono segredos.
Todo comezou cunha idea tola
en novembro do 2004.
Imprimín máis de 3000 postais
coa miña dirección,
xusto coma esta.
Estaban en branco por un lado,
e no outro lado
listei unhas instrucións sinxelas.
Pedínlle a xente que compartise
anonimamente un segredo enxeñoso
que nunca lle contaran a ninguén.
E repartín esas postais ó azar
polas rúas de Washington D.C.
sen saber que agardar.
Pero a idea deseguida
empezou a expandirse.
A xente empezou a mercar
as súas propias postais
e a facer as súas propias postais.
Comecei a recibir segredos
na caixa de correo da miña casa,
non só con mataselos de Washington D.C.,
senón de Texas, California,
Vancouver, Nova Zelandia, Iraq.
De súpeto a miña tolemia
non parecía tal tolemia.
PostSecret.com
é o blog sen publicidade
máis visitado do mundo.
E esta é a miña colección de postais
no presente.
Podedes ver á miña muller
intentando amorear un montón de postais
nunha pirámide
de máis de medio millón de segredos.
O que me gustaría facer agora
é compartir con vós
unha manda moi especial de segredos
desa colección,
empezando por este.
"Atopei estes selos cando era neno,
e agardei toda a vida
a ter alguén a quen mandarllos.
Nunca tiven a ninguén."
Os segredos poden adoptar moitas formas.
Poden ser impactantes,
parvos ou conmovedores.
Poden conectarnos
coa nosa humanidade máis profunda
ou con xente que nunca coñeceremos.
Poño descafeinado ós clientes
que son groseiros comigo! (Risos)
Pode que un de vós enviara este.
Non o sei.
Este amosa moi ben
a creatividade da xente
cando fan e me envían unha postal.
Esta obviamente está feita
coa metade dun vaso do Starbucks
cun selo e a miña dirección
escrita no outro lado.
"Querida nai biolóxica,
teño uns pais xeniais.
Atopei amor. Son feliz".
Os segredos poden lembrarnos
os incontables dramas humanos,
debilidades e heroísmo,
actuando silandeiramente
nas vidas da xente do noso arredor
mesmo agora.
"Todo o mundo que me coñecía antes do 11S
cre que estou morto".
"Adoitaba traballar cunha manda
de persoas relixiosas pechadas,
así que de cando en vez non levaba bragas
e simplemente amosaba
un gran sorriso e ría por dentro".
(Risos)
O seguinte precisa unha pequena explicación
antes de que volo ensine.
Encántame falar nos campus universitarios
e compartir segredos e historias
cos estudantes.
E ás veces quedo despois
e asino libros e fágome fotos
cos estudantes.
E a seguinte postal está feita
cunha desas fotos.
E tamén debo mencionar que,
igual que hoxe,
no evento de PostSecret,
estaba a usar un micrófono sen cables.
"O teu micrófono non estaba apagado
durante a proba de son.
Todos te escoitamos mexar".
(Risos)
Isto foi moi avergoñante cando sucedeu,
ata que me decatei
de que podería ser peor.
Sabedes o que quero dicir.
(Risos)
"Dentro deste sobre
están os anacos rotos
dunha carta de suicidio que non usei.
Síntome como a persoa
máis feliz do mundo (agora)".
"Un destes homes é o pai do meu fillo.
Pagoume unha morea
para que mantivera o segredo".
(Risos)
"Aquel sábado
que te preguntabas onde estaba,
ben, estaba mercando o teu anel.
Está no meu peto nestes momentos".
Publiquei esta postal
no blog de PostSecret
hai dous anos no día de San Valentín.
Estaba abaixo de todo,
o último segredo da longa columna.
E non pasaran máis de un par de horas
cando recibín este exuberante e-mail
do rapaz que me enviara esta postal.
Dicía: "Frank, teño que compartir contigo
a historia que acaba de pasar
na miña vida".
Dicía: "Os meus xeonllos
aínda están a tremer".
Dicía: "Hai tres anos
que a miña moza e máis eu
temos o ritual matinal dos domingos
de visitar o blog de PostSecret xuntos
e ler os segredos en voz alta.
Eu léolle uns a ela,
ela leme outros a min".
Dicía: "iso realmente nos uniu
durante estes anos.
E entón cando descubrín
que colgaras
a miña proposición sorpresa
para a miña moza ó final de todo,
estaba fóra de min.
Intentei actuar con calma,
non amosar nada.
E coma cada domingo
comezamos a ler os segredos
en voz alto un ó outro".
Dicía: "pero esta vez
parecía que tardaba anos
en pasar dun ó outro".
Pero finalmente o fixo.
Chegou o segredo do final,
a súa proposición para ela.
E dicía: "leuno unha vez,
e despois o volveu ler."
Virouse cara el e lle dixo.
"Non é ese o noso gato?"
(Risos)
E cando o mirou
estaba cun xeonllo no chan,
ensinándolle o anel.
Fíxolle a pregunta, dixo que si.
Foi un final moi feliz.
Así que lle respondín
e lle dixen, "Por favor,
mándame unha imaxe ou algo
que poida compartir
con toda a comunidade de PostSecret
para que todo o mundo saiba
o final da túa historia de conto".
E mandoume esta fotografía.
(Risos)
"Atopei a túa cámara
en Lollapalooza este verán.
Por fin as levei a revelar
e gustaríame darchas".
Esta fotografía nunca foi devolta
á xente que a perdera,
pero este segredo
impactou en moitas vidas,
empezando cun estudante de Canadá
chamado Matty.
Matty inspirouse neste segredo
para empezar o seu propio sitio web,
unha web chamada IFoundYourCamera.
Matty invita a xente
a enviarlle cámaras dixitais que atoparan,
memorias que se perderan
con fotos orfas.
E Matty colle as fotografías desas cámaras
e as colga na súa web cada semana.
E a xente as visita
para ver se poden identificar
una fotografía que perderan
ou axudar a alguén
a recuperar as fotografías
que pode que estiveran
buscando desesperadamente.
Esta é a miña favorita.
(Risos)
Matty atopou esta enxeñosa maneira
de aumentar
a amabilidade dos descoñecidos.
E pode parecer unha idea simple, e o é,
pero o impacto que pode ter
na vida das persoas pode ser enorme.
Matty compartiu comigo
un emotivo e-mail que recibiu
da nai desta fotografía.
"Esta son eu co meu marido e o meu fillo.
As outras fotografías son da miña avoa,
que está moi enferma.
Grazas por crear este sitio.
Estas fotografías significan para min
máis do que poidas imaxinar.
O nacemento do meu fillo
está nesta cámara.
Mañá cumpre catro anos".
Cada fotografía que podedes ver aí
e outros centos
foron devoltas á persoa que as perdera,
as veces cruzando océanos,
outras superando a barreira da linguaxe.
Esta é a última postal que teño
para compartir con vós hoxe.
"Cando a xente que quero
deixa mensaxes de voz no meu teléfono
sempre os gardo por se acaso morren mañá
e non teño outra maneira
de escoitar a súa voz outra vez".
Cando colguei este segredo,
ducias de persoas
enviaron mensaxes de voz
dos seus teléfonos
ás veces algúns que os tiveran
gardados durante anos
mensaxes da familia ou amigos
que morreran.
Dixeron que preservando esas voces
e compartíndoas
axudábanlles a manter
o espírito dos seres queridos vivo.
Unha rapariga xove
colgou a última mensaxe
que escoitara da súa avoa.
Os segredos poden adoptar moitas formas.
Poden ser impactantes ou parvos
ou conmovedores.
Poden conectarnos
coa nosa humanidade máis profunda
ou con xente que nunca volveremos ver.
Mensaxe de voz:
primeira mensaxe de voz gardada
Avoa: ♫ É o aniversario de alguén hoxe ♫
♫ O aniversario de alguén hoxe ♫
♫ As candeas están acesas ♫
♫ na torta de alguén ♫
♫ E todos estamos convidados ♫
♫ á torta de alguén ♫
Hoxe cumpres 21 anos.
Que teñas un moi feliz aniversario,
quérote.
Adeus de momento.
FW: Grazas.
(Aplausos)
Grazas.
(Aplausos)
June Cohen: Frank, iso foi precioso,
tan emotivo.
Algunha vez enviácheste
a ti mesmo unha postal?
Algunha vez enviaches
un segredo a PostSecret?
FW: Teño un segredo propio en cada libro.
Creo que, dalgunha maneira,
a razón pola que comecei o proxecto,
aínda que non o soubera nese momento
foi porque estaba pelexando
cos meus propios segredos.
E foi grazas á externalización,
a través da amabilidade
que os descoñecidos me amosaban,
que puiden destapar
partes do meu pasado
que me estaban a perseguir.
JC: E algunha vez alguén descubriu
cal era o teu segredo no libro?
Alguén da túa vida o conseguiu descubrir?
FW: Algunhas veces
comparto esa información, si.
(Risos)
(Aplausos)