WEBVTT
00:00:00.725 --> 00:00:03.836
Como moitos de vós, son
unha persoa afortunada.
00:00:03.836 --> 00:00:07.236
Medrei nunha familia
onde a educación impregnaba todo.
00:00:07.236 --> 00:00:11.474
Son a terceira xeración de doutorados,
filla de dous académicos.
00:00:11.474 --> 00:00:15.268
Na miña infancia, xoguei no laboratorio
universitario de meu pai.
00:00:15.268 --> 00:00:19.117
Así que se daba por feito que iría
a unha das mellores universidades,
00:00:19.117 --> 00:00:22.918
que, á súa vez, me abriría as portas
dun mundo de oportunidades.
NOTE Paragraph
00:00:22.918 --> 00:00:27.038
Por desgraza, a maioría das persoas
non ten tanta sorte.
00:00:27.038 --> 00:00:30.173
Nalgunhas partes do mundo,
por exemplo, en Suráfrica,
00:00:30.173 --> 00:00:32.878
a educación non é de libre acceso.
00:00:32.878 --> 00:00:35.853
En Suráfrica, o sistema educativo
construíuse
00:00:35.853 --> 00:00:38.726
nos días do apartheid
para a minoría branca.
00:00:38.726 --> 00:00:41.426
E, como consecuencia, hoxe
non hai suficientes prazas
00:00:41.426 --> 00:00:45.278
para todas as persoas que queren e merecen
unha educación de alta calidade.
00:00:45.278 --> 00:00:49.158
Esa escaseza provocou
unha crise en xaneiro deste ano
00:00:49.158 --> 00:00:50.994
na Universidade de Johannesburgo.
00:00:50.994 --> 00:00:53.125
Había unhas cantas prazas dispoñibles
00:00:53.125 --> 00:00:56.094
nos procesos xerais de admisión,
e a noite anterior
00:00:56.094 --> 00:00:58.654
a cando se supoñía
que ía abrir o rexistro,
00:00:58.654 --> 00:01:02.706
miles de persoas aliñáronse na porta
nunha fileira de 1,5 km,
00:01:02.706 --> 00:01:06.586
agardando ser as primeiras
e conseguir unha das prazas.
00:01:06.586 --> 00:01:08.894
Cando as portas abriron,
houbo un amoreamento,
00:01:08.894 --> 00:01:12.546
20 persoas resultaron feridas
e unha muller morreu.
00:01:12.546 --> 00:01:14.486
Era unha nai que deu a súa vida
00:01:14.486 --> 00:01:18.549
intentando conseguirlle ao seu fillo
a oportunidade dunha vida mellor.
NOTE Paragraph
00:01:18.549 --> 00:01:21.706
Mesmo en partes do mundo como os EE. UU.
00:01:21.706 --> 00:01:26.062
onde a educación é accesible,
pode estar fóra do alcance.
00:01:26.062 --> 00:01:28.624
Debateuse moito nos últimos anos
00:01:28.624 --> 00:01:30.723
sobre o incremento dos custos da sanidade.
00:01:30.723 --> 00:01:33.365
O que talvez non é tan obvio para a xente
00:01:33.365 --> 00:01:37.387
é que durante ese mesmo período
o custo das taxas da educación superior
00:01:37.387 --> 00:01:39.867
foi aumentando
case dúas veces máis rápido,
00:01:39.867 --> 00:01:44.147
ata sumar un total do 559 % desde 1985.
00:01:44.147 --> 00:01:48.681
Isto fai que a educación sexa
demasiado cara para moita xente.
NOTE Paragraph
00:01:48.681 --> 00:01:52.482
Finalmente, mesmo para aqueles
que conseguen educación superior
00:01:52.482 --> 00:01:55.107
as portas da oportunidade
pode que non se abran.
00:01:55.107 --> 00:01:58.314
Só un pouco máis da metade
de graduados recentes
00:01:58.314 --> 00:02:00.627
nos EE.UU. que teñen formación superior
00:02:00.627 --> 00:02:03.940
están traballando en postos
que requiren ese nivel educativo.
00:02:03.940 --> 00:02:05.930
Isto, claro, non é así para os estudantes
00:02:05.930 --> 00:02:07.882
que se gradúan nas institucións elite,
00:02:07.882 --> 00:02:10.514
pero moitos outros
non conseguen que se lles valoren
00:02:10.514 --> 00:02:14.050
o tempo e o esforzo.
NOTE Paragraph
00:02:14.050 --> 00:02:17.080
Tom Friedman, no seu artigo recente
do New York Times, captou,
00:02:17.080 --> 00:02:21.448
nunha forma en que ninguén máis podería,
o espírito por tras dese esforzo.
00:02:21.448 --> 00:02:24.568
Dixo que os grandes avances
son os que ocorren
00:02:24.568 --> 00:02:28.467
cando o que de súpeto é posible se une
ao que é desesperadamente necesario.
00:02:28.467 --> 00:02:31.088
Eu falei do que é
desesperadamente necesario.
00:02:31.088 --> 00:02:33.600
Agora imos falar
do que é de súpeto posible.
NOTE Paragraph
00:02:33.600 --> 00:02:36.719
O que é de súpeto posible
foi demostrado por
00:02:36.719 --> 00:02:38.287
tres grandes cursos de Stanford,
00:02:38.287 --> 00:02:42.167
cada unha das cales tivo unha inscrición
de 100 000 persoas ou máis.
00:02:42.167 --> 00:02:45.341
Para entendelo, imos
observar un deses cursos,
00:02:45.341 --> 00:02:47.941
o de Aprendizaxe Automática,
impartido polo meu colega
00:02:47.941 --> 00:02:49.350
e cofundador Andrew Ng.
00:02:49.350 --> 00:02:51.739
Andrew imparte un
dos grandes cursos de Stanford.
00:02:51.739 --> 00:02:53.168
É o de Aprendizaxe Automática
00:02:53.168 --> 00:02:56.246
e ten unhas 400 persoas inscritas
cada vez que se ofrece.
00:02:56.246 --> 00:02:59.511
Cando Andrew abriu o curso
Aprendizaxe Automática ao público xeral,
00:02:59.511 --> 00:03:02.127
inscribíronse 100.000 persoas.
00:03:02.127 --> 00:03:04.136
Poñamos o número en perspectiva:
00:03:04.136 --> 00:03:06.685
para que Andrew acadase
unha audiencia do mesmo tamaño
00:03:06.685 --> 00:03:08.321
impartindo un curso en Stanford,
00:03:08.321 --> 00:03:12.247
tería que impartilo durante 250 anos.
00:03:12.247 --> 00:03:15.733
Claro, aburriríase moitísimo.
NOTE Paragraph
00:03:15.733 --> 00:03:18.470
Así que, ao vermos o impacto disto,
00:03:18.470 --> 00:03:21.598
Andrew e mais eu decidimos
que tiñamos que intentar escalalo
00:03:21.598 --> 00:03:25.718
para levar a mellor educación de calidade
ao maior número de xente que puidésemos.
00:03:25.718 --> 00:03:27.213
Así que conformamos Coursera,
00:03:27.213 --> 00:03:30.350
cuxo obxectivo é coller os mellores cursos
00:03:30.350 --> 00:03:33.667
dos mellores instrutores
das mellores universidades
00:03:33.667 --> 00:03:37.695
e proporcionárllelos de balde
a persoas de todo o mundo.
00:03:37.695 --> 00:03:40.295
Actualmente, temos
43 cursos na plataforma,
00:03:40.295 --> 00:03:43.494
de catro universidades e
de toda unha variedade de disciplinas.
00:03:43.494 --> 00:03:46.167
Deixádeme que vos mostre
unha pequena aproximación xeral
00:03:46.167 --> 00:03:47.275
de como é.
NOTE Paragraph
00:03:47.765 --> 00:03:49.798
(Vídeo) Robert Ghrist:
Benvidos a Cálculo.
NOTE Paragraph
00:03:49.818 --> 00:03:52.248
E. Emanuel: 50 millóns
de persoas non teñen seguro.
NOTE Paragraph
00:03:52.248 --> 00:03:54.969
S. Page: Cos modelos deseñamos
políticas máis efectivas.
00:03:54.969 --> 00:03:57.377
Temos unha segregación incrible.
NOTE Paragraph
00:03:57.377 --> 00:03:59.299
S. Klemmer: Bush imaxinou que no futuro,
00:03:59.299 --> 00:04:01.547
levariamos unha cámara
no centro da cabeza.
NOTE Paragraph
00:04:01.547 --> 00:04:05.801
M. Duneier: Mills quere que o estudante
de socioloxía adquira a cualidade mental
NOTE Paragraph
00:04:05.801 --> 00:04:09.466
RG: O cable colgante toma a forma
dun coseno hiperbólico.
NOTE Paragraph
00:04:09.466 --> 00:04:12.537
N. Parlante: Para cada píxel da imaxe,
fixe o vermello a cero.
NOTE Paragraph
00:04:12.537 --> 00:04:15.514
P. Offit: ... a vacina permitiunos
eliminar o virus da polio.
NOTE Paragraph
00:04:15.514 --> 00:04:19.137
D. Jurafsky: A Lufthansa serve almorzo
e San Xosé? Ben, soa estraño.
NOTE Paragraph
00:04:19.137 --> 00:04:22.753
D. Koller: Así que esta é a moeda
que elixe e estes son os dous lanzamentos.
NOTE Paragraph
00:04:22.753 --> 00:04:26.440
A. Ng: Na aprendizaxe automática
a grande escala, gustaríanos chegar a...
NOTE Paragraph
00:04:26.440 --> 00:04:32.049
(Aplausos)
NOTE Paragraph
00:04:32.049 --> 00:04:34.323
DK: Resulta, talvez non sexa
unha sorpresa,
00:04:34.323 --> 00:04:36.711
que aos estudantes gústalles
ter o mellor contido
00:04:36.711 --> 00:04:39.448
das mellores universidades de balde.
00:04:39.448 --> 00:04:41.970
Desde que abrimos a web en febreiro,
00:04:41.970 --> 00:04:46.328
temos agora 640 000 estudantes
de 190 países.
00:04:46.328 --> 00:04:48.480
Temos 1,5 millóns de inscricións,
00:04:48.480 --> 00:04:52.670
6 millóns de probas enviadas
nos 15 cursos que lanzamos ata agora
00:04:52.670 --> 00:04:55.966
e 14 millóns de vídeos visualizados.
NOTE Paragraph
00:04:56.246 --> 00:04:58.764
Pero non vai só de números,
00:04:58.764 --> 00:05:00.405
tamén vai de xente.
00:05:00.405 --> 00:05:03.381
Xa for Akash, que vén
dunha pequena cidade na India
00:05:03.381 --> 00:05:05.556
e nunca tería acceso
00:05:05.556 --> 00:05:07.295
a un curso da calidade de Stanford
00:05:07.295 --> 00:05:09.180
e nunca sería quen de permitirse isto.
00:05:09.350 --> 00:05:11.598
Xa for Jenny, que é nai solteira
de dous fillos
00:05:11.598 --> 00:05:13.565
e quere mellorar as súas competencias
00:05:13.565 --> 00:05:16.700
para poder retomar
e completar o seu mestrado.
00:05:16.700 --> 00:05:19.836
Ou Ryan, que non pode ir á escola,
00:05:19.836 --> 00:05:21.701
xa que ten unha filla inmunodeficiente
00:05:21.701 --> 00:05:25.084
e non pode arriscarse
a levar xermes á casa,
00:05:25.084 --> 00:05:26.924
por iso non pode abandonala.
00:05:26.924 --> 00:05:28.556
Eu alégrome realmente de dicir,
00:05:28.556 --> 00:05:30.808
recentemente estivemos
en contacto con Ryan,
00:05:30.808 --> 00:05:32.740
que esa historia tivo un final feliz.
00:05:32.740 --> 00:05:34.643
A bebé Shannon, podedes vela á esquerda,
00:05:34.643 --> 00:05:35.994
está moito mellor agora
00:05:35.994 --> 00:05:40.062
e Ryan conseguiu un traballo grazas
aos nosos cursos.
NOTE Paragraph
00:05:40.062 --> 00:05:42.586
Entón, que fai que estes
cursos sexan tan distintos?
00:05:42.586 --> 00:05:46.156
Despois de todo, os cursos
en liña existen desde hai tempo.
00:05:46.156 --> 00:05:49.868
O que os fixo diferentes foi que estes
creaban unha experiencia real.
00:05:49.868 --> 00:05:51.594
Comezaban nun determinado día,
00:05:51.594 --> 00:05:55.228
os estudantes tiñan que ver
vídeos semanalmente
00:05:55.228 --> 00:05:57.083
e facer tarefas.
00:05:57.083 --> 00:05:58.874
E estas eran tarefas reais
00:05:58.874 --> 00:06:02.178
para unhas notas reais,
cun prazo de entrega real.
00:06:02.178 --> 00:06:04.234
Podedes ver os prazos
e as gráficas de uso.
00:06:04.234 --> 00:06:06.322
Estes son os picos que mostran
00:06:06.322 --> 00:06:10.111
que a procrastinación é
un fenómeno global.
NOTE Paragraph
00:06:10.111 --> 00:06:12.687
(Risos)
NOTE Paragraph
00:06:12.687 --> 00:06:14.359
Á fin do curso,
00:06:14.359 --> 00:06:16.215
os estudantes obtiñan un certificado.
00:06:16.215 --> 00:06:18.285
Podían presentar ese certificado
00:06:18.285 --> 00:06:20.528
nunha empresa para conseguir
un traballo mellor,
00:06:20.528 --> 00:06:22.588
e sabemos que moitos estudantes fixérono.
00:06:22.588 --> 00:06:24.507
Algúns estudantes colleron o certificado
00:06:24.507 --> 00:06:27.629
e presentárono na institución educativa
en que estaban inscritos
00:06:27.629 --> 00:06:29.470
para obter créditos universitarios.
00:06:29.470 --> 00:06:31.684
Conseguían así
algo realmente significativo
00:06:31.684 --> 00:06:34.518
polo seu investimento
de tempo e de esforzo.
NOTE Paragraph
00:06:34.518 --> 00:06:37.073
Imos falar un pouco dalgún dos compoñentes
00:06:37.073 --> 00:06:38.965
destes cursos.
00:06:38.965 --> 00:06:41.593
O primeiro compoñente é
que cando deixamos atrás
00:06:41.593 --> 00:06:43.890
as restricións físicas dunha aula
00:06:43.890 --> 00:06:46.730
e deseñamos contidos especificamente
para o formato en liña,
00:06:46.730 --> 00:06:49.258
podemos romper, por exemplo,
00:06:49.258 --> 00:06:51.453
coa clase monolítica dunha hora.
00:06:51.453 --> 00:06:53.518
Podemos fragmentar o material,
por exemplo,
00:06:53.518 --> 00:06:56.834
en unidades curtas, modulares,
de 8 a 12 minutos,
00:06:56.834 --> 00:06:59.548
cada unha das cales representa
un concepto coherente.
00:06:59.548 --> 00:07:02.408
Os estudantes poden percorrer
o material de distintos xeitos,
00:07:02.408 --> 00:07:05.882
segundo a súa experiencia,
as súas destrezas ou os seus intereses.
00:07:05.882 --> 00:07:08.602
Así, por exemplo, algúns estudantes
pódense beneficiar
00:07:08.602 --> 00:07:11.362
dunha pequena parte
de material preparatorio
00:07:11.362 --> 00:07:13.433
que outros estudantes poden xa coñecer.
00:07:13.433 --> 00:07:15.873
Outros poden estar interesados
nun tema concreto
00:07:15.873 --> 00:07:18.959
que queren seguir individualmente
con maior profundidade.
00:07:18.959 --> 00:07:22.194
Así que este formato permítenos romper
00:07:22.194 --> 00:07:25.018
co modelo educativo
en que todo vale para todos,
00:07:25.018 --> 00:07:29.010
e permítelles aos estudantes seguir
un currículo máis personalizado.
NOTE Paragraph
00:07:29.010 --> 00:07:31.353
Por suposto, todos sabemos
como educadores
00:07:31.353 --> 00:07:34.713
que os estudantes non aprenden
sentados vendo vídeos de xeito pasivo.
00:07:34.713 --> 00:07:37.658
Quizais un dos compoñentes
máis grandes deste proxecto
00:07:37.658 --> 00:07:40.250
é que precisamos ter estudantes
00:07:40.250 --> 00:07:42.659
que practiquen co material
00:07:42.659 --> 00:07:45.815
para entendelo de verdade.
00:07:45.815 --> 00:07:49.083
Houbo unha serie de estudos
que demostraron a importancia disto.
00:07:49.083 --> 00:07:51.615
Este publicado en Science
o ano pasado, por exemplo,
00:07:51.615 --> 00:07:54.447
demostrou que mesmo
a simple práctica de recuperación
00:07:54.447 --> 00:07:57.239
onde os estudantes só teñen que repetir
00:07:57.239 --> 00:07:58.639
o que xa aprenderon
00:07:58.639 --> 00:08:00.559
dá resultados moito mellores
00:08:00.559 --> 00:08:02.828
en varias probas de rendemento
00:08:02.828 --> 00:08:07.132
que moitas outras
intervencións educativas.
NOTE Paragraph
00:08:07.132 --> 00:08:10.094
Tentamos construír unha práctica
de recuperación na plataforma
00:08:10.094 --> 00:08:12.348
así como outras formas de práctica.
00:08:12.348 --> 00:08:16.492
Por exemplo, mesmo os nosos vídeos
non son só vídeos.
00:08:16.492 --> 00:08:18.535
Cada poucos minutos, o vídeo detense
00:08:18.535 --> 00:08:20.686
e o estudante ten
que responder unha pregunta.
NOTE Paragraph
00:08:20.686 --> 00:08:23.407
(Vídeo) SP: 4 cousas: prospectiva,
desconto hiperbólico,
00:08:23.407 --> 00:08:26.249
nesgo de statu quo, falacia da taxa base.
Ben documentadas.
00:08:26.249 --> 00:08:29.116
Todas desviacións ben documentadas
do comportamento racional.
NOTE Paragraph
00:08:29.116 --> 00:08:30.390
DK: Aquí detense o vídeo,
00:08:30.390 --> 00:08:32.646
e o estudante escribe a resposta na caixa
00:08:32.646 --> 00:08:35.869
e envíaa. Obviamente,
non estaban prestando atención.
NOTE Paragraph
00:08:35.884 --> 00:08:36.753
(Risos)
NOTE Paragraph
00:08:36.753 --> 00:08:38.763
Así que intentan facelo outra vez,
00:08:38.763 --> 00:08:41.299
e desta vez fano ben.
00:08:41.299 --> 00:08:43.492
Hai unha explicación
opcional se a desexan.
00:08:43.492 --> 00:08:47.749
E agora o vídeo segue
coa seguinte parte da lección.
00:08:47.749 --> 00:08:49.527
Este é un tipo de pregunta simple
00:08:49.527 --> 00:08:51.758
que eu como instrutora
podería facer na clase,
00:08:51.758 --> 00:08:54.208
pero cando eu fago
ese tipo de pregunta nunha clase,
00:08:54.208 --> 00:08:55.508
o 80 % dos estudantes
00:08:55.508 --> 00:08:57.524
aínda están escribindo
o último que dixen,
00:08:57.524 --> 00:09:00.695
O 15 % están en Facebook,
00:09:00.695 --> 00:09:03.151
e despois están os listos
na fila de diante
00:09:03.151 --> 00:09:04.420
que soltan a resposta
00:09:04.420 --> 00:09:06.827
antes de que ninguén máis
teña ocasión de pensala,
00:09:06.827 --> 00:09:09.589
e eu como instrutora estou
moi satisfeita
00:09:09.589 --> 00:09:11.237
de que alguén saiba a resposta.
00:09:11.237 --> 00:09:14.029
E así a clase continúa,
e a maioría de estudantes
00:09:14.029 --> 00:09:17.558
nin se chega a decatar de que eu
fixen unha pregunta.
00:09:17.558 --> 00:09:20.165
Aquí, cada estudante
00:09:20.165 --> 00:09:22.949
ten que interactuar co material.
NOTE Paragraph
00:09:22.949 --> 00:09:25.255
E, claro, estas simples cuestións
de recuperación
00:09:25.255 --> 00:09:26.547
non son a fin da historia.
00:09:26.547 --> 00:09:29.737
Precisamos construír cuestións
prácticas moito máis significativas
00:09:29.737 --> 00:09:32.000
e tamén darlles aos estudantes
retroalimentación
00:09:32.000 --> 00:09:33.533
sobre estas cuestións.
00:09:33.533 --> 00:09:36.421
Agora, como se avalía o traballo
de 100 000 estudantes
00:09:36.421 --> 00:09:39.503
se non temos 10 000
asistentes técnicos?
00:09:39.503 --> 00:09:41.857
A resposta é que precisamos
usar a tecnoloxía
00:09:41.857 --> 00:09:43.352
para que o faga por nós.
00:09:43.352 --> 00:09:46.000
Afortunadamente, a tecnoloxía
xa percorreu un bo camiño,
00:09:46.000 --> 00:09:49.268
e podemos avaliar
unha variedade interesante de tarefas.
00:09:49.268 --> 00:09:51.375
Ademais das preguntas de escolla múltiple
00:09:51.375 --> 00:09:53.948
e de resposta curta que vistes no vídeo,
00:09:53.948 --> 00:09:57.208
tamén podemos avaliar
matemáticas, expresións matemáticas
00:09:57.208 --> 00:09:59.160
así como derivacións matemáticas.
00:09:59.160 --> 00:10:02.034
Podemos avaliar modelos,
00:10:02.034 --> 00:10:04.450
xa for modelos financeiros
nunha clase de negocios
00:10:04.450 --> 00:10:07.194
ou modelos físicos nunha clase
de ciencias ou enxeñaría
00:10:07.194 --> 00:10:10.938
e podemos avaliar algúns traballos
de programación moi sofisticados.
NOTE Paragraph
00:10:10.938 --> 00:10:12.857
Deixádeme amosarvos un que é moi sinxelo
00:10:12.857 --> 00:10:14.217
pero bastante visual.
00:10:14.217 --> 00:10:16.814
É do curso Ciencias da Computación 101
de Stanford.
00:10:16.814 --> 00:10:18.638
Os estudantes teñen que corrixir a cor
00:10:18.638 --> 00:10:20.010
da imaxe vermella borrosa.
00:10:20.010 --> 00:10:22.028
Están inserindo o programa no navegador,
00:10:22.028 --> 00:10:26.086
e podedes ver que non o conseguen,
a Estatua da Liberdade aínda está mareada.
00:10:26.086 --> 00:10:29.842
Así que o estudante inténtao outra vez,
e agora conseguiuno e díselle
00:10:29.842 --> 00:10:32.201
que pode seguir coa próxima tarefa.
00:10:32.201 --> 00:10:35.349
Esta capacidade de interactuar
activamente co material
00:10:35.349 --> 00:10:37.033
e de saber se o fixemos ben ou mal
00:10:37.033 --> 00:10:40.159
é realmente esencial para
a aprendizaxe dos estudantes.
NOTE Paragraph
00:10:40.159 --> 00:10:42.434
Claro que aínda
non podemos avaliar totalmente
00:10:42.434 --> 00:10:45.268
as actividades que
se precisan para todos os cursos.
00:10:45.268 --> 00:10:48.569
Concretamente, falta o tipo
de actividades de pensamento crítico
00:10:48.569 --> 00:10:50.491
que son esenciais en disciplinas
00:10:50.491 --> 00:10:54.088
como as de humanidades,
ciencias sociais, negocios e outras.
00:10:54.088 --> 00:10:56.337
Así que intentamos
convencer, por exemplo,
00:10:56.337 --> 00:10:57.953
algúns dos docentes de humanidades
00:10:57.953 --> 00:11:00.939
de que as preguntas tipo test
non son unha estratexia tan mala.
00:11:00.939 --> 00:11:02.840
Iso non funcionou moi ben.
NOTE Paragraph
00:11:02.840 --> 00:11:05.273
Así que tivemos que buscar outra solución.
00:11:05.273 --> 00:11:08.347
E a solución á que chegamos
foi a avaliación entre compañeiros.
00:11:08.347 --> 00:11:10.769
Resulta que segundo estudos previos,
00:11:10.769 --> 00:11:12.441
como este de Saddler e Good,
00:11:12.441 --> 00:11:15.259
a avaliación entre compañeiros é
sorprendentemente efectiva
00:11:15.259 --> 00:11:18.143
para conseguir cualificacións
reproducibles.
00:11:18.143 --> 00:11:19.913
Intentouse só en clases pequenas
00:11:19.913 --> 00:11:21.500
pero aí demostrouse, por exemplo,
00:11:21.500 --> 00:11:23.852
que esas notas asignadas
por estudantes no eixe y
00:11:23.852 --> 00:11:25.263
están moi ben correlacionadas
00:11:25.263 --> 00:11:27.489
coas notas asignadas
por profesores no eixe x.
00:11:27.489 --> 00:11:29.559
Sorprende aínda máis
que as autoavaliacións
00:11:29.559 --> 00:11:32.960
onde os estudantes puntúan
o seu propio traballo de xeito crítico,
00:11:32.960 --> 00:11:34.797
sempre que os motivemos apropiadamente
00:11:34.797 --> 00:11:36.795
para que non poidan poñerse a nota máxima,
00:11:36.795 --> 00:11:39.826
están mellor correlacionadas
coas avaliacións do profesor.
00:11:39.826 --> 00:11:41.433
Así que é unha estratexia eficaz
00:11:41.433 --> 00:11:43.577
que pode usarse
para avaliar a grande escala
00:11:43.577 --> 00:11:46.273
e unha estratexia de aprendizaxe
útil para os estudantes,
00:11:46.273 --> 00:11:48.528
porque eles realmente
aprenden da experiencia.
00:11:48.528 --> 00:11:53.177
Así que agora temos a maior rede de
avaliación entre compañeiros nunca vista,
00:11:53.177 --> 00:11:55.681
con decenas de miles de estudantes
00:11:55.681 --> 00:11:57.279
que cualifican o traballo doutros
00:11:57.279 --> 00:11:59.948
e con bastante éxito, teño que dicilo.
NOTE Paragraph
00:11:59.948 --> 00:12:02.208
Pero isto non se trata
unicamente de estudantes
00:12:02.208 --> 00:12:05.249
sentados sós nos seus salóns
traballando con problemas.
00:12:05.249 --> 00:12:07.056
Ao redor de cada un dos nosos cursos
00:12:07.056 --> 00:12:09.216
formouse unha comunidade de estudantes,
00:12:09.216 --> 00:12:11.096
unha comunidade global de xente
00:12:11.096 --> 00:12:13.628
ao redor dun esforzo
intelectual compartido.
00:12:13.628 --> 00:12:16.280
O que vedes aquí é un mapa autoxerado
00:12:16.280 --> 00:12:19.241
de estudantes do noso curso 101
de Socioloxía de Princeton
00:12:19.241 --> 00:12:22.000
onde teñen que poñerse nun mapamundi,
00:12:22.000 --> 00:12:24.960
e podedes ver o alcance global
deste tipo de proxecto.
NOTE Paragraph
00:12:24.960 --> 00:12:29.337
Os estudantes colaboraron
nestes cursos de diferentes xeitos.
00:12:29.337 --> 00:12:32.166
En primeiro lugar, había un foro
de preguntas e respostas
00:12:32.166 --> 00:12:34.310
onde os estudantes
tiñan que poñer preguntas,
00:12:34.310 --> 00:12:36.734
e outros estudantes
tiñan que respondelas.
00:12:36.734 --> 00:12:38.447
E o máis abraiante é que,
00:12:38.447 --> 00:12:40.117
como había tantos estudantes,
00:12:40.117 --> 00:12:42.942
isto implicaba que mesmo
se un estudante poñía unha pregunta
00:12:42.942 --> 00:12:44.114
ás 3 da mañá,
00:12:44.114 --> 00:12:45.696
nalgún punto do mundo
00:12:45.696 --> 00:12:47.770
habería alguén esperto
00:12:47.770 --> 00:12:50.083
e traballando no mesmo problema.
00:12:50.083 --> 00:12:52.041
Así que, en moitos dos nosos cursos,
00:12:52.041 --> 00:12:54.370
o tempo medio de resposta
para unha pregunta
00:12:54.370 --> 00:12:57.788
no foro foi de 22 minutos.
00:12:57.788 --> 00:13:02.365
É un nivel de servizo que eu nunca lles
ofrecín aos meus estudantes de Stanford.
NOTE Paragraph
00:13:02.365 --> 00:13:03.706
(Risos)
NOTE Paragraph
00:13:03.706 --> 00:13:05.828
E podedes ver nos testemuños
dos estudantes
00:13:05.828 --> 00:13:07.335
que realmente cren
00:13:07.335 --> 00:13:09.856
que, grazas a esta enorme
comunidade en liña,
00:13:09.856 --> 00:13:12.455
puideron interactuar entre si
de moitas formas
00:13:12.455 --> 00:13:16.648
que son máis profundas
das que hai no contexto da clase física.
00:13:16.648 --> 00:13:18.992
Os estudantes tamén se agruparon,
00:13:18.992 --> 00:13:20.855
sen ningún tipo de intervención nosa,
00:13:20.855 --> 00:13:22.758
en pequenos grupos de estudo.
00:13:22.758 --> 00:13:25.120
Algúns eran grupos de estudo presenciais
00:13:25.120 --> 00:13:26.756
segundo as limitacións xeográficas
00:13:26.756 --> 00:13:29.818
que se reunían cada semana
para traballar en series de problemas.
00:13:29.818 --> 00:13:31.568
Este é o grupo de San Francisco,
00:13:31.568 --> 00:13:33.887
pero hainos por todo o mundo.
00:13:33.887 --> 00:13:35.919
Outros son grupos de estudo virtuais,
00:13:35.919 --> 00:13:38.908
formados segundo
trazos lingüísticos ou culturais
00:13:38.908 --> 00:13:40.352
e na parte inferior esquerda
00:13:40.352 --> 00:13:44.148
podedes ver o noso grupo de estudo
universal e multicultural
00:13:44.148 --> 00:13:46.161
onde a xente explicitamente quere conectar
00:13:46.161 --> 00:13:48.917
con xente doutras culturas.
NOTE Paragraph
00:13:48.917 --> 00:13:51.028
Hai enormes oportunidades
00:13:51.028 --> 00:13:54.353
que xorden deste tipo de contexto.
00:13:54.353 --> 00:13:58.007
A primeira é que ten o potencial de darnos
00:13:58.007 --> 00:14:00.441
unha mirada sen precedentes
00:14:00.441 --> 00:14:02.730
para entender a aprendizaxe humana.
00:14:02.730 --> 00:14:06.193
Porque os datos que podemos
conseguir aquí son únicos.
00:14:06.193 --> 00:14:10.202
Podemos analizar cada clic,
cada envío de tarefas,
00:14:10.202 --> 00:14:14.565
cada publicación no foro
de decenas de miles de estudantes.
00:14:14.565 --> 00:14:16.908
Así, no estudo da aprendizaxe humana
00:14:16.908 --> 00:14:18.841
podemos pasar de partir de hipóteses
00:14:18.841 --> 00:14:21.699
a traballar desde os datos,
unha transformación que,
00:14:21.699 --> 00:14:24.740
por exemplo, revolucionou a bioloxía.
00:14:24.740 --> 00:14:28.294
Podemos usar estes datos
para entender preguntas fundamentais
00:14:28.294 --> 00:14:30.574
como cales son
as estratexias de aprendizaxe
00:14:30.574 --> 00:14:32.740
máis efectivas e cales non.
00:14:32.740 --> 00:14:34.980
E no contexto de cursos concretos,
00:14:34.980 --> 00:14:36.517
podemos facer preguntas
00:14:36.517 --> 00:14:39.772
como cales son
as equivocacións máis comúns
00:14:39.772 --> 00:14:41.919
e como axudamos aos estudantes
a resolvelas.
NOTE Paragraph
00:14:41.919 --> 00:14:43.133
Este é un exemplo disto,
00:14:43.133 --> 00:14:45.409
do curso de Aprendizaxe Automática
de Andrew.
00:14:45.409 --> 00:14:47.597
Esta é unha distribución
de respostas erradas
00:14:47.597 --> 00:14:49.127
para unha das tarefas de Andrew.
00:14:49.127 --> 00:14:51.170
As respostas resultan ser
pares de números,
00:14:51.170 --> 00:14:53.551
así que podemos velas
nesta gráfica bidimensional.
00:14:53.551 --> 00:14:57.149
Cada pequena cruz
é unha resposta incorrecta diferente.
00:14:57.149 --> 00:14:59.555
A cruz grande na parte superior esquerda
00:14:59.555 --> 00:15:01.703
é onde 2 000 estudantes
00:15:01.703 --> 00:15:04.748
deron exactamente
a mesma resposta incorrecta.
00:15:04.748 --> 00:15:07.075
Agora, se dous estudantes
nunha clase de 100
00:15:07.075 --> 00:15:08.362
cometesen o mesmo erro,
00:15:08.362 --> 00:15:09.713
nunca nos decatariamos.
00:15:09.713 --> 00:15:12.403
Mais cando 2 000 estudantes
dan a mesma resposta errada,
00:15:12.403 --> 00:15:13.970
é difícil non darse conta.
00:15:13.970 --> 00:15:16.162
Así que Andrew e os seus estudantes
00:15:16.162 --> 00:15:17.802
analizaron algunhas desas tarefas,
00:15:17.802 --> 00:15:21.770
entenderon a raíz dos equívocos
00:15:21.770 --> 00:15:24.290
e crearon unha mensaxe de erro específica
00:15:24.290 --> 00:15:26.539
que lles aparecería aos estudantes
00:15:26.539 --> 00:15:28.718
cuxa resposta caera nese caixón.
00:15:28.718 --> 00:15:30.992
É dicir, os estudantes
que cometían o mesmo erro
00:15:30.992 --> 00:15:33.388
agora terían
unha retroalimentación personalizada
00:15:33.388 --> 00:15:37.227
que lles diría como solucionar
ese erro de xeito eficaz.
NOTE Paragraph
00:15:37.227 --> 00:15:41.038
Así que esta personalización
é algo que podemos construír
00:15:41.038 --> 00:15:44.178
grazas a termos estes grandes números.
00:15:44.178 --> 00:15:46.490
A personalización é, talvez,
00:15:46.490 --> 00:15:48.913
unha das maiores oportunidades aquí
00:15:48.913 --> 00:15:51.258
porque nos permite resolver un problema
00:15:51.258 --> 00:15:53.948
que temos desde hai 30 anos.
00:15:53.948 --> 00:15:57.297
O investigador educativo
Benjamin Bloom, en 1984,
00:15:57.297 --> 00:15:59.548
expuxo o que se chamou
o problema 2 sigma,
00:15:59.548 --> 00:16:02.610
que observou ao estudar
tres grupos de estudantes.
00:16:02.610 --> 00:16:06.218
O primeiro estudaba
nunha aula baseada en leccións.
00:16:06.218 --> 00:16:08.665
O segundo era un grupo
de alumnos que estudaba
00:16:08.665 --> 00:16:10.494
nunha aula baseada en leccións estándar
00:16:10.494 --> 00:16:12.824
pero cun enfoque orientado
ao dominio do contido,
00:16:12.834 --> 00:16:15.394
onde os estudantes non podían
pasar ao seguinte tema
00:16:15.394 --> 00:16:18.068
se non demostraban
que dominaban o anterior.
00:16:18.068 --> 00:16:20.362
E, finalmente, había
un grupo de estudantes
00:16:20.362 --> 00:16:24.890
aos que se lles daba instrución
individual a través dun titor.
00:16:24.890 --> 00:16:28.162
O grupo baseado no dominio obtivo
un desvío padrón total,
00:16:28.162 --> 00:16:30.450
ou sigma, superior en rendemento
00:16:30.450 --> 00:16:32.844
que o grupo baseado
en leccións convencionais,
00:16:32.844 --> 00:16:34.988
e a titoría individual deu
unha mellora
00:16:34.988 --> 00:16:36.818
sigma 2 en rendemento.
NOTE Paragraph
00:16:36.818 --> 00:16:38.281
Para entender o que significa,
00:16:38.281 --> 00:16:40.114
vexamos a clase baseada en leccións,
00:16:40.114 --> 00:16:43.043
tomando o rendemento medio como limiar.
00:16:43.043 --> 00:16:44.761
Nunha clase baseada en leccións,
00:16:44.761 --> 00:16:48.250
a metade dos estudantes están
por riba dese limiar e a metade por baixo.
00:16:48.250 --> 00:16:50.348
Na instrución de titoría individual,
00:16:50.348 --> 00:16:55.149
o 98 % dos estudantes están
por riba dese limiar.
00:16:55.149 --> 00:16:59.069
Imaxinade que puidésemos ensinar
de xeito que o 98 % dos estudantes
00:16:59.069 --> 00:17:01.267
estivesen por riba da media.
00:17:01.267 --> 00:17:04.690
Este é o problema sigma 2.
NOTE Paragraph
00:17:04.690 --> 00:17:07.089
Porque non podemos permitirnos,
como sociedade,
00:17:07.089 --> 00:17:10.071
proporcionarlle a cada estudante
un titor humano individual.
00:17:10.071 --> 00:17:12.470
Mais quizais poidamos permitirnos
darlle a cada un
00:17:12.470 --> 00:17:14.489
un computador ou un teléfono intelixente.
00:17:14.489 --> 00:17:16.718
A cuestión é:
Como podemos usar a tecnoloxía
00:17:16.718 --> 00:17:19.993
para ir desde o lado esquerdo da gráfica,
desde a curva azul,
00:17:19.993 --> 00:17:22.731
ao lado dereito coa curva verde?
00:17:22.731 --> 00:17:25.068
O dominio é fácil de acadar
usando un computador,
00:17:25.068 --> 00:17:26.663
porque un computador non se cansa
00:17:26.663 --> 00:17:29.546
de amosar o mesmo vídeo cinco veces.
00:17:29.546 --> 00:17:32.797
E non se cansa de avaliar
o mesmo traballo múltiples veces,
00:17:32.802 --> 00:17:35.828
como vimos en moitos dos exemplos
que vos amosei.
00:17:35.828 --> 00:17:37.682
E mesmo a personalización
00:17:37.682 --> 00:17:39.818
é algo cuxos comezos empezamos a ver,
00:17:39.818 --> 00:17:43.010
a través da traxectoria
personalizada polo currículo
00:17:43.010 --> 00:17:46.274
ou a través da retroalimentación
personalizada.
00:17:46.274 --> 00:17:48.762
Así que o obxectivo aquí
é intentar empurrar
00:17:48.762 --> 00:17:52.259
e ver o lonxe que podemos
chegar cara á curva verde.
NOTE Paragraph
00:17:52.259 --> 00:17:57.618
Pero, se isto é tan estupendo,
estarán as universidades obsoletas?
00:17:57.618 --> 00:17:59.780
Ben, Mark Twain pensaba iso.
00:17:59.920 --> 00:18:03.155
Dicía: "A universidade é un lugar
onde os apuntamentos dun profesor
00:18:03.155 --> 00:18:05.438
van directamente
aos apuntamentos dun estudante
00:18:05.438 --> 00:18:07.504
sen pasar polo cerebro
de ningún deles."
NOTE Paragraph
00:18:07.504 --> 00:18:11.281
(Risos)
NOTE Paragraph
00:18:11.281 --> 00:18:13.949
Aínda que eu lamento
disentir de Mark Twain.
00:18:13.949 --> 00:18:16.614
Penso que el non se queixaba
00:18:16.614 --> 00:18:19.364
das universidades senón
do formato de clase maxistral
00:18:19.364 --> 00:18:22.148
en que moitas universidades
invisten gran parte do tempo.
00:18:22.148 --> 00:18:25.067
Así que imos cara a atrás
un pouco, ata Plutarco, que dixo:
00:18:25.067 --> 00:18:27.464
"A mente non é un recipiente
que hai que encher
00:18:27.464 --> 00:18:29.467
senón madeira que necesita
ser acendida."
00:18:29.467 --> 00:18:32.147
Talvez deberiamos investir
menos tempo nas universidades
00:18:32.147 --> 00:18:34.898
a encher as mentes
dos nosos estudantes con contido
00:18:34.898 --> 00:18:38.118
a través de leccións, e máis tempo
a acender a súa creatividade,
00:18:38.118 --> 00:18:41.373
a súa imaxinación e as súas destrezas
na resolución de problemas
00:18:41.373 --> 00:18:43.871
conversando, realmente, con eles.
NOTE Paragraph
00:18:43.871 --> 00:18:45.238
Entón, como o facemos?
00:18:45.238 --> 00:18:48.669
Facémolo a través
da aprendizaxe activa na aula.
00:18:48.669 --> 00:18:51.118
Houbo moitos estudos, incluído este,
00:18:51.118 --> 00:18:53.198
que demostran que coa aprendizaxe activa,
00:18:53.198 --> 00:18:55.614
cando interactuamos
cos nosos estudantes na aula,
00:18:55.614 --> 00:18:58.310
o rendemento mellora
en todas as dimensións,
00:18:58.310 --> 00:19:00.759
en asistencia, en compromiso
e en aprendizaxe
00:19:00.759 --> 00:19:02.814
medidos en probas estandarizadas.
00:19:02.814 --> 00:19:04.958
Vedes, por exemplo,
que o nivel de rendemento
00:19:04.958 --> 00:19:07.548
case se duplica
neste experimento concreto.
00:19:07.548 --> 00:19:11.949
Entón, quizais é así como deberiamos
usar o noso tempo nas universidades.
NOTE Paragraph
00:19:11.949 --> 00:19:16.526
Para resumir, se puidésemos ofrecer
unha educación de alta calidade
00:19:16.526 --> 00:19:18.589
para todas as persoas do mundo, de balde,
00:19:18.589 --> 00:19:21.250
que suporía? Tres cousas.
00:19:21.250 --> 00:19:24.671
Primeiro, estableceríase a educación
como un dereito humano fundamental,
00:19:24.671 --> 00:19:26.287
calquera persoa ao redor do mundo
00:19:26.287 --> 00:19:27.958
con capacidades e motivación
00:19:27.958 --> 00:19:30.169
podería desenvolver
as destrezas que precisase
00:19:30.169 --> 00:19:31.494
para mellorar a súa vida,
00:19:31.494 --> 00:19:33.681
a das súas familias e
a das súas comunidades.
NOTE Paragraph
00:19:33.681 --> 00:19:36.272
Segundo, faría posible
a aprendizaxe ao longo da vida.
00:19:36.272 --> 00:19:38.203
É unha vergoña que, para tantas persoas,
00:19:38.203 --> 00:19:41.405
a aprendizaxe remate ao finalizar
o ensino medio ou a universidade.
00:19:41.405 --> 00:19:43.886
O feito de termos dispoñible
este asombroso contido,
00:19:43.886 --> 00:19:46.629
permítenos aprender algo novo
00:19:46.629 --> 00:19:47.765
cando o desexemos,
00:19:47.765 --> 00:19:49.674
para simplemente expandir a mente
00:19:49.674 --> 00:19:51.153
ou para cambiar as nosas vidas.
NOTE Paragraph
00:19:51.153 --> 00:19:54.198
E, finalmente, isto faría posible
unha marea de innovación,
00:19:54.198 --> 00:19:57.270
xa que podemos atopar
un asombroso talento en calquera parte.
00:19:57.270 --> 00:20:00.278
Quizais o próximo Albert Einstein ou
o próximo Steve Jobs
00:20:00.278 --> 00:20:02.893
estea vivindo nalgún lugar
nunha remota aldea de África.
00:20:02.893 --> 00:20:05.549
E se podemos ofrecerlle
a esa persoa unha educación,
00:20:05.549 --> 00:20:08.035
poderá ser capaz de aparecer
coa próxima grande idea
00:20:08.035 --> 00:20:10.309
e facer do mundo un lugar
mellor para todos nós.
NOTE Paragraph
00:20:10.309 --> 00:20:11.469
Moitas grazas.
NOTE Paragraph
00:20:11.469 --> 00:20:19.052
(Aplausos)