Por que 1,5 graos son tan importantes? Porque quentar todo o noso planeta 1,5 graos centígrados requere moita calor. E toda esa calor extra derrete os glaciares que elevan o nivel do mar. Se as capas de xeo da Antártida e Groenlandia se fundisen por completo, millóns de fogares quedarían baixo a auga. A calor extra tamén intensifica o clima, facendo os lugares húmidos máis húmidos e os secos máis secos e aumentando a virulencia das tormentas. Ese aumento de 1,5 graos tampouco se distribuirá de xeito uniforme. As noites máis frías do Ártico poderían ser 10 graos máis quentes. Os días máis cálidos en Mumbai poderían subir cinco graos. Nos últimos 10 000 anos, tivemos sorte. O clima da Terra era estable e as nosas civilizacións floreceron. Pero se o clima se fai máis inestable, tamén o serán as economías e sociedades. Todos sufriremos, e os vulnerables serán os máis afectados, a non ser que actuemos agora. [Conta atrás Toma medidas polo cambio climático en Countdown.ted.com]