1 00:00:08,568 --> 00:00:11,971 Para alguén que non estea familiarizado coas obras de Shakespeare, 2 00:00:11,971 --> 00:00:14,540 a linguaxe resultaralle rara. 3 00:00:14,540 --> 00:00:17,625 Mais hai un segredo para apreciala. 4 00:00:17,625 --> 00:00:21,823 Se ben famoso polas súas obras teatrais, Shakespeare foi principalmente un poeta. 5 00:00:23,213 --> 00:00:26,202 Un dos elementos fundamentais da linguaxe de Shakespeare 6 00:00:26,202 --> 00:00:28,030 é o seu uso do acento. 7 00:00:28,030 --> 00:00:30,533 Non o tipo de acento no que estás a pensar, 8 00:00:30,533 --> 00:00:33,878 senón a forma na que enfatizamos certas sílabas dentro dunha palabra. 9 00:00:34,498 --> 00:00:38,283 Estamos tan acostumados a facelo que case non o percibimos nun primeiro momento. 10 00:00:38,283 --> 00:00:42,462 Porén, se pronuncias unha palabra despacio poderalo identificar con facilidade. 11 00:00:42,462 --> 00:00:47,142 Dramaturgo, ordenador, teléfono. 12 00:00:48,272 --> 00:00:50,644 Os poetas teñen estes acentos moi presentes, 13 00:00:50,644 --> 00:00:52,609 e a miúdo experimentan coa cantidade 14 00:00:52,609 --> 00:00:55,603 e a orde das sílabas átonas e tónicas, 15 00:00:55,603 --> 00:00:59,635 combinándoas de xeitos distintos para crearen o ritmo dos seus poemas. 16 00:01:00,285 --> 00:01:01,577 Así como os compositores, 17 00:01:01,577 --> 00:01:06,299 os poetas adoitan expresar as súas ideas a través da repetición destes ritmos 18 00:01:06,299 --> 00:01:08,963 ou métrica poética. 19 00:01:08,963 --> 00:01:10,134 Así coma a música, 20 00:01:10,134 --> 00:01:14,107 a poesía ten o seu propio conxunto de termos para describir isto. 21 00:01:14,107 --> 00:01:15,619 Nun verso, 22 00:01:15,619 --> 00:01:19,249 un pé é un número determinado de sílabas átonas e tónicas 23 00:01:19,249 --> 00:01:21,407 que forman unha unidade distintiva. 24 00:01:21,407 --> 00:01:25,742 Asimesmo, unha unidade de medida musical é o número de pulsacións. 25 00:01:25,742 --> 00:01:29,504 Un verso componse a miúdo de varios pés. 26 00:01:29,504 --> 00:01:33,799 Por exemplo, un dáctilo é un pé métrico formado por tres sílabas, 27 00:01:33,799 --> 00:01:37,856 a primeira tónica e a segunda e a terceira átonas. 28 00:01:37,856 --> 00:01:41,164 Os pés dáctilos poden dar lugar a versos máis fluídos e de maior forza 29 00:01:41,164 --> 00:01:44,541 como, por exemplo, no poema ''The Lost Leader'' de Robert Browning. 30 00:01:44,541 --> 00:01:51,505 "Just for a handful of silver he left us. Just for a rib and to stick in his coat." 31 00:01:51,505 --> 00:01:54,403 Outro tipo de pé é o trocaico, composto por dúas sílabas: 32 00:01:54,403 --> 00:01:57,619 unha tónica seguida dunha átona. 33 00:01:57,619 --> 00:02:00,272 O pé trocaico nestas liñas do ''Macbeth'' de Shakespeare 34 00:02:00,272 --> 00:02:04,224 outórganlle un ton ominoso e terrorífico ao canto das bruxas. 35 00:02:04,224 --> 00:02:10,750 "Double, double, toil and trouble; fire burn and cauldron bubble." 36 00:02:10,750 --> 00:02:13,674 Porén, na poesía de Shakespeare predomina o pé iámbico. 37 00:02:13,674 --> 00:02:16,541 Este pé de dúas sílabas é unha especie de troqueo invertido. 38 00:02:16,541 --> 00:02:20,493 Polo tanto, a primeira sílaba é átona e a segunda tónica, como en, por exemplo, 39 00:02:20,493 --> 00:02:24,215 ''To be, or not to be''. 40 00:02:24,215 --> 00:02:28,425 Concretamente, o metro favorito de Shakespeare era o pentámetro iámbico, 41 00:02:28,425 --> 00:02:31,832 formado por cinco iambos de dúas sílabas, 42 00:02:31,832 --> 00:02:34,949 facendo un total de dez sílabas por verso. 43 00:02:34,949 --> 00:02:38,357 Emprégase nalgúns dos versos máis famosos de Shakespeare: 44 00:02:38,357 --> 00:02:42,597 ''Shall I compare thee to a summer's day?'' 45 00:02:42,597 --> 00:02:46,965 ''Arise fair sun, and kill the envious moon'' 46 00:02:46,965 --> 00:02:51,406 Fíxate como os iambos sobrepasan a puntuación e a separación das palabras 47 00:02:51,406 --> 00:02:55,548 A métrica céntrase no son, e non na escrita. 48 00:02:55,548 --> 00:02:58,369 O pentámetro iámbico pode parecer técnico, 49 00:02:58,369 --> 00:03:01,422 pero hai unha forma fácil de recordar o que significa. 50 00:03:01,422 --> 00:03:05,669 A palabra ''iamb'' é pronunciada en inglés como ''I am'' (eu son) 51 00:03:05,669 --> 00:03:07,975 Agora vexamos isto nunha oración 52 00:03:07,975 --> 00:03:11,155 escrita en pentámetro iámbico. 53 00:03:11,155 --> 00:03:15,308 "Eu son un pirata cunha pata de pau" 54 00:03:15,308 --> 00:03:17,549 O pirata só pode camiñar en iambos, 55 00:03:17,549 --> 00:03:20,676 a viva imaxe do pé favorito de Shakespeare. 56 00:03:20,676 --> 00:03:24,168 O pentámetro iámbico créase cando el dá dez pasos. 57 00:03:24,168 --> 00:03:27,884 O noso amigo pirata mesmo podenos axudar a lembrar como marcalo correctamente 58 00:03:27,884 --> 00:03:32,166 se imaxinamos as pegadas que deixa ao camiñar por unha praia deserta: 59 00:03:32,166 --> 00:03:37,858 unha curva para as sílabas átonas é unha pegada para as tónicas. 60 00:03:37,858 --> 00:03:42,293 ''If music be the food of love play on'' 61 00:03:42,293 --> 00:03:44,572 Por suposto, a maioría das pezas de Shakespeare 62 00:03:44,572 --> 00:03:46,820 están escritas en prosa. 63 00:03:46,820 --> 00:03:48,076 Mais se les con atención, 64 00:03:48,076 --> 00:03:51,090 notarás que os personaxes de Shakespeare empregan a poesía, 65 00:03:51,090 --> 00:03:53,312 particularmente o pentámetro iámbico, 66 00:03:53,312 --> 00:03:57,778 polas mesmas razóns polas que usamos a poesía nas nosas vidas: 67 00:03:57,778 --> 00:04:03,301 para expresar a paixón, a introspección, ou o transcendental. 68 00:04:03,301 --> 00:04:06,808 Ben sexa cando Hamlet reflexiona sobre a súa existencia, 69 00:04:06,808 --> 00:04:09,100 ou cando Romeo profesa o seu amor, 70 00:04:09,100 --> 00:04:12,848 os personaxes recorren ao pentámetro iámbico para falaren das súas emocións 71 00:04:12,848 --> 00:04:15,287 e o seu lugar no mundo. 72 00:04:15,287 --> 00:04:18,411 O que dá lugar a unha última pregunta: 73 00:04:18,411 --> 00:04:22,039 Por que Shakespeare escolleu o pentámetro iámbico para estes momentos, 74 00:04:22,039 --> 00:04:26,669 no canto do hexámetro trocaico ou o hexámetro dactílico? 75 00:04:26,669 --> 00:04:30,138 Dise que o pentámetro iámbico era fácil de memorizar para os actores 76 00:04:30,138 --> 00:04:31,795 e para o público de comprender 77 00:04:31,795 --> 00:04:36,179 porque se adapta de maneira natural ao inglés. 78 00:04:36,179 --> 00:04:38,131 Pero é posible que haxa outra razón. 79 00:04:38,131 --> 00:04:40,784 Cando estés nunha situación moi emocional, 80 00:04:40,784 --> 00:04:44,355 coma as que fan que os personaxes de Shakespeare cambien de súpeto a verso, 81 00:04:44,355 --> 00:04:47,550 pon a man sobre o lado esquerdo do teu peito. 82 00:04:47,550 --> 00:04:49,251 Qué sentes? 83 00:04:49,251 --> 00:04:52,180 Ese é o teu corazón latindo en iambos. 84 00:04:52,180 --> 00:04:55,311 pum-PUM, pum-PUM, pum-PUM, pum-PUM, pum-PUM 85 00:04:58,052 --> 00:05:02,133 Os versos máis poéticos de Shakespeare non só falan sobre cousas do corazón, 86 00:05:02,187 --> 00:05:05,727 senón que tamén seguen o seu ritmo.