1 00:00:00,720 --> 00:00:05,000 A xente leva empregando os medios para falar de sexo desde hai moito tempo. 2 00:00:05,600 --> 00:00:09,040 Cartas de amor, sexo telefónico, Polaroids picantes. 3 00:00:09,480 --> 00:00:15,536 Hai incluso unha historia dunha rapaza que fuxiu cun home que coñecera por telégrafo 4 00:00:15,560 --> 00:00:17,200 en 1886. 5 00:00:18,560 --> 00:00:23,656 Hoxe en día temos o séxting, e eu son unha experta en séxting. 6 00:00:23,680 --> 00:00:25,560 Non unha experta na súa práctica. 7 00:00:26,800 --> 00:00:30,976 No entanto, sei que significa isto --penso que vós tamén. 8 00:00:31,000 --> 00:00:32,375 [É un pene] 9 00:00:32,400 --> 00:00:34,760 (Risas) 10 00:00:36,360 --> 00:00:42,696 Levo estudando séxting desde que se popularizou a través dos medios en 2008. 11 00:00:42,720 --> 00:00:45,696 Escribín un libro sobre o pánico moral acerca do séxting. 12 00:00:45,720 --> 00:00:47,336 E isto foi o que atopei: 13 00:00:47,360 --> 00:00:50,576 a maioría da xente está a se preocupar polo que non debería. 14 00:00:50,600 --> 00:00:54,776 Tratan de evitar calquera manifestación do séxting. 15 00:00:54,800 --> 00:00:56,336 Mais permitídeme unha pregunta: 16 00:00:56,360 --> 00:01:01,216 Mentres sexa totalmente consensuado, que problema hai co séxting? 17 00:01:01,240 --> 00:01:05,256 A xente está interesada en moitos tipos de cousas nas que ti podes non estar, 18 00:01:05,280 --> 00:01:07,576 como o queixo azul ou o coandro. 19 00:01:07,600 --> 00:01:09,240 (Risas) 20 00:01:10,600 --> 00:01:14,736 O séxting é claramente arriscado, como todo aquilo que é divertido, 21 00:01:14,760 --> 00:01:21,456 mais mentres un non envíe unha imaxe a quen non queira recibila, 22 00:01:21,480 --> 00:01:23,256 non hai ningún dano. 23 00:01:23,280 --> 00:01:25,896 O que penso que é un problema serio 24 00:01:25,920 --> 00:01:29,176 é cando a xente comparte imaxes privadas doutras persoas 25 00:01:29,200 --> 00:01:30,720 sen o seu permiso. 26 00:01:31,360 --> 00:01:33,696 E en lugar de preocuparnos do séxting, 27 00:01:33,720 --> 00:01:38,280 penso que deberiamos pensar máis acerca da intimidade dixital. 28 00:01:38,880 --> 00:01:41,080 A clave é o consentimento. 29 00:01:41,680 --> 00:01:44,976 Agora mesmo, a maioría da xente pensa no séxting 30 00:01:45,000 --> 00:01:47,960 sen pensar en consentimento en absoluto. 31 00:01:48,400 --> 00:01:52,080 Sabedes que actualmente criminalizamos o séxting adolescente? 32 00:01:53,400 --> 00:01:56,856 Pode ser un delito porque conta como pornografía infantil, 33 00:01:56,880 --> 00:01:59,736 se hai unha imaxe de alguén menor de 18, 34 00:01:59,760 --> 00:02:01,096 e non importa 35 00:02:01,120 --> 00:02:05,320 se tomaron esa foto de eles mesmos e as compartiron voluntariamente. 36 00:02:05,800 --> 00:02:08,776 Daquela rematamos nesta estraña situación legal 37 00:02:08,800 --> 00:02:13,336 onde dúas persoas de 17 anos legalmente poden ter sexo en gran parte dos estados 38 00:02:13,360 --> 00:02:15,240 de EE.UU., pero non fotografalo. 39 00:02:16,560 --> 00:02:20,816 Algúns estados tamén intentaron aprobar leis nas que o séxting era unha falta 40 00:02:20,840 --> 00:02:23,856 pero esas leis perpetuaron o problema 41 00:02:23,880 --> 00:02:27,640 xa que seguen facendo do séxting consensual algo ilegal. 42 00:02:28,520 --> 00:02:29,776 Non ten sentido 43 00:02:29,800 --> 00:02:34,536 tentar prohibir todo o séxting para enfrontarse ás violacións da privacidade 44 00:02:34,560 --> 00:02:36,056 É coma dicir, 45 00:02:36,080 --> 00:02:41,520 imos resolver o problema das violacións facendo as citas completamente ilegais. 46 00:02:43,120 --> 00:02:48,496 Á maioría dos adolescentes non os deteñen por séxting, pero adiviñaes a quen si? 47 00:02:48,520 --> 00:02:53,496 Xeralmente a adolescentes rexeitados polas parellas dos seu proxenitores. 48 00:02:53,520 --> 00:02:58,320 E isto pode ser por prexuízos de clase, racismo ou homofobia. 49 00:02:58,960 --> 00:03:01,736 Moitos fiscais son, por suposto, listos abondo 50 00:03:01,760 --> 00:03:07,240 para non acusar de pornografía infantil a adolescentes, mais algúns fano. 51 00:03:07,720 --> 00:03:11,376 De acordo cos investigadores da Universidade de New Hampshire 52 00:03:11,400 --> 00:03:17,056 o 7% de todos os arrestados por posesión de pornografía infantil son adolescentes, 53 00:03:17,080 --> 00:03:20,080 que practicaban séxting consensuado con outros adolescentes. 54 00:03:21,480 --> 00:03:24,016 A pornografía infantil é un delito grave, 55 00:03:24,040 --> 00:03:27,720 pero non é o mesmo que o séxting adolescente. 56 00:03:29,040 --> 00:03:32,456 Pais e educadores tamén responden acerca do séxting 57 00:03:32,480 --> 00:03:35,616 sen pensaren realmente moito no consentimento. 58 00:03:35,640 --> 00:03:39,760 A súa mensaxe aos adolescentes é: "simplemente non o fagades". 59 00:03:40,200 --> 00:03:43,696 E enténdoo perfectamente, hai graves riscos legais 60 00:03:43,720 --> 00:03:47,376 e por suposto, un gran potencial de violación de privacidade. 61 00:03:47,400 --> 00:03:48,656 E cando adolescentes, 62 00:03:48,680 --> 00:03:52,080 estou segura de que facíades todo o que se vos dicía, verdade? 63 00:03:53,440 --> 00:03:56,896 Seguramente estades a pensar, "o meu fillo nunca faría séxting." 64 00:03:56,920 --> 00:04:00,376 E é certo, o voso pequeno anxo pode non estar a facer séxting 65 00:04:00,400 --> 00:04:03,536 porque só o 33% 66 00:04:03,560 --> 00:04:05,920 dos mozos e mozas de 16 e 17 anos o fan. 67 00:04:07,200 --> 00:04:11,816 Mais, síntoo, para cando sexan maiores, as probabilidades din que o farán. 68 00:04:11,840 --> 00:04:18,040 Todos os estudios sitúan a taxa sobre o 50% entre 18 e 24 anos. 69 00:04:18,720 --> 00:04:21,776 E a maioría das veces, nada sae mal. 70 00:04:21,800 --> 00:04:27,176 A xente pregúntame todo o tempo cousas como, "É o séxting tan perigoso?" 71 00:04:27,200 --> 00:04:30,776 É como se non deixases a carteira no banco dun parque 72 00:04:30,800 --> 00:04:34,240 e esperases que cha roubasen se o fas, vale? 73 00:04:34,880 --> 00:04:36,336 Isto é o que penso: 74 00:04:36,360 --> 00:04:40,296 o séxting é como deixar a carteira na casa do teu mozo. 75 00:04:40,320 --> 00:04:42,096 Se volves ao día seguinte 76 00:04:42,120 --> 00:04:44,400 e desapareceu todo o diñeiro, 77 00:04:45,040 --> 00:04:47,160 necesitas deixar a ese tipo. 78 00:04:47,690 --> 00:04:49,860 (Risas) 79 00:04:51,360 --> 00:04:53,680 De forma que en vez de criminalizar o séxting 80 00:04:53,720 --> 00:04:56,336 para tratar de previr violacións de privacidade, 81 00:04:56,360 --> 00:04:59,656 precisamos facer do consentimento un punto central 82 00:04:59,680 --> 00:05:03,760 sobre o que pensamos da circulación da nosa información privada. 83 00:05:04,480 --> 00:05:08,736 Cada novo medio audiovisual presenta problemas de privacidade. 84 00:05:08,760 --> 00:05:13,376 De feito, en EE.UU. os principais debates sobre privacidade 85 00:05:13,400 --> 00:05:17,896 foron en resposta ás tecnoloxías que naquel momento eran relativamente novas. 86 00:05:17,920 --> 00:05:21,816 A finais do 1800, á xente preocupábana as cámaras, 87 00:05:21,840 --> 00:05:25,296 que de repente eran máis portátiles ca nunca, 88 00:05:25,320 --> 00:05:27,816 e as columnas de rexouba dos xornais. 89 00:05:27,840 --> 00:05:31,656 Preocupábaa que a cámara puidese tomar información sobre eles, 90 00:05:31,680 --> 00:05:34,880 sacala de contexto e difundila. 91 00:05:35,240 --> 00:05:36,856 Sóavos familiar? 92 00:05:36,880 --> 00:05:41,736 É exactamente a mesma preocupación que temos agora coas redes sociais e os drons, 93 00:05:41,760 --> 00:05:43,400 e, por suposto, co séxting. 94 00:05:43,920 --> 00:05:46,136 E eses medos con respecto á tecnoloxía, 95 00:05:46,160 --> 00:05:47,376 teñen sentido 96 00:05:47,400 --> 00:05:50,816 porque a tecnoloxía pode amplificar e sacar a relucir 97 00:05:50,840 --> 00:05:53,560 as nosas peores cualidades e actitudes. 98 00:05:54,160 --> 00:05:56,536 Mais existen solucións. 99 00:05:56,560 --> 00:06:00,120 E xa estivemos aquí antes cunha perigosa nova tecnoloxía. 100 00:06:00,720 --> 00:06:04,496 En 1908, Ford introduciu o automóbil Modelo T. 101 00:06:04,520 --> 00:06:07,096 As taxas de mortalidade de tráfico estaban a aumentar. 102 00:06:07,120 --> 00:06:09,920 Era un problema serio -- parece moi seguro, verdade? 103 00:06:12,080 --> 00:06:16,056 A nosa primeira reacción foi a de tratar de cambiar o comportamento do condutor, 104 00:06:16,080 --> 00:06:19,800 de xeito que creamos límites de velocidade e fixémolos cumprir mediante multas 105 00:06:20,240 --> 00:06:22,096 Mais ao longo das décadas seguintes, 106 00:06:22,120 --> 00:06:27,616 démonos conta de que a tecnoloxía dun coche non é só neutral. 107 00:06:27,640 --> 00:06:30,856 Poderíamos deseñar o coche para facelo máis seguro. 108 00:06:30,880 --> 00:06:34,336 Daquela, nos anos 20, fixemos parabrisas resistentes á rotura. 109 00:06:34,360 --> 00:06:36,856 Nos anos 50, cintos de seguridade. 110 00:06:36,880 --> 00:06:39,960 E nos 90, coxíns de seguridade. 111 00:06:40,440 --> 00:06:42,816 As tres áreas: 112 00:06:42,840 --> 00:06:47,616 leis, persoas e industria uníronse co tempo 113 00:06:47,640 --> 00:06:51,416 para axudar a resolver o problema que causa unha nova tecnoloxía. 114 00:06:51,440 --> 00:06:54,680 E podemos facer o mesmo coa privacidade dixital. 115 00:06:55,160 --> 00:06:57,920 Por suposto, voltamos ao tema do consentimento. 116 00:06:58,360 --> 00:06:59,576 Esta é a idea. 117 00:06:59,600 --> 00:07:03,416 Antes de que alguén poida compartir a túa información privada, 118 00:07:03,440 --> 00:07:05,680 ten que conseguir a túa autorización. 119 00:07:06,240 --> 00:07:11,056 Esta idea do consentimento afirmativo vén de activistas antiviolación 120 00:07:11,080 --> 00:07:14,856 que din que precisamos consentimento para cada acto sexual. 121 00:07:14,880 --> 00:07:19,456 E temos estándares realmente altos para o consentimento noutras áreas. 122 00:07:19,480 --> 00:07:21,336 Pensemos na cirurxía. 123 00:07:21,360 --> 00:07:22,976 O voso doutor ten que asegurarse 124 00:07:23,000 --> 00:07:27,040 de que estades a dar o voso consentimento total e voluntario para tal intervención. 125 00:07:27,520 --> 00:07:31,216 Este non é un consentimento coma o dos Termos de Servizo de iTunes 126 00:07:31,240 --> 00:07:34,896 onde vas ata o final da páxina e premes "acepto, acepto, o que sexa." 127 00:07:34,920 --> 00:07:36,640 (Risas) 128 00:07:37,160 --> 00:07:42,416 Se pensamos máis no consentimento, poderemos ter mellores leis de privacidade 129 00:07:42,440 --> 00:07:45,856 Agora mesmo, non temos moitas proteccións. 130 00:07:45,880 --> 00:07:49,456 Se o teu exmarido ou a túa exmuller son malas persoas, 131 00:07:49,480 --> 00:07:53,696 pode coller as fotos túas espido e subilas a unha páxina porno. 132 00:07:53,720 --> 00:07:56,936 Pode chegar a ser moi complicado retirar esas imaxes. 133 00:07:56,960 --> 00:07:58,176 E en moitos Estados, 134 00:07:58,200 --> 00:08:02,016 é mellor se as fotos as fai un mesmo, 135 00:08:02,040 --> 00:08:04,840 porque entón podes presentar unha reclamación de copyright. 136 00:08:05,320 --> 00:08:07,376 (Risas) 137 00:08:07,400 --> 00:08:10,376 Agora, se alguén viola a túa privacidade, 138 00:08:10,400 --> 00:08:14,600 xa sexa unha persoa, ou unha compañía, ou a NSA (Axencia de Seguridade Nacional), 139 00:08:15,280 --> 00:08:18,016 podes intentar presentar unha demanda, 140 00:08:18,040 --> 00:08:20,176 aínda que pode que non teña éxito 141 00:08:20,200 --> 00:08:24,976 xa que moitos tribunais asumen que a privacidade dixital é imposible. 142 00:08:25,000 --> 00:08:28,440 De xeito que non están dispostos a castigar a quen a viole. 143 00:08:29,200 --> 00:08:32,096 Sigo a escoitar xente preguntándome todo o tempo, 144 00:08:32,120 --> 00:08:37,416 "unha imaxe dixital non está dalgún xeito nunha liña difusa entre público e privado? 145 00:08:37,440 --> 00:08:39,080 porque é dixital, non si?" 146 00:08:39,600 --> 00:08:40,936 Non! Non! 147 00:08:40,960 --> 00:08:44,296 Non todo o dixital é automaticamente público. 148 00:08:44,320 --> 00:08:46,216 Iso non ten sentido ningún. 149 00:08:46,240 --> 00:08:49,736 Como di a xurista da NYU Helen Nissenbaum, 150 00:08:49,760 --> 00:08:52,376 temos leis e regras e normas 151 00:08:52,400 --> 00:08:55,536 que protexen todo tipo de información privada, 152 00:08:55,560 --> 00:08:58,976 e non fan diferenzas por ser ou non dixital. 153 00:08:59,000 --> 00:09:01,656 Todos os vosos rexistros de saúde están dixitalizados 154 00:09:01,680 --> 00:09:04,816 mais o voso doutor non pode compartilos con ninguén. 155 00:09:04,840 --> 00:09:09,296 Toda a vosa información financieira almacénase en bases de datos dixitais, 156 00:09:09,320 --> 00:09:13,720 a vosa entidade de crédito non pode poñer en liña a vosa lista de compras. 157 00:09:15,080 --> 00:09:18,710 Mellores leis axudarían a abordar as violacións de privacidade 158 00:09:18,710 --> 00:09:20,560 logo de que ocorran, 159 00:09:20,560 --> 00:09:24,936 mais unha das cousas máis simples que podemos facer son cambios persoais 160 00:09:24,960 --> 00:09:27,640 para axudar na protección da privacidade dos demais. 161 00:09:28,360 --> 00:09:30,256 Sempre nos dixeron que a privacidade 162 00:09:30,280 --> 00:09:33,336 é a nosa responsabilidade exclusiva e individual. 163 00:09:33,360 --> 00:09:35,400 Dinnos seguido que controlemos 164 00:09:35,400 --> 00:09:37,640 e actualicemos a configuración de privacidade. 165 00:09:37,640 --> 00:09:42,440 Que non compartamos xamais nada que non quixeramos que todo o mundo vise. 166 00:09:43,400 --> 00:09:44,616 Isto non ten sentido. 167 00:09:44,640 --> 00:09:47,616 Os medios dixitais son ambientes sociais 168 00:09:47,640 --> 00:09:51,920 e compartimos cousas con xente na que confiamos todo o día, cada día. 169 00:09:52,760 --> 00:09:55,736 Como argumenta a investigadora de Princeton Janet Vertesi, 170 00:09:55,760 --> 00:09:59,776 "Os nosos datos e privacidade non son só persoais, 171 00:09:59,800 --> 00:10:02,376 senón que, en verdade, son interpersoais." 172 00:10:02,400 --> 00:10:05,656 E unha cousa que podedes facer e que é moi sinxela 173 00:10:05,680 --> 00:10:10,776 é simplemente pedir permiso antes de compartir a información doutra persoa. 174 00:10:10,800 --> 00:10:15,336 Se queredes colgar en liña unha foto de alguén, pedide permiso. 175 00:10:15,360 --> 00:10:17,816 Se queredes reenviar un correo electrónico, 176 00:10:17,840 --> 00:10:19,216 pedide permiso. 177 00:10:19,240 --> 00:10:22,016 E se queredes compartir a autofoto de alguén espido, 178 00:10:22,040 --> 00:10:24,320 obviamente, pedide permiso. 179 00:10:25,560 --> 00:10:30,016 Estes cambios individuais poden axudarnos a protexer a privacidade dos demais, 180 00:10:30,040 --> 00:10:33,840 mais precisamos tamén a colaboración de empresas tecnolóxicas. 181 00:10:34,360 --> 00:10:38,856 Estas compañías apenas teñen incentivo en axudarnos a protexer a nosa privacidade 182 00:10:38,880 --> 00:10:42,176 porque os seus modelos de negocio baséanse en que o compartamos todo 183 00:10:42,200 --> 00:10:44,440 con canta máis xente mellor. 184 00:10:45,080 --> 00:10:47,016 Agora mesmo, se vos envío unha imaxe, 185 00:10:47,040 --> 00:10:50,136 podedes reenviárlla a quen queirades. 186 00:10:50,160 --> 00:10:54,416 Pero, e se teño que decidir se esa imaxe se pode reenviar ou non? 187 00:10:54,440 --> 00:10:58,496 Isto indicaríavos que non tedes o meu permiso para mandar esa imaxe. 188 00:10:58,520 --> 00:11:02,656 Facemos este tipo de cousas todo o tempo para protexer os dereitos de autor. 189 00:11:02,680 --> 00:11:07,456 Se mercas un libro electrónico, non podes mandárllo á xente que queiras. 190 00:11:07,480 --> 00:11:10,040 Así que por que non probar isto cos teléfonos móbiles? 191 00:11:10,960 --> 00:11:15,736 Podemos esixirlles a empresas tecnolóxicas que engadan esas proteccións 192 00:11:15,760 --> 00:11:19,496 nos nosos dispositivos e plataformas coma valores predeterminados. 193 00:11:19,520 --> 00:11:22,936 A fin de contas, un pode escoller a cor do seu coche, 194 00:11:22,960 --> 00:11:25,800 pero os coxíns de seguridade son sempre estándar. 195 00:11:28,080 --> 00:11:31,896 Se non pensamos máis na privacidade dixital e no consentimento, 196 00:11:31,920 --> 00:11:34,640 pode haber serias consecuencias. 197 00:11:35,360 --> 00:11:37,616 Había unha adolescente de Ohio, 198 00:11:37,640 --> 00:11:40,480 chamémoslle Jennifer, por respecto á súa privacidade. 199 00:11:41,120 --> 00:11:44,696 Ela compartiu fotos nas que saía espida co seu noivo do instituto, 200 00:11:44,720 --> 00:11:46,240 pensando que podía confiar nel. 201 00:11:47,720 --> 00:11:49,656 Por desgraza, el enganouna 202 00:11:49,680 --> 00:11:52,656 e as súas fotos circularon por todo o instituto. 203 00:11:52,680 --> 00:11:56,200 Jennifer estaba avergoñada e humillada, 204 00:11:56,800 --> 00:12:00,936 pero en lugar de seren compasivos, os seus compañeiros acosárona. 205 00:12:00,960 --> 00:12:02,816 Chamáronlle puta 206 00:12:02,840 --> 00:12:04,800 e fixéronlle a vida imposible. 207 00:12:05,360 --> 00:12:09,040 Jennifer comezou a faltar á escola e as súas cualificacións baixaron. 208 00:12:09,520 --> 00:12:13,320 Ao final, Jennifer decidiu acabar coa súa propia vida. 209 00:12:14,720 --> 00:12:17,416 Jennifer non fixo nada mal. 210 00:12:17,440 --> 00:12:19,696 O único que fixo foi compartir unha foto espida 211 00:12:19,720 --> 00:12:22,536 cunha persoa na que pensou que podía confiar. 212 00:12:22,560 --> 00:12:25,176 E, porén, as nosa leis dinlle 213 00:12:25,200 --> 00:12:29,360 que cometeu un delito horrible equivalente á pornografía infantil. 214 00:12:29,920 --> 00:12:31,416 As nosas normas de xénero din 215 00:12:31,440 --> 00:12:34,656 que ao producir esta imaxe dela mesma espida, 216 00:12:34,680 --> 00:12:37,880 dalgún xeito, fixo a cousa máis horrible e vergoñenta. 217 00:12:38,400 --> 00:12:42,616 E cando asumimos que a privacidade é imposible nos medios dixitais, 218 00:12:42,640 --> 00:12:48,160 absolvermos e escusamos completamente o mal comportamento do seu mozo. 219 00:12:49,200 --> 00:12:54,936 A xente segue a dicirlles ás vítimas de violacións de privacidade, 220 00:12:54,960 --> 00:12:56,216 "En que pensabas? 221 00:12:56,240 --> 00:12:58,720 Nunca debiches mandar esa imaxe." 222 00:12:59,640 --> 00:13:03,640 Se estades pensando que dicir no canto diso, probade con isto. 223 00:13:04,160 --> 00:13:07,680 Imaxinade que visitades ao voso amigo que rompeu unha perna esquiando. 224 00:13:08,240 --> 00:13:12,816 Eles asumiron riscos para facer algo divertido, e non saíu ben. 225 00:13:12,840 --> 00:13:15,376 Mais non ides ser os cretinos que digan, 226 00:13:15,400 --> 00:13:17,840 "Home, non debiches ir esquiar." 227 00:13:20,080 --> 00:13:22,216 Se pensamos no consentimento, 228 00:13:22,240 --> 00:13:25,496 poderemos ver que as vítimas de violacións de privacidade 229 00:13:25,520 --> 00:13:27,256 merecen a nosa compaixón; 230 00:13:27,280 --> 00:13:31,880 non discriminación, humillación, acoso ou castigo. 231 00:13:32,440 --> 00:13:36,936 Podemos apoiar as vítimas e previr algunhas violacións de privacidade 232 00:13:36,960 --> 00:13:41,280 se se fan estes cambios legais, individuais e tecnolóxicos. 233 00:13:41,840 --> 00:13:47,656 Porque o problema non é o séxting, é a privacidade dixital. 234 00:13:47,680 --> 00:13:50,040 E unha solución é o consentimento. 235 00:13:50,680 --> 00:13:55,256 Así que a próxima vez que unha vítima de violación dixital se achegue a vós, 236 00:13:55,280 --> 00:13:58,016 no lugar de culpala, fagamos isto: 237 00:13:58,040 --> 00:14:01,456 cambiemos as nosas ideas sobre a privacidade dixital, 238 00:14:01,480 --> 00:14:04,120 e respondamos con compaixón. 239 00:14:04,680 --> 00:14:05,896 Grazas. 240 00:14:05,920 --> 00:14:12,056 (Aplauso)