WEBVTT 00:00:00.842 --> 00:00:03.004 Que é un pai? NOTE Paragraph 00:00:03.999 --> 00:00:05.606 Que é un pai? NOTE Paragraph 00:00:07.043 --> 00:00:09.151 Non é unha pregunta sinxela. 00:00:09.630 --> 00:00:12.004 Hoxe en día temos adopción, 00:00:12.028 --> 00:00:13.604 familias adoptivas, 00:00:13.628 --> 00:00:15.085 titoras. 00:00:15.846 --> 00:00:18.259 Moitos pais enfrontan preguntas difíciles 00:00:19.151 --> 00:00:20.680 e decisións difíciles. 00:00:21.888 --> 00:00:25.141 Deberiamos falarlles aos nosos fillos da doazón de esperma? 00:00:27.322 --> 00:00:28.697 E se o imos facer, cando? 00:00:29.176 --> 00:00:30.776 Que palabras empregaríamos? 00:00:31.522 --> 00:00:37.383 Referímonos a miúdo ao falar de doantes de esperma como "pais biolóxicos", 00:00:37.407 --> 00:00:40.406 mais, deberiamos empregar realmente o termo "pai"? NOTE Paragraph 00:00:41.843 --> 00:00:44.248 Como filósofa e socióloga, 00:00:44.272 --> 00:00:48.494 estudei acerca destas cuestións con respecto á paternidade. 00:00:49.088 --> 00:00:52.116 Mais hoxe vou falar do que aprendín 00:00:52.140 --> 00:00:54.280 falando con pais e fillos. 00:00:55.377 --> 00:00:59.731 Mostrareivos que saben que é o máis importante nunha familia, 00:00:59.755 --> 00:01:02.286 aínda que a súa familia sexa un tanto diferente. 00:01:03.133 --> 00:01:08.134 Mostrareivos a forma tan creativa que empregan para tratar preguntas difíciles. 00:01:09.287 --> 00:01:13.037 Pero tamén ensinareivos as dúbidas destes pais. NOTE Paragraph 00:01:15.284 --> 00:01:16.815 Entrevistamos parellas 00:01:16.839 --> 00:01:20.241 que recibiran tratamentos de fertilidade no Ghent University Hospital, 00:01:21.075 --> 00:01:22.814 empregando o esperma dun doante. 00:01:23.183 --> 00:01:24.750 Durante o tempo de tratamento 00:01:24.774 --> 00:01:28.066 pódense ver dous puntos, nos cales levamos a cabo as entrevistas. 00:01:28.994 --> 00:01:31.427 Incluímos parellas heterosexuais, 00:01:32.055 --> 00:01:35.927 nas que por algunha razón o home non tiña unha boa calidade de esperma, 00:01:36.435 --> 00:01:41.553 e parellas de mulleres que obviamente precisaban esperma doutra persoa. 00:01:42.996 --> 00:01:45.194 Tamén incluímos os fillos. 00:01:46.878 --> 00:01:48.361 Quería saber 00:01:48.385 --> 00:01:53.018 como eses nenos definían conceptos coma paternidade ou familia. 00:01:54.150 --> 00:01:56.951 De feito, iso foi o que lles preguntei, 00:01:58.259 --> 00:01:59.698 só que non deste xeito. 00:02:01.437 --> 00:02:04.096 No seu lugar debuxei unha maceira. 00:02:05.056 --> 00:02:08.403 Deste xeito, puiden preguntar de forma abstracta preguntas filosóficas 00:02:08.427 --> 00:02:11.700 sen facelos saír correndo. NOTE Paragraph 00:02:13.332 --> 00:02:14.984 Como poden ver, 00:02:15.008 --> 00:02:16.550 a maceira está baleira. 00:02:17.630 --> 00:02:20.243 E ilustra así o enfoque da miña investigación. 00:02:20.659 --> 00:02:22.942 Deseñando técnicas coma esta, 00:02:22.966 --> 00:02:27.739 podo darlle o menor significado e contido posible á entrevista, 00:02:28.533 --> 00:02:30.551 porque quero que sexan eles quen o digan. NOTE Paragraph 00:02:32.362 --> 00:02:33.694 Pregunteilles: 00:02:34.738 --> 00:02:37.828 Como sería a túa familia se fose unha maceira? 00:02:38.739 --> 00:02:42.489 E podían coller un papel cunha mazá para cada persoa que, segundo eles, 00:02:42.513 --> 00:02:44.120 era un membro da familia, 00:02:44.144 --> 00:02:47.318 escribir un nome nel e colgalo onde quixesen. 00:02:47.342 --> 00:02:48.912 Entón eu faría unha serie de preguntas. 00:02:50.153 --> 00:02:53.278 Moitos nenos comezaron cun dos pais ou cos irmáns. 00:02:53.806 --> 00:02:55.970 Un comezou con "Boxer," 00:02:56.667 --> 00:02:59.175 o can falecido dos seus avós. NOTE Paragraph 00:02:59.830 --> 00:03:03.688 En ningún momento os nenos comezaron mencionando o doante. 00:03:04.465 --> 00:03:08.803 Así que lles preguntei acerca do seu nacemento. 00:03:09.161 --> 00:03:11.183 Dixen, "Antes de nacer vós, 00:03:11.207 --> 00:03:13.570 só estaban os vosos pais e nais, 00:03:13.594 --> 00:03:14.872 ou mami e papi. 00:03:15.421 --> 00:03:18.478 Podédesme dicir como chegástedes á familia?" 00:03:19.282 --> 00:03:20.721 E eles explicáronmo. 00:03:21.602 --> 00:03:22.808 Un dixo, 00:03:23.691 --> 00:03:26.164 "Os meus pais non tiñan boas sementes, 00:03:26.865 --> 00:03:30.887 mais existen homes amables que teñen sementes de reposto. 00:03:31.386 --> 00:03:33.136 Entón lévanas ao hospital, 00:03:33.160 --> 00:03:35.374 e déixanas nun gran tarro. 00:03:36.249 --> 00:03:37.486 Miña nai foi alí 00:03:37.510 --> 00:03:40.081 e colleu dúas sementes, 00:03:40.786 --> 00:03:42.924 unha para mín e outra para a miña irmá. 00:03:43.725 --> 00:03:45.774 Puxo as sementes na barriga -- 00:03:46.161 --> 00:03:47.353 dalgún xeito -- 00:03:48.236 --> 00:03:50.543 e esta medrou moitísimo, 00:03:50.567 --> 00:03:51.819 e de aí saín eu." NOTE Paragraph 00:03:53.289 --> 00:03:54.439 Mmm. 00:03:56.123 --> 00:04:00.191 Unicamente cando nomearon ao doante 00:04:00.215 --> 00:04:03.440 foi cando lles fixen preguntas acerca del, empregando as súas propias palabras. 00:04:03.926 --> 00:04:05.325 Dixen, 00:04:05.349 --> 00:04:09.815 "Se esta fose unha mazá para o agradable home das sementes, 00:04:09.839 --> 00:04:11.172 que farías con ela?" 00:04:12.069 --> 00:04:14.427 Un dos nenos estaba a barallar en voz alta, 00:04:14.451 --> 00:04:15.819 coa mazá na man. 00:04:15.843 --> 00:04:17.088 E dixo, 00:04:17.890 --> 00:04:20.584 "Non poría esta mazá co resto das que están na maceira. 00:04:21.239 --> 00:04:23.132 El non é parte da miña familia. 00:04:24.191 --> 00:04:26.385 Mais tampouco o deixaría no chan. 00:04:26.409 --> 00:04:28.319 Sería moi frío e duro. 00:04:29.024 --> 00:04:31.325 Penso que debería estar no tronco, 00:04:32.207 --> 00:04:34.550 porque fixo a miña familia posible. 00:04:35.264 --> 00:04:37.218 Se non fixese isto, 00:04:37.242 --> 00:04:41.200 sería unha mágoa, porque a miña familia non estaría aquí, 00:04:41.224 --> 00:04:42.820 e tampouco eu." NOTE Paragraph 00:04:45.845 --> 00:04:49.373 Do mesmo xeito, os pais ideaban contos familiares -- 00:04:49.397 --> 00:04:51.154 contos para contar aos seus fillos. 00:04:52.660 --> 00:04:55.787 Unha parella explicou a súa inseminación 00:04:55.811 --> 00:04:58.334 levando aos seus fillos a unha granxa 00:04:59.291 --> 00:05:01.852 para que visen como un veterinario inseminaba vacas. 00:05:03.656 --> 00:05:05.027 E por que non? 00:05:05.051 --> 00:05:07.491 É o seu xeito de explicalo: 00:05:07.515 --> 00:05:10.541 o seu "Fágao vostede mesmo" con historias familiares. 00:05:10.981 --> 00:05:12.161 DIY. ("Do It Yourself") 00:05:12.533 --> 00:05:14.901 E hai outra parella que fixo libros -- 00:05:14.925 --> 00:05:16.380 un para cada fillo. 00:05:16.752 --> 00:05:18.274 Eran verdadeiras obras de arte 00:05:18.298 --> 00:05:21.774 que contiñan todo aquilo que pensaron e sentiron durante o tratamento. 00:05:22.192 --> 00:05:24.806 Incluso tiñan os tickets do parking do hospital. NOTE Paragraph 00:05:25.553 --> 00:05:27.174 Isto é DIY: 00:05:27.198 --> 00:05:29.580 achar formas, palabras e imaxes 00:05:29.604 --> 00:05:32.354 coas que contarlle a historia familiar ao teu fillo. 00:05:33.717 --> 00:05:36.532 E estas historias foron moi diversas, 00:05:36.940 --> 00:05:39.876 mais todas gardan algo en común: 00:05:41.913 --> 00:05:45.134 que eran contos que falaban do desexo de ter un fillo, 00:05:45.885 --> 00:05:47.563 da búsqueda dese fillo. 00:05:48.370 --> 00:05:53.437 Falaban acerca do especial e profundamente amado que foi ese fillo. 00:05:55.142 --> 00:05:59.790 As últimas investigacións mostran que estes nenos desenvólvense correctamente. 00:05:59.814 --> 00:06:02.408 Non teñen máis problemas ca os demais nenos. NOTE Paragraph 00:06:02.854 --> 00:06:07.275 Ademais, estes pais tamén buscaban xustificar as súas decisións 00:06:07.299 --> 00:06:08.961 a través destes contos. 00:06:09.505 --> 00:06:12.639 Esperaban que os seus fillos entendesen os motivos que os levaron 00:06:12.663 --> 00:06:14.498 a formar unha familia deste xeito. 00:06:15.865 --> 00:06:19.819 Existía neles un medo subxacente de que os seus fillos puidesen estar en desacordo 00:06:19.843 --> 00:06:22.085 e rexeitasen entón o pai co que non mantiñan relación xenética. 00:06:22.511 --> 00:06:25.131 E este é un medo comprensible, 00:06:25.155 --> 00:06:28.196 xa que vivimos nunha sociedade heteronormativa 00:06:28.220 --> 00:06:29.958 e xenetizada -- 00:06:30.438 --> 00:06:31.930 nun mundo que aínda cre 00:06:31.954 --> 00:06:36.106 que as verdadeiras familias consisten nunha nai, un pai 00:06:36.130 --> 00:06:38.467 e os fillos cos cales manteñen unha relación xenética. NOTE Paragraph 00:06:39.738 --> 00:06:40.893 Ben. 00:06:42.165 --> 00:06:45.266 Quero falarvos dun rapaz adolescente. 00:06:45.290 --> 00:06:48.059 Foi concebido mediante doazón, mais non foi parte do noso estudo. 00:06:48.658 --> 00:06:51.276 Un día, tivo unha discusión co seu pai, 00:06:51.300 --> 00:06:52.592 e berroulle, 00:06:53.305 --> 00:06:55.402 "Estasme a dicir o que teño que facer? 00:06:55.426 --> 00:06:57.307 Ti, nin sequera es meu pai!" 00:06:59.601 --> 00:07:02.983 Iso era precisamente o que os pais do noso estudo temían. 00:07:03.984 --> 00:07:07.213 O rapaz axiña se sentiu mal polas suás palabras, e reconciliáronse. 00:07:07.629 --> 00:07:11.400 Mais foi a reacción do pai o que resulta máis interesante. NOTE Paragraph 00:07:12.169 --> 00:07:13.342 El dixo, 00:07:13.772 --> 00:07:19.134 "Esta arroutada non ten nada que ver coa falta dun vínculo xenético. 00:07:19.765 --> 00:07:22.642 Foi a causa da pubertade -- 00:07:23.005 --> 00:07:24.446 sendo difícil. 00:07:24.470 --> 00:07:26.233 É o que fan a esa idade. 00:07:26.792 --> 00:07:28.066 Pasará." NOTE Paragraph 00:07:29.462 --> 00:07:31.318 O que este home nos está a ensinar 00:07:31.342 --> 00:07:33.930 é que cando algo vai mal 00:07:34.564 --> 00:07:36.165 non deberiamos pensar de inmediato 00:07:36.189 --> 00:07:38.596 que é a causa de que a familia é un tanto distinta. 00:07:39.330 --> 00:07:42.416 Estas cousas pasan en todas as familias. 00:07:43.936 --> 00:07:45.426 E de agora en adiante, 00:07:45.818 --> 00:07:47.495 todos os pais deberían preguntarse: 00:07:48.412 --> 00:07:50.441 Son suficientemente bo pai? 00:07:51.164 --> 00:07:52.488 Estes pais tamén. 00:07:53.099 --> 00:07:57.192 Eles, por riba de todo, querían facer o que era mellor para o seu fillo. 00:07:57.748 --> 00:07:59.643 Mais algunhas veces tamén se preguntaban: 00:08:00.034 --> 00:08:01.810 Son un verdadeiro pai? 00:08:02.288 --> 00:08:06.257 E as súas dúbidas estaban presentes moito antes de ser pais. NOTE Paragraph 00:08:06.281 --> 00:08:07.713 No inicio do tratamento, 00:08:07.737 --> 00:08:09.452 cando viron por primeira vez o terapeuta, 00:08:10.146 --> 00:08:12.841 prestáronlle moita atención, 00:08:12.865 --> 00:08:14.872 porque querían facelo ben. 00:08:15.853 --> 00:08:17.331 Incluso 10 anos despois, 00:08:18.053 --> 00:08:20.672 seguen recordando os consellos que recibiran. NOTE Paragraph 00:08:24.981 --> 00:08:27.882 De modo que cando pensaron no conselleiro 00:08:28.854 --> 00:08:30.653 e nos consellos que recibiran, 00:08:30.677 --> 00:08:31.840 falamos acerca diso. 00:08:31.864 --> 00:08:35.428 Unha das parellas lesbianas dixo, 00:08:36.627 --> 00:08:38.231 "Cando o noso fillo pregunte, 00:08:38.255 --> 00:08:40.304 'Teño un pai?' 00:08:41.482 --> 00:08:44.294 nós dirémoslle 'Non, non tes pai.' 00:08:44.839 --> 00:08:47.907 E non diremos nada máis, a menos que el pregunte, 00:08:48.287 --> 00:08:50.315 porque quizais non estea preparado para iso. 00:08:50.339 --> 00:08:51.839 Foi o que dixo o terapeuta." NOTE Paragraph 00:08:53.350 --> 00:08:54.520 Ben. 00:08:55.091 --> 00:08:56.993 Non sei; isto é bastante distinto 00:08:57.017 --> 00:08:59.710 do xeito no que xeralmente respondemos ás preguntas dos nenos. 00:09:00.473 --> 00:09:03.274 Como, "Leite -- iso faise nunha fábrica?" 00:09:03.783 --> 00:09:06.945 Entón diremos, "Non, vén das vacas," 00:09:06.969 --> 00:09:08.725 e falaremos do granxeiro, 00:09:08.749 --> 00:09:10.972 e a maneira en que o leite remata nunha tenda. 00:09:11.806 --> 00:09:13.353 Non responderíamos, 00:09:14.102 --> 00:09:17.710 "Non, o leite non se fai nas fábricas." 00:09:20.042 --> 00:09:22.472 Algo estraño sucedeu aquí, 00:09:22.496 --> 00:09:24.854 e, por suposto, eses nenos percíbeno. NOTE Paragraph 00:09:25.571 --> 00:09:26.856 Un neno dixo, 00:09:27.445 --> 00:09:29.837 "Fíxenlles aos meus pais moreas de preguntas, 00:09:29.861 --> 00:09:31.670 mais actuaron moi raro. 00:09:32.788 --> 00:09:36.732 Ti sabes, eu teño unha amiga na escola que foi feita do mesmo xeito. 00:09:37.241 --> 00:09:40.241 Así que, cando teño unha pregunta, só teño que falar con ela." 00:09:41.760 --> 00:09:42.968 Rapaz espelido. 00:09:43.630 --> 00:09:44.927 Problema resolto. 00:09:45.765 --> 00:09:48.349 Mais os seus pais non o notaron, 00:09:48.875 --> 00:09:51.457 e dende logo non era iso o que eles tiñan en mente, 00:09:51.481 --> 00:09:53.415 nin o que o terapeuta tiña en mente 00:09:53.439 --> 00:09:58.636 cando lles dixo o importante que era ser unha familia comunicativa e aberta. NOTE Paragraph 00:10:00.462 --> 00:10:02.716 E isto é o extraño dos consellos. 00:10:02.740 --> 00:10:06.036 Cando ofrecemos pílulas recollemos primeiro probas. 00:10:06.536 --> 00:10:07.792 Facemos tests, 00:10:07.816 --> 00:10:09.117 facemos estudos de seguemento. 00:10:09.141 --> 00:10:13.068 Queremos saber, e de xeito correcto, que é o que fai esa pílula 00:10:13.092 --> 00:10:15.588 e como afecta á vida das persoas. 00:10:16.035 --> 00:10:17.356 E os consellos? 00:10:18.748 --> 00:10:20.594 Non é suficiente para o asesoramento, 00:10:20.618 --> 00:10:25.441 ou para os prosfesionais que os dan, que estes sexan teoricamente sensatos, 00:10:25.465 --> 00:10:26.766 ou ben intencionados. 00:10:27.447 --> 00:10:30.828 Debería haber asesoramento para o que existe evidencia -- 00:10:30.852 --> 00:10:34.753 evidencia de que, en efecto, mellora a vida dos pacientes. NOTE Paragraph 00:10:36.174 --> 00:10:40.737 A filósofa que hai en min querería ofrecervos un paradoxo: 00:10:42.308 --> 00:10:46.392 Aconséllovos parar de seguir os consellos. 00:10:47.897 --> 00:10:49.289 Pero, si. NOTE Paragraph 00:10:50.221 --> 00:10:53.138 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:10:54.591 --> 00:10:57.154 Non vou rematar aquí co que saíu mal; 00:10:57.178 --> 00:11:01.414 non faría entón xustiza á amabilidade que atopamos nesas familias. 00:11:02.931 --> 00:11:05.561 Lembrades os libros e a viaxe ata o granxeiro? 00:11:05.585 --> 00:11:09.199 Cando os pais fan cousas que funcionan para eles, 00:11:09.572 --> 00:11:11.145 fan cousas magníficas. 00:11:12.391 --> 00:11:16.034 O que quero que lembredes como membros de familias, 00:11:16.058 --> 00:11:18.549 non importa en que forma ou tamaño, 00:11:18.930 --> 00:11:24.277 é que o que as familias precisan son relacións de cariño. 00:11:25.409 --> 00:11:28.870 E non temos que ser profesionais para crealas. 00:11:29.644 --> 00:11:31.946 Moitos de nós facémolo ben, 00:11:32.986 --> 00:11:34.695 aínda que pode resultar difícil, 00:11:35.038 --> 00:11:37.908 e de cando en vez, facémolo con algún consello. NOTE Paragraph 00:11:39.209 --> 00:11:40.480 Nese caso, 00:11:40.504 --> 00:11:42.527 tede en conta tres cousas. 00:11:43.760 --> 00:11:47.047 Traballa co asesoramento axeitado para a túa familia. 00:11:48.008 --> 00:11:53.486 Lembrade -- sodes os expertos, porque vivides a vosa vida familiar. 00:11:54.681 --> 00:11:55.965 E finalmente, 00:11:56.478 --> 00:12:00.468 crede nas vosas habilidades e creatividade, 00:12:01.027 --> 00:12:04.372 porque podedes facelo. NOTE Paragraph 00:12:05.259 --> 00:12:06.413 Grazas. NOTE Paragraph 00:12:06.437 --> 00:12:12.915 (Aplauso)