Que é un pai?
Que é un pai?
Non é unha pregunta sinxela.
Hoxe en día temos adopción,
familias adoptivas,
titoras.
Moitos pais enfrontan
preguntas difíciles
e decisións difíciles.
Deberiamos falarlles aos nosos fillos da
doazón de esperma?
E se o imos facer, cando?
Que palabras empregaríamos?
Referímonos a miúdo ao falar de doantes
de esperma como "pais biolóxicos",
mais, deberiamos empregar
realmente o termo "pai"?
Como filósofa e socióloga,
estudei acerca destas cuestións con
respecto á paternidade.
Mais hoxe vou falar do que aprendín
falando con pais e fillos.
Mostrareivos que saben que é o máis
importante nunha familia,
aínda que a súa familia
sexa un tanto diferente.
Mostrareivos a forma tan creativa que
empregan para tratar preguntas difíciles.
Pero tamén ensinareivos
as dúbidas destes pais.
Entrevistamos parellas
que recibiran tratamentos de fertilidade
no Ghent University Hospital,
empregando o esperma dun doante.
Durante o tempo de tratamento
pódense ver dous puntos, nos cales
levamos a cabo as entrevistas.
Incluímos parellas heterosexuais,
nas que por algunha razón o home non tiña
unha boa calidade de esperma,
e parellas de mulleres que obviamente
precisaban esperma doutra persoa.
Tamén incluímos os fillos.
Quería saber
como eses nenos definían conceptos coma
paternidade ou familia.
De feito, iso foi o que lles preguntei,
só que non deste xeito.
No seu lugar debuxei unha maceira.
Deste xeito, puiden preguntar de forma
abstracta preguntas filosóficas
sen facelos saír correndo.
Como poden ver,
a maceira está baleira.
E ilustra así o enfoque da miña
investigación.
Deseñando técnicas coma esta,
podo darlle o menor significado
e contido posible á entrevista,
porque quero que sexan eles
quen o digan.
Pregunteilles:
Como sería a túa familia se fose
unha maceira?
E podían coller un papel cunha mazá para
cada persoa que, segundo eles,
era un membro da familia,
escribir un nome nel e
colgalo onde quixesen.
Entón eu faría unha serie
de preguntas.
Moitos nenos comezaron
cun dos pais ou cos irmáns.
Un comezou con "Boxer,"
o can falecido dos seus avós.
En ningún momento os nenos comezaron
mencionando o doante.
Así que lles preguntei
acerca do seu nacemento.
Dixen, "Antes de nacer vós,
só estaban os vosos pais e nais,
ou mami e papi.
Podédesme dicir como chegástedes á
familia?"
E eles explicáronmo.
Un dixo,
"Os meus pais non tiñan boas sementes,
mais existen homes amables que
teñen sementes de reposto.
Entón lévanas ao hospital,
e déixanas nun gran tarro.
Miña nai foi alí
e colleu dúas sementes,
unha para mín e outra para a miña irmá.
Puxo as sementes na barriga --
dalgún xeito --
e esta medrou moitísimo,
e de aí saín eu."
Mmm.
Unicamente cando nomearon ao doante
foi cando lles fixen preguntas acerca del,
empregando as súas propias palabras.
Dixen,
"Se esta fose unha mazá para o agradable
home das sementes,
que farías con ela?"
Un dos nenos estaba a barallar en
voz alta,
coa mazá na man.
E dixo,
"Non poría esta mazá co resto das que
están na maceira.
El non é parte da miña familia.
Mais tampouco o deixaría no chan.
Sería moi frío e duro.
Penso que debería estar no tronco,
porque fixo a miña familia posible.
Se non fixese isto,
sería unha mágoa, porque a miña familia
non estaría aquí,
e tampouco eu."
Do mesmo xeito, os pais ideaban contos
familiares --
contos para contar aos seus fillos.
Unha parella explicou a súa
inseminación
levando aos seus fillos a unha granxa
para que visen como un veterinario
inseminaba vacas.
E por que non?
É o seu xeito de explicalo:
o seu "Fágao vostede mesmo" con historias
familiares.
DIY. ("Do It Yourself")
E hai outra parella que fixo libros --
un para cada fillo.
Eran verdadeiras obras de arte
que contiñan todo aquilo que pensaron
e sentiron durante o tratamento.
Incluso tiñan os tickets do parking do
hospital.
Isto é DIY:
achar formas, palabras e imaxes
coas que contarlle a historia familiar
ao teu fillo.
E estas historias foron moi diversas,
mais todas gardan algo en común:
que eran contos que falaban do desexo
de ter un fillo,
da búsqueda dese fillo.
Falaban acerca do especial e
profundamente amado que foi ese fillo.
As últimas investigacións mostran que
estes nenos desenvólvense correctamente.
Non teñen máis problemas ca os demais
nenos.
Ademais, estes pais tamén buscaban
xustificar as súas decisións
a través destes contos.
Esperaban que os seus fillos entendesen os
motivos que os levaron
a formar unha familia deste xeito.
Existía neles un medo subxacente de que os
seus fillos puidesen estar en desacordo
e rexeitasen entón o pai co que non
mantiñan relación xenética.
E este é un medo comprensible,
xa que vivimos nunha sociedade
heteronormativa
e xenetizada --
nun mundo que aínda cre
que as verdadeiras familias consisten
nunha nai, un pai
e os fillos cos cales manteñen unha
relación xenética.
Ben.
Quero falarvos dun rapaz adolescente.
Foi concebido mediante doazón, mais
non foi parte do noso estudo.
Un día, tivo unha
discusión co seu pai,
e berroulle,
"Estasme a dicir o que teño que facer?
Ti, nin sequera es meu pai!"
Iso era precisamente o que
os pais do noso estudo temían.
O rapaz axiña se sentiu mal polas suás palabras, e reconciliáronse.
Mais foi a reacción do pai o que resulta
máis interesante.
El dixo,
"Esta arroutada non ten nada que
ver coa falta dun vínculo xenético.
Foi a causa da pubertade --
sendo difícil.
É o que fan a esa idade.
Pasará."
O que este home nos está a ensinar
é que cando algo vai mal
non deberiamos pensar de inmediato
que é a causa de que a familia
é un tanto distinta.
Estas cousas pasan en todas as familias.
E de agora en adiante,
todos os pais deberían preguntarse:
Son suficientemente bo pai?
Estes pais tamén.
Eles, por riba de todo, querían facer o
que era mellor para o seu fillo.
Mais algunhas veces
tamén se preguntaban:
Son un verdadeiro pai?
E as súas dúbidas estaban
presentes moito antes de ser pais.
No inicio do tratamento,
cando viron por primeira vez o
terapeuta,
prestáronlle moita atención,
porque querían facelo ben.
Incluso 10 anos despois,
seguen recordando os consellos que
recibiran.
De modo que cando
pensaron no conselleiro
e nos consellos que recibiran,
falamos acerca diso.
Unha das parellas lesbianas dixo,
"Cando o noso fillo pregunte,
'Teño un pai?'
nós dirémoslle 'Non, non tes pai.'
E non diremos nada máis,
a menos que el pregunte,
porque quizais non
estea preparado para iso.
Foi o que dixo o terapeuta."
Ben.
Non sei; isto é bastante distinto
do xeito no que xeralmente respondemos
ás preguntas dos nenos.
Como, "Leite -- iso faise nunha fábrica?"
Entón diremos, "Non, vén das vacas,"
e falaremos do granxeiro,
e a maneira en que o leite
remata nunha tenda.
Non responderíamos,
"Non, o leite non se fai nas fábricas."
Algo estraño sucedeu aquí,
e, por suposto, eses nenos
percíbeno.
Un neno dixo,
"Fíxenlles aos meus pais moreas
de preguntas,
mais actuaron moi raro.
Ti sabes, eu teño unha amiga na
escola que foi feita do mesmo xeito.
Así que, cando teño unha pregunta,
só teño que falar con ela."
Rapaz espelido.
Problema resolto.
Mais os seus pais non o notaron,
e dende logo non era iso o que eles
tiñan en mente,
nin o que o terapeuta tiña en mente
cando lles dixo o importante que era ser
unha familia comunicativa e aberta.
E isto é o extraño dos consellos.
Cando ofrecemos pílulas
recollemos primeiro probas.
Facemos tests,
facemos estudos de seguemento.
Queremos saber, e de xeito correcto,
que é o que fai esa pílula
e como afecta á vida das persoas.
E os consellos?
Non é suficiente para o asesoramento,
ou para os prosfesionais que os dan,
que estes sexan teoricamente sensatos,
ou ben intencionados.
Debería haber asesoramento para o que
existe evidencia --
evidencia de que, en efecto, mellora
a vida dos pacientes.
A filósofa que hai en min querería
ofrecervos un paradoxo:
Aconséllovos parar de seguir os consellos.
Pero, si.
(Aplausos)
Non vou rematar aquí co que saíu mal;
non faría entón xustiza á amabilidade
que atopamos nesas familias.
Lembrades os libros e a viaxe ata o
granxeiro?
Cando os pais fan cousas que funcionan
para eles,
fan cousas magníficas.
O que quero que lembredes
como membros de familias,
non importa en que forma ou
tamaño,
é que o que as familias precisan son
relacións de cariño.
E non temos que ser profesionais
para crealas.
Moitos de nós facémolo ben,
aínda que pode resultar difícil,
e de cando en vez,
facémolo con algún consello.
Nese caso,
tede en conta tres cousas.
Traballa co asesoramento
axeitado para a túa familia.
Lembrade -- sodes os expertos, porque
vivides a vosa vida familiar.
E finalmente,
crede nas vosas habilidades
e creatividade,
porque podedes facelo.
Grazas.
(Aplauso)