[Script Info] Title: [Events] Format: Layer, Start, End, Style, Name, MarginL, MarginR, MarginV, Effect, Text Dialogue: 0,0:00:06.23,0:00:09.23,Default,,0000,0000,0000,,[Como traducir] Dialogue: 0,0:00:10.60,0:00:14.98,Default,,0000,0000,0000,,Case todos cren que traducir é \Nunha arte que se aprende practicando. Dialogue: 0,0:00:15.60,0:00:16.59,Default,,0000,0000,0000,,Se cadra é certo, Dialogue: 0,0:00:16.59,0:00:19.56,Default,,0000,0000,0000,,pero, aínda así, hai algunhas regras\Nque podes seguir. Dialogue: 0,0:00:19.96,0:00:22.96,Default,,0000,0000,0000,,Se tivera que darche un consello \Nsobre isto, sería: Dialogue: 0,0:00:22.99,0:00:27.18,Default,,0000,0000,0000,,«Non traduzas nunca as palabras, \Ntraduce sempre o sentido». Dialogue: 0,0:00:27.46,0:00:30.18,Default,,0000,0000,0000,,Primeiro, asegúrate de entender Dialogue: 0,0:00:30.21,0:00:34.84,Default,,0000,0000,0000,,todas as palabras, os termos e \Nas referencias culturais do orixinal. Dialogue: 0,0:00:34.86,0:00:37.42,Default,,0000,0000,0000,,E se cómpre investigar, faino. Dialogue: 0,0:00:37.90,0:00:40.69,Default,,0000,0000,0000,,E despois, esquece as palabras, Dialogue: 0,0:00:40.71,0:00:43.85,Default,,0000,0000,0000,,e tenta imaxinar como o diría\Nespontaneamente o orador Dialogue: 0,0:00:43.88,0:00:46.64,Default,,0000,0000,0000,,se fose falante nativo do teu idioma Dialogue: 0,0:00:46.67,0:00:49.62,Default,,0000,0000,0000,,e quixese transmitir a mesma mensaxe. Dialogue: 0,0:00:50.96,0:00:54.68,Default,,0000,0000,0000,,Velaquí algúns consellos máis específicos Dialogue: 0,0:00:54.71,0:00:59.30,Default,,0000,0000,0000,,derivados do lema \N«nunca as palabras, sempre o sentido». Dialogue: 0,0:01:00.70,0:01:01.98,Default,,0000,0000,0000,,Non te apures! Dialogue: 0,0:01:02.45,0:01:04.50,Default,,0000,0000,0000,,Tes 30 días para traducir, Dialogue: 0,0:01:04.53,0:01:09.10,Default,,0000,0000,0000,,así que gasta o tempo necesario\Npara asegurarte de que todo é correcto. Dialogue: 0,0:01:10.28,0:01:12.66,Default,,0000,0000,0000,,Tenta transmitir o estilo do orador. Dialogue: 0,0:01:13.32,0:01:15.80,Default,,0000,0000,0000,,Isto implica traducir as bromas\Ne o sentido do humor, Dialogue: 0,0:01:15.82,0:01:20.10,Default,,0000,0000,0000,,o que é importante sobre todo\Nse despois se oen risos, Dialogue: 0,0:01:20.12,0:01:23.50,Default,,0000,0000,0000,,porque quen vexa a charla quere saber\Npor que se ri o público. Dialogue: 0,0:01:25.35,0:01:27.87,Default,,0000,0000,0000,,Non traduzas literalmente \Nas expresións idiomáticas. Dialogue: 0,0:01:28.44,0:01:34.79,Default,,0000,0000,0000,,Son frases feitas ou grupos verbais\Nque expresan unha idea en conxunto. Dialogue: 0,0:01:34.82,0:01:38.23,Default,,0000,0000,0000,,Un exemplo sería a expresión\N«at the drop of a hat». Dialogue: 0,0:01:39.21,0:01:44.79,Default,,0000,0000,0000,,Non deberías traducilo como «o momento\Nen que se deixa caer un chapeu», Dialogue: 0,0:01:44.94,0:01:48.08,Default,,0000,0000,0000,,senón que terías que traducir\No sentido da expresión. Dialogue: 0,0:01:48.26,0:01:52.67,Default,,0000,0000,0000,,O equivalente de «at the drop of a hat»\Nmáis natural na túa lingua Dialogue: 0,0:01:52.73,0:01:54.68,Default,,0000,0000,0000,,pode non ser unha expresión idiomática, Dialogue: 0,0:01:54.70,0:01:59.01,Default,,0000,0000,0000,,senón unha palabra como «decontado»\Nou a expresión «sen dubidalo». Dialogue: 0,0:01:59.04,0:02:00.04,Default,,0000,0000,0000,,E está perfecto así! Dialogue: 0,0:02:01.37,0:02:05.59,Default,,0000,0000,0000,,Non inventes as túas propias traducións\Nde terminoloxía especializada. Dialogue: 0,0:02:06.17,0:02:10.82,Default,,0000,0000,0000,,Os termos son palabras e expresións \Nusadas en áreas especializadas do saber. Dialogue: 0,0:02:11.40,0:02:13.43,Default,,0000,0000,0000,,Cómpre estarmos atentos aos termos, Dialogue: 0,0:02:13.46,0:02:17.36,Default,,0000,0000,0000,,como nomes de aparellos \Nou procesos científicos ou económicos... Dialogue: 0,0:02:17.71,0:02:20.70,Default,,0000,0000,0000,,E, no canto de usares unha tradución \Ncreada por ti mesmo, Dialogue: 0,0:02:20.72,0:02:25.56,Default,,0000,0000,0000,,asegúrate de buscar o equivalente\Nque se use normalmente no teu idioma. Dialogue: 0,0:02:25.71,0:02:28.30,Default,,0000,0000,0000,,É algo semellante ao\Ndas expresións idiomáticas. Dialogue: 0,0:02:28.70,0:02:31.51,Default,,0000,0000,0000,,Por exemplo, cando atopes\Nun termo como «root folder», Dialogue: 0,0:02:31.54,0:02:36.10,Default,,0000,0000,0000,,no canto de traducilo como\N«un directorio con raíces», Dialogue: 0,0:02:36.12,0:02:40.48,Default,,0000,0000,0000,,debes asegurarte de entender \Nben o seu significado Dialogue: 0,0:02:40.51,0:02:42.26,Default,,0000,0000,0000,,e despois podes buscar Dialogue: 0,0:02:42.28,0:02:47.52,Default,,0000,0000,0000,,artigos ou webs que falen do concepto\Nao que «root folder» se refire. Dialogue: 0,0:02:47.83,0:02:49.40,Default,,0000,0000,0000,,Deste xeito, poderás atopar Dialogue: 0,0:02:49.42,0:02:52.38,Default,,0000,0000,0000,,o equivalente real do termo na túa lingua. Dialogue: 0,0:02:53.02,0:02:56.90,Default,,0000,0000,0000,,Outra cousa que debes lembrar é:\N«se fai falta, condensa». Dialogue: 0,0:02:57.29,0:02:58.92,Default,,0000,0000,0000,,Cando se traballa con subtítulos, Dialogue: 0,0:02:58.94,0:03:02.10,Default,,0000,0000,0000,,moitas veces cómpre condensar\Nou reducir o texto Dialogue: 0,0:03:02.20,0:03:04.55,Default,,0000,0000,0000,,para manter unha velocidade \Nde lectura adecuada. Dialogue: 0,0:03:04.67,0:03:06.32,Default,,0000,0000,0000,,Tamén has ter que pensar Dialogue: 0,0:03:06.34,0:03:09.37,Default,,0000,0000,0000,,en cousas como dividir \Nun subtítulo en dúas liñas Dialogue: 0,0:03:09.40,0:03:11.37,Default,,0000,0000,0000,,sen deixar separado o sintagma. Dialogue: 0,0:03:11.58,0:03:14.34,Default,,0000,0000,0000,,Pero hai outros titoriais que falan diso. Dialogue: 0,0:03:14.67,0:03:17.97,Default,,0000,0000,0000,,E por suposto, non esquezas\Nos aspectos puramente lingüísticos, Dialogue: 0,0:03:17.99,0:03:19.60,Default,,0000,0000,0000,,como a gramática ou a puntuación. Dialogue: 0,0:03:20.11,0:03:24.04,Default,,0000,0000,0000,,Cando acabes, \Nmira outra vez a charla cos subtítulos Dialogue: 0,0:03:24.06,0:03:26.32,Default,,0000,0000,0000,,para darlle unha última corrección Dialogue: 0,0:03:26.35,0:03:28.24,Default,,0000,0000,0000,,e despois entrégaa para que a revisen. Dialogue: 0,0:03:28.78,0:03:30.08,Default,,0000,0000,0000,,Se te atascas, Dialogue: 0,0:03:30.10,0:03:32.51,Default,,0000,0000,0000,,vai á páxina do teu idioma na OTPedia Dialogue: 0,0:03:32.53,0:03:34.97,Default,,0000,0000,0000,,para atopar recursos \Nespecíficos para a túa lingua Dialogue: 0,0:03:34.100,0:03:38.49,Default,,0000,0000,0000,,e busca axuda e ideas no \Ngrupo de Facebook do teu idioma. Dialogue: 0,0:03:38.97,0:03:40.52,Default,,0000,0000,0000,,Se che dá o bloqueo do tradutor, Dialogue: 0,0:03:40.54,0:03:43.68,Default,,0000,0000,0000,,lembra que formas parte dunha comunidade. Dialogue: 0,0:03:44.00,0:03:47.67,Default,,0000,0000,0000,,Para atopar máis consellos de tradución, \Nle esta guía na OTPedia. Dialogue: 0,0:03:48.46,0:03:51.80,Default,,0000,0000,0000,,E nada máis polo momento.\NBoa transcrición e boa tradución!