1 00:00:06,230 --> 00:00:09,228 [Como traducir] 2 00:00:10,598 --> 00:00:14,976 Case todos cren que traducir é unha arte que se aprende practicando. 3 00:00:15,602 --> 00:00:16,588 Se cadra é certo, 4 00:00:16,588 --> 00:00:19,563 pero, aínda así, hai algunhas regras que podes seguir. 5 00:00:19,955 --> 00:00:22,965 Se tivera que darche un consello sobre isto, sería: 6 00:00:22,990 --> 00:00:27,181 «Non traduzas nunca as palabras, traduce sempre o sentido». 7 00:00:27,461 --> 00:00:30,181 Primeiro, asegúrate de entender 8 00:00:30,206 --> 00:00:34,835 todas as palabras, os termos e as referencias culturais do orixinal. 9 00:00:34,860 --> 00:00:37,416 E se cómpre investigar, faino. 10 00:00:37,896 --> 00:00:40,688 E despois, esquece as palabras, 11 00:00:40,713 --> 00:00:43,854 e tenta imaxinar como o diría espontaneamente o orador 12 00:00:43,879 --> 00:00:46,644 se fose falante nativo do teu idioma 13 00:00:46,669 --> 00:00:49,615 e quixese transmitir a mesma mensaxe. 14 00:00:50,955 --> 00:00:54,683 Velaquí algúns consellos máis específicos 15 00:00:54,708 --> 00:00:59,304 derivados do lema «nunca as palabras, sempre o sentido». 16 00:01:00,699 --> 00:01:01,982 Non te apures! 17 00:01:02,452 --> 00:01:04,501 Tes 30 días para traducir, 18 00:01:04,527 --> 00:01:09,104 así que gasta o tempo necesario para asegurarte de que todo é correcto. 19 00:01:10,277 --> 00:01:12,665 Tenta transmitir o estilo do orador. 20 00:01:13,324 --> 00:01:15,798 Isto implica traducir as bromas e o sentido do humor, 21 00:01:15,823 --> 00:01:20,097 o que é importante sobre todo se despois se oen risos, 22 00:01:20,122 --> 00:01:23,503 porque quen vexa a charla quere saber por que se ri o público. 23 00:01:25,354 --> 00:01:27,869 Non traduzas literalmente as expresións idiomáticas. 24 00:01:28,444 --> 00:01:34,791 Son frases feitas ou grupos verbais que expresan unha idea en conxunto. 25 00:01:34,816 --> 00:01:38,231 Un exemplo sería a expresión «at the drop of a hat». 26 00:01:39,214 --> 00:01:44,792 Non deberías traducilo como «o momento en que se deixa caer un chapeu», 27 00:01:44,940 --> 00:01:48,076 senón que terías que traducir o sentido da expresión. 28 00:01:48,255 --> 00:01:52,673 O equivalente de «at the drop of a hat» máis natural na túa lingua 29 00:01:52,733 --> 00:01:54,685 pode non ser unha expresión idiomática, 30 00:01:54,705 --> 00:01:59,011 senón unha palabra como «decontado» ou a expresión «sen dubidalo». 31 00:01:59,036 --> 00:02:00,036 E está perfecto así! 32 00:02:01,366 --> 00:02:05,588 Non inventes as túas propias traducións de terminoloxía especializada. 33 00:02:06,168 --> 00:02:10,824 Os termos son palabras e expresións usadas en áreas especializadas do saber. 34 00:02:11,405 --> 00:02:13,433 Cómpre estarmos atentos aos termos, 35 00:02:13,458 --> 00:02:17,364 como nomes de aparellos ou procesos científicos ou económicos... 36 00:02:17,711 --> 00:02:20,699 E, no canto de usares unha tradución creada por ti mesmo, 37 00:02:20,724 --> 00:02:25,555 asegúrate de buscar o equivalente que se use normalmente no teu idioma. 38 00:02:25,712 --> 00:02:28,301 É algo semellante ao das expresións idiomáticas. 39 00:02:28,703 --> 00:02:31,512 Por exemplo, cando atopes un termo como «root folder», 40 00:02:31,537 --> 00:02:36,099 no canto de traducilo como «un directorio con raíces», 41 00:02:36,124 --> 00:02:40,483 debes asegurarte de entender ben o seu significado 42 00:02:40,508 --> 00:02:42,258 e despois podes buscar 43 00:02:42,283 --> 00:02:47,518 artigos ou webs que falen do concepto ao que «root folder» se refire. 44 00:02:47,831 --> 00:02:49,399 Deste xeito, poderás atopar 45 00:02:49,424 --> 00:02:52,375 o equivalente real do termo na túa lingua. 46 00:02:53,025 --> 00:02:56,903 Outra cousa que debes lembrar é: «se fai falta, condensa». 47 00:02:57,289 --> 00:02:58,918 Cando se traballa con subtítulos, 48 00:02:58,943 --> 00:03:02,104 moitas veces cómpre condensar ou reducir o texto 49 00:03:02,205 --> 00:03:04,551 para manter unha velocidade de lectura adecuada. 50 00:03:04,673 --> 00:03:06,315 Tamén has ter que pensar 51 00:03:06,340 --> 00:03:09,373 en cousas como dividir un subtítulo en dúas liñas 52 00:03:09,398 --> 00:03:11,371 sen deixar separado o sintagma. 53 00:03:11,575 --> 00:03:14,342 Pero hai outros titoriais que falan diso. 54 00:03:14,666 --> 00:03:17,969 E por suposto, non esquezas os aspectos puramente lingüísticos, 55 00:03:17,994 --> 00:03:19,600 como a gramática ou a puntuación. 56 00:03:20,112 --> 00:03:24,038 Cando acabes, mira outra vez a charla cos subtítulos 57 00:03:24,063 --> 00:03:26,321 para darlle unha última corrección 58 00:03:26,346 --> 00:03:28,235 e despois entrégaa para que a revisen. 59 00:03:28,784 --> 00:03:30,079 Se te atascas, 60 00:03:30,104 --> 00:03:32,509 vai á páxina do teu idioma na OTPedia 61 00:03:32,534 --> 00:03:34,971 para atopar recursos específicos para a túa lingua 62 00:03:34,996 --> 00:03:38,490 e busca axuda e ideas no grupo de Facebook do teu idioma. 63 00:03:38,973 --> 00:03:40,518 Se che dá o bloqueo do tradutor, 64 00:03:40,543 --> 00:03:43,679 lembra que formas parte dunha comunidade. 65 00:03:44,004 --> 00:03:47,669 Para atopar máis consellos de tradución, le esta guía na OTPedia. 66 00:03:48,462 --> 00:03:51,795 E nada máis polo momento. Boa transcrición e boa tradución!