WEBVTT 00:00:00.760 --> 00:00:03.735 Que é o que nos mantén con saúde e felices 00:00:03.760 --> 00:00:05.850 durante a vida? 00:00:06.520 --> 00:00:09.016 Se tivésedes que investir agora 00:00:09.040 --> 00:00:11.096 no voso mellor futuro, 00:00:11.120 --> 00:00:14.500 onde poñeriades o voso tempo e a vosa enerxía? 00:00:15.120 --> 00:00:17.536 Unha enquisa recente á xeración do milenio 00:00:17.560 --> 00:00:22.736 preguntoulles cales eran as metas máis importantes na súa vida, 00:00:22.760 --> 00:00:24.776 e máis do 80 % dixo 00:00:24.800 --> 00:00:28.936 que unha meta importante era facerse ricos. 00:00:28.960 --> 00:00:33.296 E outro 50 % deses mesmos adultos novos 00:00:33.320 --> 00:00:35.856 dixo que outra meta importante 00:00:35.880 --> 00:00:38.390 era ser famosos. NOTE Paragraph 00:00:38.960 --> 00:00:40.176 (Risos) NOTE Paragraph 00:00:40.200 --> 00:00:46.856 E dísenos constantemente que traballemos máis, que nos esforcemos 00:00:46.880 --> 00:00:48.936 para acadar máis logros. 00:00:48.960 --> 00:00:52.616 Dános a impresión de que debemos perseguir estas cousas 00:00:52.640 --> 00:00:54.456 para ter unha boa vida. 00:00:54.480 --> 00:00:56.696 As imaxes de vidas enteiras, 00:00:56.720 --> 00:01:01.936 das decisións que toma a xente, e o resultado desas decisións 00:01:01.960 --> 00:01:05.410 son case imposibles de obter. 00:01:06.080 --> 00:01:09.136 Gran parte do que sabemos da vida 00:01:09.160 --> 00:01:12.616 sabémolo pedíndolle á xente que lembre o seu pasado. 00:01:12.640 --> 00:01:17.416 E, como sabemos, a retrospectiva é todo menos rigorosa. 00:01:17.440 --> 00:01:21.136 Esquecemos grandes fragmentos do que nos ocorre na vida, 00:01:21.160 --> 00:01:24.190 e, ás veces, a memoria é francamente creativa. NOTE Paragraph 00:01:24.800 --> 00:01:29.176 Pero, e se puidésemos ver vidas enteiras 00:01:29.200 --> 00:01:32.056 conforme se desenvolven no tempo? 00:01:32.080 --> 00:01:36.056 E se puidésemos estudar as persoas desde a adolescencia 00:01:36.080 --> 00:01:38.816 ata a vellez 00:01:38.840 --> 00:01:42.700 para ver que mantén a xente feliz e saudable? NOTE Paragraph 00:01:43.560 --> 00:01:44.760 Fixémolo. 00:01:45.640 --> 00:01:47.856 O Estudo de Desenvolvemento Adulto de Harvard 00:01:47.880 --> 00:01:52.640 pode que sexa o estudo máis longo sobre a vida adulta na historia. 00:01:53.720 --> 00:02:00.290 Durante 75 anos, rastrexamos a vida de 724 homes, 00:02:01.360 --> 00:02:05.856 ano tras ano, preguntámoslles sobre o seu traballo, a vida doméstica, a saúde, 00:02:05.880 --> 00:02:09.580 e, claro, preguntando todo ese tempo sen saber 00:02:09.580 --> 00:02:12.410 como resultarían as súas historias de vida. NOTE Paragraph 00:02:13.280 --> 00:02:16.896 Estudos coma este son moi raros. 00:02:16.920 --> 00:02:20.976 Case todos os proxectos deste tipo véñense abaixo nunha década 00:02:21.000 --> 00:02:24.176 porque moitas persoas abandonan o estudo 00:02:24.200 --> 00:02:27.096 ou os fondos da investigación rematan 00:02:27.120 --> 00:02:29.376 ou os investigadores perden o interese 00:02:29.400 --> 00:02:33.480 ou morren, e ninguén continúa a investigación. 00:02:34.280 --> 00:02:36.536 Pero, grazas a unha combinación de sorte 00:02:36.560 --> 00:02:40.256 e á perseveranza de varias xeracións de investigadores, 00:02:40.280 --> 00:02:42.210 este estudo sobreviviu. 00:02:42.520 --> 00:02:47.016 Uns 60 dos 724 homes orixinais 00:02:47.040 --> 00:02:48.336 aínda están vivos, 00:02:48.360 --> 00:02:50.536 e aínda participan no estudo, 00:02:50.560 --> 00:02:52.600 a maioría deles andan polos 90 anos. 00:02:53.560 --> 00:02:55.456 E agora imos comezar a estudar 00:02:55.480 --> 00:02:59.110 máis de 2000 fillos deses homes. 00:02:59.680 --> 00:03:02.560 E eu son o cuarto director do estudo. NOTE Paragraph 00:03:03.400 --> 00:03:08.136 Desde 1938, rastrexamos as vidas de dous grupos de homes. 00:03:08.160 --> 00:03:10.296 O primeiro grupo comezou no estudo 00:03:10.320 --> 00:03:13.016 sendo alumnos de segundo ano na Universidade de Harvard. 00:03:13.040 --> 00:03:15.856 Todos remataron a universidade durante a II Guerra Mundial 00:03:15.880 --> 00:03:18.930 e, despois, a maioría participou na Guerra. 00:03:19.280 --> 00:03:21.416 O segundo grupo que seguimos 00:03:21.440 --> 00:03:25.616 foi un grupo de rapaces dos barrios máis pobres de Boston, 00:03:25.640 --> 00:03:27.656 rapaces que se elixiron para o estudo 00:03:27.680 --> 00:03:31.016 especificamente porque proviñan dalgunhas das familias 00:03:31.040 --> 00:03:32.896 máis problemáticas e desfavorecidas 00:03:32.920 --> 00:03:35.656 do Boston dos anos 30. 00:03:35.680 --> 00:03:40.930 A maioría vivía en barracas, moitos sen auga corrente. NOTE Paragraph 00:03:42.520 --> 00:03:44.416 Cando comezaron o estudo, 00:03:44.440 --> 00:03:47.376 todos estes adolescentes foron entrevistados. 00:03:47.400 --> 00:03:49.616 Fixéronlles exames médicos. 00:03:49.640 --> 00:03:53.176 Fomos ás súas casas e entrevistamos os seus pais. 00:03:53.200 --> 00:03:55.576 Despois estes adolescentes chegaron a ser adultos 00:03:55.600 --> 00:03:58.016 que seguiron camiños diversos na vida. 00:03:58.040 --> 00:04:04.136 Foron operarios de fábrica, avogados, albaneis, médicos, 00:04:04.160 --> 00:04:06.520 un foi presidente de EE.UU. 00:04:08.160 --> 00:04:12.400 Algúns sufriron alcoholismo. Outros poucos sufriron esquizofrenia. 00:04:13.320 --> 00:04:15.616 Algúns subiron na escala social 00:04:15.640 --> 00:04:18.856 desde a base ata o cumio, 00:04:18.880 --> 00:04:22.500 e outros foron en sentido contrario. NOTE Paragraph 00:04:23.520 --> 00:04:26.456 Os fundadores deste estudo 00:04:26.480 --> 00:04:28.496 nin nas súas fantasías máis tolas 00:04:28.520 --> 00:04:33.056 imaxinarían que eu estaría hoxe aquí, 75 anos despois, 00:04:33.080 --> 00:04:36.660 contándovos que o estudo continúa. 00:04:37.280 --> 00:04:40.896 Cada dous anos, o noso entregado e paciente persoal de investigación 00:04:40.920 --> 00:04:43.976 chama estes homes e pregúntalles se podemos enviarlles 00:04:44.000 --> 00:04:47.390 outra serie de preguntas sobre as súas vidas. NOTE Paragraph 00:04:48.040 --> 00:04:51.616 Moitos dos homes de Boston pregúntannos: 00:04:51.640 --> 00:04:55.520 "Por que queren seguir estudándome? A miña vida xa non é interesante." 00:04:56.600 --> 00:04:58.976 Os homes de Harvard nunca fan esta pregunta. NOTE Paragraph 00:04:59.000 --> 00:05:00.910 (Risos) NOTE Paragraph 00:05:08.920 --> 00:05:11.776 Para obter a imaxe máis clara destas vidas, 00:05:11.800 --> 00:05:14.736 non só lles enviamos cuestionarios. 00:05:14.760 --> 00:05:17.216 Entrevistámolos nos seus salóns. 00:05:17.240 --> 00:05:20.176 Conseguimos as súas historias clínicas. 00:05:20.200 --> 00:05:22.696 Extraémoslles sangue, escaneamos os seus cerebros, 00:05:22.720 --> 00:05:24.416 falamos cos seus fillos. 00:05:24.440 --> 00:05:29.696 Gravamos as conversas coas súas esposas sobre as súas preocupacións. 00:05:29.720 --> 00:05:33.256 E cando, hai unha década, lles preguntamos ás esposas 00:05:33.280 --> 00:05:35.656 se querían sumarse como membros do estudo, 00:05:35.680 --> 00:05:38.376 moitas mulleres dixeron: "Vaia, xa era hora". NOTE Paragraph 00:05:38.400 --> 00:05:39.456 (Risos) NOTE Paragraph 00:05:39.480 --> 00:05:41.176 Que aprendemos? 00:05:41.200 --> 00:05:46.416 Que leccións xorden das decenas de miles de páxinas 00:05:46.440 --> 00:05:49.496 de información que xeramos 00:05:49.520 --> 00:05:50.720 sobre estas vidas? 00:05:51.720 --> 00:05:57.720 Ben, as leccións non teñen que ver con riqueza, fama nin con traballar moito. 00:05:58.520 --> 00:06:04.816 A mensaxe máis clara destes 75 anos de estudo é esta: 00:06:04.840 --> 00:06:10.040 As boas relacións fannos máis felices e saudables. Punto. NOTE Paragraph 00:06:11.000 --> 00:06:14.816 Aprendemos tres cousas sobre as relacións. 00:06:14.840 --> 00:06:18.936 A primeira é que as conexións sociais fannos ben, 00:06:18.960 --> 00:06:21.456 e que a soidade mata. 00:06:21.480 --> 00:06:25.136 Resulta que as persoas con máis vínculos sociais 00:06:25.160 --> 00:06:28.256 coa familia, os amigos, a comunidade, 00:06:28.280 --> 00:06:32.976 son máis felices, máis sas e viven máis 00:06:33.000 --> 00:06:36.376 que as persoas que teñen menos vínculos. 00:06:36.400 --> 00:06:39.816 E experimentar soidade resulta ser tóxico. 00:06:39.840 --> 00:06:44.976 As persoas que están máis illadas do que quererían doutras persoas 00:06:45.000 --> 00:06:48.216 atópanse menos felices, 00:06:48.240 --> 00:06:51.176 a súa saúde empeora antes na mediana idade, 00:06:51.200 --> 00:06:53.416 as súas funcións cerebrais decaen máis axiña 00:06:53.440 --> 00:06:57.570 e viven menos que as persoas que non están soas. 00:06:58.040 --> 00:07:01.256 E o triste é que, en calquera momento, 00:07:01.280 --> 00:07:06.190 máis dun de cada cinco estadounidenses informarán de que están sós. NOTE Paragraph 00:07:07.040 --> 00:07:09.696 E sabemos que podemos estar sós na multitude 00:07:09.720 --> 00:07:12.376 e podemos estar sós nun matrimonio, 00:07:12.400 --> 00:07:14.536 por iso a segunda gran lección que aprendemos 00:07:14.560 --> 00:07:17.656 é que non ten que ver coa cantidade de amigos que temos, 00:07:17.680 --> 00:07:21.176 tampouco con que esteamos nunha relación, 00:07:21.200 --> 00:07:25.840 o que importa é a calidade das relacións máis próximas. 00:07:26.560 --> 00:07:31.336 Resulta que vivir no medio de conflitos é moi malo para a saúde. 00:07:31.360 --> 00:07:35.336 Os matrimonios moi conflitivos, por exemplo, sen moito afecto, 00:07:35.360 --> 00:07:41.136 resultan ser moi malos para a saúde, quizais peores que o divorcio. 00:07:41.160 --> 00:07:45.936 E vivir en medio de relacións boas e cálidas protéxenos. NOTE Paragraph 00:07:45.960 --> 00:07:49.056 Cando os nosos homes chegaron aos oitenta e tantos, 00:07:49.080 --> 00:07:52.096 quixemos analizar como foi a súa mediana idade 00:07:52.120 --> 00:07:53.696 para ver se podiamos predicir 00:07:53.720 --> 00:07:57.696 quen se convertería nun octoxenario feliz e saudable 00:07:57.720 --> 00:07:58.920 e quen non. 00:07:59.680 --> 00:08:03.896 E cando recollemos todo o que non sabiamos deles 00:08:03.920 --> 00:08:05.280 aos seus 50 anos, 00:08:06.080 --> 00:08:08.616 non foron os niveis de colesterol da mediana idade 00:08:08.640 --> 00:08:11.536 os que predixeron como envellecerían. 00:08:11.560 --> 00:08:15.016 Foi o grao de satisfacción que tiñan nas súas relacións. 00:08:15.040 --> 00:08:19.936 As persoas máis satisfeitas coas súas relacións aos 50 anos 00:08:19.960 --> 00:08:23.130 foron as máis saudables aos 80 anos. 00:08:23.680 --> 00:08:26.856 E as boas relacións próximas parecen suavizar 00:08:26.880 --> 00:08:30.210 algúns dos achaques da vellez. 00:08:30.480 --> 00:08:34.456 Os nosos homes e mulleres en parella máis felices 00:08:34.480 --> 00:08:36.535 informaron, aos seus oitenta e tantos, 00:08:36.559 --> 00:08:39.496 de que cando sentían máis dor física 00:08:39.520 --> 00:08:41.820 seguían sendo igual de felices. 00:08:42.400 --> 00:08:45.656 Pero as persoas que estaban en relacións infelices, 00:08:45.680 --> 00:08:48.616 nos días que informaban de teren máis dor física, 00:08:48.640 --> 00:08:51.680 esta magnificábase pola dor emocional. NOTE Paragraph 00:08:52.360 --> 00:08:56.736 E a terceira gran lección que aprendemos sobre as relacións e a saúde 00:08:56.760 --> 00:09:00.016 é que as boas relacións non só protexen o corpo, 00:09:00.040 --> 00:09:02.010 senón tamén o cerebro. 00:09:02.440 --> 00:09:07.096 Resulta que ter unha relación segura de apego 00:09:07.120 --> 00:09:11.016 con outra persoa aos 80 e tantos dá protección, 00:09:11.040 --> 00:09:13.016 que as persoas que teñen relacións 00:09:13.040 --> 00:09:17.176 en que senten que poden contar coa outra persoa se o precisan, 00:09:17.200 --> 00:09:20.896 teñen lembranzas máis nítidas que permanecen máis tempo. 00:09:20.920 --> 00:09:22.456 E as persoas que teñen relacións 00:09:22.486 --> 00:09:25.576 en que senten que non poden contar coa outra persoa, 00:09:25.600 --> 00:09:29.970 son persoas que perden antes a memoria. 00:09:30.520 --> 00:09:33.976 Pero as boas relacións poden non ser harmoniosas todo o tempo. 00:09:34.000 --> 00:09:37.576 Algunhas das nosas parellas octoxenarias podían pelexar 00:09:37.600 --> 00:09:39.336 de cando en vez, 00:09:39.360 --> 00:09:42.536 pero mentres sentisen que podían contar co outro 00:09:42.560 --> 00:09:44.376 cando as cousas ían mal 00:09:44.400 --> 00:09:48.700 esas pelexas non tiñan repercusións nas lembranzas. NOTE Paragraph 00:09:49.600 --> 00:09:52.336 Pero esta mensaxe, 00:09:52.360 --> 00:09:58.056 de que as relacións boas e estreitas son boas para a saúde e o benestar, 00:09:58.080 --> 00:10:01.016 é unha sabedoría vella coma o tempo. 00:10:01.040 --> 00:10:04.880 Por que é tan difícil de entender e tan fácil de ignorar? 00:10:05.560 --> 00:10:07.016 Ben, somos humanos. 00:10:07.040 --> 00:10:09.856 O que nos gustaría sería un apaño rápido, 00:10:09.880 --> 00:10:11.576 algo que poidamos facer 00:10:11.600 --> 00:10:14.790 que nos mellore a vida e a manteña así. 00:10:15.320 --> 00:10:18.656 As relacións son unha lea, son complicadas, 00:10:18.680 --> 00:10:22.496 e coidar a familia e as amizades 00:10:22.520 --> 00:10:25.176 non é atractivo nin glamuroso. 00:10:25.200 --> 00:10:28.536 Dura toda a vida. Nunca remata. 00:10:28.560 --> 00:10:33.616 No noso estudo de 75 anos as persoas máis felices na xubilación foron 00:10:33.640 --> 00:10:39.456 as que fixeron por substituír compañeiros de traballo por novos compañeiros de xogo. 00:10:39.480 --> 00:10:42.456 Como os da xeración do milenio, naquela enquisa recente, 00:10:42.480 --> 00:10:46.096 moitos dos nosos homes cando eran adultos novos 00:10:46.120 --> 00:10:50.136 pensaban que a fama, a riqueza e os logros 00:10:50.160 --> 00:10:54.096 eran o que precisaban acadar para ter unha boa vida. 00:10:54.120 --> 00:10:58.296 Pero unha e outra vez, nestes 75 anos, o estudo amosou 00:10:58.320 --> 00:11:03.976 que a xente á que lle foi mellor foi aquela que se apoiou nas relacións, 00:11:04.000 --> 00:11:07.740 coa familia, con amizades, coa comunidade. NOTE Paragraph 00:11:09.080 --> 00:11:11.056 Que hai de vós? 00:11:11.080 --> 00:11:14.840 Digamos que tedes 25 ou 40 ou 60 anos. 00:11:15.800 --> 00:11:19.240 Que implica entregarse ás relacións? NOTE Paragraph 00:11:19.760 --> 00:11:22.880 Ben, as posibilidades son ilimitadas. 00:11:23.600 --> 00:11:29.696 Podería ser tan simple como pasar máis tempo con persoas que con pantallas 00:11:29.720 --> 00:11:34.176 ou renovar unha relación esgotada facendo algo novo xuntos, 00:11:34.200 --> 00:11:36.860 camiñadas longas ou citas nocturnas, 00:11:37.360 --> 00:11:42.216 ou achegarse a ese familiar que non vimos en anos, 00:11:42.240 --> 00:11:45.736 porque esas liortas familiares tan comúns 00:11:45.760 --> 00:11:47.976 teñen repercusións terribles 00:11:48.000 --> 00:11:51.000 nas persoas que gardan rancores. NOTE Paragraph 00:11:52.000 --> 00:11:56.410 Gustaríame rematar cunha cita de Mark Twain. 00:11:57.280 --> 00:11:59.656 Hai máis dun século, 00:11:59.680 --> 00:12:02.296 el estaba mirando cara a atrás a súa vida, 00:12:02.320 --> 00:12:04.030 e escribiu isto: 00:12:04.840 --> 00:12:08.536 "Non hai tempo, tan breve é a vida, 00:12:08.560 --> 00:12:14.160 para liortas, desculpas, xenreiras, peticións de contas. 00:12:14.720 --> 00:12:17.536 Só hai tempo para amar, 00:12:17.560 --> 00:12:22.150 e, mesmo para iso, só hai un instante." NOTE Paragraph 00:12:22.760 --> 00:12:27.136 A boa vida constrúese con boas relacións. 00:12:28.181 --> 00:12:29.131 Grazas. 00:12:29.649 --> 00:12:30.929 (Aplausos)