Os cometas son anacos
de xeo e pó, só iso.
Mais... que historia, en todo caso!
Tiveron orixe hai miles
de millóns de anos
cando o Sistema Solar
estaba aínda en formación
nunha zona chamada Nube de Oort
moito, moito máis alá do
famoso planeta anano Plutón.
Desde aí, os cometas son ás veces
empurrados en dirección ao Sol
ao chegaren alá preto o seu
material comeza a evaporarse,
é empurrado para lonxe e forma
unha cola que se alonga polo espazo.
E as estrelas fugaces?
Esas son responsabilidade da Terra.
Cando pasa pola zona dos detritos,
hai de súpeto miles de cabelos
a arderen na atmosfera,
abren fíos de luz no ceo
e vense dende aquí.
Os científicos cren que
os cometas puideron traer
os ingredientes da vida
nas orixes da vida.
Tamén a vida é rápida e lenta
no seu pasar polo ceo.