1 00:00:00,000 --> 00:00:04,025 O verán pasado recibín a chamada dunha muller, Ellie. 2 00:00:04,049 --> 00:00:07,289 Escoitara falar da separación de familias na fronteira sur 3 00:00:07,313 --> 00:00:09,815 e quería saber como podía axudar. 4 00:00:09,839 --> 00:00:13,788 Contoume a historia do seu avó e o seu bisavó. 5 00:00:14,285 --> 00:00:16,373 Cando eran cativos, en Polonia, 6 00:00:16,397 --> 00:00:17,640 o seu pai, 7 00:00:17,664 --> 00:00:19,568 temendo pola seguridade do seu fillo, 8 00:00:19,592 --> 00:00:22,726 deulles algúns cartos e díxolles que marchasen cara ao oeste, 9 00:00:22,750 --> 00:00:25,110 que non parasen de camiñar ata ter cruzado Europa. 10 00:00:25,134 --> 00:00:26,293 E así o fixeron. 11 00:00:26,317 --> 00:00:28,335 Cruzaron Europa camiñando cara ao oeste, 12 00:00:28,359 --> 00:00:31,385 subiron a un barco e chegaron aos Estados Unidos. 13 00:00:32,159 --> 00:00:36,179 Ellie díxome que cando escoitaba as historias dos rapaces 14 00:00:36,203 --> 00:00:38,599 que cruzaban México camiñando, 15 00:00:38,623 --> 00:00:43,224 non podía deixar de pensar no seu avó e o seu irmán. 16 00:00:43,248 --> 00:00:46,936 Para ela, díxome, as historias eran exactamente iguais. 17 00:00:47,841 --> 00:00:51,432 Aqueles irmáns eran os Irmáns Hassenfeld -- 18 00:00:51,456 --> 00:00:53,360 os "Has" "bros" -- 19 00:00:54,596 --> 00:00:56,769 os de Hasbro, a empresa de xoguetes, 20 00:00:56,793 --> 00:00:59,944 coñecerédelos porque crearon Mr. Potato. 21 00:01:01,254 --> 00:01:04,381 Pero esa non é a razón pola que vos conto esta historia. 22 00:01:05,302 --> 00:01:08,562 Cóntovola porque esta historia fíxome pensar 23 00:01:08,586 --> 00:01:11,803 en se eu tería a fe, 24 00:01:11,827 --> 00:01:13,372 a coraxe, 25 00:01:13,396 --> 00:01:16,815 de enviar os meus rapaces -- e teño tres -- 26 00:01:16,839 --> 00:01:18,167 a unha viaxe como aquela. 27 00:01:19,169 --> 00:01:22,576 Sabendo que non estaban seguros onde estaban, 28 00:01:22,600 --> 00:01:24,686 sería quen de velos marchar? 29 00:01:26,995 --> 00:01:31,874 Comecei na miña profesión hai décadas na fronteira sur dos EUA, 30 00:01:31,898 --> 00:01:34,597 traballando con solicitantes de asilo centroamericanos. 31 00:01:34,928 --> 00:01:38,494 Desde hai 16 anos estou na HIAS, 32 00:01:38,518 --> 00:01:42,619 a organización xudía que loita polos dereitos dos refuxiados do mundo, 33 00:01:42,643 --> 00:01:44,332 como avogada. 34 00:01:44,919 --> 00:01:48,412 Unha das cousas que aprendín é que, ás veces, 35 00:01:49,229 --> 00:01:53,119 aquilo que nos din que nos vai dar máis seguridade e forza 36 00:01:53,143 --> 00:01:54,348 non fai tal. 37 00:01:55,262 --> 00:02:00,201 De feito, algunhas desas medidas teñen un efecto contrario ao esperado 38 00:02:00,225 --> 00:02:05,328 e entrementres causan un sufrimento enorme e innecesario. 39 00:02:06,571 --> 00:02:09,708 Así que por que razón aparecen estas persoas na nosa fronteira sur? 40 00:02:09,732 --> 00:02:13,210 A maioría dos inmigrantes e refuxiados que chegan á nosa fronteira sur 41 00:02:13,234 --> 00:02:17,348 veñen fuxindo de tres países: Guatemala, Honduras e El Salvador. 42 00:02:17,952 --> 00:02:20,360 Son países que sistematicamente encabezan 43 00:02:20,384 --> 00:02:23,695 a lista de nacións máis violentas do mundo. 44 00:02:23,719 --> 00:02:26,086 É moi difícil estar seguro neses países, 45 00:02:26,110 --> 00:02:29,375 para canto máis construír un futuro para ti e a túa familia. 46 00:02:30,180 --> 00:02:33,157 E a violencia contra mulleres e nenas é xeralizada. 47 00:02:34,021 --> 00:02:37,291 A xente leva fuxindo de Centroamérica 48 00:02:37,315 --> 00:02:38,895 durante xeracións. 49 00:02:38,919 --> 00:02:41,567 Xeracións de refuxiados seguen chegando ás nosas costas, 50 00:02:41,567 --> 00:02:46,312 escapando das guerras civís da década de 1980, 51 00:02:46,336 --> 00:02:48,568 nas que Estados Unidos estivo moi involucrado. 52 00:02:49,227 --> 00:02:50,178 Isto non é novo. 53 00:02:51,169 --> 00:02:55,937 O novo é que ultimamente aumentou a chegada de familias, 54 00:02:55,961 --> 00:02:58,755 de nenos e familias, que se presentan nos postos de control 55 00:02:58,779 --> 00:03:01,114 solicitando asilo. 56 00:03:02,262 --> 00:03:04,352 Vímolo estes días nos noticiarios, 57 00:03:04,352 --> 00:03:07,770 e quero que lembredes un par de cousas cando vexades esas imaxes. 58 00:03:07,794 --> 00:03:13,888 Primeiro, non estamos ante un máximo histórico de interceptacións na fronteira, 59 00:03:13,912 --> 00:03:17,023 e, de feito, estas persoas preséntanse nos postos de control. 60 00:03:17,444 --> 00:03:22,315 Segundo, chegan só co que traen posto; 61 00:03:22,339 --> 00:03:24,681 algúns veñen literalmente en chancletas. 62 00:03:24,705 --> 00:03:27,651 E terceiro, somos o país máis poderoso do mundo. 63 00:03:28,204 --> 00:03:29,808 Non hai motivo para o pánico. 64 00:03:30,601 --> 00:03:33,127 É doado desde a seguridade do país de destino 65 00:03:33,151 --> 00:03:35,022 pensar en termos absolutos: 66 00:03:35,046 --> 00:03:37,345 É legal ou é ilegal? 67 00:03:37,734 --> 00:03:40,237 Pero as persoas que pelexan con estas preguntas 68 00:03:40,261 --> 00:03:44,076 e toman estas decisións sobre as súas familias 69 00:03:44,100 --> 00:03:46,664 pensan en preguntas moi distintas: 70 00:03:46,688 --> 00:03:48,561 Como manteño a miña filla a salvo? 71 00:03:49,458 --> 00:03:50,900 Como protexo o meu fillo? 72 00:03:52,114 --> 00:03:54,374 E se queredes termos absolutos, 73 00:03:54,398 --> 00:03:57,411 é absolutamente legal pedir asilo. 74 00:03:57,862 --> 00:04:02,749 É un dereito fundamental recoñecido nas nosas leis e no dereito internacional. 75 00:04:02,773 --> 00:04:03,963 De feito -- 76 00:04:03,987 --> 00:04:10,851 (Aplausos) 77 00:04:10,875 --> 00:04:14,416 derívase da Convención de 1951 sobre o Estatuto dos Refuxiados, 78 00:04:14,440 --> 00:04:17,512 que foi a resposta do mundo ao Holocausto 79 00:04:17,536 --> 00:04:21,346 e un modo para que as nacións se comprometesen a non devolver a ninguén 80 00:04:21,370 --> 00:04:23,844 a un país onde puidese sufrir mal ou ser asasinado. 81 00:04:24,246 --> 00:04:26,291 Os refuxiados chegan aquí de varias formas. 82 00:04:26,581 --> 00:04:29,655 Unha é a través do Programa de Admisión de Refuxiados dos EUA. 83 00:04:29,679 --> 00:04:33,809 Por medio dese programa, identifícanse e seleccionan refuxiados no estranxeiro 84 00:04:33,833 --> 00:04:35,889 para traelos aos Estados Unidos 85 00:04:36,527 --> 00:04:40,169 O ano pasado acollimos o número máis baixo de refuxiados 86 00:04:40,193 --> 00:04:43,874 desde que o programa se puxo en marcha en 1980. 87 00:04:43,898 --> 00:04:45,856 Este ano serán probablemente aínda menos. 88 00:04:46,800 --> 00:04:49,763 E iso ocorre nun momento en que temos máis refuxiados no mundo 89 00:04:49,787 --> 00:04:51,746 ca en ningún outro período da historia, 90 00:04:51,746 --> 00:04:53,645 mesmo desde a Segunda Guerra Mundial. 91 00:04:54,020 --> 00:04:57,787 Outro dos modos de entrar no país como refuxiado é solicitando asilo. 92 00:04:57,811 --> 00:05:01,096 Os solicitantes de asilo son persoas que se presentan na fronteira 93 00:05:01,120 --> 00:05:04,424 e din que serían perseguidos se os enviasen de volta. 94 00:05:04,448 --> 00:05:07,486 Un solicitante de asilo é só alguén que se somete a este proceso 95 00:05:07,486 --> 00:05:08,845 nos Estados Unidos 96 00:05:08,869 --> 00:05:11,497 para demostrar que se axusta á definición de refuxiado. 97 00:05:13,407 --> 00:05:16,843 E nunca antes fora tan difícil solicitar asilo. 98 00:05:16,867 --> 00:05:19,945 Os gardas dinlles aos que aparecen nas nosas fronteiras 99 00:05:19,969 --> 00:05:22,518 que o país está cheo e non poden solicitar. 100 00:05:22,542 --> 00:05:24,353 É algo sen precedentes e ilegal. 101 00:05:24,828 --> 00:05:27,068 No marco dun novo programa, 102 00:05:27,092 --> 00:05:31,258 co título orwelliano de "Protocolo de Protección de Migrantes", 103 00:05:32,472 --> 00:05:35,128 díselles aos refuxiados que teñen que agardar en México 104 00:05:35,152 --> 00:05:38,630 a que o seu caso supere os trámites xudiciais nos Estados Unidos, 105 00:05:38,654 --> 00:05:40,310 o que pode levar meses ou anos. 106 00:05:40,334 --> 00:05:42,153 Entre tanto, non están seguros, 107 00:05:42,177 --> 00:05:44,200 e non teñen acceso a un avogado. 108 00:05:45,830 --> 00:05:50,190 O noso país, o noso goberno leva detido a máis de 3.000 nenos, 109 00:05:50,214 --> 00:05:52,791 separándoos dos seus pais, 110 00:05:52,815 --> 00:05:55,561 como estratexia disuasoria fronte ás solicitudes de asilo. 111 00:05:55,723 --> 00:05:57,132 Moitos eran nenos pequenos, 112 00:05:57,913 --> 00:06:00,557 incluso unha nena cega de seis anos. 113 00:06:00,581 --> 00:06:02,062 E iso aínda continúa. 114 00:06:02,812 --> 00:06:06,680 Gastamos miles de millóns en reter no que practicamente son prisións 115 00:06:06,704 --> 00:06:08,721 a persoas que non cometeron ningún delito. 116 00:06:10,799 --> 00:06:16,230 A separación familiar converteuse no selo do noso sistema de inmigración. 117 00:06:16,603 --> 00:06:21,661 Está lonxe daquilo da "cidade brillante do outeiro" ou "o faro de esperanza" 118 00:06:21,685 --> 00:06:25,524 ou deses outros xeitos nos que falamos de nós mesmos e dos nosos valores. 119 00:06:26,137 --> 00:06:29,385 As migracións sempre estiveron con nós, e sempre estarán. 120 00:06:29,899 --> 00:06:33,578 Os motivos polos que foxe a xente -- persecución, guerra, violencia, 121 00:06:33,602 --> 00:06:35,115 cambio climático 122 00:06:35,139 --> 00:06:39,429 e a capacidade de ver no teléfono como é a vida noutros sitios -- 123 00:06:39,453 --> 00:06:41,269 esas presións non fan máis ca medrar. 124 00:06:42,602 --> 00:06:48,279 Pero existen modos de ter políticas que reflictan os nosos valores 125 00:06:48,303 --> 00:06:51,218 e teñan sentido de verdade na realidade actual. 126 00:06:51,980 --> 00:06:58,063 En primeiro lugar é necesario reducir a retórica tóxica 127 00:06:58,087 --> 00:07:02,778 que está no fondo do debate nacional sobre esta cuestión desde hai demasiado. 128 00:07:03,437 --> 00:07:08,551 (Aplausos) 129 00:07:10,702 --> 00:07:13,846 Eu non son unha inmigrante nin unha refuxiada, 130 00:07:13,870 --> 00:07:17,870 pero tomo estes ataques como algo persoal porque os meus avós si que o eran. 131 00:07:19,211 --> 00:07:23,759 A miña bisavoa Rose estivo sete anos sen ver os seus fillos, 132 00:07:23,783 --> 00:07:26,245 cando trataba de traelos desde Polonia a Nova York. 133 00:07:26,269 --> 00:07:28,200 Deixou o meu avó cando tiña sete anos 134 00:07:28,224 --> 00:07:30,245 e non o volveu ver ata que tiña 14. 135 00:07:30,269 --> 00:07:31,865 No outro lado da miña familia, 136 00:07:31,889 --> 00:07:35,526 a miña avoa Aliza saíu de Polonia nos anos 30 do século pasado 137 00:07:35,550 --> 00:07:38,423 para ir ao que entón era o Mandato británico de Palestina 138 00:07:38,447 --> 00:07:40,693 e non volveu ver a familia nin os amigos. 139 00:07:41,741 --> 00:07:46,795 A cooperación global como resposta á migración e ao desprazamento global 140 00:07:46,819 --> 00:07:51,304 contribuiría moito a facer da migración algo que non é unha crise 141 00:07:51,328 --> 00:07:52,681 senón algo que está aí 142 00:07:52,705 --> 00:07:55,253 e debemos afrontar como comunidade global 143 00:07:56,488 --> 00:07:58,893 A axuda humanitaria tamén é crucial. 144 00:07:58,917 --> 00:08:01,918 A asistencia que lles damos aos países centroamericanos 145 00:08:01,942 --> 00:08:04,371 que envían refuxiados e migrantes 146 00:08:04,395 --> 00:08:09,590 é unha mínima fracción do que gastamos en aplicación da lei e detencións. 147 00:08:10,756 --> 00:08:14,525 Está claro que podemos ter un sistema de asilo que funcione. 148 00:08:15,460 --> 00:08:18,180 Por unha fracción minúscula do custo de construír un muro, 149 00:08:18,204 --> 00:08:19,585 poderiamos contratar máis xuíces, 150 00:08:19,609 --> 00:08:21,839 garantir avogados aos solicitantes 151 00:08:21,863 --> 00:08:24,384 e comprometernos cun sistema de asilo decente. 152 00:08:24,955 --> 00:08:29,621 (Aplausos) 153 00:08:33,090 --> 00:08:35,656 E poderiamos acoller a máis refuxiados. 154 00:08:36,118 --> 00:08:39,291 Isto daravos unha idea da redución do programa de acollida: 155 00:08:39,315 --> 00:08:43,574 hai tres anos, Estados Unidos acolleu a 15.000 refuxiados sirios 156 00:08:43,598 --> 00:08:46,237 en resposta á maior crise de refuxiados do planeta. 157 00:08:46,261 --> 00:08:49,378 Un ano despois, a cifra era de 3.000. 158 00:08:49,402 --> 00:08:52,837 E o ano pasado foron 62 persoas. 159 00:08:54,109 --> 00:08:55,840 62 persoas. 160 00:08:56,819 --> 00:09:00,719 Malia crueza retórica e os esforzos por bloquear a inmigración 161 00:09:00,743 --> 00:09:02,680 e manter os refuxiados fóra do país, 162 00:09:02,704 --> 00:09:06,085 o apoio aos refuxiados e inmigrantes no noso país, segundo as enquisas, 163 00:09:06,109 --> 00:09:07,352 é máis forte ca nunca. 164 00:09:07,376 --> 00:09:09,517 Organizacións como HIAS, para a que traballo, 165 00:09:09,517 --> 00:09:11,849 e outras organizacións humanitarias e relixiosas, 166 00:09:11,873 --> 00:09:14,020 facilitan que nos pronunciemos 167 00:09:14,044 --> 00:09:16,614 cando unha lei merece que nos opoñamos a ela 168 00:09:16,638 --> 00:09:20,015 ou merece o noso apoio, ou unha política require supervisión. 169 00:09:20,485 --> 00:09:21,836 Se tedes teléfono, 170 00:09:21,860 --> 00:09:23,183 podedes facer algo, 171 00:09:23,207 --> 00:09:24,955 e se queredes facer máis, podedes. 172 00:09:24,979 --> 00:09:28,509 Direivos que se algunha vez vedes un destes centros de detención 173 00:09:28,509 --> 00:09:29,854 distribuídos pola fronteira 174 00:09:29,878 --> 00:09:31,835 onde hai nenos -- son cárceres -- 175 00:09:31,849 --> 00:09:33,322 non volveredes ser os mesmos. 176 00:09:35,320 --> 00:09:37,915 O que máis me gustou da miña conversa con Ellie 177 00:09:38,792 --> 00:09:42,648 foi ver que no fondo ela sabía que as historias dos seus avós 178 00:09:43,537 --> 00:09:45,676 non eran diferentes das historias de hoxe, 179 00:09:45,700 --> 00:09:47,766 e quería facer algo ao respecto. 180 00:09:48,974 --> 00:09:51,320 Se quero que quededes con algo, 181 00:09:51,344 --> 00:09:53,746 ademais da historia tras Mr. Potato, 182 00:09:53,770 --> 00:09:57,198 que, por suposto, tamén é unha boa historia que deixarvos, 183 00:09:57,222 --> 00:10:01,370 é a idea de que un país amosa fortaleza 184 00:10:02,522 --> 00:10:04,839 a través da compaixón e o pragmatismo, 185 00:10:04,863 --> 00:10:06,770 non por medio da forza e do medo 186 00:10:07,448 --> 00:10:13,441 (Aplausos) 187 00:10:17,139 --> 00:10:21,305 Estas historias dos Hassenfeld e dos meus parentes e os vosos 188 00:10:21,329 --> 00:10:23,879 seguen a acontecer hoxe; son todas a mesma. 189 00:10:25,269 --> 00:10:28,546 Un país é forte cando non lle di "Fóra!" ao refuxiado, 190 00:10:28,570 --> 00:10:31,767 senón que lle di: 191 00:10:31,791 --> 00:10:34,608 "Está ben, xa te temos, estás a salvo". 192 00:10:35,112 --> 00:10:36,275 Grazas. 193 00:10:36,299 --> 00:10:39,124 (Aplausos) 194 00:10:39,148 --> 00:10:40,354 Grazas. 195 00:10:40,378 --> 00:10:41,739 (Aplausos)