WEBVTT 00:00:03.627 --> 00:00:07.548 "Sentín un funeral no meu cerebro, 00:00:07.548 --> 00:00:09.940 e os parentes ían e viñan 00:00:09.940 --> 00:00:12.900 camiñando, camiñando ata que, pareceu, 00:00:12.900 --> 00:00:15.636 que o sentido crebaba totalmente. 00:00:15.716 --> 00:00:17.605 E cando todos estiveron sentados, 00:00:17.605 --> 00:00:19.603 unha liturxia, como un tambor, 00:00:19.603 --> 00:00:22.725 comezou a bater, a bater ata que pensei 00:00:22.725 --> 00:00:25.421 que a miña mente adormecía 00:00:25.541 --> 00:00:30.047 E logo oínos erguer o caixón e renxer a través da miña alma 00:00:30.247 --> 00:00:32.994 coas mesmas botas de chumbo, outra vez, 00:00:32.994 --> 00:00:35.283 e o espazo comezou a tanxer, 00:00:35.673 --> 00:00:40.240 Coma se os ceos fosen unha campá, e a existencia só un oído, 00:00:40.420 --> 00:00:43.020 e eu, e o silencio, unha raza estraña 00:00:43.020 --> 00:00:46.101 desfeita, solitaria, aquí. 00:00:46.221 --> 00:00:49.874 E entón un baleiro na razón, rompeu 00:00:49.874 --> 00:00:52.863 e caín máis e máis abaixo 00:00:52.863 --> 00:00:55.560 e dei cun mundo, a cada mergullo, 00:00:55.790 --> 00:00:58.351 e acabei sabendo, daquela" 00:01:00.261 --> 00:01:03.156 Coñecemos a depresión a través de metáforas. 00:01:03.156 --> 00:01:07.398 Emily Dickinson foi capaz de expresalo con palabras, NOTE Paragraph 00:01:07.398 --> 00:01:10.130 Goya, nunha imaxe. 00:01:10.130 --> 00:01:15.093 A metade do propósito da arte é describir estes estados icónicos. NOTE Paragraph 00:01:15.997 --> 00:01:19.587 Canto a min, sempre me vin como unha persoa dura, 00:01:19.587 --> 00:01:21.550 unha das que poderían sobrevivir 00:01:21.550 --> 00:01:24.384 se me enviasen a un campo de concentración. NOTE Paragraph 00:01:24.614 --> 00:01:27.497 En 1991, sufrín unha serie de perdas. 00:01:27.497 --> 00:01:29.198 A miña nai morreu, 00:01:29.198 --> 00:01:31.324 rematou a relación na que estaba, 00:01:31.324 --> 00:01:34.837 volvín para os Estados Unidos despois duns anos no estranxeiro 00:01:35.268 --> 00:01:38.432 e pasei por estas experiencias intacto. NOTE Paragraph 00:01:38.432 --> 00:01:41.539 Pero en 1994, tres anos despois, 00:01:41.539 --> 00:01:45.932 atopeime perdendo o interese en case todo, 00:01:45.932 --> 00:01:49.827 non quería facer nada do que antes si quería, 00:01:49.959 --> 00:01:51.877 e non sabía o porqué. 00:01:51.877 --> 00:01:56.827 O contrario da depresión non é a felicidade, senón a vitalidade. 00:01:56.934 --> 00:01:58.429 E era a vitalidade 00:01:58.429 --> 00:02:01.932 a que se esvaecía para min naquel momento. 00:02:02.082 --> 00:02:06.137 Todo o que había para facer era demasiado traballo. 00:02:06.411 --> 00:02:08.058 Volvía á casa 00:02:08.058 --> 00:02:11.440 e vía pestanexar a luz vermella do contestador 00:02:11.440 --> 00:02:14.055 e en vez de aledarme por saber dos meus amigos, 00:02:14.055 --> 00:02:15.133 pensaba: 00:02:15.133 --> 00:02:18.368 "Vaia morea de xente á que lle teño que devolver a chamada" 00:02:18.368 --> 00:02:20.755 Ou decidía que tiña que comer 00:02:20.755 --> 00:02:23.301 pero despois pensaba: teño que coller a comida, 00:02:23.301 --> 00:02:25.340 poñela no prato 00:02:25.340 --> 00:02:29.389 e cortala e mastigala e tragala, 00:02:29.389 --> 00:02:33.090 e sentía que eran as estacións do Viacrucis. NOTE Paragraph 00:02:33.090 --> 00:02:37.381 E algo que a miúdo se esquece ao falar de depresión 00:02:37.443 --> 00:02:39.801 é que ti sabes que é absurdo. 00:02:39.801 --> 00:02:42.537 Sabes que é absurdo mentres o experimentas. 00:02:42.537 --> 00:02:44.681 Sabes que a maioría da xente é quen 00:02:44.681 --> 00:02:46.995 de escoitar as menxases e xantar 00:02:46.995 --> 00:02:48.907 e organizarse para ducharse 00:02:48.907 --> 00:02:50.167 e saír pola porta 00:02:50.167 --> 00:02:51.644 e que non é gran cousa, 00:02:51.644 --> 00:02:54.985 e aínda así estás nas súas gadoupas, 00:02:54.985 --> 00:02:58.737 e es incapaz de idear unha saída. 00:02:58.737 --> 00:03:03.236 Así que comecei a sentir que facía menos 00:03:03.236 --> 00:03:05.326 e pensaba menos 00:03:05.326 --> 00:03:07.494 e sentía menos. 00:03:07.694 --> 00:03:10.049 Era unha especie de nulidade. NOTE Paragraph 00:03:10.049 --> 00:03:12.415 E despois chegou a ansiedade. 00:03:12.415 --> 00:03:16.214 Se me dis que teño que estar deprimido o próximo mes, 00:03:16.214 --> 00:03:19.387 diría: "Se está rematado en novembro, podo facelo." 00:03:19.397 --> 00:03:20.853 Pero se me dis: 00:03:20.853 --> 00:03:23.923 "Tes que ter ansiedade aguda durante o próximo mes" 00:03:23.923 --> 00:03:26.396 Preferiría cortar as veas antes de pasar por iso. 00:03:26.396 --> 00:03:28.148 Era sentir continuamente 00:03:28.148 --> 00:03:30.616 coma cando vas andando 00:03:30.616 --> 00:03:33.498 e esvaras ou tropezas e o chan achégase a ti, 00:03:33.593 --> 00:03:36.311 pero en vez de durar medio segundo como é, 00:03:36.311 --> 00:03:38.249 dura seis meses. 00:03:38.249 --> 00:03:41.281 É a sensación de estar sempre asustado, 00:03:41.281 --> 00:03:45.057 pero sen sequera saber de que estás asustado. 00:03:45.057 --> 00:03:47.477 E foi nese punto cando comecei a pensar 00:03:47.477 --> 00:03:51.476 que estar vivo era sinxelamente demasiado doloroso, 00:03:51.476 --> 00:03:54.060 e que a única razón para non suicidarme 00:03:54.060 --> 00:03:56.991 era non ferir outra xente. NOTE Paragraph 00:03:57.191 --> 00:04:00.184 E finalmente un día espertei 00:04:00.200 --> 00:04:02.208 e pensei que quizais sufrira un ataque, 00:04:02.208 --> 00:04:04.939 porque estaba na cama totalmente inmobilizado, 00:04:04.939 --> 00:04:06.888 mirando o teléfono, pensando: 00:04:06.888 --> 00:04:10.451 "Algo vai mal e debería chamar para pedir axuda" 00:04:10.451 --> 00:04:12.186 e non podía estirar o brazo 00:04:12.186 --> 00:04:14.648 e agarrar o teléfono e marcar. 00:04:14.648 --> 00:04:18.802 E finalmente, despois de catro horas deitado mirándoo 00:04:18.802 --> 00:04:20.164 o teléfono soou, 00:04:20.164 --> 00:04:22.412 e dalgún xeito conseguín contestar 00:04:22.412 --> 00:04:24.962 e era o meu pai e dixen: 00:04:24.962 --> 00:04:28.875 "Teño un problema serio, Temos que facer algo." NOTE Paragraph 00:04:29.528 --> 00:04:35.026 O día seguinte comecei coa medicación e a terapia. 00:04:35.224 --> 00:04:39.311 E tamén empecei a considerar esta terrible cuestión: 00:04:39.410 --> 00:04:41.483 Se non son a persoa dura, 00:04:41.483 --> 00:04:44.039 que podería sobrevivir a un campo de concentración, 00:04:44.039 --> 00:04:45.679 entón quen son? 00:04:45.679 --> 00:04:47.628 E se tiña que tomar medicación, 00:04:47.628 --> 00:04:51.335 esa medicación facíame ser completamente eu, 00:04:51.335 --> 00:04:53.754 ou convertíame noutra persoa? 00:04:53.754 --> 00:04:57.770 E que me parecía se me convertía noutro? NOTE Paragraph 00:04:57.989 --> 00:05:01.300 Tiña dúas vantaxes nesta travesía. 00:05:01.300 --> 00:05:04.280 A primeira é que eu sabía que, falando obxectivamente, 00:05:04.280 --> 00:05:05.901 tiña unha boa vida, 00:05:05.901 --> 00:05:07.786 e que se era capaz de poñerme ben 00:05:07.786 --> 00:05:10.864 había algo ao final polo que valía a pena vivir. 00:05:11.010 --> 00:05:14.052 E a outra é que tiña acceso a un bo tratamento. NOTE Paragraph 00:05:14.052 --> 00:05:17.816 Pero aínda así saín e recaín, 00:05:17.816 --> 00:05:20.095 e saín e recaín, 00:05:20.095 --> 00:05:23.139 e saín e recaín, 00:05:23.139 --> 00:05:25.092 e finalmente entendín 00:05:25.092 --> 00:05:29.456 que tería que medicarme e ir a terapia para sempre. 00:05:29.456 --> 00:05:30.712 E pensei: 00:05:30.712 --> 00:05:33.836 "Pero é un problema químico ou psicolóxico? 00:05:33.836 --> 00:05:37.466 E precisa dunha cura química ou unha cura filosófica?" 00:05:37.466 --> 00:05:39.525 E non fun quen de saber a resposta. 00:05:39.525 --> 00:05:42.002 E logo entendín que en realidade 00:05:42.002 --> 00:05:45.966 non estamos tan avanzados nesas áreas como para explicalo todo. 00:05:46.013 --> 00:05:49.260 Tanto a cura química como a cura psicolóxica 00:05:49.260 --> 00:05:51.062 teñen un papel que cumprir, 00:05:51.062 --> 00:05:54.675 e tamén souben que a depresión era 00:05:54.675 --> 00:05:57.698 algo entretecido tan profundamente en nós 00:05:57.698 --> 00:06:01.177 que non se podía separar do noso carácter e personalidade. NOTE Paragraph 00:06:01.437 --> 00:06:05.865 Quero decir que os tratamentos para a depresión son terribles. 00:06:05.990 --> 00:06:07.817 Non son moi efectivos. 00:06:07.817 --> 00:06:09.650 Son moi caros. 00:06:09.650 --> 00:06:12.099 Teñen innumerables efectos secundarios. 00:06:12.099 --> 00:06:13.888 Son un desastre. 00:06:13.888 --> 00:06:18.526 Pero estou tan agradecido por vivir agora e non hai 50 anos, 00:06:18.576 --> 00:06:21.107 cando non se podería facer case nada. 00:06:21.488 --> 00:06:24.069 Espero que dentro de 50 anos, 00:06:24.069 --> 00:06:26.126 a xente oia falar dos meus tratamentos 00:06:26.126 --> 00:06:29.869 e se arrepíe de que alguén soportara unha ciencia tan primitiva. NOTE Paragraph 00:06:30.885 --> 00:06:35.441 A depresión é a imperfección do amor. 00:06:35.441 --> 00:06:38.642 Se estás casado con alguén e pensas: 00:06:38.642 --> 00:06:42.177 "Ben, se a miña muller morre, atoparei outra" 00:06:42.177 --> 00:06:45.003 non sería amor tal como o coñecemos. 00:06:45.223 --> 00:06:49.713 Non existe o amor sen a anticipación da perda, 00:06:49.817 --> 00:06:55.771 e o espectro da desesperación pode ser o motor da intimidade. NOTE Paragraph 00:06:56.130 --> 00:06:59.059 Hai tres cousas que a xente tende a confundir: 00:06:59.059 --> 00:07:02.859 depresión, dor e tristeza. 00:07:02.859 --> 00:07:06.145 A dor é explicitamente reactiva. 00:07:06.145 --> 00:07:09.104 Se sofres unha perda e te sentes moi infeliz, 00:07:09.104 --> 00:07:10.737 e logo, 6 meses despois, 00:07:10.737 --> 00:07:13.959 estás aínda moi triste, pero xa empezas a funcionar mellor, 00:07:13.959 --> 00:07:15.687 probablemente sexa dor, 00:07:15.687 --> 00:07:19.299 e probablemente se resolva por si mesma en certa medida. 00:07:19.428 --> 00:07:22.179 Se experimentas unha perda catastrófica, 00:07:22.179 --> 00:07:23.393 e te sentes fatal, 00:07:23.393 --> 00:07:26.390 e seis meses despois case non podes funcionar, 00:07:26.390 --> 00:07:28.975 probablemente se desencadeou unha depresión 00:07:28.975 --> 00:07:31.449 polas circunstancias catastróficas. 00:07:31.449 --> 00:07:35.081 A traxectoria dinos moito. 00:07:35.081 --> 00:07:38.439 A xente pensa na depresión simplemente como estar triste. 00:07:38.439 --> 00:07:40.775 É moita, moita, demasiada tristeza, 00:07:40.775 --> 00:07:42.439 moita, demasiada dor, 00:07:42.439 --> 00:07:45.178 por algo tan lixeiro. NOTE Paragraph 00:07:45.368 --> 00:07:48.115 Cando comezaba a comprender a depresión 00:07:48.115 --> 00:07:50.950 e a entrevistar persoas que a sufriran, 00:07:50.950 --> 00:07:55.661 atopei que había xente que tiña a primeira vista o que parecía 00:07:55.686 --> 00:07:57.748 unha relativamente leve depresión 00:07:57.748 --> 00:08:01.195 e que estaban aínda así totalmente incapacitados por ela. 00:08:01.195 --> 00:08:03.053 E había outra xente que parecía ter, 00:08:03.053 --> 00:08:06.515 segundo a describía, unha depresión grave 00:08:06.616 --> 00:08:09.431 que tiña porén boas vidas 00:08:09.431 --> 00:08:11.586 nos intervalos entre episodios depresivos. 00:08:11.586 --> 00:08:14.961 E comecei a descubrir o que causaba que certas persoas 00:08:14.961 --> 00:08:18.144 fosen máis resilientes que outras. 00:08:18.144 --> 00:08:21.496 Cales son os mecanismos que lle permiten á xente sobrevivir? 00:08:21.530 --> 00:08:24.699 E saín entrevistar unha tras outra 00:08:24.699 --> 00:08:26.874 persoas que estaban sufrindo depresión. NOTE Paragraph 00:08:26.874 --> 00:08:28.825 Unha das primeiras ás que entrevistei 00:08:28.825 --> 00:08:33.926 describiu a depresión como un xeito máis lento de estar morto 00:08:33.967 --> 00:08:36.521 e para min foi unha boa cousa oílo ao principio 00:08:36.521 --> 00:08:39.547 porque me recordou que ese xeito lento de estar morto 00:08:39.547 --> 00:08:41.491 pode levar a unha morte real, 00:08:41.491 --> 00:08:43.495 que é un asunto serio. 00:08:43.495 --> 00:08:46.154 É o líder mundial da discapacidade, 00:08:46.154 --> 00:08:48.484 e a xente morre diso cada día. NOTE Paragraph 00:08:49.184 --> 00:08:52.793 Unha das persoas coas que falei cando intentaba entender isto 00:08:52.927 --> 00:08:56.575 era unha querida amiga coñecida desde había moitos anos, 00:08:56.613 --> 00:09:01.005 e que sufrira un episodio psicótico no primeiro ano da facultade 00:09:01.059 --> 00:09:04.115 e que despois caeu de golpe nunha depresión terrible. 00:09:04.115 --> 00:09:05.541 Tiña síndrome bipolar, 00:09:05.541 --> 00:09:08.364 ou enfermidade maníaco-depresiva, como se dicía daquela, 00:09:08.364 --> 00:09:11.908 e foille moi ben co litio durante moitos anos, 00:09:11.936 --> 00:09:15.211 e logo, co tempo, quitáronlle o litio 00:09:15.271 --> 00:09:17.106 para ver como estaba sen el, 00:09:17.106 --> 00:09:19.081 e tivo outra psicose 00:09:19.081 --> 00:09:23.249 e logo caeu na peor depresión que vin na miña vida, 00:09:23.291 --> 00:09:26.306 durante a que sentaba no apartamento dos pais 00:09:26.306 --> 00:09:29.383 mais ou menos catatónica, basicamente sen moverse, 00:09:29.383 --> 00:09:31.865 día tras día tras día. 00:09:31.865 --> 00:09:35.082 E cando lle preguntei sobre esta experiencia anos despois, 00:09:35.082 --> 00:09:38.413 -é unha poeta e psicoterapeuta chamada Maggie Robbins- 00:09:38.413 --> 00:09:41.506 cando a entrevistei, díxome: 00:09:41.646 --> 00:09:45.030 "Estaba cantando 'A onde foron as flores' 00:09:45.030 --> 00:09:48.240 unha e outra vez para ocupar a mente. 00:09:48.240 --> 00:09:51.375 Cantaba para bloquear as cousas que dicía a miña mente, 00:09:51.375 --> 00:09:55.865 que eran 'Non es nada. Non es ninguén. 00:09:55.865 --> 00:09:58.691 Non mereces nin vivir.' 00:09:58.691 --> 00:10:00.869 E aí foi cando de verdade comecei a pensar 00:10:00.869 --> 00:10:03.082 en suicidarme". NOTE Paragraph 00:10:03.082 --> 00:10:07.140 Durante a depresión non pensas que che puxeron un veo gris 00:10:07.140 --> 00:10:10.977 e que ves o mundo a través dunha néboa de mal humor. 00:10:11.001 --> 00:10:13.721 Pensas que che quitaron o veo, 00:10:13.721 --> 00:10:15.643 o veo da felicidade, 00:10:15.643 --> 00:10:18.067 e que agora ves a verdade. 00:10:18.067 --> 00:10:21.031 É máis fácil axudar esquizofrénicos que perciben 00:10:21.031 --> 00:10:25.032 que hai algo alleo dentro deles que precisa ser exorcizado, 00:10:25.032 --> 00:10:27.193 pero é difícil cos depresivos, 00:10:27.193 --> 00:10:30.770 porque cremos que estamos vendo a verdade. NOTE Paragraph 00:10:31.040 --> 00:10:32.897 Pero a verdade mente. 00:10:33.987 --> 00:10:35.985 Obsesioneime con esa frase: 00:10:35.985 --> 00:10:38.360 "Pero a verdade mente" 00:10:38.360 --> 00:10:40.813 E descubrín, ao falar con persoas deprimidas, 00:10:40.813 --> 00:10:43.495 que teñen moitas percepcións ficticias. 00:10:43.495 --> 00:10:45.332 Eles diranche "Ninguén me quere" 00:10:45.332 --> 00:10:46.813 e ti dislles "Eu quérote, 00:10:46.813 --> 00:10:49.335 a túa muller quérete, a túa nai quérete". 00:10:49.335 --> 00:10:52.858 Podes contestar sen problemas polo menos a maioría da xente. 00:10:52.923 --> 00:10:55.190 Pero a xente deprimida tamén che dirá: 00:10:55.190 --> 00:10:58.995 "Tanto ten o que fagamos, ao final imos morrer." 00:10:59.168 --> 00:11:01.521 Ou dirán: "Non pode haber auténtica comunión 00:11:01.521 --> 00:11:03.024 entre dous seres humanos. 00:11:03.024 --> 00:11:05.600 Cada un está atrapado no seu propio corpo" 00:11:05.600 --> 00:11:07.449 Ao que tes que responder 00:11:07.449 --> 00:11:08.770 "Iso é certo, 00:11:08.770 --> 00:11:12.598 pero creo que agora deberiamos centrarnos en qué imos almorzar". 00:11:12.598 --> 00:11:14.669 (Risos) 00:11:14.669 --> 00:11:16.338 Gran parte do tempo, 00:11:16.338 --> 00:11:19.234 o que expresan non é tristura, senón perspicacia, 00:11:19.234 --> 00:11:21.891 e isto lévame a pensar que é extraordinario 00:11:21.891 --> 00:11:24.825 que a maioría de nós coñece estas preguntas existenciais 00:11:24.825 --> 00:11:27.115 sen que nos distraian moito. 00:11:27.115 --> 00:11:29.274 Había un estudo que me gustaba especialmente 00:11:29.274 --> 00:11:32.894 no cal a un grupo de xente deprimida e a un de xente non deprimida 00:11:32.894 --> 00:11:35.758 se lles pide que xoguen a un videoxogo durante unha hora, 00:11:35.758 --> 00:11:37.291 e ao final desa hora, 00:11:37.291 --> 00:11:40.702 preguntábaselles cantos monstruíños pensaban que mataran. 00:11:40.806 --> 00:11:44.928 O grupo deprimido normalmente acertaba cunha marxe dun 10 por cento, 00:11:45.076 --> 00:11:46.547 e o grupo de non deprimidos 00:11:46.547 --> 00:11:51.072 supoñía entre 15 e 20 veces máis monstruíños 00:11:51.072 --> 00:11:51.834 (Risos) 00:11:51.834 --> 00:11:54.815 dos que realmente mataran. NOTE Paragraph 00:11:55.945 --> 00:11:59.011 Moita xente dixo, cando decidín escribir sobre a miña depresión, 00:11:59.011 --> 00:12:02.830 que debía ser moi difícil expoñerse así, 00:12:02.830 --> 00:12:04.424 que a xente o soubese. 00:12:04.424 --> 00:12:06.504 Dicían: "A xente fálache distinto?" 00:12:06.504 --> 00:12:08.636 e eu dicía: "Si, a xente fálame distinto. 00:12:08.636 --> 00:12:10.430 Fálanme distinto desde o momento 00:12:10.430 --> 00:12:12.880 en que comezan a falarme da súa experiencia, 00:12:12.880 --> 00:12:14.715 ou da experiencia da súa irmá, 00:12:14.715 --> 00:12:16.489 ou da experiencia do seu amigo. 00:12:16.489 --> 00:12:18.781 A cousas son diferentes porque agora sei 00:12:18.781 --> 00:12:23.432 que a depresión é o segredo familiar que todo o mundo ten. NOTE Paragraph 00:12:23.539 --> 00:12:27.167 Hai uns anos fun a unha conferencia 00:12:27.167 --> 00:12:29.820 e o venres da conferencia de tres días 00:12:29.820 --> 00:12:32.711 unha das participantes levoume á parte e díxome: 00:12:32.711 --> 00:12:39.326 "Teño depresión e dáme un pouco de vergoña, 00:12:39.326 --> 00:12:41.635 pero estiven tomando esta medicación, 00:12:41.635 --> 00:12:44.276 e só quería preguntarche que opinas". 00:12:44.276 --> 00:12:47.280 Así que me esforcei en darlle o mellor consello que puiden. 00:12:47.280 --> 00:12:51.510 E entón díxome: "Sabes? o meu home nunca entendería isto. 00:12:51.510 --> 00:12:54.254 É o tipo de persoa para o que isto non tería sentido, 00:12:54.254 --> 00:12:56.941 así que, xa sabes, que quede entre nós." 00:12:56.941 --> 00:12:58.507 E díxenlle: "Si, está ben." 00:12:58.507 --> 00:13:00.616 No domingo da mesma conferencia, 00:13:00.616 --> 00:13:02.890 o seu home chamoume á parte 00:13:02.890 --> 00:13:04.044 (Risos) 00:13:04.044 --> 00:13:06.349 e díxome "A miña muller non me vería 00:13:06.349 --> 00:13:08.785 como o home que son se o soubese 00:13:08.855 --> 00:13:12.269 pero estou loitando cunha depresión e estou tomando esta medicación 00:13:12.269 --> 00:13:14.414 e preguntábame que opinabas". 00:13:14.414 --> 00:13:16.547 Estaban agochando a mesma medicación 00:13:16.547 --> 00:13:19.452 en dous sitios distintos do mesmo cuarto. 00:13:19.452 --> 00:13:20.397 (Risos) 00:13:20.397 --> 00:13:24.188 E díxenlle que pensaba que a comunicación no matrimonio 00:13:24.188 --> 00:13:26.712 podía estar desencadeando algúns dos problemas. 00:13:26.712 --> 00:13:27.956 (Risos) 00:13:30.726 --> 00:13:32.207 Pero tamén quedei abraiado 00:13:32.207 --> 00:13:35.928 pola incómoda natureza do segredo mutuo. 00:13:36.141 --> 00:13:38.026 A depresión tamén é extenuante, 00:13:38.026 --> 00:13:40.794 Requíreche tanto tempo e enerxía, 00:13:40.794 --> 00:13:42.348 e o silencio ao respecto 00:13:42.348 --> 00:13:45.029 realmente empeora a depresión. NOTE Paragraph 00:13:45.029 --> 00:13:46.762 E despois comecei a pensar 00:13:46.762 --> 00:13:48.728 en todos os xeitos cos que a xente se sente mellor. 00:13:48.728 --> 00:13:51.167 Comecei como un conservador da medicina. 00:13:51.167 --> 00:13:53.829 Pensaba que un par de tipos de terapia funcionaban, 00:13:53.829 --> 00:13:55.348 estaba claro que o facían, 00:13:55.348 --> 00:13:56.992 estaba a medicación, 00:13:56.992 --> 00:13:58.468 algúns tipos de psicoterapia, 00:13:58.468 --> 00:14:00.913 estaba posiblemente a terapia electroconvulsiva, 00:14:00.913 --> 00:14:03.588 e todo o demais non tiña sentido. 00:14:03.588 --> 00:14:05.420 Pero entón descubrín algo. 00:14:05.420 --> 00:14:07.172 Se tes un tumor cerebral 00:14:07.172 --> 00:14:10.454 e dis que facer o pino 20 minutos cada mañá 00:14:10.454 --> 00:14:11.719 fai que te sintas mellor, 00:14:11.719 --> 00:14:14.853 se cadra faino, pero segues tendo un tumor cerebral, 00:14:14.853 --> 00:14:17.030 e probablemente vaias morrer igual. 00:14:17.030 --> 00:14:19.542 Pero se dis que tes unha depresión, 00:14:19.542 --> 00:14:22.007 e que facer o pino 20 minutos cada día 00:14:22.007 --> 00:14:24.131 fai que te sintas mellor, entón funcionou, 00:14:24.131 --> 00:14:26.711 porque a depresión é unha doenza de como te sentes, 00:14:26.711 --> 00:14:28.100 e se te sentes mellor, 00:14:28.100 --> 00:14:30.930 entón efectivamente xa non estás deprimido. 00:14:30.930 --> 00:14:33.193 Así que me volvín moito máis tolerante 00:14:33.193 --> 00:14:35.888 co amplo mundo dos tratamentos alternativos. NOTE Paragraph 00:14:35.888 --> 00:14:38.272 E recibo cartas, recibo centos de cartas 00:14:38.272 --> 00:14:41.028 de xente que me conta o que lles funcionou. 00:14:41.028 --> 00:14:44.649 Alguén me preguntou hoxe entre bastidores, sobre a meditación. 00:14:44.649 --> 00:14:48.762 A miña carta favorita, entre as que recibín, era dunha muller 00:14:48.762 --> 00:14:51.388 que escribiu e me dixo que probara terapia, medicación, 00:14:51.388 --> 00:14:53.205 que probara case de todo, 00:14:53.205 --> 00:14:56.092 pero atopou a solución, e quería que eu llo dixese ao mundo, 00:14:56.092 --> 00:14:59.634 e era facer cousiñas de fío. 00:14:59.634 --> 00:15:01.173 (Risos) 00:15:02.633 --> 00:15:04.657 Envioume algunhas. 00:15:04.657 --> 00:15:05.685 (Risos) 00:15:06.315 --> 00:15:08.205 E non as levo postas agora mesmo. 00:15:08.205 --> 00:15:09.230 (Risos) 00:15:09.900 --> 00:15:11.738 Suxerinlle que debería mirar tamén 00:15:11.738 --> 00:15:15.828 trastorno obsesivo compulsivo no DSM. NOTE Paragraph 00:15:16.738 --> 00:15:19.656 E así, cando miraba os tratamentos alternativos, 00:15:19.656 --> 00:15:22.444 gañaba perspectiva respecto aos outros tratamentos. 00:15:22.444 --> 00:15:25.347 Pasei por un exorcismo tribal en Senegal 00:15:25.347 --> 00:15:27.390 que incluía bastante sangue de año 00:15:27.390 --> 00:15:29.422 e do que non vou dar detalles agora mesmo, 00:15:29.422 --> 00:15:31.422 pero uns anos despois estaba en Ruanda, 00:15:31.422 --> 00:15:33.180 traballando nun proxecto distinto, 00:15:33.180 --> 00:15:35.976 E resulta que lle describín a miña experiencia a alguén, 00:15:35.976 --> 00:15:37.016 e díxome: 00:15:37.016 --> 00:15:39.596 Ben, iso é o oeste de África, estamos no leste 00:15:39.596 --> 00:15:42.010 e os nosos rituais son distintos nalgúns aspectos, 00:15:42.010 --> 00:15:43.263 pero temos algúns rituais 00:15:43.263 --> 00:15:45.440 que teñen algo en común co que describes." 00:15:45.440 --> 00:15:46.523 E dixo: 00:15:46.523 --> 00:15:50.135 "Pero temos moitos problemas cos traballadores occidentais de saúde mental, 00:15:50.135 --> 00:15:52.452 especialmente cos que viñeron tralo xenocidio." 00:15:52.452 --> 00:15:54.779 E dixen: "Que tipo de problemas tedes? 00:15:54.779 --> 00:15:59.115 E díxome: "Ben, fan cousas moi estrañas. 00:15:59.115 --> 00:16:01.164 Non levan a xente ao sol, 00:16:01.164 --> 00:16:02.574 cando comezan a estar mellor, 00:16:02.574 --> 00:16:05.808 non inclúen percusión ou música que fai que o sangue se mova. 00:16:05.808 --> 00:16:07.650 Non implican toda a comunidade. 00:16:07.650 --> 00:16:10.695 Non externalizan a depresión como un espírito invasor. 00:16:10.718 --> 00:16:16.029 En vez diso, o que fan é levar a xente unha por unha a uns cuartiños sórdidos 00:16:16.029 --> 00:16:17.600 e teñenos falando unha hora 00:16:17.600 --> 00:16:19.810 sobre as cousas malas que lles pasaron." 00:16:19.810 --> 00:16:22.010 (Risos) 00:16:22.010 --> 00:16:24.350 (Aplausos) 00:16:25.010 --> 00:16:27.372 Díxome: "Pedímoslles que marchasen do país." 00:16:27.372 --> 00:16:29.299 (Risos) NOTE Paragraph 00:16:30.429 --> 00:16:32.873 Na outra esquina dos tratamentos alternativos, 00:16:32.873 --> 00:16:34.908 deixádeme falarvos de Frank Russakoff. 00:16:34.908 --> 00:16:40.921 Frank Russakoff tiña probablemente a peor depresión que vin nun home. 00:16:40.921 --> 00:16:42.989 Estaba continuamente deprimido, 00:16:42.989 --> 00:16:45.150 Estaba, cando o coñecín, nun punto no que 00:16:45.150 --> 00:16:48.168 cada mes recibía un tratamento de electroshock. 00:16:48.168 --> 00:16:50.743 Sentíase desorientado unha semana, 00:16:50.743 --> 00:16:52.546 despois sentíase ben unha semana, 00:16:52.546 --> 00:16:54.246 despois tiña unha semana de caída, 00:16:54.246 --> 00:16:56.931 e despois recibía outro tratamento de electroshock. 00:16:56.931 --> 00:16:58.346 E cando o coñecín díxome: 00:16:58.346 --> 00:17:01.118 "É insufrible pasar as semanas deste xeito, 00:17:01.118 --> 00:17:02.555 non podo seguir así, 00:17:02.555 --> 00:17:04.969 e xa sei como vou acabar 00:17:04.969 --> 00:17:06.246 se non melloro. 00:17:06.246 --> 00:17:10.214 Pero -díxome- oín falar dun protocolo no Mass General 00:17:10.214 --> 00:17:13.637 para unha cirurxía chamada cingulotomía que é unha operación cerebral, 00:17:13.637 --> 00:17:15.754 e creo que o vou tentar." 00:17:15.754 --> 00:17:19.218 E lembro estar fascinado nese momento ao pensar que alguén 00:17:19.218 --> 00:17:22.389 que claramente pasou por tantas malas experiencias 00:17:22.389 --> 00:17:24.298 con tantos tratamentos diferentes 00:17:24.298 --> 00:17:27.330 aínda tivese nalgún sitio do seu interior o optimismo 00:17:27.330 --> 00:17:29.760 suficiente para buscar outro máis. 00:17:29.760 --> 00:17:34.110 E pasou por esta cirurxía e tivo moito éxito. 00:17:34.110 --> 00:17:35.474 Agora é amigo meu, 00:17:35.474 --> 00:17:38.966 ten unha esposa adorable e dous preciosos fillos. 00:17:38.966 --> 00:17:41.915 Escribiume unha carta o Nadal posterior á operación 00:17:41.915 --> 00:17:43.104 e díxome: 00:17:43.104 --> 00:17:45.591 "O meu pai mandoume dous regalos este ano, 00:17:45.591 --> 00:17:48.363 primeiro, unha torre de CD automática de The Sharper Image 00:17:48.363 --> 00:17:49.714 que eu non precisaba, 00:17:49.714 --> 00:17:51.981 pero sei que ma estaba dando para celebrar 00:17:51.981 --> 00:17:55.399 que eu vivise só e tivese un traballo que parecía encantarme. 00:17:55.406 --> 00:17:58.877 E o outro regalo, era unha foto da miña avoa, 00:17:58.877 --> 00:18:00.603 que se suicidou. 00:18:00.795 --> 00:18:03.730 Cando o desenvolvín, comecei a chorar, 00:18:03.730 --> 00:18:05.750 e veu a miña nai e díxome: 00:18:05.750 --> 00:18:09.055 "Estás chorando por parentes que non coñeciches?" 00:18:09.055 --> 00:18:13.133 e eu díxenlle: "Tiña a mesma enfermidade ca min". 00:18:13.133 --> 00:18:15.594 Choro agora mentres che escribo. 00:18:15.594 --> 00:18:19.189 Non é que estea triste, senón sobrecollido. 00:18:19.189 --> 00:18:21.410 Porque creo que eu puiden suicidarme 00:18:21.410 --> 00:18:24.883 pero meus pais termaron de min, e tamén os doutores 00:18:24.883 --> 00:18:26.716 e a cirurxía. 00:18:26.716 --> 00:18:29.351 Estou vivo e agradecido. 00:18:29.531 --> 00:18:34.241 Vivimos no momento correcto, aínda que ás veces non o pareza." NOTE Paragraph 00:18:35.670 --> 00:18:37.567 Estaba sorprendido porque a depresión 00:18:37.567 --> 00:18:42.552 é maiormente percibida como unha cousa moderna, occidental, da clase media, 00:18:42.829 --> 00:18:47.001 e fun mirar como funcionaba nunha variedade de contextos, 00:18:47.001 --> 00:18:49.193 e unha das cousas que máis interese me causou 00:18:49.193 --> 00:18:51.063 foi a depresión entre os indixentes. 00:18:51.063 --> 00:18:52.674 Así que intentei saber 00:18:52.674 --> 00:18:55.364 que se facía polas persoas pobres con depresión, 00:18:55.364 --> 00:18:57.412 E o que descubrín foi que as persoas pobres 00:18:57.412 --> 00:18:59.969 maioritariamente non son tratadas para a depresión. 00:18:59.969 --> 00:19:02.888 A depresión é o resultado da vulneralidade xenética, 00:19:02.888 --> 00:19:06.256 que en principio está distribuída igualitariamente entre a poboación, 00:19:06.256 --> 00:19:07.999 e as circunstancias desencadeantes, 00:19:07.999 --> 00:19:11.772 que adoitan ser máis graves para a xente empobrecida. 00:19:11.777 --> 00:19:15.224 E aínda así resulta que se tes unha vida estupenda 00:19:15.224 --> 00:19:16.854 pero sempre te sentes miserable 00:19:16.854 --> 00:19:18.534 pensas: "Por que me sinto así? 00:19:18.534 --> 00:19:20.013 Debo ter unha depresión." 00:19:20.013 --> 00:19:21.936 E decides buscar un tratamento. 00:19:21.936 --> 00:19:24.129 Pero se tes unha vida desastrosa, 00:19:24.129 --> 00:19:25.896 e sénteste miserable todo o tempo, 00:19:25.896 --> 00:19:28.722 o teu sentimento concorda coa túa vida, 00:19:28.722 --> 00:19:30.446 e non se che ocorre pensar, 00:19:30.446 --> 00:19:32.309 "Se cadra isto pódese tratar." 00:19:32.309 --> 00:19:35.505 Así que temos unha epidemia neste país 00:19:35.505 --> 00:19:38.318 de depresión entre persoas empobrecidas 00:19:38.318 --> 00:19:40.980 que non se detecta, que non se trata 00:19:40.980 --> 00:19:42.796 e que non se aborda, 00:19:42.846 --> 00:19:45.046 e é unha traxedia de gran magnitude. 00:19:45.046 --> 00:19:46.774 Así que atopei una académica 00:19:46.774 --> 00:19:50.091 que facía un proxecto de investigación nos arrabaldes pobres de D.C., 00:19:50.091 --> 00:19:53.249 onde seleccionaba mulleres que foran por outros problemas de saúde 00:19:53.249 --> 00:19:55.038 e eran diagnosticadas de depresión 00:19:55.038 --> 00:19:58.134 e proporcionáballes seis meses baixo o protocolo experimental. 00:19:58.134 --> 00:20:00.463 Unha delas, Lolly, veu 00:20:00.463 --> 00:20:03.250 e díxome isto o día que veu. 00:20:03.250 --> 00:20:07.455 Díxome, e era unha muller que, por certo, tiña sete fillos. 00:20:07.455 --> 00:20:10.707 Díxome: "Tiña un traballo, pero tiven que deixalo porque 00:20:10.707 --> 00:20:13.018 non era capaz de saír da casa. 00:20:13.018 --> 00:20:15.216 Non tiña nada que dicirlles aos meus fillos. 00:20:15.216 --> 00:20:17.953 Pola maña, estou desexando que marchen, 00:20:17.953 --> 00:20:21.113 para meterme na cama e tapar a cabeza coas mantas, 00:20:21.113 --> 00:20:23.009 e as tres, cando volven, 00:20:23.009 --> 00:20:24.450 chegan tan rápido". 00:20:24.450 --> 00:20:26.630 Díxome: "Tomaba moito Tylenol, 00:20:26.630 --> 00:20:29.389 calquera cousa coa que puidese durmir máis, 00:20:29.389 --> 00:20:33.159 o meu marido dicíame que era estúpida, fea. 00:20:33.159 --> 00:20:36.444 Oxalá puidese parar a dor". NOTE Paragraph 00:20:36.664 --> 00:20:39.304 Ben, trouxérona a este protocolo experimental, 00:20:39.304 --> 00:20:41.612 e cando a entrevistei seis meses despois, 00:20:41.612 --> 00:20:46.019 tiña un traballo coidando nenos 00:20:46.019 --> 00:20:50.034 para o exército americano, deixara o marido violento, 00:20:50.034 --> 00:20:51.556 e díxome: 00:20:52.066 --> 00:20:54.275 "Os meus fillos son moito máis felices agora." 00:20:54.275 --> 00:20:57.082 Dixo: "Hai un cuarto na miña nova casa para os rapaces 00:20:57.082 --> 00:20:59.010 e un para as rapazas, 00:20:59.010 --> 00:21:01.399 pero pola noite, saltan á miña cama, 00:21:01.399 --> 00:21:03.821 e facemos os deberes xuntos e todo. 00:21:04.011 --> 00:21:05.684 Un deles quere ser predicador, 00:21:05.684 --> 00:21:07.384 outro quere ser bombeiro, 00:21:07.384 --> 00:21:10.310 e unha das nenas di que vai ser avogada. 00:21:10.350 --> 00:21:12.355 Xa non choran como antes, 00:21:12.355 --> 00:21:14.753 nin pelexan como facían. 00:21:14.913 --> 00:21:18.693 Iso é todo o que preciso, os meus fillos. 00:21:18.693 --> 00:21:20.755 As cousas seguen cambiando, 00:21:20.755 --> 00:21:25.798 como me visto, como me sinto, como actúo. 00:21:25.798 --> 00:21:29.355 Xa podo saír sen ter medo, 00:21:29.485 --> 00:21:32.704 e non creo que eses malos sentimentos vaian volver, 00:21:33.124 --> 00:21:36.019 e se non fora pola doutora Miranda e isto, 00:21:36.019 --> 00:21:39.486 estaría aínda na casa, coas mantas enriba da cabeza, 00:21:39.546 --> 00:21:41.895 no caso de estar aínda viva. 00:21:41.895 --> 00:21:45.627 Pedinlle ao Señor que me enviase un anxo, 00:21:45.627 --> 00:21:48.887 e escoitou as miñas pregarias." NOTE Paragraph 00:21:50.309 --> 00:21:53.312 Estaba realmente conmovido por estas experiencias, 00:21:53.312 --> 00:21:55.981 e decidín que quería escribir sobre elas, 00:21:55.981 --> 00:21:58.750 non só no libro que escribía senón tamén nun artigo, 00:21:58.750 --> 00:22:01.112 así que me encargaron da revista New York Times, 00:22:01.112 --> 00:22:03.358 escribir sobre a depresión entre os indixentes. NOTE Paragraph 00:22:03.358 --> 00:22:04.714 E entreguei a miña historia, 00:22:04.714 --> 00:22:08.630 e o meu editor chamoume e díxome: "Non podemos publicar isto." NOTE Paragraph 00:22:08.630 --> 00:22:09.770 E díxenlle: "Por que?" NOTE Paragraph 00:22:09.770 --> 00:22:12.235 E díxome: "É demasiado rebuscado. 00:22:12.235 --> 00:22:15.823 Esta xente está como no máis baixo da sociedade 00:22:15.823 --> 00:22:17.657 e cun par de meses de tratamento 00:22:17.657 --> 00:22:20.409 xa están virtualmente listas para manexar Morgan Stanley? 00:22:20.409 --> 00:22:22.003 É demasiado imposible." 00:22:22.003 --> 00:22:24.328 Díxome: "Nunca oín nada igual." NOTE Paragraph 00:22:24.328 --> 00:22:27.052 E díxenlle: "O feito de que nunca o oíras 00:22:27.052 --> 00:22:29.652 é un indicativo de que son 'noticias'." 00:22:29.652 --> 00:22:32.066 (Risas) 00:22:32.147 --> 00:22:33.471 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:22:37.341 --> 00:22:39.983 "E vós sodes unha revista de noticias." 00:22:39.983 --> 00:22:42.934 Despois dunha serie de negociacións accederon. 00:22:43.034 --> 00:22:47.219 Pero penso moito en que o que dixo estaba dalgún xeito conectado 00:22:47.219 --> 00:22:50.594 co desprezo que a xente aínda ten pola idea do tratamento, 00:22:50.594 --> 00:22:52.469 a noción de que dalgún xeito se saímos 00:22:52.469 --> 00:22:55.101 e tratamos moita xente en comunidades de indixentes 00:22:55.101 --> 00:22:57.007 sería un tipo de explotación, 00:22:57.007 --> 00:22:58.675 porque os estariamos cambiando. 00:22:58.675 --> 00:23:02.490 Hai un imperativo da falsa moral que parece rodearnos, 00:23:02.490 --> 00:23:04.843 de que o tratamento da depresión, 00:23:04.843 --> 00:23:07.142 os medicamentos e demais, son un artificio, 00:23:07.142 --> 00:23:09.314 e que non é natural. 00:23:09.404 --> 00:23:12.393 E eu penso que é un erro. 00:23:12.393 --> 00:23:15.855 É natural que á xente lle caian os dentes, 00:23:15.855 --> 00:23:18.845 pero non hai ninguén militando contra a pasta de dentes, 00:23:19.025 --> 00:23:20.863 polo menos non nos meus círculos. NOTE Paragraph 00:23:21.793 --> 00:23:23.175 A xente di: 00:23:23.175 --> 00:23:26.470 "Pero a depresión non é algo que se supón que hai que experimentar? 00:23:26.470 --> 00:23:28.241 Non evolucionamos para ter depresión? 00:23:28.241 --> 00:23:29.978 Non é parte da personalidade?" 00:23:29.978 --> 00:23:32.394 Ao que debo dicir, o humor é adaptable, 00:23:32.394 --> 00:23:35.563 ser quen de sentir tristura e medo, 00:23:35.563 --> 00:23:37.405 e alegría e pracer, 00:23:37.405 --> 00:23:41.348 e todos os outros estados de ánimo que temos, é incriblemente valioso. 00:23:41.348 --> 00:23:43.232 E unha depresión grave 00:23:43.232 --> 00:23:46.229 é algo que ocorre cando o sistema creba. 00:23:46.471 --> 00:23:48.048 É falta de adaptación. NOTE Paragraph 00:23:48.048 --> 00:23:49.620 A xente virá e dirame: 00:23:49.620 --> 00:23:52.388 "Creo, aínda así, que se aguantara outro ano, 00:23:52.388 --> 00:23:54.464 podería superalo." NOTE Paragraph 00:23:54.464 --> 00:23:56.487 E sempre lles digo: "Quizais o superaras, 00:23:56.487 --> 00:23:59.476 pero nunca volverás a ter 37 anos. 00:23:59.476 --> 00:24:03.906 A vida é curta, e é un ano enteiro do que estás a falar. 00:24:03.982 --> 00:24:05.300 Pénsao ben." NOTE Paragraph 00:24:05.520 --> 00:24:08.366 É estraña a pobreza da lingua inglesa, 00:24:08.366 --> 00:24:10.474 e de feito de moitas outras linguas, 00:24:10.474 --> 00:24:12.692 que utilizamos a mesma palabra, depresión, 00:24:12.692 --> 00:24:16.137 para describir como se sente un neno cando chove no seu aniversario, 00:24:16.209 --> 00:24:20.907 e para describir como se sente unha persoa o minuto antes de suicidarse. NOTE Paragraph 00:24:21.381 --> 00:24:24.516 A xente dime: "Ben, é unha continuación da tristeza normal?" 00:24:24.526 --> 00:24:27.690 E eu digo, en certo modo, é unha continuación da tristeza normal. 00:24:27.690 --> 00:24:29.640 Hai un certo grao de continuidade, 00:24:29.640 --> 00:24:31.597 pero é o mesmo tipo de continuación 00:24:31.597 --> 00:24:33.894 entre ter un valo de ferro arredor da casa 00:24:33.894 --> 00:24:35.391 que ten un puntiño de ferruxe 00:24:35.391 --> 00:24:38.077 que tes que lixar e pintar un pouco 00:24:38.077 --> 00:24:40.784 e o que sucede se abandonas a casa 100 anos 00:24:40.784 --> 00:24:44.912 e se enferruxou tanto que só é unha morea de po laranxa. 00:24:44.912 --> 00:24:46.959 E é esa morea de po laranxa, 00:24:46.959 --> 00:24:48.748 ese problema do po laranxa, 00:24:48.748 --> 00:24:51.737 o que estamos tentando abordar. NOTE Paragraph 00:24:51.737 --> 00:24:54.267 E agora a xente di: 00:24:54.267 --> 00:24:56.908 "Tomas estas pastillas da felicidade, e xa es feliz?" 00:24:56.908 --> 00:24:57.714 E non. 00:24:58.594 --> 00:25:01.556 Pero non me sinto triste por ter que xantar, 00:25:01.556 --> 00:25:03.922 e non me sinto triste polo contestador, 00:25:04.402 --> 00:25:06.877 e non me sinto triste por ter que ducharme. 00:25:07.097 --> 00:25:09.951 De feito, penso que sinto máis, 00:25:09.951 --> 00:25:12.381 porque podo sentir tristeza sen sentir nulidade. 00:25:12.381 --> 00:25:16.728 Sintome triste polas decepcións profesionais, 00:25:16.728 --> 00:25:19.165 polas relacións danadas, 00:25:19.165 --> 00:25:21.104 e polo quecemento global. 00:25:21.104 --> 00:25:23.839 Esas son as cousas polas que me sinto triste agora. 00:25:23.839 --> 00:25:26.573 E díxenme a min mesmo, cal é a conclusión? 00:25:26.573 --> 00:25:29.134 Como conseguiu esta xente que ten vidas mellores, 00:25:29.134 --> 00:25:31.688 aínda con peores depresións, seguir adiante? 00:25:31.688 --> 00:25:34.485 Cal é o mecanismo da resiliencia? 00:25:34.485 --> 00:25:36.569 E o que aparecía continuamente 00:25:36.569 --> 00:25:39.485 era que a xente que nega a experiencia, 00:25:39.485 --> 00:25:41.517 e din "Tiven depresión hai moito tempo, 00:25:41.517 --> 00:25:43.254 e non quero volver pensar nela, 00:25:43.254 --> 00:25:44.496 e non quero mirala, 00:25:44.496 --> 00:25:46.386 simplemente vou seguir coa miña vida", 00:25:46.386 --> 00:25:50.995 ironicamente, son as persoas que están máis escravizadas polo que teñen. 00:25:51.043 --> 00:25:53.777 Silenciar a depresión refórzaa. 00:25:53.777 --> 00:25:56.887 Mentres a escondes, medra. 00:25:56.887 --> 00:25:59.747 E a xente que mellor o fai, 00:25:59.797 --> 00:26:03.976 e a que é tolerante co feito de ter esa condición. 00:26:04.166 --> 00:26:08.298 Aquela que pode aceptar a súa depresión, é quen acada a resiliencia. NOTE Paragraph 00:26:08.298 --> 00:26:10.103 Frank Russakoff díxome: 00:26:10.123 --> 00:26:13.719 "Se tivese que facelo de novo, supoño que non o faría deste xeito, 00:26:13.719 --> 00:26:17.170 pero dun modo estraño, estou agradecido pola experiencia. 00:26:17.290 --> 00:26:20.940 Estou contento por ter que estar 40 veces no hospital. 00:26:20.940 --> 00:26:23.543 Ensinoume tanto sobre o amor, 00:26:23.543 --> 00:26:26.583 e a miña relación cos meus pais e doutores, 00:26:26.583 --> 00:26:30.772 foi tan valiosa, e sempre o será". NOTE Paragraph 00:26:30.772 --> 00:26:32.698 E Maggie Robbins dixo: 00:26:32.698 --> 00:26:35.687 "Adoitaba ser voluntaria nunha clínica de SIDA 00:26:35.687 --> 00:26:38.701 e simplemente falaba e falaba e falaba 00:26:38.701 --> 00:26:42.714 e a xente coa que trataba non era moi receptiva, e pensaba: 00:26:42.714 --> 00:26:45.552 'Isto non é moi amable nin útil pola súa parte' 00:26:45.552 --> 00:26:46.548 (Risos) 00:26:46.548 --> 00:26:48.240 "E despois deime de conta, 00:26:48.240 --> 00:26:50.441 deime de conta de que non ían facer máis, 00:26:50.441 --> 00:26:52.748 que eses escasos primeiros minutos de conversa. 00:26:52.748 --> 00:26:54.755 Ía simplemente ser un momento 00:26:54.755 --> 00:26:57.633 no que eu non tiña SIDA e non estaba morrendo, 00:26:57.633 --> 00:27:00.776 pero podía aceptar o feito de que eles si o estiveran, 00:27:00.776 --> 00:27:02.493 e estábano. 00:27:02.493 --> 00:27:06.106 As nosas necesidades son os nosos maiores activos. 00:27:06.106 --> 00:27:10.975 Resulta que aprendín a dar todo o que preciso." 00:27:12.125 --> 00:27:16.000 Valorar a depresión propia non evita unha recaída, NOTE Paragraph 00:27:16.000 --> 00:27:18.791 pero pode facer a perspectiva dunha recaída 00:27:18.791 --> 00:27:23.045 e mesmo a recaída máis fácil de aceptar. 00:27:23.045 --> 00:27:26.756 A pregunta non é tanto atopar un gran significado 00:27:26.756 --> 00:27:29.264 e decidir que a túa depresión tivo moito significado. 00:27:29.264 --> 00:27:33.332 Está en buscar ese significado e pensar, cando volve: 00:27:33.332 --> 00:27:36.966 "Isto vai ser infernal, pero vou aprender algo." 00:27:37.487 --> 00:27:39.751 Aprendín da miña propia depresión 00:27:39.751 --> 00:27:41.864 o grande que pode ser unha emoción, 00:27:41.864 --> 00:27:44.431 como pode ser máis real que os feitos, 00:27:45.051 --> 00:27:47.890 e descubrín que esta experiencia 00:27:47.890 --> 00:27:50.792 me permitiu experimentar emocións positivas 00:27:50.792 --> 00:27:53.952 dun modo máis intenso e máis centrado. 00:27:54.222 --> 00:27:57.709 O oposto á depresión non é a felicidade, 00:27:57.709 --> 00:27:59.273 senón a vitalidade, 00:27:59.273 --> 00:28:02.004 e estes días, a miña vida é vital, 00:28:02.004 --> 00:28:04.529 aínda nos días que estou triste. 00:28:04.649 --> 00:28:07.782 Sentín ese funeral no meu cerebro, 00:28:07.962 --> 00:28:11.386 e senteime preto do Coloso, no bordo do mundo, 00:28:12.446 --> 00:28:16.353 e descubrín algo dentro de min 00:28:16.353 --> 00:28:18.306 que debería chamar alma 00:28:18.306 --> 00:28:22.062 que nunca formulara ata ese día hai 20 anos 00:28:22.062 --> 00:28:25.610 cando o inferno me fixo unha visita sorpresa. 00:28:26.580 --> 00:28:30.678 Creo que aínda que odiaba estar deprimido 00:28:30.678 --> 00:28:33.012 e que odiaría estar deprimido de novo, 00:28:33.012 --> 00:28:35.546 atopei un xeito de amar a miña depresión. 00:28:35.756 --> 00:28:40.621 Ámoa porque me obrigou a buscar e aferrarme á alegría. 00:28:40.621 --> 00:28:43.838 Ámoa porque cada día decido, 00:28:44.038 --> 00:28:45.698 ás veces valentemente, 00:28:45.698 --> 00:28:48.376 e ás veces contra a lóxica do momento, 00:28:48.376 --> 00:28:50.854 pegarme ás razóns para vivir. 00:28:50.854 --> 00:28:54.977 E iso, creo, é unha grande e privilexiada alegría. NOTE Paragraph 00:28:54.977 --> 00:28:56.070 Grazas. NOTE Paragraph 00:28:56.090 --> 00:28:58.666 (Aplausos) 00:28:58.666 --> 00:28:59.509 Grazas. 00:28:59.509 --> 00:29:04.469 (Aplausos)